Preme para voltar á portada
Filed under

Ribeira

 

Ribeira: o venres 26 de maio, charla sobre o afundimento do Titanic

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ateneo Valle Inclán   Ribeira   charla informativa  

Ribeira: decídense este sábado 19 os premios "Salvador Daquí" e "A Jata Ruín de la Praia"

Media_httpfarm6static_jddgt

O cartel gañador do ano pasado que se levou o "Salvador Daquí"

Ribeira, 16 de maio de 2012. A Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna convoca a tódalas peñas dorneiras a participar na Segunda Asamblea de Peñas Dorneiras de cara á celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna, terá lugar o vindeiro Sabado 19 de Maio de 2012 ás 20:32 no local da Cofradía (soto do Palco de Pedra, Avda do Malecón, Ribeira).

Temas do día

Farase a presentación de deseños de cara aos concursos Salvador Daquí (Cartel da Festa da Dorna 2012) e A Jata Ruín de la Praia (Debuxo das Sudadeiras Dorneiras 2012) e a correspondente votación a man alzada para cada un dos concursos. Recórdase aos participantes que o máximo de cores permitido no deseño da Sudadeira son 5 máis a cor da sudadeira (malva).

Tamén se comentarán as principais actividades das que constarán cada un dos días da LXIV Singladura da Festa da Dorna, solicitarase a os socios pendentes de actualización que actualicen os seus datos e a tódolos peñeiros que inda non sexan socios que se animen a formar parte de esta asociación.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   2012   Festa da Dorna   Festas   Ribeira   cofradía da Dorna  

Ribeira: Verdegaia tamén alega contra a nova depuradora, que cualifica como "trámite ante Bruxelas"

Media_httpfarm3static_paxqi

Ribeira, 16 de maio de 2012. Verdegaia advirte de que o Estudo de Impacto Ambiental da estación depuradora de augas de Ribeira "ten enormes eivas que o fan inviable se se pretende falar dun proceso de depuración real e efectivo, que permita garantir a saúde da nosa ría (fundamental para a nosa vida, para o ambiente e para a economía da comarca) a longo prazo".

Para este colectivo ecoloxista, "o estudo non contempla (ou cando menos non explicita) a separación en orixe das augas fecais, pluviais e industriais (agás as referidas ao polígono de Xaras, que se separan mais non se depuran). Consideramos dita separación condición esencial para realizar unha depuración efectiva de todo tipo de augas residuais, xa que cada un dos tipos precisa unha depuración específica. Isto resulta especialmente grave cando o propio EIA recoñece e cando está demostrado que o polígono industrial verte directamente á ría unha gran cantidade de residuos industriais sen ningún tipo de depuración. Polo tanto, a separación dos tipos de augas residuais en orixe daría como resultado a clara mellora da calidade da auga, dado que cada tipo iría ben depurado segundo as súas  características".

Depuradora específica para Xarás


"Queremos recordarlle á opinión pública que, no seu día, acordárase en pleno do Concello de Ribeira por tódolos grupos municipais solicitar unha depuradora específica para o polígono industrial de Xarás. Non nos parece de recibo que un estudo de impacto ambiental dunha EDAR deixe de lado algo tan serio como as augas industriais de todo un Concello, que, na proposta que se fai, verterán directamente á ría sen depuración previa. Trátase dun volume de vertidos importante, cuxa carga contaminante é moito maior que a das augas fecais", lembran en Verdegaia.

Verter as augas residuais do polígono de maneira separada, tal e como se propón no proxecto, "é necesario, pero non é en absoluto suficiente. Trátase dunha eiva tan grande deste proxecto, que só ela convérteo directamente en papel mollado. Non pode ser que esteamos falando en serio de depuración e de botar os residuos industriais directamente ao mar ao mesmo tempo", aclaran.

"Como é que, cando o propio documento recoñece que a maior carga contaminante procede dos vertidos industriais de Xarás, se propoña unha “solución” depuradora que coas augas procedentes de Xarás non fai outra cousa que vertelas ao mar directamente?

