Preme para voltar á portada
Filed under

saúde

 

Ribeira: presentado o programa "Galicia Saudable", onde se desvelou que o 70% dos galegos non facemos exercicio

  • Moito público escoitou os consellos do cardiólogo González Juanatey, que dará unha charla este xoves en Noia sobre os coidados do corazón. Tamén estiveron cargos da Xunta e o alcalde

 

(download)

Ribeira, 25 de abril -San Marcos- de 2012.- O Auditorio Municipal viviu no serán de onte un concorrido acto público co que se quixo difundir as vantaxes que para a saúde conleva unha vida máis activa e saudable. Tratábase da presentación do Plan Galego para o Fomento da Actividade Física, Galicia Saudable, promovido por Presidencia da Xunta e que reuniu no salón de actos ao cardiólogo de prestixio internacional José Ramón González Juanatey, xefe do servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e presidente da Sociedad Española de Cardiología xunto con altos cargos da Xunta e alcaldes do PP.

Os membros da mesa presidencial foron explicando os beneficios que para os homes e mulleres de calquera idade entraña a actividade física e unha dieta equilibrada. Tras a presentación, polo xornalista ribeirense David Bello, o primeiro en tomar a palabra foi Alfonso Cabaleiro, da Xunta, quen incidiu na idoneidade do acto para que os asistentes ao mesmo (e os que accedan a el por medio dos medios de comunicación) teñan a ocasión coñecer o Plan e “sobre todo, sexan capaces de poñer en práctica a actividade deportiva”.

José Ramón Lete, responsable de Deporte na Xunta, explicou que o programa Galicia Saudable é un programa que avoga por propiciar un cambio cultural entre a poboación, dado que os cidadáns teñen que ser conscientes de que a actividade física é un elemento fundamental da promoción da saúde. A este respecto, afirmou que segundo aseverou o doutor Casanueva, esta pode ser a primeira xeración da historia na que os pais vexan aos seus fillos. “Temos un problema importante como é o sobrepeso e a obesidade”, declarou. E esgrimiu: “Temos que tomar o control da nosa vida”.

Conferencia de Juanatey

O gran momento do acto chegou coa intervención de José Ramón González Juanatey, un dos maiores expertos en cardioloxía do mundo, quen pronunciou unha conferencia na que manifestou que o non fumar, o manter unha masa corporal e un peso axeitados, o realizar exercicio regular e o levar unha dieta regular evitan o risco de infarto cardiovascular. “Todos vostedes sodes coñecedores disto e está na nosa man poñelo en práctica”, dixo, desafiando así as últimas directivas do Fondo Monetario Internacional, ao que non lle parece demasiado ben que a xente vivamos moitos anos.

A continuación manifestou que o principal problema é modificar determinados hábitos de vida chegada unha determinada idade. “Tense que producir un cambio social consistente nunha participación máis directa dos cidadáns sobre a súa saúde”, declarou, e engadiu que a educación é fundamental para conquerir este fin.

O 70% dos galegos non facemos exercicio

O doutor Juanatey dedicou parte da súa intervención a resaltar a importancia da actividade física que, segundo explicou, é un elemento clave a calquera nivel da vida pero é especialmente relevante a unha idade avanzada: “O impacto da actividade física é máxima a partir dos 65 anos”, resaltou. A maior afondamento, informou de que case o 70% da poboación galega non dedica ningún tempo a actividade física reglada. “Isto non se pode permitir”, argüíu.

Tras unha nova intervención do secretario xeral para o Deporte, pechou o evento o alcalde Manuel Ruiz, quen destacou que entre as iniciativas se ten intención do Executivo para fomentar a práctica da actividade física figuran “dous proxectos importantísimos”, como son a realización dun entorno saudable de 4 quilómetros ao longo do río Artés/Arlés e a construción doutro paseo marítimo entre Ribeira e O Touro de 1,5 quilómetros. “Temos que ter a visión de permitirlle ao cidadán que disfruten do seu concello e dunha vida san”, dixo, como se os cidadáns de Ribeira non puidesen pasear por lugares sen piso liso de formigón ou plaquetas.

