Preme para voltar á portada
Filed under

PSOE

 

A Pobra do Caramiñal: o Concello, gobernado polo PP, posiciónase a prol do castelán con Galicia Bilingüe, denuncia o Psoe

Vosotros
Páxina onde sae a publicidade dos concellos. Na outra páxina "Puebla" repetidas veces

A Pobra do Caramiñal, 19 de maio de 2012. A asociación sen ánimo de lucro “Galicia Bilingüe”, que se autodefine como “apartidista e independiente” vén de presentar recentemente en Vigo unha revista de vintecinco páxinas á que denominan “Vosotros” (dispoñible en dúas versións, unha en castelán e outra en castelán e galego na páxina www.galiciabilingue.es) na cal o Concello da Pobra comparte co de Ribeira –ambos gobernados polo PP- unha páxina completa a toda cor anunciando a súa marca turística en castelán, segundo vén de denunciar a portavoz do Psoe da Pobra, Teresa García Guillán.

"En ambas versións, castelán e “bilingüe”, o Concello da Pobra anúnciase institucionalmente en castelán, posicionándose dentro desa suposta liberdade de elección do idioma que di defender “Galicia Bilingüe” a favor do castelán, utilizando o medio de expresión desa asociación como plataforma para a definición da preferencia política do Sr. Maceiras", sinala a concelleira socialista pobrense.

A revista, que debe ser o vehículo de expresión do que o colectivo que a edita entende por "pluralismo lingüístico", repite na súa curta estensión o topónimo castelanizado “PUEBLA DEL CARAMIÑAL” -ou abreviado como “PUEBLA” ou “LA PUEBLA”- en máis dunha ducia de ocasións, "sen que ao Sr. Maceiras lle trema o pulso á hora de asociar a imaxe da vila co perfil editorial da publicación, a pesar da utilización impropia e reiterada do nome do concello, sen amosar respecto algún polos graves sucesos producidos nos anos oitenta e noventa en torno ao emprego ilegal do topónimo histórico castelanizado", apunta Guillán en nota de prensa.

Unha parodia da revista "Nós"

"Os Socialistas da Pobra consideramos desafortunado que o Concello da Pobra vincule a súa imaxe turística cunha revista de marcado corte ideolóxico -cuxo nome é unha parodia do da revista "Nós", referente do galeguismo-, no que constitúe unha clara vontade política do PP de sufragar correntes de opinión afíns con miras pre-electorais, asumindo gastos de difícil xustificación nun contexto de desmantelamento sistemático dos servizos públicos, e lamentamos o uso partidista do idioma como manobra de distracción sobre os duros recortes nos niveis máis esenciais dos dereitos básicos, abrindo sen pudor vellas feridas tocante ao topónimo do Concello con manifesto desprezo da paz social conseguida arredor do topónimo oficial, que como Alcalde debera defender", remata a nota dos socialistas pobrenses. Hai que lembrar que tanto Ribeira como A Pobra do Caramiñal son concellos que tiveron que ir a plan de axuste para lles pagar a proveedores. En concreto o da Pobra é o municipio máis endebedado por número de habitantes de toda Barbanza.

Pode que tamén lle interese:



 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Lingua galega   PSOE   polémica  

A Pobra: o Psoe tacha o plan de axuste, cun crédito de máis de millón e medio de euros, como "chapuza nacional"

  • Foi un pleno extraordinario tenso, cun alcalde máis anoxado do habitual

Media_httpfarm8static_bmhjh

Orde do día do tratado onte

A Pobra, 16 de maio de 2012. O Concello viviu onte un pleno extraordinario no que o asunto estrela era o controvertido "plan de axuste" para que A Pobra, como sucede noutros municipios, se poña ao día cos proveedores aos que leva sen pagar tempo esquencido.

No primeiro punto, o Bng votou a favor xunto co PP, argumentando que deste xeito, co crédito de máis de millón e medio euros cobrarán os proveedores do Concello.

No segundo punto o PP quedouse só. O Bng e o Psoe abstivéronse e botáronlle en cara ao equipo de goberno o desleixo do actual centro de saúde, un abandono que xa foi motivo de constantes mocións da oposición.

No terceiro punto houbo problemas coa numeración de dúas sentenzas. O xulgado dicía que promocións Lombiña (en Cabío) tiña protección de 200 metros dende a liña de Costas e que despois lla clasificaran como correspondera pero sempre en solo rústico. Tivo que ser a voceira socialista a que advertira na comisión informativa que lle estaban baixando a cen metros.

Versión socialista sobre o plan de axuste

Segundo a voceira socialista, Teresa García Guillán, "a proposta de endebedamento para concertar unha operación de crédito a longo prazo por importe de 1.564.000 € pódese calificar de chapuza nacional. Chafallada do Goberno do Estado e do Goberno local do PP".

Segundo esta concelleira, é "unha chapuza do Goberno Central porque nos obriga a adoptar un acordo de endebedamento sen coñecer o importe definitivo da operación e  antes de pronunciarnos sobre esta operación queremos saber como mínimo:

  1.     Que entidade financiera prestará os fondos 
  2.     A que ue tipo de interés se vai a formalizar a operación
  3.     Cal vai ser o importe definitivo desta operación de endebedamento


Sen poder precisar o exposto anteriormente non nos pidan que aceptemos a súa proposta: se o fixéramos estaríamos aceptando unha das  operacións crediticias máis chapuceiras da historia financieira".

Ademais, engade que é unha chapuza do Goberno Local "polo descontrol permanente do gasto, pola súa nefasta e nula xestión económica.