Queremos unha solución integral para o Concello de Ribeira, non un parche para evitar multas de Bruxelas. Un parche que, ademais, é demasiado caro para o ineficiente que vai resultar, xa que seguiremos envelenando a nosa ría cos vertidos tóxicos do polígono industrial", proseguen dende Verdegaia.

Solicitan, ademais, que se faga unha verdadeira separación das augas pluviais. A solución que se propón no actual proxecto "supón unha enorme carga contaminante, aínda que só sexa en momentos puntuais, para as zonas onde están previstos os  aliviadoiros. O propio estudo recoñece que as cargas puntuais en caso de chuvias torrenciais ou abundantes dan lugar a desbordamentos de augas sen depurar ao mar. A opción elexida cremos que é a pior, xa que se opta por unha gran depuradora en lugar de por dúas máis pequenas e é necesario trasladar os residuos ao longo de centos de metros ata chegar ao punto de depuración. Un sistema de pequenas depuradoras permitiría tamén non acumular todos os residuos nunha grande que, se algún día se reborda, non tería capacidade e deixaría todos os residuos á mercede de ter que librarse deles botándoos directamente á ría".

Por último, din que debe contemplarse a depuración separada das augas pluviais e a súa reutilización para outros usos como regos ou limpeza de rúas, tal e como se ven facendo noutros concellos do Estado onde se leva a cabo un proceso de depuración real e efectivo, "e non unha parodia de depuración como parece que se quere facer neste caso".

Click here to download:
proxecto_edar.odt (83 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   Verdegaia   depuradora  

Boiro: o sábado 26 de maio, roteiro a Sálvora, Jidoiro e Rúa en Ribeira

Boiro_roteiro_faiado_26

O V Roteiro “Entre o mar e a terra”, que organiza a asociación cultural e etnográfica "O Faiado 2" de Boiro  visitará a costa de Ribeira desde o mar, con visita a Sálvora, Jidoiro e Rúa. Explicacións con guía local e do Parque das Illas Atlánticas.

O día é o 26 de maio as 17:00 h con saída desde o porto de Aguiño.

É necesario confirmar a asistencia. Non poderá ir ninguén que non estea anotado (plazas limitadas). Formas de contacto no cartel que abre a información.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   O Faiado 2   Ribeira   roteiros  

Ribeira: el Psoe también se opone a la nueva depuradora

Ribeira, 15 de mayo de 2012. Según indica en nota de prensa el grupo municipal socialista de Ribeira, "examinado el estudio de impacto ambiental de la Edar que quiere establecerse en Ribeira, el PSOE de Ribeira ha puesto de manifiesto algunas cuestiones básicas:


1.-que el proyecto de Edar es el que salió a exposición pública en el año 2009 y ante las deficiencias observadas se acordó por el Concello, por la Dirección General de Aguas y por otros intervinientes que se buscaría nueva ubicación para la Edar.

 
2.- Transcurridos casi tres años, no sólo no se busca una nueva ubicación, pese a haberse así acordado, sino que en ese tiempo se instalan distintas tuberías, no contempladas en el proyecto aludido, que escapan al estudio de impacto ambiental.

 3.- Los vertidos del polígono de Xarás vierten directamente al Touro sin ningún tipo de depuración, pese a que el Concello tiene la obligación de solicitar o exigir una depuradora para los peligrosos residuos industriales.


4.- No se depura tampoco ni se ha calculado el impacto de los vertidos del Hospital que van directamente al Touro.

5.-Ni los criterios de selección escogidos en el estudio ni los coeficientes de pondración son los más adecuados. Los vertidos van al lugar más protegido de Europa medioambientalmente pues allí se ubica el parque de las islas Atlánticas, el parque natural de Corrubedo y es una Zona de Interés Comunitario.

6.- No nos parece de recibo que todo el vertido que procede de Palmeira siga pasando, como hasta ahora, por toda la cabecera de la Playa de Coroso .