Obras en Olveira de Arriba e Reiriz

Por outra banda, o Concello tamén informa hoxe da licitación dunha actuación consistente na instalación de saneamento e pluviais nos lugares de Olveira de Arriba e Reiriz, ambos situados na parroquia de Olveira. Segundo recolle hoxe o Boletín Oficial da Provincia, o orzamento da acción ascende a 443.880,23 euros e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas no Rexistro Xeral do Concello no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte a esta publicación no BOP. O prazo de execución é de seis meses.

Na actualidade, os dous lugares citados carecen de rede de saneamento e pluviais, existindo unicamente algún tramo de cuneta destinado a canalizar as augas superficiais. Con tal motivo, técnicos municipais elaboraron un proxecto co obxectivo de instalar unha rede de saneamento que dea servizo aos veciños da zona, e que consistirá na colocación de dúas tubaxes (unha de 1.119 metros e outra de 164) de PVX compacto, dispoñéndose 43 pozos a 1,70 metros de profundidade e outros 13 a 2,90 metros.

A través dos colectores indicados conduciranse as augas fecais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo no que se instalarán dúas bombas somerxidas. Dende aí, as augas impulsaranse a través dunha tubaxe de polietileno de alta densidade ata a súa conexión á rede xeral. Tamén se prevé a instalación dunha rede de pluviais a través de dúas tubaxes de 371 e 177 metros de PVC corrugado. Disporanse 26 pozos a 1,70 metros de profundidade, 17 arquetas sumidouro e unha canaleta con reixa de 37 metros.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   saúde  

Noia: a vindeira charla da Aula de Saúde, sobre coidados do corazón, este xoves 26 de abril

Noia: este xoves 19 de abril, na Aula de Saúde, "Dermatoloxía e patoloxía da pel", ás oito da tarde

Charla_dermatoloxia

Será no salón de actos do instituto "Virxe do Mar"

Hoxe mesmo publicamos sobre Noia:


Urbanismo: adecentarán o que queda do antigo Hotel Ribadavia

Servizos Sociais: informes co feito en 2011

Pode que tamén lle interese:


San Marcos: programa completo das festas e feiras


San Marcos: programación da Sociedade Liceo de Noia


Cursos Cruz Vermella: para primeiros auxilios en bebés e nenos


Pintura: o V Certame "Sesé" ao aire libre é o sábado 21 de abril



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   charla informativa   saúde  

Noia: este xoves, 8 de marzo, charla sobre como usar mellor o sintrom e anticoagulantes

Noia_sintrom

Noia, 5 de marzo de 2012. O vindeiro xoves, 8 de marzo, ás 20:00 h. terá lugar a conferencia sobre "Anticoagulantes e sintrom: como usalos mellor".

Dita conferencia será  impartida pola doutora Susana Pérez Crespo, xefa da sección de hemostasia do Servizo de Hematoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

A doutora Pérez dará  pautas de manexo dos tratamentos anticoagulantes e sintrom, ademáis de abordar aspectos xerais e novidades sobre hematoloxía. A conferencia terá lugar no salón de actos do IES Virxe do Mar de Noia.

Nas dúas conferencias anteriores o salón de actos do IES Virxe do Mar rozou o cheo, xa que estas charlas sobre temas relacionados coa saúde están a xerar grande interese. Neste momento existen 65 persoas inscritas.




Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   charla informativa   saúde  

Noia: o municipio acolle unha mesa polo Día Mundial das Enfermidades Raras o domingo 4 de marzo

  • Uns 30 millóns de persoas teñen unha enfermidade rara en Europa, aproximadamente 3 millóns en España e unhas 200.000 persoas en Galicia.

