Ribeira: o pleno rexeita que se elimine a demarcación xudicial e pasen a levarse os asuntos xudiciais en Noia
- De levarse a efecto o proposto polo Consello Xeral do Poder Xudicial, o partido xudicial de Ribeira desaparecería, xunto cos de Corcubión e Muros, pasando a Noia
- Houbo un erro nos políticos de Ribeira: pensaron que quedaba Corcubión, e segundo a Lei de Planta de 1988, non pode haber máis de certos quilómetros entre os territorios afectados, co que Noia sería o punto intermedio para estes partidos xudiciais. Engadimos nota do Concello de Corcubión que nos pasaron do diario dixital irmán da Costa da Morte "Que Pasa na Costa"
- O que se busca é reagrupar xulgados e que, no canto de atender ás 50.000 persoas adscritas ata agora en teoría, atendan ao dobre. Dos 431 partidos de toda España pasaríase a 199
Nota de Certo:
Aclárannos dende Noia que non é Corcubión o lugar escollido. Vexan aquí o documento de Comisións Obreiras sobre o novo mapa:
Ollo: as novas cabeceiras de partidos xudiciais non están nin concretadas nin definidas na proposta do CGPJ, pois van decidilas as Comunidades Autónomas. Será quen Feijóo de aguantar este envite?
Esta proposta do mapa anterior de redución de partidos xudiciais será debatida no Pleno do CGPJ de hoxe, que a vai concretar. Posteriormente, en caso de ser aprobada, será remitida aos TSJ para informe e ao Ministerio de Justicia, que é o competente para a aprobación das modificacións da Lei de Planta e Demarcación. Ou sexa, a última palabra tena o ministro de Xustiza, Gallardón.Nota do Concello de Corcubión:
"Ante as noticias publicadas recentemente na prensa e os rumores existentes no ámbito xudicial relativos á reestruturación dos partidos xudiciais que suporía supostamente a desaparición do de Corcubión, o equipo de goberno municipal quere deixar patente o seu rotundo e decidido rexeitamento á perda deste servizo para Corcubión e todo o territorio do seu partido xuducial.
Ademais dos moitos postos de traballo directos e indirectos que xeran os xulgados en todo o ámbito do partido xudicial, esta perda suporía un recorte máis de servizos aos cidadáns ao alonxar a administración da xustiza. Iso suporía limitar a posibilidade de acceder a este servizo fundamental, sobre todo aos cidadáns que posúen menos recursos. É triste ter que recordar, para non perder o norte neste tempo de confusión, desconcerto e improvisación, que as administracións son peza fundamental na prestación de servizos aos cidadáns nun estado moderno e democrático. E o poder xudicial, xunto co executivo e lexislativo, son piares fundamentais dun estado social e de dereito, como recolle a constitucións española. En contra do que se podería supor pola constante redución de postos de traballo nas administracións públicas nos últimos tempos, o noso país dispón dun ratio de traballadores da administración por habitante inferior á media doutros, como os paises nórdicos, que presentan economías saneadas e uns índices de benestar social modélicos no planeta. Se é preciso recortar gasto que se faga naquilo realmente innecesario ou improdutivo, mais en ningún caso desmantelando servizos básicos. A administración non pode ser a que pague os pratos rotos da actual situación económica. Un estado de dereito non existe sen unha administración de xustiza moderna, áxil e democrática. Por iso presentaremos no próximo pleno municipal unha moción en defensa de manter o estatus de Corcubión como capital de partido xudicial, solicitando á Xunta de Galicia e á Deputación Provincial que defendan, en toda situación e ante calquera instancia, este servizo básico e necesario da nosa bisbarra".Razóns que dá o Consejo General del Poder Judicial para esta reforma:
Ribeira: Eli Ríos imparte un obradoiro este sábado para que os nenos coñezan o oficio de escribir post.ly/77Xxn
— Certo (@Certo) May 3, 2012
Percebes, butifarras y trenes voladores. Manuel Venator respóstalle ao deputado maleducado catalán Pere Macías certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) May 3, 2012
Doodle para as Letras Galegas 2012, adicadas a Valentín Paz Andrade actuable.es/peticiones/doo…
— Twiter en galego (@tweet_en_galego) May 2, 2012
Ribeira: están a escoller tres técnicos para atender as oficinas de turismo no verán post.ly/76wTN
— Certo (@Certo) May 2, 2012











Comentarios [0]