7.-El bombeo desde Palmeira hasta Couso hace que el consumo de energía acabe siendo impresionante, lo que va a suponer al ciudadano un importante coste mensual, debiendo tenerse, en cuenta que el coste de la energía, en este caso electricidad, está encareciéndose de manera exponencial. Existen alternativas menos impactantes ambientalmente y muchos menos costosas en su
construcción, y no digamos en cuanto al gasto que van a producir los bombeos, que hacen que el lugar elegido sea de los menos adecuados. Se ha señalado un lugar determinado y a partir de ahí se han hecho las justificaciones que se precisaron, pero en modo alguno se buscó cual podría ser el sitio más adecuado para la instalación de la Edar; lo que hará que en su momento haya un
arrepentimiento general pero prácticamente irreversible si se lleva a cabo cual ahora se pretende.

Más información y alegaciones al completo del Psoe de Ribeira, aquí

Relacionada:


Depuradora de Ribeira: Sagres alerta do cara e ineficiente que será

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   PSOE   Ribeira   denuncia   depuradora   saneamento  

Ribeira: entregados os premios literarios das Letras Galegas

  • Máis de 200 traballos presentados nesta vixésima edición
  • Nenas e nenos de Primaria recolleron os seus premios no auditorio
  • Case 300 rapaces asistiron ao espectáculo "Peter Punk e o neno imperdible"

Ribeira, 15 de maio de 2012.- O Auditorio Municipal foi escenario da tradicional entrega de premios do Certame Literario que, con motivo da conmemoración do día das Letras Galegas e dentro do Maio Cultural, organizou o Concello, despois de que case 300 rapaces disfrutaran do divertidísimo espectáculo que ofreceu “Peter Punk e o neno imperdible”.

Para asistir a esta dobre función, o salón de actos estivo outra semana máis absolutamente abarrotado por nenos e nenas que nesta ocasión procedían de Educación Primaria dos colexios Frións, Aguiño, A Milagrosa de Oleiros e Galaxia, ademais dos centros das asociacións Ambar e Amicos.

Certame_literario_-_desenvolvemento_do_acto
Este ano, participaron no XX Certame Literario os catro colexios anteditos máis o CEIP de Palmeira, centro que non asistiu ao acto do Auditorio (os premios colleitados seranlle entregados ao colexio). En total, presentáronse 221 traballos por parte de 190 participantes, que aspiraban a algunha das tres categorías convocadas: prosa, verso e banda deseñada.

Certame_literario_-_foto_dos_premiados
Os gañadores deste ano foran os seguintes:

Modalidade:  PROSA                     Categoría:   (A)     7  a  10 anos

 

         TÍTULO                                     SEUDONIMO                                AUTOR                                            COLEXIO

“Un muro Misterioso”

Iloa

INÉS LÓPEZ ASOREY

CEIP PALMEIRA

“¡Qué difícil é ser rato!”

Cedofi

CELIA DOMÍNGUEZ FIGUEIRA

CEIP PALMEIRA

“A bruxa e o can”

Rosas

PALOMA RIVERA CALLÓN

Colexio GALAXIA

 

           

Modalidade:  PROSA                     Categoría:   (B)     10 a 13 anos

 

   “O amor a un pai”

Filla dos Mares

LAURA MARTÍNEZ AYASO

Colexio A MILAGROSA

“Dentro de 3.000 anos”

Delmu

DELIA MUÑIZ PIÑEIRO

CEIP PALMEIRA

“A radio”

Grundig

ALEJANDRO ÁLVAREZ VIDAL

Colexio GALAXIA

 

 

 

Modalidade:  POESÍA                              Categoría:   (A)     7  a  10 anos

 

  “Conto Vello”

Cuentista

ALBA BRETAL OLVEIRA

Colexio A MILAGROSA

“O ursiño mimoso”

Casagón

CATALINA SANTIAGO GONÇALVES

CEIP PALMEIRA

“Gústame traballar”

Steve

PABLO PÉREZ MONTAOS

CEIP AGUIÑO

                           

Modalidade:  POESÍA                            Categoría:   (B)     10 a 13 anos

 

                     “Os libros”

Contos

SERGIO VILA MARTÍNEZ

Colexio A MILAGROSA

“A bicicleta”

Irore

IRIA RODRÍGUEZ REGADES

CEIP PALMEIRA

“O amor”

A panteira

SILVIA B. PIÑEIRO MARTÍNEZ

Colexio GALAXIA

 

 

Modalidade:  COMIC                              Categoría:   (A)     7  a  10 anos

 

“¡Halloween, qué medo!”

