Preme para voltar á portada
Filed under

Santiago de Compostela

 

Música: presentouse un ensemble galego de saxofón con raigames en Ribeira e Rianxo

  • O elenco musical fixo a súa presentación na igrexa da USC, ao pé da facultade de Historia de Santiago
  • Detrás da iniciativa está a Aula Galega de Saxofón, que se desenvolve no conservatorio ribeirense

(download)

Ribeira, 9 de maio de 2012.- O pasado domingo 6 de maio tivo lugar na igrexa da Universidade en Santiago de Compostela a presentación do Ensemble Galego de Saxofóns: unha idea xurdida a iniciativa do responsable de organización da Aula Galega de Saxofón e profesor no conservatorio Profesional de Música de Ribeira,  Jose Fungueiriño, así como  do profesor invitado á citada Aula, Rodrigo Vila (e profesor no Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares).

Unha iniciativa única en Galicia e escasa en España

Unha ensemble desta natureza é algo único na Comunidade e case inexistente no resto de España. Está conformado por 10 profesionais galegos do mundo do saxofón e tres alumnos da Aula Galega de Saxofón que, como é sabido, é unha actividade formativa organizada dende o Conservatorio de Música Profesional de Ribeira.

Entre o numeroso público asistente ao  acto de presentación encontrábanse,  entre outros,  a concelleira de Educación do Concello de Ribeira,  Dña Mª Carmen Vizcaya Sampedro, así como Juan Durán, compositor galego do cal o ensemble interpretou un arranxo feito polo propio compositor para esta actuación da súa obra "Divertimento".

Testemuña rianxeira

Nesa presentación estivo o noso colaborador Ramón Torrado, que a relata no seu artigo deste mes, pero dende a parte rianxeira:


 

Pode que tamén lle interese:

Baile: Rianxo e Ribeira, potencias galegas en Tequexetéldere

 


 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   Ribeira   Santiago de Compostela   música  

Ribeira: Mariano Barbacid, gañador do I Premio de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal – Fundación La Rosaleda

  • O Xurado amerita a súa longa traxectoria e o seu importante labor no campo da oncoloxía molecular
  • O premio está dotado con 12.000 euros e é un dos mellor dotados na súa categoría. Os cartos apórtaos o empresario ribeirense Ramiro Carregal, que coñece de preto o cancro
    Marianobarbacid

 
Compostela, 1 de marzo de 2012.- O Xurado do I Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal – Fundación La Rosaleda, acordou outorgar o galardón desta primera edición ao Dr. Mariano Barbacid, un dos investigadores “máis relevantes do mundo” nesta especialidade médica. Así o destacou o presidente executivo deste xurado, o tamén médico Rafael López, tras coñecerse o nome do premiado, de quen destacou “o seu gran labor no campo da oncoloxía molecular e a investigación traslacional do cancro”.

Falaba de xenes do cancro cando ninguén o plantexara

“O doutor Barbacid comezou a falar de xenes cando ninguén se plantexara esa vía”, explicaron os membros do xurado, composto por Juan Gestal Otero, decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago; Manuel Freire-Garabal, catedrático en Farmacoloxía; Francisco González García, catedrático de Medicina e vicerrector de Investigación e Innovación da USC, ademais dos presidentes de Frinsa e La Rosaleda, Ramiro Carregal e Gerardo Fernández Albor, e o propio Rafael López, xefe de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, en quen delegou o seu voto Juan Jesús Cruz, presidente da Sociedad Española de Oncología Médica (SEOM), que non puido asistir á deliberación.

Juradorc2
Jurado
Imaxes do xurado cando deliberaban


Obxectivos do premio


Preténdese recoñecer o traballo destinado a afrontar o enorme desafío que supón atopar solucións a un dos máis grandes males de Humanidade e premiar o esforzo e a traxectoria científica na área da investigación oncolóxica, obxectivos que o premiado cumpre abondo.  Mariano Barbacid leva máis de 30 anos adicado á investigación oncolóxica, primeiro en Estados Unidos –onde traballou no Instituto Nacional do Cacncro (Maryland) e no Instituto de Investigacións Farmacéuticas de Bristol-Myers Squibb en Princeton–, e logo en España, a onde volvtou en 1998 para crear o Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO) que dirixiu ata o pasado ano e onde actualmente dirixe o grupo de Oncología Experimental.


 A entrega,  nos vindeiros días

O I Premio de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal – Fundación La Rosaleda, está dotado con doce mil euros (coas súas correspondentes retencións fiscais) e vaise entregar en Santiago nos próximos días nun acto solemne ao que asistirá o propio gañador así como personalidades do ámbito político, social, académico e científico de todo o país.

