Preme para voltar á portada
Filed under

sendeirismo

 

Ribeira: preto de corenta participantes no roteiro polos montes do Vilar

Cimg0766

 

Ribeira, 18 de abril de 2012. Xente de tódalas idades participou no roteiro de sendeirismo polos montes do Vilar, que organizou o pasado domingo a Asociación de Veciños de Carreira, presidida por Marivén Sampedro.

Segundo a organización, foi "unha ruta cortiña, de apenas 12 quilómetros, que  descorría por paraxes espectaculares que resultaron do agrado dos perto de 40 participantes". Entre os asistentes, carreirenses coñecidos como José Manuel Pena, Jaime López, Pachicho Reiriz ou a anterior presidenta da asociación veciñal, Ana Gómez Hermo, que disfrutaron tanto do percorrido como das curiosas e personais explicacións do guía, Moncho Sampedro.




 


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Carreira   Ribeira   asociacionismo   roteiros   sendeirismo  

Boiro: o sábado 7 de abril, roteiro de sendeirismo entre Río Grande e Río Beluso

Boiro_sendeirismo_semana_santa

Boiro, 27 de marzo de 2012. A concellería de Turismo do Concello de Boiro organizará para o vindeiro sábado, 7 de abril, ás 19.00 unha ruta de sendeirismo entre Río Grande e Río Beluso. As persoas interesadas deben inscribirse na oficina de turismo de Boiro.

Pode que tamén lle interese:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   roteiros   sendeirismo  

Barbanza: ningunha das sendas de curto percorrido é recomendada pola Federación Galega de Montañismo

  • O desleixo en que están todas leva a tomar esta decisión á Federación, segundo informou ese ente
Media_httpfarm4static_gchgc
Barbanza, 15 de novembro de 2011. Podemos estar satisfeitos co "gran traballo" dos concellos de Barbanza e a mancomunidade turística "Arousa Norte" na que se insiren. De acordo coa valoración da Federación Galego de Montañismo ningunha das sendas de curto percorrido (PR) do Barbanza é recomendada.

A FGM non recomenda realizar, por problemas de mantemento, ningunha destas rutas: Piscinas do Río Pedras-A Portela, Circular Ribeira Axeitos-Ribeira, Devesa de Nimo e Monte San Lois, que son as únicas homologadas no ámbito do Barbanza. Como se pode comprobar na web da Federación, en http://www.fgmontanismo.es/coruna.html

Pode que tamén lle interese:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Barbanza   denuncia   sendeirismo  

Rianxo: este venres 22, tradicional roteiro de sendeirismo nocturno

Media_httpfarm3static_ebjca

Rianxo, 21 de xullo de 2011. O Servizo de Deportes programou para o venres, 22 de xullo, o xa tradicional roteiro nocturno polos camiños do Concello. Este ano sairase de Rianxo en dirección a Isorna, pasando por Leiro. En breve publicarase o percorrido completo.

Datos que cómpre saber:

ROTEIRO NOCTURNO:
Venres, 22 de xullo, a partires das 22:30 h.
Dirixido a maiores de 16 anos.
Dificultade media

Media_httpfarm4static_kifzn

ROTEIRO NOCTURNO CIRCULAR ASADOS - MONTE DAS CERCAS (Isorna)

- Punto de Encontro: Aparcadoiro do novo Campo de Fútbol Municipal (Vilas – Asados).
- Horario agrupamento: 22: 15 h.
- Horario saída: 22: 30 h.
- Duración estimada: 3 horas e media
- Dificultade: media

- Material: (Prégase respectar rigorosamente as indicacións dadas neste apartado)
• Calzado axeitado para camiñar polo monte.
• Pantalón (en homes e mulleres).
• Lanterna (opcional)
• Roupa de abrigo (cando cheguemos ó alto a sudar vaise notar o frío).
• Chuvasqueiro, en función do tempo que faga.

- Observacións:
• A auga será proporcionada pola organización.
• Estaremos acompañados por Protección Civil de Rianxo
• A organización dispón de dispositivos reflectantes para os participantes.

Pode que tamén lle interese:


Festival Antrospinos cap 4: xa hai cartel e programa


Verán cultural: toda a programación


Actividades deportivas no verán: toda a programación


Curso de saxo: do 16 ao 18 de agosto

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   sendeirismo  

Ribeira: a vindeira andaina do ciclo "Ponte a Andar" é o domingo 20 de marzo

Actualizado 20 de febreiro:

(download)
Pódense ver máis imaxes da andaina do 20 de febreiro neste álbum de Facebook.