Josaca

JOSÉ SANLÉS CADAVAL

CEIP PALMEIRA 

 

“Un mar cheo de sorpresas”

Lupi

SARA MUÑIZ FUNGUEIRIÑO

Colexio GALAXIA

 

“O animal perdido”

La doña animal

VERA XOANA RIVAS SAN JOSÉ

CEIP PLURILINGÜE DE FRIÓNS

 

Modalidade:  COMIC                              Categoría:   (B)     10  a  13 anos

 

     “Un home que se volveu puro”

Turbonécora

FERNANDO CAMEÁN MARTÍS

Colexio A MILAGROSA

“Regreso ao futuro”

Futurama

ERIKA IGLESIAS MARTINEZ

Colexio GALAXIA

“Susto no cementerio”

Febua

ALBA FERNÁNDEZ BUSTELO

CEIP PALMEIRA

 

Ademais, o xurado considerou oportuno por unanimidade outorgar un premio especial aos seguintes participantes, destacando o seu esforzo e dedicación:

 

Martina Osorio González                            PROSA B  A pluma máxica e “O castelo sen dono

CEIP PALMEIRA                                          POESÍAB  “O mar”, “O ceo” e “O meu patín             

(Seis traballos presentados)                            COMIC B   “O castelo sen dono Andrea vai á tenda

 

Alejandro Santos Vizcaya                            PROSA B  O lobo vermellopotamia e “O vendedor do mes

CEIP PALMEIRA                                          POESÍAB  “O campión

(Catro traballos presentados)                            COMIC B   “Xoán e Ana casánse

 

AULA DE SEXTO DE PRIMARIA                                          PROSA B (23 traballos)

CEIP DE AGUIÑO                                                                       POESÍA B (15 traballos)

(57 traballos presentados de 23 alumnos/as)               COMIC B (19 traballos)

Rematada a entrega de premios que presentou o traballador de Cultura Unai González, a tenente de alcalde Dolores Elorduy dirixiuse aos rapaces para felicitalos pola súa participación activa neste Certame Literario e animalos a que sigan escribindo como un camiño que redundará nunha mellor formación como seres humanos. Tamén participaron na entrega os edís Elvira Pisos e Maricarmen Vizcaya, que foron as presidentas do xurado encargado de dirimir os galardoados.

https://twitter.com/#!/amesanl/status/202362371107328000






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Letras Galegas   Ribeira   certame  

Ribeira: sae a licitación a reforma da escola infantil, á que dixeron ían duplicar a superficie

  • 740.000 euros de orzamento, cun prazo de execución de 6 meses
  • A empresa debe garantir que o centro recupere a actividade na planta baixa antes da finalización do cuarto mes de traballos

Media_httpfarm6static_ujbea

Ribeira, 16 de maio de 2012.- Tal e como anunciara onte pola noite o alcalde durante a celebración do pleno extraordinario da Corporación, o Boletín Oficial da Provincia recolle hoxe o anuncio de licitación da reforma e ampliación da Escola Infantil Municipal.

Esta actuación ten un orzamento de 739.999,99 euros e un prazo de execución de 6 meses, se ben se indica expresamente no pliego de condicións que se deberá permitir que o centro recupere a actividade na planta baixa en condicións similares ás actuais antes da finalización do cuarto mes de traballos.

O procedemento para a contratación da obra será un procedemento aberto con pluralidade de criterios de adxudicación. As empresas interesadas deberán presentar as súas ofertas dentro dos 26 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do citado anuncio no BOP e na páxina web do Concello (www.riveira.es).

A obra está cofinanciada polo Concello e a Xunta de Galicia (esta última institución servirase de fondos europeos Feder de desenvolvemento rexional para a súa aportación á actuación).

