Preme para voltar á portada
Filed under

Queremos galego

 

Ribeira: concentración co lema "Paremos os ataques contra o galego" o 17 de maio, Día das Letras Galegas

17_maio

Ribeira, 12 de maio de 2011. A plataforma Queremos Galego chama a reivindicar a defensa da lingua este 17 de maio por medio dunha “mobilización expansiva” que chegará a medio cento de localidades. Co lema común “Paremos os ataques contra o galego” e a lectura dun manifesto e textos de Castelao e Lois Pereiro, a maioría das concentracións celebraranse simultaneamente ás 12 da mañá.
En Ribeira será na rúa de Galicia, fronte á Casa de Dona Adela, tamén coñecida agora como Sala Museo Municipal, ás doce e media.

O mesmo 17 de maio tamén haberá concentracións en defensa do galego en Nova York, Madrid, Barcelona, Santa Cruz de Tenerife, Belfast ou Bos Aires.A Plataforma Cidadá Queremos Galego, que reúne máis de 700 entidades dos máis diversos ámbitos e conta con máis de 6.000 adhesións cidadás a título individual, chama a toda a sociedade a facer deste vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, “unha data para a reivindicación da nosa lingua propia” na que visualizar que o galego é “unha lingua viva e con futuro” e non simplemente “unha peza de museo” ou unha “cultura en lata” á que homenaxear “unha soa vez no ano”. 

Nesta ocasión a plataforma cidadá non convoca unha manifestación de carácter nacional en Santiago de Compostela, senón unha “mobilización expansiva” consistente en concentracións simultáneas ás 12 da mañá no maior número de localidades posíbeis. Trátase, segundo explica a plataforma, de “facer chegar a maré expansiva en defensa da lingua a todos os lugares do país” e, ao mesmo tempo, en plena campaña electoral dos comicios municipais, de reivindicar “os concellos como instrumentos esenciais no proceso de normalización da lingua” nas diferentes administracións. 

So o lema xenérico “Paremos os ataques contra o galego”, terán lugar no país e en diferentes puntos do exterior cunha importante presenza da emigración galega máis de medio cento de concentracións e actos reivindicativos nos que se lerán textos de Daniel Castelao alusivos á reivindicación da lingua galega, textos e poemas de Lois Pereiro e un manifesto común no que se denuncian os “retrocesos” vividos na política lingüística en Galiza desde que Alberto Núñez Feijóo é presidente da Xunta e o “preocupante grao de desprotección” no que se encontran as diferentes expresións e iniciativas da cultura galega.

Web de referencia:
http://www.queremosgalego.org


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lingua galega   Queremos galego   Ribeira   mobilizacións  

Lingua galega: o ribeirense Carlos Callón chama á mobilización o Día das Letras Galegas, este luns 17 de maio

Lingua galega: "Queremos Galego" de Barbanza informa dos puntos de venda de entradas para o Festival contra o Decretazo do 17

Queremosgalego_cartazfestivalp

Barbanza, 10 de abril de 2010. O vindeiro 17 de abril terá lugar un grande festival de música contra o decretazo no recinto feiral de Pontevedra a partires das 19.30.

Este festival contará coa presenza de:
Berrogüetto, Luar na Lubre, Fuxan os Ventos, A Quenlla, García MC, Lamatumbá, Espido, Asociación de Gaiteiros Galegos, Ruxe Ruxe, Galegoz, Zurrumalla, Os Carunchos, Fía na Roca, Os tres trebóns, Uxía Senlle, Roi Casal e Tino Baz.

Coa organización deste festival a plataforma cidadá Queremos Galego pretende ademais de dotar dun contido lúdico á ampla mobilización social polo noso idioma, mostrar a cultura galega tal e como é: rica, plural e activa. Xa que logo este festival é un acto de reivindicación da nosa lingua e cultura fronte á regresión de dereitos e a eliminación da súa oficialidade que está a impulsar o goberno da Xunta de Galicia.
Ademais de mercar a túa entrada on-line, podes consultar na nosa web os puntos de venda nas diferentes comarcas e localidades do noso país.