Xunto co premio en metálico, Barbacid recibirá un galardón acreditativo consistente nunha peza de Artesanía de Galicia creada en exclusiva para a edición deste premio en peedra emperador con incrustacións en metal e prata e con emblemas esculpidos na propia pedra.

Click here to download:
breve biografia Barbacid.doc (47 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   Santiago de Compostela   cancro   premio  

Sanidade: abre o prazo para presentarse ao I Premio de Investigación Oncolóxica "Ramiro Carregal – Fundación La Rosaleda"

  • O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de febreiro de 2012 ás 14.00 h

 

  • Na presentación, o xurado destacou a importante contía do premio, dotado con 12.000 euros e unha peza de Artesanía de Galicia elaborada para a ocasión
  • O doutor Rafael López recordou que “un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres sufrirán cáncer” pero grazas a iniciativas como ésta, que axudan a investigar, a enfermidade “xa non é tan terrible como hai uns anos”

(download)

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2012.- Esta mañá presentouse no Hostal dos Reis Católicos de Santiago o I Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal–Fundación La Rosaleda, cuxo prazo de presentación estará aberto ata o 28 de febreiro. O premio pretende recoñecer o traballo das persoas que buscan solución a un dos grandes males da humanidade e valorar o esforzo e a traxectoria científica no área da investigación oncolóxica destinada á xerar, desenvolver e/ou aplicar os novos coñecementos biolóxicos e clínicos sobre o cancro. 

O presidente honorífico do Xurado, o empresario de Ribeira Ramiro Carregal, presidente de Frinsa, traballador incansable e gran humanista preocupado polo desenvolvemento e benestar de Galicia, asegurou sentirse honrado por poder colaborar neste tipo de iniciativas, e recordou a súa propia experiencia para lanzar unha mensaxe optimista: “o cancro cúrase”.   

No acto participaron tamén outros membros do Xurado, constituído por reputados científicos, académicos e investigadores como o Dr. Rafael López López, xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e ex-presidente da Sociedade Oncolóxica de Galicia.  

O Dr. López agradeceu a Ramiro Carregal o seu apoio polo que definiu como “aposta de futuro” ante a “enfermidade do s. XXI, a que máis xente mata nos nosos días”. O xefe do servizo de Oncoloxía Médica do CHUS recordou que “un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres sufrirán cancro” pero grazas a iniciativas como esta a enfermidade “xa non é tan terrible como fai uns anos”. Con todo “a batalla continúa e só se gañará con investigación”. 

Tamén tivo unhas palabras de recordo para os pacientes, os seus familiares e amigos, aos que pediu que “loiten con todas as súas forzas e participen en investigación clínica”, porque é o modo de continuar avanzando.  

Xurado

Ademais do Dr. López, forma parte do Xurado o Dr. Juan Jesús Cruz, presidente da Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM), catedrático do departamento de Medicina da Universidade de Salamanca e especialista en Medicina Interna e Oncoloxía Médica, que non puido estar presente hoxe por motivos de axenda. Si estiveron o catedrático en Farmacoloxía na Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago, Manuel Freire-Garabal Núñez, o decano do mesmo centro, o Dr. Juan Gestal Otero, catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública, e o vicerrector de Investigación e Innovación da USC, Francisco González García, catedrático de Medicina e especialista en Oftalmoloxía. 

O presidente da Fundación  La Rosaleda, o Dr. Gerardo Fernández Albor, dixo estar convencido de que o esforzo feito para sacar adiante o Premio valerá para dar un paso máis na erradicación desta grave enfermidade. Ademais esta convocatoria supón a constatación dunha colaboración natural entre a Universidade de Santiago, o Hospital Clínico, a Fundación La Rosaleda e a empresa privada.  

Un dos maiores premios no seu ámbito

O premio, dotado con doce mil euros (e sometido ás retenciones fiscais que legalmente lle correspondan) é un dos de maior cuantía no seu ámbito. Entregarase así mesmo un galardón acreditativo consistente nunha peza de Artesanía de Galicia creada en exclusiva para a edición deste premio en pedra emperador con incrustaciones en metal e prata e con emblemas esculpidos na propia pedra. 

A pedra e o metal alíanse e crean un conxunto ideado para premiar o esforzo e compromiso coa investigación oncológica. As siluetas da letras R e C, iniciais do nome do premio, fan que os dous materiais únanse nunha peza única. O aspecto irregular do bloque pétreo confírelle o carácter de obra inacabada, un símil co motivo do premio e a necesidade de seguir avanzando e traballando no estudo do cancro, as súas causas e tratamentos. 