A súa acometida permitirá incrementar o número de prazas ata convertila, segundo afirmou onte Manuel Ruiz, na maior ou cando menos nunha das máis grandes de Galicia, cun número de alumnos de entre 180 e 200 rapaces.

Antes, en Certo, publicamos:

Media_httpfarm7static_qhtre

Ribeira, 25 de febreiro de 2012.- O Concello informou onte de que no vindeiro mes de abril vai saír a licitación polo procedemento de urxencia a ampliación da escola infantil municipal: un proxecto cifrado en 740.000 euros dos cales 444.000 serán aportados pola Concellería de Traballo e Benestar e 296.000 polo propio Concello. En virtude das obras, a gardería vai ver duplicada a súa superficie, pasando dos 907 metros cadrados existentes na actualidade a un total de 1.811, sen contar coa Aula Multimedia de Ribeira que será encravada no andar semisoto da infraestrutura. 

Cómpre dicir tamén que xa foi adxudicada a redacción do proxecto de execución desta actuación á empresa 2C Arquitectos. Este contempla a elevación do edificio actual cunha planta adicional que se sumaría ás plantas baixa e semisoto xa existentes.  

Esta planta adicional –primeiro andar- terá unha superficie de 776 metros cadrados dos cales 265 estarán destinados a unha terraza ao aire libre. Este andar albergará 5 aulas dirixidas aos nenos e nenas de entre 2 e 3 anos, e contará cun acceso independente mediante rampa a unha zona axardinada. Así mesmo, estará conectado co resto do inmoble mediante escaleiras e ascensor.  

Con 907 metros cadrados de superficie, a planta baixa (que da cabida á escola infantil actual) vai ser redistribuída en 8 aulas para nenos e nenas de 0 a 1 e de 1 a 2 anos, así como nun espazo multiuso; mentres que a planta semisoto dará cabida a vestiarios e despachos nun espazo de 128 metros (ademais da xa citada Aula Multimedia con outros case 200 metros).

Fachada acristalada

Por outra parte, grazas ás obras de reforma mudarase en gran medida a fisonomía exterior do inmoble, ao contar a planta de nova factura cunha fachada acristalada. 

De acordo coa planificación establecida, e co obxecto de causar os menores inconvenientes posibles, está previsto que as obras teñan lugar durante os tres meses de verán: xullo, agosto e setembro, nos cales por motivos elementais de seguridade a escola estará pechada. 

O Executivo xa está a estudar diversas alternativas para aloxar durante estes tres meses ao meirande número de meniños que sexa factible. 

Planos:

Click here to download:
Planos Gardería.pdf (562 KB)
(download)

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   escola infantil  

Ribeira: o 19 de maio celebrarase unha xornada informativa sobre o Día Solar Europeo

Actualizado 16 de maio:

  • A partir de las 17:00 horas habrá un camión expositor en la Avenida del Malecón así como cuatro bicicletas eléctricas para que puedan pasear los vecinos que lo deseen y comprueben lo beneficioso que resulta para la sostenibilidad
  • La inauguración contará con la presencia del concejal de Nuevas Tecnologías,  Emilio Outeiral. Para la clausura de las mismas estará presente el Alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas

"DIA SOLAR EUROPEO" - DIA 19, SÁBADO, EN LOS LOCALES DEL LICEO MARÍTIMO, A PARTIR DE LAS 17:OO HORAS. 

Galisol_dia_solar_31x68_30ud
  PONENTES:

  1.- D. ALBERTO VÁZQUEZ, INGENIERO INDUSTRIAL Y PRESIDENTE DE LA ASOCIACIÓN DE ENERGÍA MINIEÓLICA DE GALICIA (AEMGA), CON SEDE EN LALÍN -                www.aemga.org 

  2.- D. JOAQUIN PIÑA BALBOA, DIRECTOR COMERCIAL DE "OCV" Y ACTUALMENTE DIRECTOR COMERCIAL DE "ENERPON", ENCARGÁNDOSE DEL DISEÑO Y DESARROLLO DEL PROYECTO REISOL DE ENERGÍA INTELIGENTE, CON SEDE EN CAMBADOS.     

