Preme para voltar á portada
Filed under

roteiros

 

Boiro: o sábado 26 de maio, roteiro a Sálvora, Jidoiro e Rúa en Ribeira

Boiro_roteiro_faiado_26

O V Roteiro “Entre o mar e a terra”, que organiza a asociación cultural e etnográfica "O Faiado 2" de Boiro  visitará a costa de Ribeira desde o mar, con visita a Sálvora, Jidoiro e Rúa. Explicacións con guía local e do Parque das Illas Atlánticas.

O día é o 26 de maio as 17:00 h con saída desde o porto de Aguiño.

É necesario confirmar a asistencia. Non poderá ir ninguén que non estea anotado (plazas limitadas). Formas de contacto no cartel que abre a información.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   O Faiado 2   Ribeira   roteiros  

Rianxo: o sábado 26 de maio, roteiro ás pontes do Lérez en Forcarei

Media_httpfarm3static_ofxid

Batáns tradicionais, onde se "curaba" o liño e outros materiais textís


Rianxo, 15 de maio de 2012. O sábado 26 de maio organízase unha andaina dirixida a adultos (maiores de 16 anos e menores acompañados). Esta fermosa ruta discorre paralela ao río Lérez e ten como puntos principais de interese o Mosteiro de Aciveiro e todo un regueiro de muíños, batáns e outras construcións tradicionais ao pé dos ríos galegos.

O nivel de dificultade é medio e o percorrido é de aproximadamente 14 quilómetros.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   andaina   roteiros  

Rianxo: roteiro de sendeirismo este sábado 12 de maio polo río Sarela, en Santiago

  • Para maiores de 50. Custa 3 euros

Media_httpfarm3static_xqraj

O Sarela é un dos múltiples afluentes do río Sar. Na imaxe, este último ao seu paso por Padrón

Rianxo, 8 de maio de 2012. O Servizo de Deportes organiza o vindeiro sábado, 12 de maio, unha saída a pé na que se percorrerá o curso de río Sarela, desde o Romaño ata Vidán. A actividade vai dirixida ós maiores de 50 anos, e terán prioridade aqueles que participen nas actividades deportivas municipais.

O nivel de dificultade é baixo e o percorrido é de aproximadamente 6 quilómetros. O longo do curso do río Sarela atópanse lavadoiros, muíños, pontes singulares e varios curtidoiros. Os ameneiros, salgueiros, loureiros e sabugueiros propios do bosque de ribeira, acompañan durante todo o percorrido. O autobús fará a ruta polas paradas habituais a partires das 8:30, estando previsto a chegada ó Romaño e inicio da ruta para as 10. A volta está prevista para as 13:30 aproximadamente.

O custe da actividade é de 3 €. Mais información e inscricións no Servizo de Deportes e nos pavillóns deportivos.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   roteiros  

Ribeira: preto de corenta participantes no roteiro polos montes do Vilar

Cimg0766

 

Ribeira, 18 de abril de 2012. Xente de tódalas idades participou no roteiro de sendeirismo polos montes do Vilar, que organizou o pasado domingo a Asociación de Veciños de Carreira, presidida por Marivén Sampedro.

Segundo a organización, foi "unha ruta cortiña, de apenas 12 quilómetros, que  descorría por paraxes espectaculares que resultaron do agrado dos perto de 40 participantes". Entre os asistentes, carreirenses coñecidos como José Manuel Pena, Jaime López, Pachicho Reiriz ou a anterior presidenta da asociación veciñal, Ana Gómez Hermo, que disfrutaron tanto do percorrido como das curiosas e personais explicacións do guía, Moncho Sampedro.