Fallo e entrega do premio

O Xurado outorgará  libremente o premio a un dos candidatos propostos ou ben a outro proposto directamente por el. Excepcionalmente poderá darse de forma compartida cando os méritos das persoas, entidades ou grupos presentados se complementen de forma clara. 

O premio non poderá  quedar deserto e o fallo do Xurado será inapelable e farase público o 1 de marzo de 2012 a través dos medios de comunicación e da páxina web da Fundación La Rosaleda (www.fundacionlarosaleda.org). Así mesmo notificaráselle personalmente ao ganador. O Xurado terá, así mesmo, a potestade de decidir si os traballos non premiados pasan a formar parte da seguinte edición do premio. 

A entrega do premio realizarase nun acto solemne, coa asistencia de personalidades do ámbito político, social, académico e científico, en Santiago de Compostela na data que se comunicará no seu momento. 

Prazo de presentación aberto

Poderán ser candidatos ao l Premio de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal–Fundación La Rosaleda investigadores de carácter preclínico (investigación básica orientada á obtención de coñecemento con aplicación clínica), e clínico (investigación en humanos), que desenvolvan a súa actividade en centros de investigación ou sanitarios, públicos ou privados, de calquera parte do mundo. 

Poderán formular propostas as institucións públicas e privadas, fundacións, asociacións, colexios profesionais, etc. cuxa actividade teña vinculación coa investigación oncolóxica, pero serán excluídas as candidaturas presentadas por quen soliciten o premio para si mesmos ou para os grupos ou entidades a quen representen. 

As candidaturas poderán presentarse en castelán, galego e inglés por correo certificado, en sobre pechado coa referencia “Premio de Investigación Oncolóxica”, ao Apartado de Correos 50 de Santiago de Compostela ou á dirección postal da Fundación La Rosaleda  (c/Santiago León de Caracas, 1 - 15701 Santiago de Compostela). Igualmente, e coas mesmas características, as candidaturas poden entregarse en man de 9 da mañá a 9 da noite, na recepción do centro ou por correo electrónico enviando a documentación a info@fundacionlarosaleda.org.  

En caso de enviala por mail só se considerarán aquelas candidaturas recibidas ata as 23.59 h do día 27 de febreiro de 2012. O resto de solicitudes teñen de prazo ata o 28 de febreiro de 2012 ás 14.00 h. 

As bases completas están dispoñibles na páxina web da Fundación La Rosaleda (www.fundacionlarosaleda.org) no apartado “Actividades” – “Premios”.

Antes, en Certo:

Premio e avenida: Ramiro Carregal, de novo protagonista

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   Santiago de Compostela   investigación   premio   sanidade  

Sanidade: SOS Sanidade Pública convoca concentración fronte ao Parlamento galego este mércores 21

Media_httpfarm3static_uerhj

Pilar Farjas é a conselleira de Sanidade do goberno actual da Xunta


Barbanza, 20 de Nadal de 2011. Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública queren facer chegar ao Parlamento de Galicia o  rexeitamento aos recortes e privatizacións dos servizos sanitarios que está levando a cabo o goberno da Xunta de Galicia, algunha de cuxas medidas pretender pór en marcha a través dos Orzamentos da CCAA do ano 2012.

Por este motivo a Plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha concentración mañá, dia 21 de decembro, ás 5 da tarde diante do Parlamento de Galicia, aos representantes das Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e as organizacións que a integran coincidindo co debate da Lei de Acompañamento dos orzamentos sanitarios para o próximo ano, diante do Parlamento de Galicia (para a que se solicitou autorización legal).

Na concentración a Plataforma fará entrega aos parlamentarios dunha bolsa de
supervivencia que deberan levar aqueles enfermos que sexan hospitalizados
nos centros públicos, se sae adiante a estratexia do presidente Núñez Feijóo
de facer pagar os servizos de comida, limpeza, hixiene, etc.

Chamamento aos veciños

Aínda que á mesma están convocados representes das Plataformas para a
Defensa da Sanidade Pública e das organizacións que integran SOS Sanidade
Pública, fan estensivo o chamamento a todos os cidadáns que queiran a
que se engadan á mesma, dado que os recortes e privatizacións afectarán
gravemente a todos os galegos/as e aos residentes nesta autonomía con lingua propia.