  3.- D. MANUEL RIVAS, INGENIERO INDUSTRIAL, RESPONSABLE DE LA EMPRESA "GALISOL" DE VIGO Y VICEPRESIDENTE DE LA ASOCIACIÓN "AEMGA".

  DURANTE TODA LA TARDE, EN LA AVDA. DEL MALECÓN (FRENTE AL LICEO MARÍTIMO), HABRÁ UN CAMIÓN EXPOSITOR PARA SER VISITADO POR EL PÚBLICO EN GENERAL.
 
   El próximo sábado 19 de mayo tendrá lugar en los locales del Liceo Marítimo de Ribeira una charla coloquio, a partir de las 17:00 horas, sobre las ENERGÍAS RENOVABLES. Un año más el Liceo Marítimo, en colaboración con ASIT, Asociación Solar de la Industria Térmica, y la Unión Europea, organiza un evento dentro del DÍA SOLAR EUROPEO. Esta es su quinta edición y en los locales de la entidad recreativa de Riveira se encargarán de impartir la charla coloquio dos expertos profesionales de las empresas "GALISOL RENOVABLES DE GALICIA", con sede en Vigo y creada en el año 2.001 para dar respuesta a la creciente demanda de un mercado naciente de las energías renovables. Así como un responsable de la empresa "OCV, SOLUCIONES SOLARES" con sede en el polígono industrial de Sete Pías de Cambados y que lleva más de 20 años de experiencia de I + D + I. 
Media_httpfarm5static_bthum

La jornada del pasado año tuvo lugar el 15 de mayo

  El evento está abierto al público en general y contará con la presencia de varios profesionales del sector de las energías renovables de la Comarca del Barbanza. Clausurará las jornadas el Sr. Alcalde de Riveira, D. Manuel Ruiz Rivas.

Antes, en Certo:

Xa se sabe algo máis do que terá lugar o 19 de maio nos locais do Liceo Marítimo de Ribeira co gallo do Día Solar Europeo. Haberá unha charla coloquio, a partir das 17:00 horas, sobre ENERXÍAS RENOVABLES.

Un ano máis, o Liceo Marítimo, en colaboración con ASIT, Asociación Solar da Industria Térmica,  e a Unión Europea, organiza unha actividade dentro del DÍA SOLAR EUROPEO. Xa van pola quinta edición e nos locais da entidade recreativa de Ribeira vanse encargar de impartir a charla coloquio dos expertos profesionais das empresas "GALISOL RENOVABLES DE GALICIA", con sede en Vigo e creada en 2001 para dar resposta á crecente demanda dun mercado en alicerces de enerxías renovables, xusto ás que o novo goberno do PP vén de retirarlle as axudas. Estará tamén un responsable da empresa "OCV, SOLUCIONES SOLARES" con sede no polígono industrial de Sete Pías de Cambados e que leva máis de 20 anos de experiencia de I + D + I.

  A charla está aberta ao público xeral e contará coa presenza de varios profesionais do sector de enerxías renovables da Comarca da Barbanza.

Media_httpfarm5static_irbme

Ribeira, 19 de marzo de 2012. En dous meses, o día 19 de maio, un sábado, vai ter lugar nos locais do Liceo Marítimo unha xornada informativa sobre o Día Solar Europeo. Comezará ás seis da tarde, baixo o título "Europa coa enerxía do sol", e os organizadores agardan contar coa presenza de varias empresas e profesionais do sector enerxético e industrias auxiliares. Garantimos que un dos asuntos máis candentes a tratar será a retirada do goberno do PP das primas ás enerxías renovables.

"A Terra non a herdamos dos nosos antergos: tomámola prestada dos nosos fillos". Con lemas como este a Unión Europea busca loitar contra o cambio climático e quere establecer unha nova política integrada, coa esperanza de superar os compromisos adquiridos no anterior Consello Europeo. Os seus obxectivos primordiais son mellorar a eficiencia enerxética ata un 20% no 2020 e incrementar a participación das enerxías renovables tamén ata ese vinte por cento no mesmo ano 2020.