 Venda de entradas na Barbanza:

          Ribeira:   638 070 867    Xosé A.V. Cobas.
          Pobra  :   699 116 776   Manel Casal.
          Boiro   :   676 492 485   Daniel Ermo (e Local Aturuxo)
          Rianxo:   650 979 182    Adolfo Muiños.
 
O prezo de venda anticipada é de 10€ e na billeteira de 12€.

Web de referencia:
http://queremosgalego.org
 


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Barbanza   Queremos galego   festivais   música  

Lingua Galega: SonCine montou un vídeo da manifestación "Queremos Galego" do 21 de xaneiro

Se o son fose perfecto xa sería demasiado: que hai moitos xornalistas no paro!
Aparecen persoeiros das Letras Galegas (nin máis nin menos que o próximo presidente da Real Academia Galega, Méndez Ferrín) e promesas como o noiés Ramón Blanco, ademais doutros que non damos recoñecido pero que seguro que moitos de vostedes si.

A canle de SonCine en Vimeo: http://vimeo.com/channels/66149

Non paran de subir vídeos da manifestación á Rede. Por exemplo, o poeta noiés Manuel Lópes Rodrígues, no seu blog: http://manuellrodrigues.blogspot.com/2010/01/manifestacion-non-ao-decretazo-c...

E se a iso engadimos perfís de Facebook, fotos en Twitter e Flickr, Picasa e demais... busquen vostedes mesmos!

O vídeo oficial de Queremos Galego publicouse uns días despois, e está aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lingua galega   Porto do Son   Queremos galego   SonCine   ensino   manifestación  

Fotografía: a manifestación de hoxe, dende o balcón do Consello da Cultura Galega

Media_https3amazonaws_megod

Temos ao becario contador de baixa por depresión... Alguén se anima?



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Consello da Cultura Galega   Lingua galega   Queremos galego   fotografía   manifestación  

Lingua galega: horarios dos buses de Barbanza e Noia-Muros xunto coas razóns para ir á manifestación de "Queremos galego"

CAMBIO NO PERCORRIDO DA MANIFESTACIÓN:

11.30 h. Saída da Alameda cara a Senra, Praza de Galiza, Doutor Teixeiro, Hórreo, Porta da Mámoa, Praza do Toural, Rúa do Vilar, Praza das Praterías e Praza do Obradoiro.

 A MANIFESTACIÓN CONVOCADA POR QUEREMOS CONTRA O RASCUÑO DE DECRETAZO CONTRA O GALEGO REMATARÁ NA PRAZA DO OBRADOIRO.

 

Santiago 20 de xaneiro de 2010. A plataforma cidadá Queremos Galego, decidíu modificar o percorrido da manifestación,  inicialmente previsto con saída da Alameda cara San Caetano.

O motivo deste cambio está no forteincremento da participación que se agardaba desde a organización, así como na imposibilidade de situar unha megafonía e palco en San Caetano. A mobilización masiva que se producirá mañá aconsella ademais mudar o percorrido cara un lugar que ofreza mellores condicións para o desenvolvemento e a seguranza da manifestación, polo que finalmente o remate será na Praza do Obradoiro, mantendo o inicio na Alameda compostelana.

Xa que logo, o percorrido será o seguinte: 11.30 h. Saída da Alameda cara a Senra, Praza de Galiza, Doutor Teixeiro, Hórreo, Porta da Mámoa, Praza do Toural, Rúa do Vilar, Praza das Pratarías e Praza do Obradoiro.