 


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Carreira   Ribeira   asociacionismo   roteiros   sendeirismo  

Boiro: integrantes e amigos de O Faiado 2 fixeron o cuarto roteiro entre Boiro e Rianxo

Media_httpfarm9static_jrmat

Media_httpfarm8static_yaecf

Imaxes do roteiro realizado

 



Antes anunciámolo así:

 

Este sábado, 21 de abril, IV Roteiro de O Faiado 2, entre Boiro e Rianxo

Boiro_roteiro_faiado_21abril

Boiro, 16 de abril de 2012. O IV Roteiro "Entre o mar e a terra" da asociación cultural etnográfica "O Faiado 2" terá lugar este sábado 21 de abril.

A ruta prevista comeza no límite entre os concellos de Boiro e Rianxo: "incluiremos patrimonio etnográfico, arqueolóxico e industrial. Contaremos con guía local", explica a presidenta de O Faiado 2, Mª Luísa López Otero.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   O Faiado 2   roteiros  

Boiro: o 14 de abril, roteiro de sendeirismo con fotodenuncias

  • Organiza o colectivo medioambiental Boiroverde
Media_httpfarm4static_lrbtd

Carregueiros, con chuvia

Boiro, 2 de abril-na semana de paixón en que arderon as Fragas do Eume- de 2012-. Boiroverde levará a cabo o vindeiro 14 de Abril  unha ruta de sendeirismo con fotodenuncias. Tratarase dunha ruta circular, que comezará e terá o seu remate en Rebordelo, pasará por distintos puntos como Triñáns, o Chazo e as Praias de Carragueiros, ata completar uns oito quilómetros aproximadamente. As condicións de tránsito serán boas, din os organizadores, polo tanto a ruta será de dificultade baixa, apta para todos los públicos.

A fotodenuncia poderase realizar en diferentes puntos da ruta xa que pasa por diversos vertedoiros incontrolados. Colabora a asociación fotográfica Olláparo. A asociación de senderismo Vintedous Pés tamén colaborou na planificación da ruta, aínda que polo momento non saben se poderán asistir presencialmente á propia ruta.

Nesta actividade poderá participar todo aquel que o desexe levando roupa cómoda, auga, gorra se fai sol e algo para picar no descanso que haberá na metade da ruta. Comezará ás 10 da mañá e está previsto que remate sobre a unha da tarde. Os interesados poderán anotarse no Centro Social de Boiro, no correo boiroverde2012@gmail.com ou no número de teléfono 981842635.


 

Tamén en Boiro:


Sendeirismo: o 7 de abril, de Río Grande a Río Beluso


14 de abril: curso sobre independentismo galego en Aturuxo


  Semana Santa 2012: programación relixiosa


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Boiroverde   roteiros  

Boiro: o sábado 7 de abril, roteiro de sendeirismo entre Río Grande e Río Beluso

Boiro_sendeirismo_semana_santa

Boiro, 27 de marzo de 2012. A concellería de Turismo do Concello de Boiro organizará para o vindeiro sábado, 7 de abril, ás 19.00 unha ruta de sendeirismo entre Río Grande e Río Beluso. As persoas interesadas deben inscribirse na oficina de turismo de Boiro.

Pode que tamén lle interese:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   roteiros   sendeirismo  

Boiro: organizan un roteiro fotográfico por Bealo o vindeiro sábado 11 de febreiro

Ruta-bealo

Antes, en Certo:

 






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Bealo   Boiro   Olláparo   fotografía   roteiros  

Ribeira: pedirán fondos europeos para dinamizar o parque de San Roque e o miradoiro da Pedra da Rá

  • Trátase de poñer en marcha un corredor verde entre Cubeliños e San Roque, unha ruta de sendeirismo ao miradoiro da Pedra da Rá e un parque de aventura ecosaudable en San Roque
  • O proxecto, denominado "Ribeira, entornos saudables" foi orzamentado en 271.000 euros

Media_httpfarm5static_iidia

Ribeira, 17 de xaneiro de 2012.- A voceira do Equipo de Goberno de Ribeira, Herminia Pouso Maneiro, deu conta unha vez máis dos principais asuntos debatidos na reunión que o Executivo local mantén todos os martes, entre os que houbo destacar o visto bo dado polos munícipes á solicitude de fondos Leader para a execución dun proxecto complementario do programa Ribeira Atlántica que, baixo a denominación de “Ribeira, Entornos Saudables”, pretende dinamizar económica e turisticamente dous dos entornos con maior valor natural do concello: o  miradoiro da Pedra da Rá e o Parque de San Roque. 