Festival_benfico_enfermedades_

 

Noia, 27 de febreiro de 2012.  Este mércores, 29 de febreiro, celébrase o Día Mundial das Enfermidades Raras (EERR). FEGEREC (Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas) organiza a súa campaña anual de sensibilización coa fin de facer chegar a todos os sectores da cidadanía galega a necesidade e dereito constitucional dun trato equitativo cara as persoas que padecen unha ER e as súas familias. Nestas bisbarras, o lugar escollido para instalar unha mesa informativa é Noia, e estará posta o vindeiro domingo, 4 de marzo, no campo da feira.

FEGEREC  é unha entidade sen ánimo de lucro de ámbito galego que ten a súa sede no Centro García Sabell da Coruña con CIF: G 70218128 e nº de rexistro: 2009/000201-2 (SC). FEGEREC nace co obxectivo principal de mellorar a calidade de vida dos enfermos con este tipo de patoloxías e das súas familias, adicando grande parte dos seus esforzos a abordar de forma integral e multidisciplinar a problemática sociosanitaria que conleva padecer este tipo de enfermidades, así como darlles visibilidade ante a cidadanía.

A día de hoxe a Federación é unha entidade que agrupa a afectados de EERR e ás seguintes asociacións:

-Asociación Galega de Ataxia

-Asociación Galega contra aFibrosis Quística

-Asociación Galega de Lupus

-Asociación Galega de EscleroseLateral Amiotrófica

-Asociación Galega de Linfedema

-Asociación Galega de RetinosisPigmentaria

-Delegación Galega de Arnold Chiari

-Asociación Coruñesa de EscleroseMúltiple

FEGEREC ofrece servizos de acollida e información, rehabilitación (fisioterapia e terapia ocupacional), traballo social, atención psicolóxica, transporte adaptado e nestes anos fixo obradoiros dirixidos a afectados por enfermidades raras e crónicas para coñecer máis de preto a súa patoloxía e plantexar dúbidas a expertos.

AS EERR minoritarias ou pouco frecuentes, son aquelas con perigo de morte ou invalidez crónica, que teñen unha prevalencia menor de 5 casos por cada 10.000 habitantes. A maioría delas son enfermidades xenéticas, outras son tumores pouco frecuentes, enfermidades autoinmunes, malformacións conxénitas ou enfermidades tóxicas ou infeccións, entre outras categorías.

Entre 5.000 e 8.000 enfermidades raras

Estímase que existen entre 5.000 e 8.000 EERR diferentes que afectan aos pacientes nas súas capacidades físicas, habilidades mentais e nas súas cualidades sensoriais e de comportamento. Así, ante esta polisintomatoloxía é común atoparnos nunha mesma persoa unha minusvalía múltiple. É preciso ter en conta que o papel de coidador principal dunha persoa con ER adoita recaer sobre un membro da familia e é habitual que co paso do tempo remate, non padecendo unha ER, pero si presentando e padecendo clínica no ámbito biopsicosocial.

Entre os problemas e necesidades máis comúns aos que se enfrenta unha persona cunha ER e a súa familia, están os seguintes:

  • Demora no diagnóstico definitiva cunha media establecida en 5 anos.

  • Falta de información da súa patoloxía, tratamentos, axudas... por parte dos profesionais implicados no seu proceso de saúde.

  • Carencias no acceso a unha atención sociosanitaria dende un enfoque integral e multidisciplinar acorde ás necesidades de cada caso.

  • Falta de equidade no acceso e na cobertura das súas necesidades no ámbito médico, social, educativo, laboral etc en relación ao resto da cidadanía, mesmo ás veces en función do lugar onde se vive.

 

Actos por toda Galicia

Os actos que se van a realizar en Galicia con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras son os seguintes, destacando a presenza o sábado 3 de marzo na mesa informativa de Ferrol de Isabel Calvo, presidenta de FEDER (Federación Española de Enfermedades Raras)

Luns 27 de febreiro

Foro: O experto responde de 18:00 a 20:00 horas na páxina do SERGASwww.sergas.es/escolasaude

Igual que o ano pasado, respostaranse en tempo real as preguntas formuladas por aqueles que teñan dúbidas ou queiran coñecer máis sobre enfermidades raras. Vai dirixido a coidadores, pacientes, familiares e á poboación en xeral. Respostarán ás preguntas o Dr. José María Prieto, Facultativo Especialista en Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e asesor médico de FEGEREC e Carmen López, Psicóloga Clínica e Directora Técnica de Fegerec.