 

Plataforma cidadá Queremos Galego

Antes publicamos:

 

Horarios de buses:

Buses de Muros-Noia:

Media_httpfarm3static_asabg

Noia: Saída: APARCADOIRO IES "VIRXE DO MAR" Hora: 10:15

Porto do Son: Saída: LONXA VELLA (Pto. do Son) / Hora: 10:00 Saída: IES "FRAGA DE NOVÍO" (Noal) / Hora: 10:05 Saída: PARADA A. LIÑA (Portosín) / Hora: 10:15

Muros: Por confirmar

  O autobús da Comarca da Barbanza que promove "Queremos Galego" será gratuito e terá o seguinte horario:

Saída:

Ribeira          9:30     Estación de Autobuses

Pobra            9:40     Praza Maior

Boiro             9:50     Praza do Concello

Rianxo          10:05    na Ribeira

Para gardar praza en:

vazquezcobas@yahoo.es ou no móbil 638 070 867

 

21 DE XANEIRO:
PAREMOS O DECRETAZO CONTRA O GALEGO

A plataforma Queremos Galego convoca as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo contra o galego.

A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos todas as persoas con sensibilidade pola nosa cultura, independentemente da lingua que falemos no día a día, para facermos do 21 de xaneiro unha data tamén histórica na contestación social.


Por que rexeitamos este decretazo?

1) Porque non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.
Todos os informes oficiais sinalan que hai un problema para conseguir que boa parte dos rapaces e das rapazas, sobre todo nas zonas urbanas, teñan fluidez comunicativa en galego. Diminuír a presenza da nosa lingua non fará máis que agravar a situación, vulnerando o dereito do alumnado a unha educación de calidade e pondo en perigo a pervivencia da nosa cultura.

2) Porque é unha proposta feita de costas á sociedade galega.
O presidente da Xunta sabe que non conta con ningún consenso do profesorado, o estudantado, as familias e da sociedade en xeral para este decretazo. Por iso o presentou na véspera de fin de ano, a última hora do serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin contraste.

3) Porque a aplicación deste decreto suporá enfrontamentos nos centros.
A Xunta fai deixadez das súas funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que serán parcialmente consultadas (ben tendo en conta só o criterio da maioría, sen que se saiba que pasará coa minoría que se sinta perdedora; ben dando unha opinión cada catro anos, o que significa que uns pais darán a súa consideración sobre a educación das fillas e dos fillos doutros). A política lingüística e educativa non se pode limitar á opinión que poida ter a comunidade escolar, porque nos corresponde a todas as galegas e a todos os galegos. Hai que ter presentes criterios pedagóxicos e o dereito a unha educación en igualdade.

4) Porque a Xunta se burla da cidadanía cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar.
O presidente da Xunta mente conscientemente cando fala de “plurilingüismo”, pois sabe que iso é imposíbel de aplicar. Só utiliza o inglés para camuflar  propagandisticamente o ataque contra o galego. Na verdade, os departamento de inglés non teñen un reforzo real para mellorar a aprendizaxe desta lingua e mesmo se recortan os recursos para a formación do profesorado e se reduce o número de profesores/as das escolas oficiais de idiomas. O reforzo e mellora do ensino de inglés no sistema educativo galego debe facerse con máis profesorado específico, con máis recursos e con grupos máis reducidos.

5) Porque este decreto vulnera leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos lingüísticos.
O decreto que o Goberno galego quere impor unilateralmente vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística (arts. 12 e 13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias (art. 8). Un goberno serio, cívico e responsábel cumpre as leis e os tratados internacionais de dereitos humanos e de dereitos lingüísticos.

6) Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país.
Temos que erguer a nosa voz con claridade e exclamar que, independentemente do idioma que falemos no noso día a día, os galegos e as galegas amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa políticas para discriminala, senón ao contrario: que se promova nos diferentes ámbitos, garantindo a igualdade de dereitos.

Fronte á imposición unilateral de Alberto Núñez Feijóo, as comunidades educativas e o conxunto da sociedade galega reclamamos que se escoite a nosa voz. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a inmensa maioría das ANPAs, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica con actuación en Galiza. O  seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento e preocupación.