Media_httpfarm5static_iuizj

A actuación está presupostada en 271.000 euros (contía que podería ser subvencionada ata nun 100% polos citados fondos europeos) e afecta aos núcleos de poboación de Frións e A Granxa (na parroquia de Carreira) e Cubeliño, en Riveira. 

O proxecto comprende tres actuacións específicas: 

  • A creación dun Corredor Urbano Verde de 1,2 quilómetros seguindo o curso do río Pedrín que enlaza os núcleos de Coveliño e Frións co parque periurbano, recuperando o leito fluvial, promocionando o turismo verde e servindo de segunda vía de acceso a San Roque dende a cidade.
  • O establecemento dunha Ruta de Sendeirismo dende o parque cara o Miradoiro da Pedra da Rá aproveitando a rede de camiños histórica existentes nesta área e que dará acceso a unha das mellores vistas panorámicas do concello.

 

Media_httpfarm5static_ifedw

  • E a creación en San Roque (máis concretamente no entorno do lavadoiro do río Pedrín) dun Parque de Aventura Ecosaudable, con instalación de elementos de ocio e aventura integrados co entorno.

Xunto a estas actuacións integrais, o proxecto culminarase cun plan de mellora sinalética e con iniciativas complementarias dirixidas a difundir os valores naturais e patrimoniais do entorno, tales como a edición de audioguías, folletos, mapas e un certame de fotografía. 

Secretaría do Concello

Outra das actuacións anunciadas por Pouso Maneiro foi a reorganización da área de Secretaría do Concello, que actualmente está “baixo mínimos” ao ter catro funcionarios en situación de incapacidade temporal, ao tempo que o posto de secretario xeral está sendo desempeñado provisionalmente por unha persoa que tamén ostenta a función de asesoramento urbanístico.  

Así e logo, o Equipo de Goberno acordou estudar o xeito de reorganizar o máis eficientemente esta área, para o cal non se descarta trasladar a algún membro do persoal que está desenvolvendo outras funcións fóra da Casa Consistorial. En todo caso, as necesidades específicas de pór en marcha o programa de Ribeira Atlántica farán que unha persoa se ocupe a tempo completo deste expediente máis outra persoa de apoio. 

Noutro orde de cousas, no que respecto á solicitude de accións formativas que están dirixidas ás persoas desempregadas do municipio, decidiuse solicitar á Xunta a celebración de cursos de instalación e mantemento de xardíns en zonas verdes, de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e de operacións básicas de restaurante e bar. “Esperamos que así os nosos desempregados adquiran maiores capacidades e lles sexa máis fácil reincorporarse ao mundo laboral”, declarou a edil. 

Paneis informativos

Por último, Hermina Pouso anunciou que o Concello xa dispón dos paneis informativos que se implantarán en cada unha das parroquias. Unicamente se está a expensas de comunicar aos outros grupos municipais os lugares concretos nos que se pretende situar estes elementos antes de proceder á súa instalación.

En Castiñeiras, obras

Por outro lado, o Concello informa do inicio das obras de pavimentación e renovación de servizos nas rúas do Alto do Rial e Alto da Fonte, ambas situadas na parroquia de Castiñeiras, tamén esta semana.

Con esta actuación preténdese continuar coa recuperación do centro histórico da parroquia (formado por un conxunto de rúas de trazado irregular e anchura variable) e a renovación dos servizos existentes. As dúas vías aludidas son bastante estreitas e teñen un pavimento de formigón bastante deteriorado. Ademais, a rede de abastecemento é de fibrocemento e non existe rede separativa de alcantarillado.