Actualizado 25 de xaneiro:

Media_httpsphotosakfb_fuldh

Xa se poden ver as imaxes da andaina do 23 de xaneiro. Tes que ter Facebook e premer aquí

Media_http1bpblogspot_vqbgd

Ribeira, 20 de febreiro de 2011. A seguinte andaina do ciclo Ponte a Andar 2011 xa ten data: o 20 de marzo. Na web da Cofradía da Dorna (www.cofradiadadorna.com) está toda a información relativa a cada unha das andainas, dentro da sección PONTE A ANDAR (tamén hai un vínculo na páxina principal, premendo sobre o cartel das andainas)
Como xa se fixera en anteriores rutas non é preciso inscribirse, pero si aparecer con tempo abondo no punto de partida (10 minutos antes) xa que se tratará de respectar os horarios ó máximo para non dilatar a actividade. O traslado ata a saída facerase individualmente, cada un no seu coche (por eso se especifica o punto de partida). Recoméndase roupa e calzado cómodo e apto para camiñar polo monte, e tamén un bidonciño con auga. En todo momento se acompañará aos participantes: para iso están os monitores da Cofradía.
Media_httpfarm4static_msqwa


Novidades: prohibidas as mascotas e calificación das rutas

Coma sempre resaltar algunhas cousiñas:
- Fíxase un ritmo de camiñata de entre 4 e 5 quilómetros por hora.
- Nenos: sempre acompañados dun adulto responsable deles, e que lles quede claro que os monitores tamén "mandan". E por suposto que sexan capaces de aguantar o ritmo da andaina (a partir dos 7-8 anos non adoitan ter moito problema para acadalo).
- Animais de compañía: non se permitirán. E isto é innegociable: xa se avisou en ocasións anteriores que non se permitían cans e agora van ser inflexibles coa norma.
- CALIFICACIÓN DAS RUTAS: esta é unha novidade importante, xa que a diferencia que ata agora neste ciclo téñenas clasificadas en "dificultade baixa, media, ou alta" tendo sempre en conta as características das realizadas ata agora.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   andaina   cofradía da Dorna   sendeirismo  

Ribeira: a seguinte camiñata de "Ponte a Andar", este domingo 21, entre Palmeira, Moldes e A Tomada

Media_http1bpblogspot_bthje

Media_httpfarm5static_dybdb

A camiñata transcorrerá, como dirían no Ateneo Valle-Inclán, por Ribeira do Caramiñal

Ribeira, 16 de novembro de 2010. Xa queda menos para a vindeira andaina do ciclo "Ponte a Andar", así que aínda están vostedes "a tempo de entrenar un pouco e poñervos a tono para facer os nove quilómetros dunha tirada", indican os da organización, que sinalan que "ainda que chova imos ir, xa que alguén anda preguntando se arredramos porque chove... polo que se ve, ainda non nos coñecen ben. Con chuvia tamén se disfruta do monte. Eso si, vinde preparados con botas e chuvasqueiro".

A primeira metade da andaina ten tramos con certa pendente, pero xa se avisa na convocatoria que sería de dificultade "media". Insisten coa teima dos nenos: "que veñan acompañados dun adulto, e, por suposto, que sigan todo o tramo acompañados polo adulto" e co dos cans: "hai xente á que lle molestan, e a actividade organízase para as persoas... quizais noutra ocasión denos por orjanizar algo para os animais".

A saída será do campo novo de fútbol de Palmeira, ás dez da mañá. A hora prevista de remate son as 12 do mediodía. A inscrición é gratuíta e libre, pero hai que aparecer no punto de partida á hora especificada. Do campo de fútbol subirase a Moldes, logo baixada á Tomada e remátase no punto de partida.

Antes publicamos:


Ribeira: "Ponte a andar" retoma as camiñatas. A seguinte, o 21 de novembro



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   camiñar   sendeirismo  

Ribeira: cen quilómetros de sendeirismo ata Santiago para celebrar o Xacobeo, no "Camiño de Outono"

Unha actividade dividida en tres etapas, a facer os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro. Participan varias asociacións e outros dous concellos, Lousame e Negreira

(download)
Imaxes da presentación da actividade

Ribeira, 11 de outubro de 2010.- Con motivo do Ano Xacobeo, o Concello está a organizar unha ruta de sendeirismo na modalidade campo a través e cunha distancia de 100 quilómetros que descorrerá entre Ribeira e Santiago de Compostela. Esta actividade, denominada Camiño de Outono, celebrarase os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro, e conta coa colaboración da Asociación As Miñoteiras e a Asociación de Veciños de Carreira, ademais da dos Concellos de Lousame e Negreira. O concelleiro de Deportes Miguel Ángel Vidal Tomé, e o representante de As Miñoteiras Moncho Sampedro presentaron a iniciativa na Casa Consistorial.