No que atinxe a impostos enerxéticos, a UE busca evitar comportamentos contaminantes e premiar as accións que se sexan positivas para o medio ambiente relacionados co aforro de enerxía e con actividades respetuosas coa natureza.

Máis información en http://www.diasolar.es

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   2012   Día Solar Europeo   Ribeira  

Ribeira: o xoves 31 de maio, xornada informativa sobre empresas de inserción laboral

  •  O 2 de xuño haberá a mesma charla en Rianxo

Media_httparousanorte_bxezb

Ribeira, 15 de maio de 2012.- A Aula Multimedia (paseo do Malecón de Santa Uxía) vai ser escenario o xoves día 31 de maio dunha xornada de promoción das empresas de inserción laboral.

Organizada pola Mancomunidade Arousa Norte, esta acción pretende informar aos asistentes sobre este modelo de empresa e vai dirixida en especial aos seguintes colectivos:

        Técnicos e membros da directiva de Asociacións, Ongs.

        Técnicos de servizos sociais, de xuventude, de emprego e   orientadores laborais dos concellos.

        Orientadores laborais de centros integrados de formación profesional, de formación ocupacional e do Servizo Galego de Colocación.

        Persoas en situación ou en risco de exclusión social.

        Emprendedores.

        Calquera persoa con interese.

A xornada terá lugar de 16 a 20 horas. Ten carácter gratuíto. Os interesados poden inscribirse na oficina de desenvolvemento local do Concello (Casa do Concello, 1ª planta. Tel.: 981835417) ou na Mancomunidade de municipios Arousa Norte (Concello de Boiro)

Na seguinte ligazón pódese atopar máis información ao respecto: http://arousanortemprego.wordpress.com/xornadas-sobre-a-e-i-l/




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   Ribeira   charla informativa   emprego   empresas  

Música: o ribeirense Amaro Sampedro, primeiro premio de saxofón na Mostra Musical do Eixo Atlántico

  • O certame tivo lugar esta fin de semana en Vilagarcía de Arousa

(download)

Ribeira, 14 de maio de 2012.- Na pasada fin de semana tivo lugar no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa a terceira edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico, na que concorreron máis de 200 artistas noveis procedentes de toda Galicia e da zona norte de Portugal.  En representación do Concello de Ribeira, acudiron catro alumnos que están a cursar a súa formación no Conservatorio Profesional de Música de Riveira: Manuel Jesús Montero González (Piano – Grupo A), Amaro Sampedro López (Saxofón – Grupo C), Lois Pimentel Iglesias (Trompeta . Grupo B) e Michelle Pena González (Piano – Grupo B).

Scaramouche

Hai que salientar que o saxofonista Amaro Sampedro acadou o primeiro premio na súa categoría, coa interpretación da obra Scaramouche de Darius Milhaud, acompañado ao piano polo profesor do Conservatorio ribeirense Luís Ignacio Blanco Picos.

Acompañando en todo momento ao novos intérpretes (e compartindo os seus nervios e alegrías) estivo o director do centro musical ribeirense dependente da Concellería de Educación, Álvaro López González, ademais dos mestres tutores Juan Carlos Ledo González, Teresa Lojo Cores e o mentado Luis Ignacio Blanco Picos.



 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   Vilagarcía de Arousa   música   premio   saxo  

Ribeira: a andaina máis especial e desexada do ano é o 10 de xuño, ás Illas Cíes

  • É a derradeira deste ciclo
  • Hai 200 prazas xustas e non se permiten mascotas
  • Hai que inscribirse na web da Cofradía da Dorna

Media_httpfarm5static_bepaf

Subida ao faro das Cíes. Imaxe da andaina do ano pasado

Ribeira, 14 de maio de 2012. Como xa ven sendo habitual, dende a R. e I. Cofradía da Dorna, organizan para o vindeiro 10 de xuño a derradeira das andainas do programa PONTE A ANDAR 2011-2012.

Este ano van ás Illas Cíes e xa están abertas as incricións (200 plazas), que podedes formalizar dende a web dorneira: www.cofradiadadorna.com. Piden que as interesadas e interesados en ir lea antes as normas que regulan a actividade, que son:

Que é "PONTE A ANDAR"?