Martes 28 de febreiro
Mesas informativas e de postulación nas rúas de A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e El Corte Inglés de Vigo.


Mércores 29 de febreiro
Festival benéfico a favor de FEGEREC. Centro Ágora ás 19:00 horas, 5 euros. Actuará a Coral Follas Novas e será presentado por Pablo Portabales. 

 

Sábado 3 de marzo
Mesas informativas e de postulación nas rúas de Monforte e Vilagarcía, Centros Comerciais de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense.


Domingo 4 de marzo
Mesa informativa e de postulación na feira de Noia.


Domingo 11 de marzo
Mesa informativa e de postulación na feira de Cedeira.

Máis info:

FEDERACIÓN GALEGA DE ENFERMEDADES RARAS E CRÓNICAS FEGEREC

Pza. Esteban Lareo, Bloque 17, Sótano

15008 A Coruña

Tfno: 981 234 651

fegerec@cofc.es

fegerec.blogspot.com




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Día Internacional   Noia   saúde  

Ribeira: o martes 7 de febreiro, obradoiro sobre envellecemento activo no Liceo Marítimo

Media_httpfarm5static_fqdap

Ribeira, 24 de xaneiro de 2012. O vindeiro 7 de febreiro, martes, terá lugar no Liceo Marítimo un obradoiro de saúde sobre "Envellecemento activo: aprendendo a xestionar as emocións, o estrés e a ansiedade".

Vai ser impartido por persoal facultativo da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Inscrición gratuíta chamando ao teléfono 981 972513

Entre as metas deste obradoiro está aprender a mellorar a calidade de vida na vellez, ao tempo que se preveñen enfermidades, se manexan as emocións e se xestiona o estrés e a ansiedade. Preténdese que os asistentes adquiran habilidades para adaptarse de xeito óptimo a calquera situación de cambio ou transición vital, a argallar coa xubilación das emocións e co ritmo estresante de vida que tanto se impón hoxe en día.

PROGRAMA DOCENTE:

DE 16:30 HOTAS - 17:30 HORAS:

 - PAPEL DO ENVELLECEMENTO ACTIVO NA POBOACIÓN E NA PREVENCIÓN DA ENFERMIDADE.
 - RECOMENDACIÓNS PARA UN ENVELLECEMENTO ACTIVO E SAUDABLE. 
 - EXPERIENCIA PILOTO: CENTRO DE SAÚDE DE VITE (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

RELATORA: ISABEL REDONDO ZAMBRANO (TRABALLADORA SOCIAL DO CENTRO DE SAÚDE DE VITE - SANTIAGO)

DE 17:30 HORAS - 20:30 HORAS:

TALLER "COACHING PARA A SAÚDE" (ENTRENAR AL GRUPO CON EL OBJETO DE CONSEGUIR UNA META O DESARROLLAR HABILIDADES ESPECÍFICAS)

RELATOR: MARIA JOSÉ LOZANO LORENZO (TRABALLADORA SOCIAL DO COMPLEXO HOSPITALARIO DE PONTEVEDRA) 

 - O COACHING NO ÁMBITO DA SAÚDE.
 - TÉCNICAS DE AUTOAXUDA.
 - XESTIÓN DAS EMOCIÓNS E O ESTRÉS. 