Onte, en Certo:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Parlamento de Galicia   Santiago de Compostela   manifestación   sanidade  

Sociedade: animalistas concentráronse onte no Obradoiro contra a tauromaquia

  • Xusto o 27 de novembro, hai dous séculos, morría Gaspar Melchor de Jovellanos, ilustrado español que avogaba pola súa abolición. É curioso como se está obviando esta faceta súa no seu bicentenario, que celebran fachendosos taurinos como Álvarez Cascos, agora en Foro Asturias, pero alto dirixente do maior partido católico-taurino español, o PP, ata hai pouco
(download)

Santiago, 28 de novembro de 2011. Na mañá de onte, domingo, ás 12.30h o Colectivo de Loita Antiespecista de Compostela convocou unha concentración en contra da tauromaquia na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.

Foi unha acción que se coordinou con outras 17 cidades en todo o estado para pedir a reforma do artigo 337 do código penal para que as festas nas que se torturan animais entren na categoría de maltrato nesta lei nacional de protección animal. Miles de touros son asasinados cada ano nas distintas festas: "becerradas", "bous a la mar", "toro enmaromado" e "toro ensogado", "toro embolado" ou "toro de fuego", "toro de la vega", touradas, etc. Por todas estas babecadas que lle fan aos animais, os activistas vestíronse de loito, acendendo velas no seu recordo.

Este colectivo traballa para acadar unha sociedade máis xusta, unha sociedade na que os intereses dos demais animais sexan tidos en conta e respectados e defenden o veganismo como único xeito moralmente aceptable de nos relacionar con eles. O veganismo supón non utilizar ós animais non humanos no noso beneficio en ningún ámbito, xa sexa alimentación, vestimenta, entretenemento ou experimentación. Non é necesario facelo e xenera sufrimento a millóns de individuos a cada paso en todo o mundo.

Media_httpfarm8static_eiugo

Goya, coetáneo de Jovellanos, tamén denunciou o embrutecemento do pobo español nas súas litografías sobre touradas

Jovellanos

Un dos textos nos que o xurista, político e ilustrado español, o asturiano Gaspar Melchor de Jovellanos, morto hai dous séculos, aposta por eliminar as touradas, por crueis e de países pouco civilizados, di así:

Así corrió la suerte de este espectáculo, más o menos asistido o celebrado según su aparato, y también según el gusto y genio de las provincias que le adoptaron, sin que los mayores aplausos bastasen a librarle de alguna censura eclesiástica, y menos de aquella con que la razón y la humanidad se reunieron para condenarle. Pero el clamor de sus censores, lejos de templar, irritó la afición de sus apasionados, y parecía empeñarlos más y más en sostenerle, cuando el celo ilustrado del piadoso Carlos III lo proscribió generalmente, con tanto consuelo de los buenos espíritus como sentimiento de los que juzgan las cosas por meras apariencias.

Es por cierto muy digno de admiración que este punto se haya presentado a la discusión como un problema difícil de resolver. La lucha de toros no ha sido jamás una diversión, ni cotidiana, ni muy frecuentada, ni de todos los pueblos de España, ni generalmente buscada y aplaudida. En muchas provincias no se conoció jamás; en otras se circunscribió a las capitales, y dondequiera que fueron celebrados lo fue solamente a largos periodos y concurriendo a verla el pueblo de las capitales y tal cual aldea circunvecina. Se puede, por tanto, calcular que de todo el pueblo de España, apenas la centésima parte habrá visto alguna vez este espectáculo. ¿Cómo, pues, se ha pretendido darle el título de diversión nacional?

Pero si tal quiere llamarse porque se conoce entre nosotros desde muy antiguo, porque siempre se ha concurrido a ella y celebrado con grande aplauso, porque ya no se conserva en otro país alguno de la culta Europa, ¿quién podrá negar esta gloria a los españoles que la apetezcan? Sin embargo, creer que el arrojo y destreza de una docena de hombres, criados desde su niñez en este oficio, familiarizados con sus riesgos y que al cabo perecen o salen estropeados de él, se puede presentar a la misma Europa como un argumento de valor y bizarría española, es un absurdo. Y sostener que en la proscripción de estas fiestas, que por otra parte puede producir grandes bienes políticos, hay el riesgo de que la nación sufra alguna pérdida real, ni en el orden moral ni en el civil, es ciertamente una ilusión, un delirio de la preocupación. Es, pues, claro que el Gobierno ha prohibido justamente este espectáculo y que cuando acabe de perfeccionar tan saludable designio, aboliendo las excepciones que aún se toleran, será muy acreedor a la estimación y a los elogios de los buenos y sensatos patricios".

Extracto de la "Memoria para el arreglo de la policía de los espectáculos públicos y sobre su origen en España". Gijón, 29 de diciembre de 1790. La presentó reformada en 11 de junio de 1796.