Chegamos a este Plan de Axuste:

a) Pola incapacidade deste goberno municipal para trazar un plan económico. Nestes momentos o Concello da Pobra segue sen presentar a liquidación do orzamento do 2011 e sen presentar os prespostos de 2012, incumprindo o establecido no Texto  Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais (TRLFL).

b) Pola débeda viva a longo prazo de 3 millóns de euros e a débeda de 1 millón e medio de euros en facturas.

c) Pola nula capacidade do concello para poder atender ao pago. Debemos saber que o Remanente de Tesorería, ou capacidade real de pago, ten un déficit de  – 1.545.000€, cando debía ser cero ou ter signo positivo.

d) Pola mala xestión de recadación con máis de 850 mil euros de dubidoso cobro

e) Pola mala xestión ou nula capacidade de axuste entre taxas e servicios que conleva un déficit de preto de cen mil euros/ano no servicio de recollida do lixo.

E agora a solución que nos presenta o goberno para afrontar este desgoberno económico é:

    Incremento no imposto do IBI, ou imposto da contribución, en urbana, pasando de 0,40%  a 0,49%.

    É por riba, estes novos tipos serán aplicados sobre os novos valores catastrais da nova ponencia de valores aprobados no pasado ano e que xa se aplicarán neste exercicio 2012.

    Estamos a falar dun ingreso a maiores para o concello no próximo ano de 365.000/€, que necesariamente terán que saír dos veciños".

Suba de impostos para o concello máis endebedado de Barbanza segundo número de habitantes

    A edil socialista indica que "tamén se contempla un novo aumento da taxa por recollida do lixo. Un primeiro incremento aprobado no 2011 farase efectivo neste mesmo ano, supoñendo para o 2013 unha suba de máis de 80 mil euros.   Vai haber un aumento das cotas no imposto de vehículos e liquidación sobre imposto do ICIO con revisión das licencias de obras concedidas nos últimos anos. Máis de 100 mil euros nos recibos que para o ano terán que pagar a maiores os veciños da Pobra por estes conceptos".

Guillán sinala que sste é un resumo  das receitas que o goberno do PP na Pobra ten para intentar sanear a súa desfeita económica:  Reforzo na eficacia da recadación executiva e voluntaria, e potenciación e inspección tributaria.
 
"Medidas que esquecen totalmente a situación de crise  económica que se está  a vivir. Medidas obrigadas por un Plan de Axuste imposto polo Goberno Central para corrixir o déficit público alcanzado pola ineficacia do Goberno municipal do PP.  Temos o triste récord de ser o concello do Barbanza en proporción ao número de habitantes máis endebedado, polo tanto me sinto obrigada a dicir que NON a esta proposta", remata a portavoz do Psoe da Pobra.

Nota de Certo: Non teñen a versión do equipo de goberno? Pregúntenlle á súa xefa de prensa sobre unha verba: censura. Non teñen a versión do Bng? Aínda non a mandou.

Pode que tamén lle interese:


Presentación de libro na Pobra: o venres 25 de maio, Dark Butterfly

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   PSOE   pleno  

Ribeira: el Psoe también se opone a la nueva depuradora

Ribeira, 15 de mayo de 2012. Según indica en nota de prensa el grupo municipal socialista de Ribeira, "examinado el estudio de impacto ambiental de la Edar que quiere establecerse en Ribeira, el PSOE de Ribeira ha puesto de manifiesto algunas cuestiones básicas:


1.-que el proyecto de Edar es el que salió a exposición pública en el año 2009 y ante las deficiencias observadas se acordó por el Concello, por la Dirección General de Aguas y por otros intervinientes que se buscaría nueva ubicación para la Edar.

 
2.- Transcurridos casi tres años, no sólo no se busca una nueva ubicación, pese a haberse así acordado, sino que en ese tiempo se instalan distintas tuberías, no contempladas en el proyecto aludido, que escapan al estudio de impacto ambiental.

 3.- Los vertidos del polígono de Xarás vierten directamente al Touro sin ningún tipo de depuración, pese a que el Concello tiene la obligación de solicitar o exigir una depuradora para los peligrosos residuos industriales.


4.- No se depura tampoco ni se ha calculado el impacto de los vertidos del Hospital que van directamente al Touro.

5.-Ni los criterios de selección escogidos en el estudio ni los coeficientes de pondración son los más adecuados. Los vertidos van al lugar más protegido de Europa medioambientalmente pues allí se ubica el parque de las islas Atlánticas, el parque natural de Corrubedo y es una Zona de Interés Comunitario.

6.- No nos parece de recibo que todo el vertido que procede de Palmeira siga pasando, como hasta ahora, por toda la cabecera de la Playa de Coroso .

7.-El bombeo desde Palmeira hasta Couso hace que el consumo de energía acabe siendo impresionante, lo que va a suponer al ciudadano un importante coste mensual, debiendo tenerse, en cuenta que el coste de la energía, en este caso electricidad, está encareciéndose de manera exponencial. Existen alternativas menos impactantes ambientalmente y muchos menos costosas en su
construcción, y no digamos en cuanto al gasto que van a producir los bombeos, que hacen que el lugar elegido sea de los menos adecuados. Se ha señalado un lugar determinado y a partir de ahí se han hecho las justificaciones que se precisaron, pero en modo alguno se buscó cual podría ser el sitio más adecuado para la instalación de la Edar; lo que hará que en su momento haya un
arrepentimiento general pero prácticamente irreversible si se lleva a cabo cual ahora se pretende.

Más información y alegaciones al completo del Psoe de Ribeira, aquí

Relacionada:


Depuradora de Ribeira: Sagres alerta do cara e ineficiente que será

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   PSOE   Ribeira   denuncia   depuradora   saneamento  

Dodro: o Psoe solicita que se lle informe ao xeito sobre o consorcio "Terras de Iria"

Media_httpfarm8static_jsccs

Dodro tamén organiza con Padrón e Rois o da Xira Galega de Karts. Para que consorcios se unha fusión sería o ideal e lóxico?