Pode que tamén lle interese:






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Liceo   Ribeira   obradoiros   saúde  

A Pobra: o Psoe presenta unha moción para que o goberno deixe de violar e recortar o dereito fundamental á atención sanitaria

Click here to download:
Moción restitución atención sanitaria.docx (50 KB)
(download)

Será tratada no pleno da Pobra do Caramiñal o vindeiro xoves, 26 de xaneiro





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   PSOE   moción   saúde  

Lousame: charlas e cinefórum sobre medicina preventiva e vida saudable, ata o 1 de decembro


As charlas son na casa da cultura de Portobravo

Lousame, 14 de novembro de 2011. O Concello de Lousame organizou durante este mes unha serie de preguntas e respostas sobre medicina preventiva e hábitos de vida saudable. As actividades, non recomendadas para menores de 16 anos (??), celébranse ás 8 da tarde na casa da cultura de Portobravo.

As charlas que quedan son:

- Xoves, 17 de novembro.

Dr. Miguel Sobrino: ´Ardor de estómago`

 Mércores, 23 de novembro.
Dr. Víctor Pedrosa: ´Hipertensión e colesterol`

- Mércores, 30 de novembro.
Dr. Ramón Orozco: ´Factores de risco no cancro de mama`

 

Media_httpfarm3static_aqbwb

CINE FÓRUM

- Mércores, 16 de novembro.
Depresión, inactividade e alcoholismo:
´Los lunes al sol` (2002)

- Xoves, 24 de novembro.
Drogodependencia e inserción social:
´Heroína` (2005)

- Xoves, 1 de decembro.
Discapacidades, tabaco e alcohol de fin de semana:
´Yo, también` (2009)

Pode que tamén lle interese:


Banda de música: o venres 25 de novembro, a Santiago ao Certame Galego



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lousame   actividade Concello   saúde  

Ribeira: o mércores 23 de novembro, obradoiro sobre dores neuropáticas e fibromialxia

  • Impárteo Ángel Manuel Aneiros Díaz, especialista en Neuroloxía da área sanitaria de Ferrol
  • Será no Liceo Marítimo, de 18:00 a 20:00 horas
Media_httpfarm4static_iwngb

Ribeira, 14 de novembro de 2011. O vindeiro mércores, 23 de novembro, nos locais do Liceo Marítimo haberá un obradoiro de saúde impartido polo especialista en neuroloxía da área sanitaria de Ferrol, o doutor Ángel Manuel Aneiros Díaz. O obradoiro servirá para informar sobre as dores neuropáticas en relación coa fibromialxia e os recursos para facerlles fronte.

 

    É outra actividade organizada pola Escola Galega de Educación para a Saúde (Consellería de Sanidade). O límite do curso é de 30 persoas e hai que inscribirse previamente no teléfono 670 458 406 ou nesta web.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Liceo   Ribeira   obradoiros   saúde  

Noia: congreso sobre terapias alternativas ou complementarias durante a segunda fin de semana de novembro

Inicio da charla sobre chi-kung e meditación, por Jesús Alcaide:

Media_httpfarm7static_flahy

Antes, en Certo, anunciamos:

Programa previsto para o IV Congreso de Educación para a Saúde, que se adica a menciñas non convencionais

Media_httpfarm6static_vjtcb

As sesións do congreso serán este ano no edificio administrativo da rúa Espírito Santo

Noia, 3 de novembro de 2011. Na fin de semana do 12 e 13 de novembro, sábado e domingo, vai ter lugar o IV Congreso de Educación para a Saúde de Noia. Desta volta apostouse polas terapias alternativas. En Certo, como escépticos con este tipo de remedios, seguimos aconsellando aos nosos lectores que vaian ao médico e empreguen a Seguridade Social deste país.

Programa

SÁBADO 12 de novembro

16:30 Recepción e entrega de documentación
17:00 Fabiola Ghilardi: "Saúde e benestar polas prantas medicinais"
18:00 Jesús Alcaide: "Chi Kung e Meditación: Saúde, Enerxía e Consciencia"
19:00 Alberto Bidarra. "Cuncas tibetanas e a terapia do son"

Folleto_congreso_noia

DOMINGO 13 de novembro

18:00. Dr. Gabriel Camacho "Recomendacións nutricionais para unha alimentación san e natural"
18:50 Intervalo Musical Conservatorio de Noia.
19:00 Dr. Fernando Pinto Blanco: "O que nos aporta a cultura, o chamanismo e as etnomedicinas á nosa saúde"
19:50 Intervalo musical a cargo do Conservatorio Municipal
20:00 Ágape de sensacións
Clausura e entrega de diplomas.
Farase unha mención e recoñecemento aos asistentes das ediccións anteriores do Congreso para a Saúde.