Noutras webs:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Santiago de Compostela   activismo   denuncia   touros  

Cine: "O Faiado da Memoria" leva o documental sobre Teatro Airiños de Rianxo a CinEuropa en Santiago

  • Proxéctase "Esta noite, velada" o vindeiro mércores 16 de novembro no Centro Galego de Arte Contemporánea

Ofaiado_cineuropa

 

Media_httpfarm5static_igrdf

O CGAC está na rúa Valle Inclán de Santiago, ao pé do Museo do Pobo Galego e o Panteón de Galegos Ilustres

Rianxo, 10 de novembro de 2011. A asociación O Faiado da Memoria estará presente na programación de CINEUROPA que comezou o pasado mércores, 9 de novembro, en Santiago de Compostela. Será o vindeiro mércores, día 16, a partires das sete da tarde, no Centro Galego de Arte Contemporánea. Para definir o certame no que se vai a amosar este traballo entresacan estas verbas do seu programa: "Compostela é a única cidade do Estado onde se pode ver, agrupada, toda esa colleita do mellor cinema chegado de todo o mundo. E Cineuropa, coa súa fórmula contrastada, converte a Santiago en capital do cinema e xa é patrimonio cultural desta cidade."


As obras documentais do Faiado que serán exhibidas no CGAC son, ademais de  "Esta noite, velada" sobre a historia do grupo de teatro afecionado de Asados (Rianxo) e que xa fora selecionado para o certamen internacional de cine de Ourense, "Arde Madrid" sobre a infancia perdida nunha guerra vivida entre os cascallos dunha cidade sitiada. Neste último documental participa o periodista Eduardo Haro Tecglen, morto escasos meses despois de ser entrevistado e Ángeles García-Madrid, Concha Carretero ou Josefa Borrel, presas que foron da cárcel de Ventas que van narrando as súas vidas de nenos durante os tres anos que durou a contenda fraticida.

O Faiado segue coa súa actividade habitual de recollida de material fotográfico e audiovisual e coa continuación da realización de documentais como o que está a elaborar nestes momentos e que leva como título xenérico desde dentro do corazón e que, nesta primeira parte, o específico de historias do mar, xa que trata sobre a relación desta vila co seu mar. Durante estes dous últimos meses realizáronse distintas entrevistas a varias testemuñas das distintas historias que se relatan, como a escuadra inglesa ou o fundimento do Cabo Razo, o que os fixo recorrer distintas provincias galegas e do País Vasco e Cantabría procurando superviventes daquel feito que conmocionou a sociedade vilagarciana naquel agosto de 1958. Pero ainda quedan outras historias que pouco a pouco van emerxendo das memorias  das personas de Vilagarcía.

Necesidade dun espazo

O Faiado da Memoria vén de solicitar no concello de Vilagarcía un local dentro das posibilidades do mesmo para poder almacenar o seu traballo xa que as dependenzas privadas e personais que lles deixaron despois de que a anterior corporación os expulsase da que acababa de ocupar no auditorio, nun inxusto escarmento, por apoiar as demandas veciñais en pro do patrimonio de Vilagarcía como os bancos de Ravella ou a pasarela de Arcebispo Andrade, xa non dan mais de si.

Todo elo e tendo en conta o seu traballo e a igualdade de condicións con outras asociacións, entidades deportivas ou sociais de Vilagarcía, solicitou este espacio. Máxime tendo en conta de que o lugar que, durante seis días, chegaron a ocupar no auditorio sigue a día de hoxe, baleiro e sen utilidade algunha (sería irónico que tivera ocupación a partires deste comunicado).

Ademais de ser un lugar para o almacenaxe e tratamento documental o espazo é necesario para o contacto personal con todas aquelas personas que queren ceder o seu material gráfico e que se atopa coa imposibilidade de acceder a un lugar concreto a excepción do domicilio particular dos seus integrantes ou ben, que é o que mais se está a utilizar, a oficina virtual do blog de O Faiado da Memoria (damemoria.com)

Non deixen de visitar o seu blog: damemoria.com 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   Santiago de Compostela   Teatro Airiños  

Ribeira: presentan en Santiago "Aprender a vivir", la superación de una ribeirense ante un cáncer de mama

  • La conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, presidió la presentación del libro “Aprender a vivir”, escrito por Juana Guinaldo, una enferma de cáncer que narra su dura experiencia durante la enfermedad

 

Ptaclibro1
En la mesa presidencial, de izda. a dcha.: Ramiro Carregal, pte. de Frinsa; Gerardo Fernández Albor, pte. Fundación La Rosaleda; Pilar Farjas, conselleira de Sanidade; Juana Guinaldo, autora; Rafael López, jefe servicio Oncología Médica del CHUS, y Rosa Bermejo, gerente del CHUS.