Dodro, 14 de maio de 2012. O grupo municipal socialista de Dodro vén de presentar unha moción para o vindeiro pleno municipal relativa ao Consorcio Terras de Iria que están creando conxuntamente os concellos de Dodro, Rois e Padrón. Nela, o PSOE pide fixar un calendario de reunións nas que o grupo de goberno informe aos grupos da oposición dos trámites que se están seguindo e dos servizos que se queren mancomunar no citado Consorcio cuxa constitución, no seu día, avalaron co seu voto favorable no pleno.

Este grupo da oposición xa levou unha moción similar ao pasado pleno ordinario de marzo, a cal foi denegada polos votos en contra do PP, alegando que aínda se estaban elaborando os estatutos e que non había máis avances. Agora, o PSOE de Dodro cre que xa non se está nese punto, posto que, segundo as últimas información publicadas, estes tres concellos manteñen contactos coa Deputación e a Xunta para mancomunar o servizo de Protección Civil. Esta información coincide no tempo coa promoción dun campionato de pádel co nome de Terras de Iria (mesmo nome que o do consorcio) e organizado polos tres concellos en cuestión. Neste caso, o PSOE confía en que sexa aprobada a moción. "O contrario será considerado como negar á oposición a información e a participación no Consorcio Terras de Iria", rematan.

Tamén, en Dodro:


Letras Galegas: actos o 16 (libro) e o 24 (cine)


Kart: do 17 ao 20 de maio





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Dodro   PSOE   consorcio de servizos locais   moción   pleno  

A Pobra: o equipo de goberno promete unha gardería logo de 8 anos sen facer a prometida

  • Segundo denuncia o Psoe, o equipo do popular Isaac Maceiras adícase a facer estes anuncios en comidas-mitin no canto de facelo no pleno, diante dos representantes lexítimos dos veciños
  • Sospeitan que, de facerse no lugar que indica o goberno popular, unha asociación veciñal veríase desaloxada do local concedido
Media_httpfarm7static_trhka

A gardería que leva Maceiras prometendo dende 2004 podería ubicarse no Camiño Ancho

A Pobra, 7 de maio de 2012. O Psoe da Pobra denuncia hoxe en nota de prensa "as promesas incumpridas de Isaac Maceiras, que emprega un acto pagado cos cartos de todos os pobrenses para facer propaganda unha vez máis", en referencia á comida da terceira idade do pasado venres 4 de maio.

"Logo de 8 anos sen facer a gardería, e de prometela no Nadal de 2004 como se fora un agasallo de Papá Noel, volve agora á carga, cando non dá xestionado un Concello que ten na creba e que ten que ir a plan de axuste e pasa o tempo e gasta os cartos en actos, como a comida do venres, totalmente superflua e só para saír na foto", explican os socialistas pobrenses.

"O concello da Pobra tivo necesariamente que acudir ao Plan da axuste, (endebedamento para pagar ós provedores) por un importe de 1.554.091,49 euros. Entre estes figuran as empresas de catering e demais establecementos de hostalería onde o equipo de goberno acude para organizar os convites, tales como celebracións da bandeira azul, ágapes desta mesma bandeira, inauguracións varias ou o mesmo xantar da terceira idade", proseguen dende o Psoe da Pobra.

Onde está a gardería prometida en 2004?

"O señor Maceiras debíase adicar a buscar os cartos para pagar as débedas destas cuchipandas e dos seus fastuosos actos de inauguración e deixar de prometer o que non vai facer... Pode que pense o señor alcalde que os pobrenses temos pouca memoria, pero a hemeroteca é terca e o día 25 de Nadal de 2004 saíu con que ía facer unha gardería para cen nenos: onde está, oito anos despois? É este o gran xestor da Pobra? Ben se ve: estamos afogados pola súa mala xestión", critican os socialistas.

"Ademais, segundo conta a prensa, o mandatario xa mostrou os planos de situación desa hipotética gardería ao invitado que trouxo á festa  dos vellos do pasado venres. Por qué non llos ensina aos lexítimos representantes dos veciños na Corporación? Será porque unha vez máis ten pensado desaloxar a unha asociación de veciños do local que ten concedido. Isto é: un colectivo máis silenciado", rematan dende o Psoe da Pobra do Caramiñal.








Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   PSOE   política  

Dodro: o Psoe acusa ao alcalde de faltar á verdade no da longa baixa da secretaria municipal

  • A versión do equipo de goberno é ben outra

Media_httpfarm3static_ityak

Dodro, 5 de maio de 2012. Dende o PSdeG-PSOE de Dodro, manifestan en nota de prensa, "o noso abraio e, sobre todo o noso malestar ante unha mentira máis do Alcalde Sr. Alfonsín Somoza. Según publica o venres 4 de maio de 2012 algún medio de comunicación escrito, o goberno do PP de Dodro extingue o contrato da asesora económica pola incorporación da Secretaria-Interventora “titular” despois dun largo período de baixa. Dende o grupo municipal do PSOE só podemos dicir que é MENTIRA".

Incompetencia da secretaria titular

Segundo explican os socialistas dodrenses, "a data de incorporación da Secretaria titular no concello foi o día 9 de febreiro de
2012. Como este grupo municipal dixo no Pleno Extraordinario convocado única e exclusivamente para a “creación dun posto de traballo eventual no cadro de persoal municipal”, é unha casualidade que coincidan as datas da Providencia da Alcaldía solicitando o asesor e a incorporación da Secretaria titular. Dende o PSdeG-PSOE de Dodro temos claro o motivo (e así o manifestamos no citado Pleno): a incompetencia da citada Secretaria Titular para desempeñar o seu posto de traballo fai necesaria a contratación dunha asesora".