O 21 DE XANEIRO PARAMOS O ENSINO
EN DEFENSA DA CONVIVENCIA E DO GALEGO

MANIFESTACIÓN NACIONAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
11.30 DA MAÑÁ NA ALAMEDA

HABERÁ AUTOBUSES DESDE DIFERENTES PUNTOS DO PAÍS
Infórmate en
queremosgalego.org

 

Se quixeres colaborar achegámosche deste número de conta onde poderás facer a túa aportación:
2100 5753 01 0200053054

 

 

 

 




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lingua galega   Queremos galego   ensino   folga  

Lingua galega: unha pitada polo galego, dende Rianxo a Ribeira

(Nota de prensa de Queremos Galego Barbanza)
A nosa lingua importa: pitada por toda a comarca

Este sábado 2 de xaneiro a Plataforma Queremos Galego do Barbanza desenvolveu unha caravana de coches tocando o claxon para manifestar o desacordo coa proposta de Decreto sobre o uso do Galego no ensino.

Preto de 100 automóbiles fixeron soar as súas bucinas polas rúas de Rianxo, Boiro, Pobra e Ribeira, portando bandeirolas identificativas da Plataforma Queremos Galego. O nutrido grupo barbanzán quixo, con esta medida, poñer en evidencia ante a cidadanía que a proposta de decreto sobre o galego na escola vai en contra da lingua galega.

Esta proposta de lexislación é claramente lesiva para a lingua propia de Galicia xa que reduce o uso do noso idioma a un 33% do currículo escolar obrigatorio, algo claramente insuficiente se temos en conta os datos oficiais dos estudios de uso do galego. 
A caravana rematou en Ribeira onde Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, puxo en evidencia a “covardía do goberno que preside Núñez Feijoo, ao facer público esta norma fundamental o día de fin de ano”.   

Os voceiros de Queremos Galego no Barbanza, o escritor Carlos Mosteiro e a intérprete musical Sonia Lebedinsky, leron un manifesto animando á cidadanía a manifestar o seu desacordo con esta medida.

Entre as personalidades que participaron nesta actividade estaban: Xosé Deira, alcalde de Boiro; Rosana Pérez, deputada provincial; Dominga Brión e Adelina Ces, portavoces do BNG en Ribeira e Rianxo, entre outros. Destacar tamén, que foi moi numeroso o grupo de mozos e mozas que se sumaron á causa de defender o galego e que ao grito de “Supermán tamén fala galego” puxeron de manifesto que queren vivir na súa lingua.

Antes publicamos:

Caravana sorpresa de automóbiles a prol da lingua galega en Barbanza

Media_httpfarm5static_ogacw

 

Programa:

 

Caravana de automóbiles reivindicativa o vindeiro sábado, 2 de xaneiro, a partir das 18:00 horas. Sairá do Porto de Rianxo e rematará cunha concentración diante do palco da musica, na Avenida do Malecón de Ribeira

Boiro: está prevista a chegada ás 18:30 horas, darase unha volta pola casco urbano para sair até A Pobra.

Pobra: chegarase un pouco antes das 19:00 horas, darase tamén unha volta pola vila e logo sairase cara Ribeira.

Ribeira: está prevista a chegada a capital da Barbanza sobre as 19:30 horas. Despois de dar unha volta polo casco urbano rematarase ao final do Malecón. Logo de aparcar farase unha concentración a carón do palco da música do Paseo do Malecón, onde se dará lectura ao manifesto feito pola plataforma Queremos Galego ao redor das 20:00 horas.

 

By: Domi | 2010/01/01 | BNG Ribeira | Trackback | Comments [RSS 2.0]

Un acto convocado por "Queremos Galego Barbanza". Razóns en:
http://bng-ribeira.org/domi/index.php/2010/01/01/queremos-galego-barbanza-con...



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Barbanza   Boiro   Lingua galega   Queremos galego   Rianxo   Ribeira   manifestación  

Lingua galega: imaxes de barbanzáns na manifestación do 18 de outubro

Tamén se alude ao ocorrido coa televisión...



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Barbanza   Queremos galego   Ribeira   bng   manifestación