Ribeira, 3 de noviembre de 2011.- El centro social Novacaixagalicia de Santiago acogió ayer la presentación del libro Aprender a vivir, escrito por Juana María Guinaldo Vidal, una vecina de Ribeira a la que se le descubrió un tumor de mama en el año 2003 que se complicó después con una metástasis que le obligó a afrontar duros tratamientos y una larga lucha contra la enfermedad, una experiencia difícil, como reconoció la propia Juana durante la presentación de la obra pero que le ha enseñado “a valorar pequeñas cosas que muchas veces no se perciben”. 

Juana también recordó en este día tan especial a su amiga y coautora del libro, Mari Carmen Fernández Gago, fallecida hace unos años tras luchar contra el cáncer hasta el último minuto: “Mi amiga me demostró con creces que se puede vivir con el cáncer hasta extremos insospechados y que incluso, cuando ya no estás, puedes seguir viviendo en los corazones de los que has querido”, dice Juana en el libro. En la presentación mostró su deseo de que este libro que ambas idearon con “tanta ilusión, tenga repercusión y sirva de ayuda a otros”. 

El presidente de la Fundación La Rosaleda, Gerardo Fernández Albor, fue el encargado de recibir a todos los presentes y mostró su satisfacción por la publicación de este nuevo libro que se enmarca en el proyecto iniciado hace ya cinco años por la Fundación bajo el nombre de Literapia y que trata de promocionar el uso de la lectura y la escritura como elementos de apoyo terapéutico en Medicina.  

Por su parte, Ramiro Carregal, presidente del Grupo Frinsa y patrocinador del libro destacó su experiencia personal con el cáncer, enfermedad de la que murió su mujer tras un largo peregrinaje por hospitales de todo el mundo y  que él mismo sufrió en dos ocasiones y de la que logró curarse totalmente. De ahí su “especial sensibilidad” con esta enfermedad que le ha llevado a “apoyar económica y laboralmente” a los trabajadores de sus empresas que se ven afectados por este problema.  

También intervino en la presentación el jefe del Servicio de Oncología Médica del Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Rafael López, que calificó la labor de las autoras como “ejemplo de tesón e iniciativa de la sociedad civil por recuperar valores como el esfuerzo y la generosidad, ya que todo el dinero recaudado irá a la investigación contra el cáncer”.  

La conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, fue la encargada de presidir el acto. En su intervención destacó el “privilegio” de poder compartir mesa con el Dr. Gerardo Fernández Albor, con uno de los máximos investigadores en temas de cáncer (el Dr. López), con la gerente de un centro modelo (Rosa Bermejo del Complexo Hospitalario Universitario de Santiago), con un empresario modelo (Ramiro Carregal) y con una paciente ejemplar (Juana Guinaldo), a quien agradeció que haya compartido “sus ganas de luchas y vivir”. 

La titular de Sanidad destacó que este acto supone la constatación de una política que la Consellería quiere consolidar y cuya eficacia se ha demostrado con la puesta en marcha de la Escola Galega de Saúde para Cidadáns, “un instrumento eficaz como foro de comunicación entre pacientes, familiares y profesionales, y de apoyo en casos de enfermedades crónica o graves como es el cáncer”.  

También recordó  que el Programa Gallego de Detección Precoz del Cáncer de Mama es un “ejemplo en toda Europa” y que se está trabajando en la Estrategia Global contra el Cáncer, que implantará vías rápidas “para garantizar que cualquier paciente con sospechas de padecer un cáncer reciba el diagnóstico definitivo en menos de 15 días”.  

Ptaclibro3

Además de las autoridades, en la presentación estuvieron muchos familiares y amigos de la autora así como personal del Complexo Hospitalario Universitario de Santiago que atendió tanto a Juana como a Mari Carmen encabezados por su gerente, Rosa Bermejo. Tampoco faltaron representantes del Colegio Médico de A Coruña como María Enriqueta Rivas, de la Universidade de Santiago, en cuyo nombre estuvo la secretaria xeral, Lourdes Noya, la profesora Ángela Torres —miembro del comité científico de Literapia— y el decano de la Facultad de Medicina, Juan Gestal; otros asistentes fueron la vicepresidenta de la Diputación de A Coruña, María Dolores Faraldo, el diputado provincial José Albino Vázquez; Charo Barca de la Fundación Andrea, varios concejales del gobierno local de Santiago y buena parte del personal del Laboratorio de Oncología del CHUS. 