Enchufes do alcalde

Por outra banda, afirman dende o Psoe que "a persoa de confianza posta “a dedo” por Alfonsín incorpórase a traballar o luns 19 de febreiro de 2012, tres días despois da celebración do Pleno e dez días despois da incorporación da Secretaria titular. Outro dato a ter en conta e que desmonta totalmente o argumento do Sr. Alfonsín é que o informe de Secretaría-Intervención onde se avala a modificación do cadro de persoal para a creación dunha praza, está asinado por Dona Mercedes Fondevila Jaraiz, Secretaria
titular do concello de Dodro, daquela, esta persoa, NON ESTABA DE BAIXA. Agora, ¿Qué pasa, que Dodro xa non precisa do asesoramento económico que tanta falla facía hai tres meses? Pois si que lle saiu caro a Dodro o citado asesoramento. Ou será que xa hai outra persoa “enchufada “ polo propio Alfonsín para o sitio???".

Hemeroteca de adorno

Rematan os socialistas sinalando que "o Sr. Alfonsín debe pensar que a xente de Dodro e, sobre todo a oposición socialista, non ten memoria e non lembramos o que ocorreu no pasado Pleno Extraordinario do 16 de febreiro de 2012, onde nos dicía que a contratación da asesora como unha solución para Dodro, e mais agora que o Ministerio de Hacienda valora desfavorablemente o Plan de Axuste presentado polo concello e elaborado por esa “asesora”. Sobre todo, o que máis nos sorprende é que haxa medios de comunicación escritos que, a pesares de estar presentes no Pleno do 16 de febreiro, a pesares de contar no seu poder coa documentación e as intervencións deste grupo municipal Socialista, teñan a osadía de publicar este tipo de novas, e dar por boa a información dun grupo político sen preocuparse, nin tan sequera de consultar a súa propia hemeroteca e saber que o que están dicindo é verdade ou e ABSOLUTAMENTE FALSO".

Versión do goberno do PP:

Segundo a nota de prensa remitida polo equipo de goberno do PP, "con motivo da incorporación da secretaria-interventora titular da praza no Concello de Dodro o pasado febreiro tras un largo período de baixa, este Concello creou unha praza de persoal eventual de asesoramento xurídico-económico que ata a data de hoxe foi desempeñada pola habilitada que desempeñou provisionalmente a secretaría. Esta persoa contratada para asesoramento ocupouse da confección do Plan de Saneamento do Concello, da liquidación e conta do ano 2010, dos presupostos do 2012 e da liquidación do ano 2011, entre outros. Por entender que os motivos estruturais que xustificaban esta contratación se cumpriron na súa parte máis esencial, e coincidindo coa oferta realizada á nosa asesora por outro concello para ocupar unha intervención, decideuse por fin á relación laboral existente".

Plan de axuste: non están dacordo e bótanlle a culpa aos de antes

Por outra banda, a Secretaría General de Coordinación Autonómica y Local del Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas valorou desfavorablemente o Plan de Axuste do Concello de Dodro.  Entre os motivos alegados cítase que “Las previsiones de ingresos corrientes que contiene no son consistentes con la evolución de los ingresos efectivamente obtenidos por la respectiva entidad local en los ejercicios 2009 a 2011”, así como el “período medio de pago a proveedores es superior al legalmente establecido”.

"O equipo de goberno considera que as motivacións alegadas carecen de fundamento se temos en conta as medidas adoptadas por este equipo de goberno en materia de incremento dos ingresos correntes (subida do IBI, taxa do lixo, Impostos municipais e outras taxas), á vez que se consignaron exclusivamente aquelas previsións que se consideraban realmente sostibles, evitando así unhas previsións infladas como viña ocurrindo en exercicios anteriores. E proba de elo, é que as previsións de ingresos consignados para o ano 2012 e seguintes, pese ás mencionadas medidas de incremento adoptadas, vense reducidas nuns 300.000 € aproximadamente respeto do 2011. De todo esto podemos deducir que todo esto é a consecuencia da irresponsable xestión do goberno anterior", sinalan.

 

Ante a decepcionante noticia, o equipo de goberno iniciou actuacións encamiñadas á posible modificación do sentido negativo do informe.

En tanto non se obteña unha resposta definitiva non nos queda outra opción máis que esperar ao que o Ministerio finalmente determine.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Dodro   PSOE   denuncia   política  

Política: piden que a Xunta deixe de gastar 15 millóns de euros en alugueres superfluos

  • Segundo o Psoe, hai "centos" de inmobles públicos sen uso namentres se gastan 9,2 millóns de euros en alugueres en Galicia
  • Lage Tuñas pide o peche de embaixadas concertadas coa Confederación de Empresarios de Galicia, ás que tacha de "auténtico despilfarro" -4,5 millóns de euros ao ano-
  • A Xunta di que só gasta 6 millóns e volta botarlle a culpa de todo ao bipartito, tres anos despois de que deixara o goberno
Media_httpemigracionx_ibzjf

O gasto por ano da Casa de Galicia en Madrid é de 700.000 euros

Santiago, 3 de maio de 2012. O portavoz da Área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, presentou hoxe, en rolda de prensa, unha Proposición non Lei mediante a que se insta á Xunta a realizar, antes do 31 de xullo, “un chequeo xeral dos inmobles en propiedade que dispón o Goberno galego e os entes autonómicos para que sexa remitido ao Parlamento dando conta da relación, situación e o uso actual dos devanditos inmobles.”

(download)
Audio do exposto hoxe por Lage

A iniciativa de Lage Tuñas esixe tamén revisar os contratos de aluguer de locais  que ten a Xunta asinados e que están destinados a situar departamentos e servizos da Administración autonómica, priorizando a reubicación de servizos en inmobles propiedade do Goberno autonómico ou doutras administracións públicas.