Media_http1bpblogspot_xzzps

As dúas primeiras etapas terán unha distancia aproximada de 40 quilómetros, mentres que a última será de 20. A saída do día 30 terá lugar en dous lugares distintos. Por unha parte, na praza do Concello ás 8.15 horas e, por outra, na Capela da Guía, na parroquia de Carreira, ás 8 horas. Ambos grupos converxerán no parque periurbano de San Roque e atravesarán o Monte Curota, a Serra de Barbanza, o Parque Arqueolóxico das Chans e o Monte Iroite. Esta primeira etapa finalizará no poliderportivo de Lousame.
Media_httpfarm4static_jqown

O roteiro pasará polos arredores de Toxosoutos, espectaculares para o sendeirismo

A segunda etapa partirá  da aldea de A Silva, lugar onde está enclavado o polideportivo, e pasará por Portobravo, o río San Xusto, o mosteiro de Toxosoutos, a central do Tambre, a devesa do Nimo e o embalse do Tambre. Os participantes pernoctarán no pavillón polideportivo de Negreira. Por último, a terceira etapa equivalerá aos 20 primeiros quilómetros do camiño oficial de Fisterra. O punto máis emblemático desta ruta é Pontemaceira.

Inscricións, a 50 euros

Este mércores habilitarase unha páxina web (caminodeoutono.blogspot.com) para que se poidan inscribir os interesados en participar. O prezo é de 50 euros, e da dereito as comidas, un coche de apoio (onde no que se poderán trasladar as equipaxes para facer menos dura a ruta) e o retorno dende Santiago en autobús. 

Ademais, os familiares dos participantes poderán ir a bordo deste autobús o domingo 31 ata Santiago para reunirse cos camiñantes, sempre en función do número de prazas dispoñibles.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Camiño de Santiago   Lousame   Ribeira   Santiago de Compostela   Xacobeo   sendeirismo  

Ribeira: o domingo 20 de xuño organizan ruta de sendeirismo ao Monte Pindo

Castelo de San Xurxo por Noel Feans.

"(...) no século X Sisnando (bispo de Iria Flavia) ordenou a construción do Castelo de San Xurxo nas beiras do monte Pindo, para protexer estas terras dos continuos ataques dos piratas medievais. Diversas familias nobres de Galiza habitárono ata que o castelo foi destruido no ano 1467 nas Revoltas Irmandiñas. Dise que fai cincuenta anos aínda se podían ver parte dos seus muros, desfeitos polos buscadores de tesouros (...)". Foto cargada o 22 de xullo, 2009 por Noel Feans en Flickr

Ribeira, 14 de xuño de 2010. A Asociación As Miñoteiras organiza, coa colaboración do Concello de Ribeira, unha ruta de sendeirismo polo Monte Pindo que se desenvolverá este domingo 20 de xuño. 

Cun percorrido de 14 quilómetros, o itinerario inclúe a ascensión á Pena Moa (627 metros), que se efectuará a ritmos moi suaves e con frecuentes paradas, de xeito que calquera persoa cun mínimo de fondo físico poida disfrutar dunha das rutas montañeiras coas vistas panorámicas máis impresionantes das que podemos gozar na costa galega. 

Media_httpwwwriveirae_lbarg

A saída terá lugar da estación de autobuses de Santa Uxía de Ribeira ás 9.30 horas. O prezo por participar é de 10 euros. 

Os interesados poden inscribirse na Oficina Municipal de Deportes (981 835 650 ou deportes@riveira.com).


 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   sendeirismo  

Rianxo: organizan roteiro de sendeirismo polos Chans do Barbanza o vindeiro sábado 27 de marzo

Media_httpfarm3static_auesl

Nas chans do Barbanza pódense atopar "sorpresas" coma ésta

Rianxo, 18 de marzo de 2010. O Servizo de Deportes do Concello organiza o vindeiro sábado, 27 de marzo, unha rota de Sendeirismo polos Chans do Barbanza. O nivel de dificultade do percorrido é medio-alto. A rota, que ten unha distancia de 15 quilómetros, comeza no Iroite e remata no Monte Curota. Durante o percorrido visitarase a Arca do Barbanza, Outeiriño redondo, Casota do Páramo e outros lugares de interese arqueolóxico ou paisaxístico.