Así e logo, pavimentaranse as dúas vías con lousas de granito combinadas con adoquíns de granito abuxardado. Substituiranse as tubaxes de abastecemento de auga existentes por outras de polietileno de alta densidade. E colocaranse colectores de PVC liso para os residuos fecais e colectores de PVC corrugado para as augas pluviais. Tamén se cambiará a rede aérea de alumeado público por canalización soterrada.

O orzamento é de 151.976,90 euros e o prazo de execución é de 4 meses. Serinfra S.A. é a encargada de acometer a actuación, que están adscrita ao POS 2011.





Antes, en Certo:


Fondos Europeos: cinco millóns para 11 actuaciones


Riveira Atlántica 2015: adxudicada asistencia técnica a Idom



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Castiñeiras   Ribeira   fondos europeos   obra   roteiros  

Outes: "Aquelar" organiza un roteiro de sendeirismo para promocionar o municipio este sábado 15

Cartel_outes

 

Outes, 13 de outubro de 2011. A asociación cultural “Aquelar” de Outes esta a organizar unha ruta de sendeirismo que terá lugar o vindeiro sábado día 15. O roteiro escollido será a que vai dende Albán (Rates) ata o merendoiro do Monte Tremuzo e que durará aproximadamente unhas 4 horas. A saída está programada para ás 10:00. 

O obxectivo desta andaina é promocionar as rutas de sendeirismo que ten o Concello e que "están sen explotar pola corporación municipal", aseguran dende esta novísima asociación. 

Tamén na reunión que tiveron a pasada semana acordouse un achegamento "a todas as asociacións do Concello coa fin de realizar actividades comúns para así garantir o éxito". Unha delas será o magosto, que aínda está pendente de programar. 

Animan a todo o mundo a que acuda a esta cita, a pasar un día de lecer polo Concello de Outes.


Dende Certo animámolos ese día a cambiar o mundo. Tamén aos de Outes.

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Aquelar   Outes   roteiros  

Boiro: O Faiado 2 percorreu varios asentamentos de cabanas na Serra do Barbanza no seu III Roteiro

Media_httpfarm7static_wdcqo


Boiro, 10 de outubro de 2011. O sábado 8 de outubro tivo lugar o III Roteiro "Os vellos camiños do Barbanza", organizado pola asociación cultural etnográfica "O Faiado 2". Xuntáronse unhas 30 persoas e, dos 45 asentamentos de cabanas que hai na Serra do Barbanza, visitaron O Asentamento da Trema, perto da Portela subindo ata a mámoa da Casarota do Fusiño. Seguiron polo río Barbanza ata preto do Asentamento de Outeiros Hinchados, onde ollaron unas pedras con gravados. Logo camiñaron ao Asentamento de As Cabanas situado á beira do cañón do río Barbanza. Por último pararon en “Chan de Folgoso” onde hai restos de cabanas e de antigos curros, segundo informou a presidenta desta asociación, a inesgotable María Luísa López.

Media_httpfarm7static_ecfyi

Pode que tamén lle interese:


Programación cultural de Boiro en outubro: algunhas das actividades previstas


Homenaxe: a Ónega, Frinsa e Los Chiky´s o 26 de novembro

Antes, en Certo:


O Faiado 2: O 27 de agosto foron pola calzada do Ordenario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   O Faiado 2   patrimonio   roteiros  

Boiro: O Faiado 2 organiza un roteiro a antigos camiños de gando o sábado 8 de outubro

Roteiro_terceiro

Media_httpfarm6static_akyww

Ollo: sáese da Pobra do Caramiñal, enfronte dos Xardíns Valle-Inclán

Antes, O Faiado 2:


O Faiado 2: O 27 de agosto foron pola calzada do Ordenario

Pode que tamén lle interese:


Obradoiro de escultura: comeza en outubro. Vaite anotando!


Cursos: de alemán e tempo libre, en outubro



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   O Faiado 2   roteiros