A Proposición non de Lei socialista insta tamén a abordar o peche das novas embaixadas da Xunta no exterior e buscar novas solucións para manter a presenza galega no exterior a partires da colaboración co Ministerio de Asuntos exteriores de España.

Lage
O deputado socialista xustifica a súa iniciativa no coñecemento de que a Xunta, en 2011 dispoñía unha contía superior aos 9,2 millóns de euros para sufragar os gastos derivados do aluguer de oficinas e inmobles dedicados a situar diferentes servizos da Administración autonómica. Este gasto elévase ata os 10 millóns de euros se lle engadimos os contratos derivados do que se coñece como “administración paralela”.

A maiores, engade o deputado socialista, o goberno de Feijóo gasta 6,4 millóns de euros nas súas oficinas no exterior, sen ter adoptado ningún acordo para o seu peche, a pesares dos criterios anunciados polo Goberno do Estado de reubicar estas “embaixadas” autonómicas para evitar gastos aos gobernos autonómicos.

Entre os inmobles alugados dentro da Comunidade Autónoma, salienta Lage Tuñas, que se están a pagar cantidades que non se corresponden coa realidade económica actual do país. Citou, como exemplo, os máis 4.100 €/mes de Galicia Calidade, ou os máis de 15.000€/mes de Portos de Galicia, ou o Instituto Galego de Consumo, que gasta máis de 14.000€/mes.

As embaixadas de Feijóo no exterior

O parlamentario socialista desglosou os case seis millóns e medio de euros en presenza exterior dividindo dous millóns en inmobles institucionais, dos que o Palacete da Casa de Galicia en Madrid supera os 700.000 euros de gasto, e os outro 4,5 millóns de euros corresponden ao acordo que a Xunta ten coa Confederación de Empresarios de Galicia, para ter “embaixadas abertas”.

O país non se pode permitir redes de embaixadas gastando 4.000 €/mes en Xapón, outra sede do IGAPE en Polonia, que costa máis de 3.200€/mes da que non sabemos as xestións ou o que se fixo alí, ou unha oficina en Miami cun custe de 11.000 €/mes”. Tres espazos económicos diferentes, postos de exemplo polo deputado socialista, onde “a Xunta gasta cartos públicos todos os meses” sen que saibamos “o proveito para Galicia”.

Asistimos a unha serie de decisións "graves” que afectan aos servizos públicos, que se deterioran por mor dunha política de recortes que, desde logo, insiste Lage, “esqueceu facer un chequeo xeral do Patrimonio da Administración Autonómica”. “Óptase por recortar aos empregados públicos e alí onde máis se  precisa, a Sanidade e a Educación, nos Servizos Sociais”, pero o Goberno Galego segue mantendo determinadas políticas que Galicia “non se pode permitir”, a xuízo dos socialistas.

Non é posible que sigamos mantendo centos de locais en aluguer pagando contías que en algún caso son moi onerosas”, entende Lage que “hai que facer unha revisión”. Para o deputado “cando hai que apertarse o cinto, non se lle pode pedir sempre o esforzo aos mesmos”. Son 15 millóns de euros en alugueres, das sedes dentro da Comunidade, como na rede exterior. Lage esixe un “cambio de rumbo” na política de patrimonio para “evitar o gasto improdutivo e se mellore a eficiencia económica dentro da Administración galega”.    

Nota da Xunta:

A Xunta aforra cada ano 1,6 millóns de euros en alugueiros ao rebaixar o seu custe máis dun 20% esta lexislatura

O Goberno galego conseguiu diminuír de 7,6 a 6 millóns de euros a partida anual co aproveitamento de inmobles propios e a renegociación á baixa de alugueiros

Existen alugueiros contratados polo anterior Goberno bipartito que non foi posible rescindir aínda porque teñen unha vixencia determinada e sería máis custoso resolvelos antes de tempo

Santiago, 3 de maio de 2012.- A Xunta de Galicia está a aforrar cada ano un total de 1,6 millóns de euros en alugueiros, ao conseguir rebaixar o seu custe global máis dun 20% no que vai de lexislatura en relación coa anterior. Desta maneira diminuíu a partida anual de 7,6 a 6 millóns de euros.

O Executivo autonómico conseguiu este aforro grazas á súa política de reestruturación de dependencias da Administración galega, eliminado alugueiros e aproveitando os inmobles propios e, cando isto non é posible, renegociando á baixa o custe dos mesmos; ademais de limitar ao máximo os novos contratos.

As actuacións levadas a cabo polo Goberno galego teñen como finalidade a aplicación do principio de austeridade do gasto público e proseguirán neste liña de racionalización e eficiencia durante toda a lexislatura.

Por outra banda, existen alugueiros que foron contratados polo anterior Goberno bipartito que non foi posible rescindir aínda porque teñen unha vixencia determinada. É o caso da oficina comercial en Miami, cun contrato de arrendamento de 4.725 euros ao mes realizado na anterior lexislatura e en vigor ata finais do ano 2013. A resolución deste contrato antes do seu vencemento e a firma dun novo suporía un gasto maior. Ademais, as oficinas que a Xunta tiña en Polonia e en Xapón pecháronse a comezos de 2011, polo que non se está a pagar nada en alugueiros nestes países.

A Xunta de Galicia busca unha maior eficiencia e rendibilidade, para o que traballa en coordinación co Goberno central, na posibilidade de compartir espazos comercias, sempre contando cos intereses e necesidades do tecido empresarial galego e tendo en conta a estratexia do Executivo autonómico para impulsar a internacionalización.