Ponte a Andar é un ciclo de andainas organizado conxuntamente pola Cofradía da Dorna e o Concello de Ribeira.

Os únicos requisitos que se piden é:

  • Puntualidade na hora da saida, e no lugar que se indica en cada ruta.
  • Roupa e calzado cómodo e apto para o tipo de actividade que se vai levar a cabo.
  • Algo de beber para o camiño, ou un recipiente no que poder portar líquido.
  • E, por suposto, atende-las intruccións dos monitores en cada ruta.

Debido á acollida que o programa PONTE A ANDAR tivo entre o público no ano 2012, programan para o día 10 de xuño (domingo) unha andaina especial que terá lugar nas:


ILLAS CÍES


(mira o video vale a pena)

E polas características do lugar vémonos obligados a cambiar as condicións da andaina; estas son:

  • IMPORTANTE: A actividade é unha ANDAINA polo que tódolos que se inscriban participarán da mesma. Si alguén declina participar na andaina unha vez na illa PERDERÁ O DEREITO A REGRESAR NO BARCO, tendo que utilizar o servicio regular que transporta ata Vigo ou Bueu.
  • O horario de saida será ás 8:00 h. do Porto de Ribeira, no porto deportivo (ver o plano máis abaixo).
  • Hai que reservar praza, pois o barco que nos leva á Illa de Cíes só ten capacidade para 200 persoas. (Non se permiten mascotas).

  • As prazas reservaranse por riguroso orde de inscripción, que ÚNICAMENTE facerase dende o formulario que figura mais abaixo; unha vez que dende a organización che confirmemos no email de contacto que a túa reserva ten plaza adxudicada será cando se proceda co ingreso bancario de 15,00 € (QUINCE EUROS) na conta de Caixa Galicia: 2080-0303-16-3000177362 (DEBERÁS ENVIAR COPIA DO XUSTIFICANTE BANCARIO PREFERENTEMENTE Ó MAIL OU SENON Ó FAX 981874603).
  • Non se terá a ninguén por inscrito ata que se confirme o ingreso, polo tanto, si reservas praza e non fas o pago outros poden ocupar a túa praza.
  • Chegarase á Illas Cies ás 10:00 h. e escomezará unha andaina que nos levará ata o faro. Estímase a hora de finalización en torno ás 12:30 h.

  • Haberá que comer na Illa, e ainda que hai establecementos que sirven comidas, recoméndase que cada un leve algo da casa xa preparado.
  • A tarde terémola libre para aproveitala como ben nos prazca.

  • O barco de regreso recolleranos ás 18.00 h. no porto da illa e deixaranos no porto de Ribeira dúas hora despois.
  • Dende a organización insistimos máis que nunca na puntualidade dos horarios establecidos pois dependemos dun medio de transporte que esixe puntualidade.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Illas Atlánticas   Ribeira   andaina   cofradía da Dorna   viaxe  

Cinema: o festival audiovisual Olloboi achégase ao medio cento de traballos recibidos e xa subidos á rede

Media_httprodaxefiles_rqziy

Ribeira, 14 de maio de 2012. A falta de pouco máis de tres semanas para que finalice a inscrición no concurso, xa son máis de 45 os traballos enviados desde moitos centros educativos de toda Galicia ao festival audiovisual Olloboi. "Hainos realmente interesantes", indican dende a organización, que recomenda botarlles un ollo.

E se tes un vídeo ou unha idea para un, aínda estás a tempo de participar. Consulta as bases e os premios!

Orixes de Olloboi

No curso 2008-09 un grupo de profesores e profesoras do ensino público fundan no IES Leliadoura un grupo de traballo para dar saída ás súas inquedanzas comúns no mundo audiovisual e estudar a súa aplicación na docencia. Froito do traballo deste grupo nace no 2010 o Festival Audiovisual Olloboi, cunha clara orientación escolar, que se vén celebrando anualmente e xa vai pola terceira edición.

Máis información en olloboi.com e en Facebook





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Olloboi   Ribeira   audiovisual galego   certame