Los ingresos que se obtengan con las ventas de este libro se destinarán íntegramente a proyectos de investigación sobre el cáncer, en el servicio de Oncología Médica del Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Puede que también le interese:


Charla: quen mexe nos niños de Barbanza? O 4N


Presentación de libro: o domingo 6, no Ateneo Valle Inclán


Obradoiro: o luns 7 de novembro, sobre alimentos para diabéticos


Copa do Mundo: 7 e 8 de novembro no auditorio

Curso: o 12 de novembro, de ximnasia hipopresiva

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   Santiago de Compostela   presentación libro   sanidade  

Música: tres grupos de Barbanza danse cita nun concerto en Santiago o vindeiro xoves 27 de outubro

Capitol_27_octubre

Tevra, Belfastt e Areavasta presentarán os seus últimos traballos

Barbanza, 18 de outubro de 2011. AREAVASTA (Ribeira) e BELFASTT e TEVRA (A Pobra do Caramiñal) presentan os seus últimos traballos MEMORIAS DE GARAJE, INCOMBUSTIBLE, QUININDIOS, "e quen sabe que máis se pode esperar", o vindeiro xoves 27 de outubro na Sala Capitol da capital galega.


O último vídeoclip de Belfastt foi colgado no Youtube hai dous días

Para informarse e escoitar música dos grupos as súas webs son: www.tevra.es, www.belfastt.com, www.areavasta.com. En cada unha delas hai ligazóns aos myspace e youtube de cada grupo.

Entradas

As entradas xa están á venta. Custa 5 euros adiantada e 8 o mesmo día do concerto na taquilla.
Onde mercalas?
EN SANTIAGO: DISCOS GONG, A REIXA, TNT...
EN RIBEIRA: TRISQUEL, ERADIXITAL (Palmeira)...
EN BOIRO: A POUSADA DAS ANIMAS

Están limitadas (por aforo) a 400. Tamén se poden mercar na web da mesma sala do concerto: www.salacapitol.com



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Barbanza   Santiago de Compostela   concerto   grupos  

Cultura: a figura de Castelao, eixo dun debate este sábado 15 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago

Click here to download:
15OVolver a Castelao.pdf (929 KB)
(download)


Nunha data tan importante como este 15 de outubro, e coa que está a caer, Castelao estaría de seguro manifestándose, e non debatindo sobre intelectuais doutro tempo

O mesmo día, en Santiago:


Homenaxe: A Subela de Noia, en Santiago este sábado 15 de outubro, no de "Morgan"

O mesmo día, nestas bisbarras:


Homenaxe en Outes: a V Muiñada de "Terra de Outes", adicada a Cunqueiro


Libro en Ribeira: este sábado 15, "50 lugares mágicos de Galicia"


Mobilizacións para faenar en Sálvora: este sábado 15, de Aguiño a Vigo


En Ribeira, Lan Party UxíaNet 1.1: do 14 ao 16 de outubro. Programación

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Castelao   Cidade da Cultura   Santiago de Compostela  

Ciclismo: imaxes da marcha ciclista dende Santiago ata Fisterra do 1 de outubro

A marcha, con moitos Dorneiros, serviu en varios puntos para reivindicar esta festa ribeirense que cada ano suma máis seareiros

Antes, anunciamos:


Ácido Láctico é o club ciclista organizador desta marcha xunto coa Peña Saltamontes

Barbanza, 14 de setembro de 2011. O Club Ciclista Ácido Láctico e Peña Saltamontes desexan invitar a todos os afeccionados ao deporte da bicicleta da zona a que se sumen á segunda edición da Marcha Santiago – Fisterra que organizan estas dúas entidades. 

Esta actividade levarase a cabo o sábado 1 de Outubro, e será de  dificultade media alta. 

A inscrición, que se realizará por orde de chegada das solicitudes, será do 15 o 29 de setembro. Os interesados poderán anotarse en Garauto Riveira (Avenida da Coruña 85) ou no Bar Betanzos (Vilar 8, Palmeira).  

O prezo da inscrición será de 20 €, e inclúe traslado e bus a Santiago de Fisterra e de Fisterra a Ribeira, así como comida en Fisterra. 