Alugueiros gravosos da época do bipartito
Outro caso, tamén asinado polo bipartito, concretamente en novembro de 2006, é o alugueiro da sede do Instituto Galego de Consumo (IGC), polo que supón un custe de 14.000 euros ao mes durante 15 anos. A indemnización para poder liberalo sería moi custosa para a Administración autonómica.

En canto ás dependencias de Galicia Calidade, o custe do local no que se localizaba durante a etapa do bipartito era de 3.500 euros ao mes; polo que o actual Goberno, a finais de 2010, buscou outro local, polo que paga un 40% menos, 2.100 euros, ademais de estar mellor equipado e ser máis amplo.

Respecto ás dependencias de Portos de Galicia, non só se está pagando un 23% menos que na lexislatura anterior, senón que esta diminución de custes é compatible con aumentar un 66% a superficie das instalacións ao servizo deste organismo.

Edificos públicos baleiros: e os dos partidos, tamén

Por suposto, ningún dos partidos implicados nesta lea dixo nada dos seus propios inmobles. Namentres en países avanzados de Europa os partidos non teñen oficinas de seu e empregan edificios de uso público para as súas reunións -non son tantas nin tan seguidas en cada lexislatura-, neste país tanto Psoe como PP teñen en propiedade cantidade de inmobles que están baleiros e sen aproveitar a maior parte do tempo. Nunha época na que os desafiuzamentos de familias enteiras medran exponencialmente pola mala xestión da burbulla inmobiliaria e dos desmáns dos bancos e caixas, tanto PP coma Psoe teñen pouco exemplo que darnos aos cidadáns, que nos sentimos insultados pola súa actitude de patio de recreo "e ti máis".






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   PSOE   Xunta de Galicia   iniciativas  

A Pobra do Caramiñal: o Psoe non vai á comida dos vellos deste venres por considerala prescindible "e máis nestes tempos de graves recortes"

A Pobra, 2 de maio de 2012.- A voceira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, Teresa García Guillán, informou nunha nota de prensa que non asistirá ao XIII Xantar dos Maiores, "organizado polo Goberno do PP da Pobra que se celebrará o venres 4 de maio, no Polideportivo Municipal de Venecia por solidaridade coas persoas que están pasando necesidades, por entender que debemos distribuír os cartos dos veciños ca maior dilixencia, por coherencia e por convicción".

Segundo a voceira socialista, "desde o Goberno do Estado estanse a facer recortes que afectan a toda a poboación e de maneira moi especial ao colectivo dos maiores. Faise a máis importante agresión ao Sistema Público de Saúde dende a chegada da democracia co pago de medicamentos por parte dos pensionistas, obrígase aos usuarios a pagar as ortoprótesis (cadeiras de rodas, muletas e calzas, xeonlleiras, tobilleiras), obriga tamén a pagar os produtos dietéticos, por exemplo vai a afectar a alimentación nutricional que se lles subministra por vía oral ou por sondas de alimentación ós grandes dependentes e desnutridos, afecta ao transporte sanitario non urxente,  aos maiores de 26 anos que non cotizan á Seguridade Social que perden o seu dereito á asistencia sanitaria, a Dependencia, afecta gravemente a educación, a investigación, repercute no nivel de vida das familias coas subidas do gas, da luz, co IRPF e un longo etcétera.  Son tantos e tan graves os recortes que a Administración Local debe racionalizar e priorizar os recursos dos que dispón: hai actividades ás que se pode renunciar por ser prescindibles ou posiblemente as realizan por facer escaparatismo e propaganda política".

Débedas pendentes de 2007 nunhas comidas que si paga o Concello

Segundo explica Teresa García Guillán, "na relación de facturas con data de emisión 2 de marzo de 2011, facilitada pola intervención do Concello a día 2 de marzo de 2012 aparece aínda sen pagar “Resto xuntanza 3ª idade 2007” 11.590,40 e “comida 3ª idade 2010” 11.932,11 euros, sumadas estas cantidades ao  resto de comidas oficiais do equipo de goberno teñen unha débeda de case 30.000 euros en gastos dos que se poden prescindir como unha inauguración dun paseo que nos valeu aos Pobrenses 1.043,25 euros. Hai que ter en conta que xa pasou máis dun ano desde esa última fiscalización polo tanto a débeda seguiría aumentando tanto no gasto en festas como no resto de conceptos".

E conclúe: "Por solidaridade coas persoas que están pasando necesidades, por entender que debemos distribuír os cartos dos veciños ca maior dilixencia, por coherencia, por principios, non asistirei a dito xantar. Non é falta de respecto aos maiores que asistan, nin desprezo por un día que se reencontran e que o pasan ben é unha cuestión de establecer prioridades e dedicar eses recursos a cubrir as necesidades básicas da poboación como poden ser atender a dependentes. Desde o goberno de España están esixindo continuos esforzos ás familias pero estarían nunha mellor situación si as Administracións deran exemplo ca elección das súas actividades".

Opinión de Certo:

(download)
Onte mesmo fíxose unha comida para a terceira idade en Porto do Son, con paseo de autoridades incluída, neste caso o conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, xa que no concello goberna agora o PP. Este tipo de actos de propaganda afectan a todos os partidos (dende os celebérrimos bailes nestas comidas do antigo dirixente do Bng Anxo Quintana ata moitos concellos do Psoe, pero sobre todo ao PP, pois goberna a grande maioría de concellos desta terra). Son gastos que non teñen razón de ser, pois estase a discriminar -e aproveitar politicamente- a unha parte da poboación fronte a outras. Por que non comidas para mozos? Potitos para bebés agora que sacaron os cheques? Churrascadas para os autónomos, que son os que sosteñen o país? Delicatessen para os empresarios locais, que son os que dan traballo? E así ata o infinito: é un sinsentido, un diñeiral que sae do peto aos contribuíntes, aínda que algunha xefa de prensa manipuladora intente despistarnos, enganarnos e facerse a escandalizada por lle chamar ás cousas polo seu nome.