As inscricións neste congreso deben facerse no Concello de Noia ou no correo electrónico saudenoia@gmail.com

Antes, en Certo:
Porto do Son: O Live H2O, un timo new age
Outras novas relacionadas con pseudociencias

Pode que tamén lle interese:


Santa María a Nova: as tuyas, en perigo


Exposición de escultura: Fran Lareo no Liceo ata o 30 de novembro


Recital poético-musical: o venres 11 de novembro



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   congreso   pseudociencia   saúde  

Ribeira: o PP oponse no Parlamento a construír o centro de saúde mental que xa adxudicara en 2009 Feijóo

  • Lage Tuñas cre que o goberno galego "coa súa oposición a este proxecto está negándolle á bisbarra do Barbanza un centro necesario que foi demandado por colectivos sociais e profesionais socio-sanitarios"
  • O PSdeG recordou que “o proxecto chegou a adxudicarse en 2009 polo goberno galego que preside Feijóo cun orzamento de casi un millón de euros e despois anularon o proxecto e desbotaron a súa recuperación”.

 

Media_httpfarm7static_ecphr

Ribeira conta cun centro de día de Alzheimer, pero non cun centro de saúde mental

Ribeira, 5 de outubro de 2011. O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas, interviu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento, para defender unha Proposición Non de Lei, para reclamar ao Goberno presidido por Alberto Núñez Feijoo a recuperación do proxecto do Centro de Saúde Mental de Ribeira.

A iniciativa tiña por obxecto dar unha resposta axeitada no ámbito da saúde mental, tal e como teñen demandado profesionais e colectivos sociais de Ribeira e do conxunto da bisbarra.

O deputado socialista defendía tamén na súa iniciativa incluír unha partida económica no orzamento do ano 2012 para poder executar o proxecto do Centro de Saúde Mental de Ribeira. No debate da iniciativa Lage Tuñas trasladoulle ao Partido Popular a posibilidade de chegar a un acordo facilitando que a financiación fose plurianual e que se executara o proxecto en función dos recursos económicos dispoñibles, comezando en 2012. O PP rexeitou a proposta e votou en contra a pesares dos esforzos para lograr un acordo que fixo o deputado socialista rebaixando a súa petición inicial co obxecto de conseguir sacar adiante o proxecto do centro de saúde mental.

José Manuel Lage dixo na comisión que “á vista dos feitos o Goberno de Feijóo amosa nulo interese por dotar ao Barbanza con este centro de saúde mental”.

O deputado noiés explicou que “esta proposta non é nin un capricho meu nin unha iniciativa de parte senón que responde á demanda dos profesionais e dos colectivos socais, e ademais conta con amplio respaldo de grupos políticos locais e comarcais”.

Lage Tuñas recordou na súa intervención que na pasada lexislatura o anterior Goberno da Xunta de Galicia presidido por Emilio Pérez Touriño proxectou a construcción dun centro de saúde mental no concello de Ribeira e que foi xa baixo o goberno de Feijóo cando se adxudicou a obra de construción. A obra foi adxudicada en agosto de 2009 á empresa Construcións en Pedras Sigrás S. L. segundo se reflicte no Diario Oficial de Galicia do pasado 1 de setembro de 2009, cun prazo de execución de trece meses e medio e un orzamento de 986.574 euros. Sinalou ademais que neste centro tamén se tiña pensado integrar á Unidade de Asistencia a Drogodependentes (UAD).

A posteriori- tal e como explicou Lage Tuñas na comisión- o Goberno de Feijoo paralizou a adxudicación da unidade de saúde mental de Ribeira ao comezo do ano 2010, por un problema relacionado cos terreos onde se ía situar o citado servizo.