Media_httpfarm3static_menxt

Vistas dende o monte Curota

O tempo estimado que levará percorrer a rota é de cinco horas aproximadamente. O límite de prazas é de 50.
Esta actividade vai dirixida a adultos e ten un custe de 3€.  Mais información e inscricións no Servizo de Deportes ou nos pavillóns polideportivos.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Barbanza   Rianxo   sendeirismo  

Deportes: ruta de sendeirismo o domingo 14 de marzo polo Grove que sae de Ribeira

Os departamentos de Xuventude e Deportes do Concello de Ribeira e a sección de sendeirismo da asociación As Miñoteiras organizan unha ruta de sendeirismo para o vindeiro domingo 14 de marzo.

A posibilidade de participar está aberta a todo o mundo, coa única excepción do límite de prazas.

A ruta será no Grove e terá unha distancia de 18 km a facer en 6 ou 7 horas. Está catalogada de dificultade baixa. O prezo por persoa é de 10 euros.

A hora prevista de saída será ás 9.00 da mañá da estación de autobuses de Ribeira.

Para máis información e inscricións:
Auditorio Municipal. Tel. 981 83 56 50
deportes@riveira.com
xuventude@riveira.com

Descrición da ruta:

Media_httpfarm4static_gazan

Flickr de Rob Unreall. Foto cargada el 7 de mayo, 2009 por Rob Unreall


Esta ruta, que bordea boa parte da zona costeira de península do Grove, comeza no porto de Pedras Negras (San Vicente do Mar), onde unha pasarela de madeira nos vai levando practicamente pegados ó mar hasta chegar á praia de Canelas, onde o panorama cambia radicalmente. Os arames de espiños tipo “Buscando al soldado Ryan”, así como as bocas dos canóns, que parecen a punto de disparar a un hipotético inimigo mariño, recrean un tipo de paisaxe un tanto funesto. Atopámonos diante dun dos campos de tiro da Brilat pontevedresa.

O “Con Negro” vai ser o seguinte punto de referencia na ruta. Os “cons”, son eses outeiros característicos, de grandes dimensións, que nestas terras adoitan dar nome a puntos xeográficos: Con Negro, Con da Hedra, Con Ministro, Cons da Patarroxa….

Entre sendeiros costeiros e outros habilitados algo máis no interior, iremos chegando ó “Adro Vello”, unha necrópole tardoromana situada na praia do Carreiro. Durante o tempo en que se realizaron escavacións nela, atopáronse superpostos, unha vila romana, restos dunha capela visigótica do S. II, unha necrópole, e restos dunha fortificación do S. XII. Ademais, nesta escavación atopouse unha moeda coa representación máis antiga da barca cos restos do Apóstolo.
O seguinte fito na ruta será a lagoa de Bodeira. Esta lagoa de auga doce está situada ó lado da praia Meixilloeira e illado do mar por unha duna. Os xuncos limitan a lagoa para dar albergue ás aves migratorias que habitan este lugar. Estamos diante da única lagoa con estas características da provincia de Pontevedra.

Na area de Reboredo, cerca xa do Porto Meloxo, abandonaremos o sendeiro costeiro, e unha estrada iranos levando en continuo ascenso ás faldras do monte Siradella. Antes, descansaremos uns intres no miradoiro do Con da Hedra, desde o que poderemos ver ó lonxe o comezo da nosa ruta. Uns minutos despois chegaremos ó alto da Siradella. Lugar emblemático relacionado coa lenda máis famosa da zona grovense: O Meco. Despois de visitar o castro de Feáns, unha espectacular baixada entre rochedos permitiranos ver entre unhas pedras, unha pequena figueira. Conta a lenda que alí aforcaron os veciños do Grove ó Meco, un señor feudal que os tiña “asfixiados”. Tamén contan que desde aquela, da figueira saen uns figos tinguidos de vermello, por mor da sangue do tirano.

Todas estas historias lendarias e as fermosas panorámicas deste entretido roteiro, fan desta saída unha das máis interesantes que se poden facer polos arredores da ría arousán.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   deportes   sendeirismo