Preme para voltar á portada
Filed under

Rianxeira

 

Rianxo: a Virxe de Guadalupe substituíu a Santa Comba por unha moda introducida no século XVIII

Media_httpfarm5static_aaniv

Entrada da igrexa de Santa Comba en Rianxo

Así o relata Xosé Manuel González Reboredo no seu traballo "Os santos titulares de parroquia en Galiza. Pasado, presente e perspectivas de futuro", que vén de gañar o XVII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (a anterior edición gañouna o ribeirense Carlos Callón coa súa obra "Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media"). O antropólogo lugués presentou a súa obra baixo un lema que ben podería servir para moitos gobernantes do PP na actualidade: "Cando os homes non poden, que axuden os santos".

Media_httpfarm4static_hsaei

A da Guadalupe é unha simple capela, aínda que ten a festa máis grande agora e a canción popular máis coñecida de Galicia

Escoiten esta interesante entrevista que lle fixeron no programa "Arredor de nós" de Radiofusión.

 

Quen é Xosé Manuel González Reboredo?

A súa ficha na Galipedia



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxeira   Rianxo   curiosidades  

Rianxo: carteis das Festas da Guadalupe 2011, Rock in Rian e Feirón Mariñeiro

Guadalupe_2011
Rockinrian2011_web
Feiron2011



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festas   Guadalupe   Rianxeira   Rianxo  

Rianxo: mozos que foron á manifestación de Santiago polo galego o 21 de xaneiro

Media_httpfarm5static_hvnrb

P1010138

Cóntannos: "Un autobús totalmente cheo saiu de Rianxo ás 10.00h do día 21 de Xaneiro de 2010 cara Santiago con un único compromiso: apoiar o galego no ensino.

O autobús estaba repleto maioritariamente por mocidade. Levamos unha pancarta co lema "Mexan por nós e temos que dicir que chove!", levamos ghaiteiros, pandereteiras, etc, e grazas a iso fixemos resoar a Rianxeira no medio da manifestación. Non puidemos entrar ao Obradoiro pois ESTABA CHEO! Moitísiiiima xente quedamos fóra. Hoxe gritamos como nunca!

Na foto, algúns dos que fomos a Santiago, pois reunir a 60 persoas despois da manifestación de 60.000 era moi díficil".



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lingua galega   Rianxeira   Rianxo   Santiago de Compostela   manifestación  

Música: A Rianxeira presentada por Tutankhamon!

E con imaxes de Vigo e Coruña. Non entendemos nada, pero sónanos todo!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxeira   Rianxo   música   youtube