O deputado socialista dixo que “goberna o PP no concello de Ribeira, goberna o PP na Xunta, quero crer que se tivesen interese en sacar adiante o proxecto non terían dificultade para salvar o problema que xurdiu cos terreos”.

Non nas prioridades de Feijóo

Así as cousas, critica que no mes de abril de 2010 o Goberno galego presidido por Alberto Núñez Feijóo “desentendíase do proxecto e valoraba cuberta a asistencia a través da rede existente.”

Denunciou que “despois de moitas promesas e compromisos o citado servizo non está dentro das prioridades do actual Goberno galego, como poidemos ver hoxe, xa que eu facilítolles que cheguemos a un acordo entre os grupos parlamentarios con tal de conseguir que se faga o centro de saúde Mental”.

Despois de que o PP rexeitara calquera acordo, Lage Tuñas manifestou que “fomos flexibles nos prazos e na financiación pero o PP non tivo interese ningún en chegar a un acordo. Limitáronse a decir que non, e iso é moi triste”.

Click here to download:
66378-PNC Proxecto centro saúde mental Ribeira.pdf (111 KB)
(download)

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   PSOE   Parlamento de Galicia   Ribeira   Xunta de Galicia   saúde  

Noia: ciclo de conferencias sobre saúde 15 de marzo ao 4 de maio, en "Aula de Saúde 2011"

Media_httpfarm4static_alksq

A conferencia sobre saúde dental a cargo de Benjamín Biedma, é este mércores, 4 de maio, ás 20:00 h no edificio do Espíritu Sant. Con ela finaliza o ciclo.

Antes anunciamos:

Conferencia_osos
O  martes 26 de abril, ás 20:00 horas, conferencia sobre osteoporose a cargo do Dr. Luis M. González Seijas, Xefe de Xinecoloxía do Hospital da Barbanza. Tamén se realizarán densiometrías oseas.

Antes, en Certo

Noia_conferencia_medicamentos
 

Antes, en Certo:


Porros, maría, marihuana, cánabo: o 15 de abril, protagonista

Antes publicamos:

Media_httpfarm2static_dfemc

Noia, 20 de marzo de 2011. Especialistas médicos continúan coas charlas do ciclo de conferencias sanitarias “Aula da Saúde” que ten lugar no edificio administrativo da rúa Espírito Santo. Será ás oito da tarde deste martes 22 a seguinte, sobre saúde sexual. O relator será o doutor Alfonso Luis Lezama, do Hospital da Barbanza.

Cada charla está destinada para a poboación en xeral, pero en particular para familias con estudantes, persoas maiores e as que padezan este tipo de patoloxías das que se fala. O acceso é libre e haberá un certificado de asistencia para as persoas que asistan a todo o ciclo.

Media_httpfarm6static_rrogu

Se quere ver o cartel no tamaño orixinal, aquí

Media_httpfarm6static_jlaxu

A primeira charla versa sobre coidados da vista

Noia, 8 de marzo de 2011. A Concellería de Sanidade noiesa organiza "Aula de Saúde 2011", un ciclo de ponencias que foron presentadas oficialmente o xoves 8 de marzo no Concello de Noia, coa presenza da Concelleira de Sanidade, Rosa Ana González Mariño; o Xefe de Xinecoloxía do Hospital da Barbanza, Luis Miguel González Seijas e o Técnico do Concello, David Saavedra Pino.
Todas as charlas van ter lugar no edificio administrativo da rúa do Espírito Santo, na orde que figura no cartel que encabeza esta información.

Media_httpfarm6static_fhfgc

Edificio administrativo da rúa Espírito Santo, 4

A Concellería de Sanidade de Noia ten páxina en Facebook, aquí

Antes publicamos:


Saúde: a Concellería de Sanidade abre páxina en Facebook


Tabaco: charla impartida por Berta G. Tato sobre a nova lei



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   saúde