Preme para voltar á portada
Filed under

San Andrés de Teixido

 

Ribeira: medio cento de veciños na última saída cultural para maiores deste ano, que foi a San Andrés de Teixido

San_andrs_de_teixido

 

Ribeira, 4 de outubro de 2011.- Medio cento veciños e veciñas do municipio tomaron parte en setembro na último das viaxes programados para 2011 polos Servizos Sociais dentro da iniciativa de Saídas Culturais para o colectivo da terceira idade.  

Este desprazamento tivo como destino a localidade de San Andrés de Teixido, e durante o itinerario tiveron a oportunidade de coñecer tamén outros lugares como Pontedeume e Ortigueira, ademais dos acantilados de Vixía de Herbeira, os máis altos de Europa con 620 metros de altura. 

A coordinadora do programa de dinamización social dos maiores, María José Carreira, acompañou á expedición.

Pode que tamén lle interese:


Lan Party UxíaNet 1.1: do 14 ao 16 de outubro. Só 55 prazas!


Carreira de Santa Uxía: uns 500 nenos correrán o 8 de outubro


Marcha ciclista: imaxes da de Santiago a Fisterra

 


A Creba: estrean curta o venres 7 de outubro


Altofalante 2011: gañou a Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza


Obradoiro: e quererán facer teatro os sen teito?

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   San Andrés de Teixido   viaxe  

Antropoloxía: Unha magnífica discusión sobre o tratamento da cultura da morte

Estas datas son ben idóneas para preguntarnos quen somos e de que tradicións provimos. Non se perdan ningún dos comentarios aquí

A última vez que algún de Certo foi a un enterro con defunto na casa, no medio do comedor -ese comedor inhabitado do que fala Xurxo Ayán en Faranji- e con doces e café toda a noite foi hai 15 anos. En Moimenta, Boiro. Un lugar que ten un peto de ánimas no medio da estrada:

Coa chegada dos tanatorios, a tradición funeraria remite e vai desaparecer. Igual que coa chegada da cocacola se afundiron as fábricas de gaseosa e coa apertura de Zara e similares rematou o oficio de costureira polas casas.


Sobre estes costumes funerarios, e con bastante acerto, falou Sánchez Dragó no libro que o lanzou á fama: "Gárgoris y Habidis. Una historia mágica de España".



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   San Andrés de Teixido   antropoloxía   blogs   cemiterio   medios de comunicación   morte