O número de prazas dispoñibles son 50. Na actividade colaboran o Concello de Ribeira e un establecemento comercial relacionado co ciclismo.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Barbanza   Ribeira   Santiago de Compostela   ciclismo  

Arte: o ribeirense Gonzalo Sarasquete expón en Santiago as súas novas "esculturas denuncia"

  • Baixo o título "O laio pola extinción dos peixes salvaxes" 
  • Pódense ollar na Galería Metro (rúa Nova de Arriba) ata o luns 12 de setembro

(download)
Ribeira, 2 de setembro de 2011. O escultor de Ribeira Gonzalo Sarasquete vén de incorporar a súa obra recente á exposición colectiva de verán que ofrece estes días a Galería Metro de Santiago de Compostela. Trátase dunha serie de esculturas feitas na súa cidade natal, durante os pasados meses, nos que se materializou no artista, en boa medida polo reencontro co mar, a vontade de abordar un novo vieiro de “esculturas denuncia”. Ou, como sinala Gonzalo Sarasquete, de darlle corpo a fosilizacións, a petrificacións dunha realidade máis que inminente: a desaparición dos peixes salvaxes e de toda unha actividade económica vinculada aos mesmos. Isto, engade o artista, fainos pensar nunha reconversión e nunha autoanálise.

As esculturas teñen feitura de caixas de peixe e miden 30x20x10 centímetros. Foron elaboradas na súa totalidade con lousa negra, procedente do Barco de Valdeorras, e con sulfato de cobre. Os seus títulos son O derradeiro pataghullo e Escamas e maghas. Achéganse a un prezo de 300 euros na devandita galería compostelá, emprazada no 24 da Rúa Nova até o 12 de setembro.   

Antes, Gonzalo Sarasquete fixera en Ribeira "Homes de cal":

Pode que tamén lle interese:

Convocan o III Premio "Atlante" de Gravado

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Gonzalo Sarasquete   Santiago de Compostela   arte   exposición  

Cultura: unha exposición sobre a traxectoria de Castelao comeza a súa andaina en Santiago

  • Inaugurouse hoxe na biblioteca Ánxel Casal
  • Con esta mostra, que poderá visitarse ata o 31 de xullo, a Xunta de Galicia contribúe a difundir a figura de Castelao no 125 aniversario do seu nacemento

Media_httpfarm4static_eddif

A biblioteca Ánxel Casal está na avenida Xoán XXIII de Compostela

Santiago, 13 de xullo de 2011.- O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, participou hoxe na inauguración da exposición Castelao na Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela, onde estará aberta ao público ata o vindeiro 31 de xullo. Con motivo do 125 aniversario do nacemento do escritor de Rianxo, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, promove esta mostra itinerante que, tras estar no Museo de Pontevedra, percorrerá nos próximos meses as bibliotecas nodais da comunidade galega e os centros escolares, co fin de achegarlle á sociedade a figura e a obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Este proxecto expositivo, comisariado por Xosé Ramón Fandiño e que conta co asesoramento do Director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, repasa a biografía de Castelao e os acontecementos da súa polifacética personalidade a través de sete paneis con desenvolvemento teórico e complementados con sistemas interactivos e música ambiental galega.

Media_httpfarm7static_jjjai

Na súa intervención, o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, destacou que a inauguración desta exposición ten lugar dous días despois de facerse pública a decisión da Dirección Xeral do Patrimonio de iniciar o procedemento para a declaración do conxunto da obra de Castelao como Ben de Interese Cultural. Francisco López asegurou que esta e outras iniciativas “confirman que en si algo estamos de acordo os galegos é en que non hai outra figura con máis presenza, con máis impronta en Galicia que Castelao”.

O director xeral asegurou que “aínda queda moito por facer”, pero recalcou que “a lembranza de Castelao que hoxe traemos aquí é a dunha traxectoria vital que queremos ter como referencia para afrontar o futuro con confianza”. Nesta liña, destacou a importancia de transmitir o legado de Castelao á xuventude galega, polo que se decidiu que esta mostra percorrese as bibliotecas e centros escolares galegos.

O contido da mostra fai un percorrido pola obra e a vida de Castelao desde a súa infancia en Rianxo e a adolescencia como emigrante na Pampa arxentina, ata o exilio, primeiro en Nova York e despois en Bos Aires. Nese percorrido, a exposición recolle os aspectos máis salientables da súa faceta de escritor, de artista gráfico, de debuxante e de político. Os seus primeiros pasos como debuxante e caricaturista, a incorporación en 1917 ás Irmandades da Fala, a súa traxectoria como deputado pola provincia de Pontevedra nas Cortes Constituíntes de 1931 ou seu papel na fundación do Partido Galeguista son algúns dos episodios que nos achega a exposición.

Logo do seu paso pola Biblioteca Anxel Casal de Santiago, a mostra realizará a súa próxima parada na Biblioteca González Garcés, onde estará desde o 2 ao 22 de setembro.

Relacionada:

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Castelao   Santiago de Compostela   aniversario   exposición