Onte tamén, desta volta no twitter, discusión entre un dirixente do PP e outro do Psoe sobre o mesmo:



Antes, en Certo:


Confraternidade: o xantar da vellez é o 4 de maio

 

Pode que tamén lle interese:


Patrimonio na Pobra: denuncian o abandono por parte do equipo de goberno


Transparencia esixida polo Bng: nas contratacións do Concello

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   PSOE   denuncia   vellez  

Boiro: o Psoe denuncia que o concello quere privatizar auga e rede de sumidoiros

Boiro, 26 de abril de 2012. O grupo socialista boirense deu hoxe unha rolda de prensa na que denunciou a intención do equipo de goberno de privatizar auga e rede de sumidoiros nunha concesión de 30 anos que lle reportaría uns 4 millóns de euros ao Concello pero que suporía unha suba elevadísima nas cotas que cada boirense paga por estes conceptos. Escoiten as explicacións neste corte de audio:

(download)





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   PSOE   denuncia   privatización  

A Pobra: o Psoe pide un arquitecto municipal para que o concello "deixe de ser de segunda"

Moción para o vindeiro pleno:

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando a contratación dun Arquitecto.

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Para levar a cabo o desenvolvemento urbanístico de unha vila, ademais de contar con un planeamento moderno e adaptado ás necesidades actuais e á normativa vixente, é necesario que a Corporación Municipal estea asesorada por un Arquitecto Municipal. O seu labor é, ademais de asesorar aos membros do Goberno en materia urbanística, velar polo cumprimento do Plan Xeral, levar o control das licenzas urbanísticas así como a xestión urbanística e a disciplina.

Se ademais o concello –como é o caso da Pobra do Caramiñal- conta con un Casco Antigo e un elenco impresionante de Patrimonio Cultural e Arquitectónico, o Arquitecto debe ser quen de administrar sabiamente ese patrimonio e velar pola súa protección, asesorando en todo momento ao Goberno Municipal e informando aos cidadáns e cidadás.

Para todos estes traballos, o técnico municipal debe ser Arquitecto Superior, e a poder ser, especialista en urbanismo e patrimonio, coñecedor da normativa vixente en cada momento, intérprete especialista de unha complexa materia que se complica ano a ano coa publicación de normativas e leis que fan do urbanismo a maior especialización municipal.

Como é sabido, dende a chegada ao Goberno do grupo municipal popular, o Concello da Pobra do Caramiñal substituíu a figura de Arquitecto pola de Arquitecto Técnico (é dicir, aparellador), en réxime de contrato de servizos e a tempo parcial, con un horario de atención o público unicamente os luns e os xoves de 12 a 14 horas, é dicir, catro horas semanais, tempo insuficiente para atender as demandas dos cidadáns en temas urbanísticos, asesorar sobre o desenvolvemento do Plan Xeral e realizar os informes urbanísticos preceptivos para a concesión das licenzas.

Para máis, o profesional contratado polo Concello é un técnico de grao medio, con coñecementos limitados no campo do urbanismo e mínimos no de protección do patrimonio, que de catro horas non está case nunca para que os cidadáns poidan ver atendidas as súas dúbidas na interpretación da normativa.

Buscando información na páxina web da Xunta onde aparecen tódolos datos sobre o urbanismo dos concellos (http://www.planeamentourbanistico.xunta.es) atópome os concellos que contan con Arquitectos Municipais, que na comarca do Barbanza son:

Ribeira:

Celso López Martín,

Arquitecto

Boiro:

Emilio Piña Ordíz,

Arquitecto

Rianxo:

Eva López Nieto,

Arquitecta

Porto do Son:

Elsa González Villarino,

Arquitecta

Muros:

Pablo Castro Pais,

Arquitecto

Noia:

Lara Lozano Formoso,

Arquitecta

 

Tal e como sucede coas Directrices de Ordenación do Territorio, os únicos concellos de segunda, nos que unicamente non presta ningún servizo un Arquitecto Superior son: Outes, Lousame e A Pobra do Caramiñal, nos que os servizos técnicos están atendidos por un Aparellador, polo que outra vez máis dedúcese que este equipo de goberno aposta porque sexamos un concello de segunda ou que teñan pensado levarnos a unha fusión de concellos.

 

Debe saber que o Concello da Pobra do Caramiñal, na fusión de concellos que se produciu no ano 1868, pasou a comprender os municipios de A Pobra, Ribeira e Boiro. Conxuntamente con Noia e Rianxo, A Pobra foi un referente económico e social.

 

Por outra banda, tamén parece un contra sentido que un aparellador informe sobre obras maiores redactadas por Arquitectos e Enxeñeiros superiores, que ven sendo como se un enfermeiro supervisara os diagnósticos e tratamentos que o médico prescribe aos pacientes, ou como si na Pobra no centro de saúde en vez de ter médicos nos atenderan para todas as patoloxías unicamente os enfermeiros catro horas a semana.

 

Ademais, un aparellador non é un profesional cualificado para informar sobre ningunha figura urbanística, xa sexa estudo de detalle, plan parcial, proxecto de sectorización, etc.., que necesariamente esixen o informe de un Técnico Superior.

 

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte

 

ACORDO:

Que se proceda a contratación dun Arquitecto Superior para que os servizos técnicos municipais presten asesoramento cualificado a Corporación Municipal, vele polo cumprimento do Plan Xeral, controle as licencias urbanísticas e a disciplina e atendan os/as veciños/as e demais interesados/as  tódolos días da semana.

A Pobra do Caramiñal, 22 de abril de 2012.

 Mª Teresa García Guillán

Click here to download:
Arquitecto municiàl.docx (46 KB)
(download)

Pode que tamén lle interese:


Viaxe do instituto: a Sicilia, co proxecto Comenius


Patrimonio: denuncian o abandono por parte do equipo de goberno

 


Transparencia esixida polo Bng: nas contratacións do Concello

 


Confraternidade: o xantar da vellez é o 4 de maio



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   PSOE   moción  

Política: o Psoe galego fará unha campaña para rexeitar o copago sanitario aínda que a Xunta non o anunciou nin fixo efectivo

  • O líder dos socialistas galegos emprazou a Núñez Feijoo a atopar novos recursos para financiar a sanidade “mediante os impostos á banca como se fai en Extremadura ou Andalucía”
  • Presentarán propostas no Parlamento Galego, nas Deputacións e nos Concellos de Galicia "para rexeitar que se pague un euro por receita”


Media_httpfarm8static_dille

Socialistas hoxe na Festa da Rosa en Catoira, onde anunciaron a campaña


Catoira, 24 de marzo de 2012.- Pachi Vázquez, actual dirixente máximo dos socialistas galegos, anunciou hoxe que o PSde-PSOE impulsara unha campaña por toda Galicia para rexeitar o copago sanitario na nosa Comunidade. Dixo que presentarán propostas no Parlamento Galego, nas Deputacións e nos Concellos de Galicia para “facer unha proposta clara na que se rexeite que se pague un euro por receita”.Criticou ademais as declaracións da Conselleira de Sanidade e de Feijóo sobre este tema: “os dous din que lles parece ben pero para iso estamos os socialistas galegos, nós dicimos que non o vamos a tolerar”.

O líder dos socialistas galegos fixo esta declaración na vila pontevedresa de Catoira donde participou nas na VIII Festa Socialista da Rosa. Vázquez emprazou a Núñez Feijóo a atopar novos recursos para financiar a sanidade “mediante os impostos á banca, como se fai en Extremadura ou Andalucía”. Sinala ademais que con este imposto poderíanse recadar 60 millóns de euros “que é moito mais do que recadarían cobrándolle aos nosos enfermos e pensionistas”, xa que advirte que “o 80% das receitas son consumidas por pensionistas, os cales teñen como ingresos unha media de 745 por mes, e agora queren cobrar un euro por receita cada vez que van ao medico”.

Preguntado polos xornalistas sobre o acordo da Xunta de Galicia coa empresa Brenntag, por mor do verquido ocorrido en Caldas de Reis cualificou de “escándalo” que “lle regalen a unha multinacional alamana 5 millóns de euros”. Lembrou que a Xunta de Galicia investiu naquela catástrofe 9 millóns de euros, “que non son danos hipotéticos, son facturas que pagou o pobo galego e os cidadáns deste país, e agora vén o goberno de Feijóo e decide que lle perdoa a metade”, resumiu.

Antes, en Certo:

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   PSOE   política   sanidade  

Muros: o Psoe lamenta a parálise da Xunta para dotar ao municipio de novo edificio xudicial

  • O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage interpelou ao goberno galego, na sesión ordinaria da comisión 1ª do Parlamento, para reivindicar diante da Xunta de Galicia a execución dun edificio destinado a albergar as dependencias do xuzgado de primeira instancia do partido xudicial de Muros. Os socialistas recordan que na actualidade ocupa un espacio dentro da casa consistorial muradana

 

Media_httpfarm8static_zpgoe

  • Lage Tuñas recordou que “o goberno socialista de Pérez Touriño redactou o proxecto e adxudicouno. Cando chegou Feijóo á presidencia da Xunta, o seu goberno anulou a adxudicación e tivo que indemnizar á empresa afectada”

 

Muros, 23 de marzo de 2012. O responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, advertiu que a Xunta de Galicia “non ten intención” de construír o novo edificio para o xulgado de Muros, que fora deseñado, orzamentado e adxudicado na pasada lexislatura. Así o dixo no debate dunha pregunta oral o pasado mércores que presentou na Comisión Institucional do Parlamento sobre a paralización desta obra.

Recordou que “esta demanda vén de vello e foi atendida na pasada lexislatura cun goberno socialista na Xunta de Galicia”. Dixo que “sempre entendimos que a sede xudicial de Muros ubicada dentro da casa do Concello estaba alí de forma temporal e que o propio era dotar ao Partido Xudicial cun edificio propio onde se ubicaría o xulgado de primeira instancia, entre outros servizos”.

O responsable socialista criticou que o Goberno galego teña paralizado esta construción dende a chegada de Feijóo á presidencia da Xunta, hai tres anos, porque malia “vangloriarse dun suposto investimento sen precedentes en infraestruturas xudiciais e alardean de compromiso coa mellora de servizos xudiciais, o que sabemos é que non consideran unha prioridade ao xulgado de Muros e a proba está aquí”.

Lembrou que na pasada lexislatura, baixo goberno socialista, foron dados “pasos ben relevantes” para executar este proxecto, pero que a chegada do PP á Xunta supuxo tres anos de parálise desta iniciativa.

Lage Tuñas recordou que “o goberno socialista de Pérez Touriño redactou o proxecto e adxudicouno. Cando chegou Feijóo á presidencia da Xunta, o seu goberno anulou a adxudicación e tivo que indemnizar á empresa afectada.  Despois de tres anos o que pedimos é un compromiso firme para que se dote a Muros cun edificio propio para o Partido Xudicial. E cabe recordar que o concello xa cedeu unha parcela e existe un proxecto redactado, agora só falta a vontade da Xunta de materializalo”.

Na súa nota de prensa, o Psoe non se pronuncia sobre as recentes noticias de diálogo entre Bng e PP para desaloxar a Caridade González da alcaldía.

(download)


 

Antes, en Certo:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Muros   PSOE   política