Preme para voltar á portada
Filed under

solidaridade

 

Noia: organizan o certame fotográfico "Imaxes con Fondo" para concienciar sobre a globalización negativa

  • O premio para a categoría da mocidade é dunha cámara ou 450€ en produtos de comercio xusto
  • O premio para adultos é dunha viaxe a Cabo Verde en 2013 para facer unha reportaxe fotográfica solidaria
  • Prazo: ata o 15 de outubro deste ano

Media_httpfarm3static_yjncr

Noia, 8 de maio de 2012. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade do que é socio a Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Noia, organiza o concurso “Imaxes con Fondo”.

A finalidade de dito concurso é crear conciencia social sobre os efectos perversos da globalización. Creando unha cidadanía global responsable que denuncie as corrupcións, as inxustizas, a insolidariedade e os abusos que obstaculizan o desenvolvemento humano tanto no norte coma no sur.

Trátase de reflexionar sobre cales son as prácticas na nosa sociedade que repercuten negativamente no engrosamento das desigualdades entre os países do norto e do sur,  observando no noso entorno exemplos destas prácticas.

Para participar existen dúas categorías:

A categoría xuvenil (fai referencia a solidariedade) vai dos 13 a os 17 anos, ambos inclusive. As/os concursantes deberán achegar fotografías nas que se amose a solidariedade na nosa sociedade, entendido como un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre os pobos e as persoas.

A categoría adultos/as (fai referencia á globalización) vai dos 18 anos en adiante: As/os concursantes deberán achegar imaxes que amosen como algunhas prácticas na nosa sociedade (tanto de persoas particulares coma de empresas e gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou de forma indirecta, de cara a denunciar as iniquidades entre o norte e o sur que obstaculizan o desenvolvemento humano.

Premios:

Haberá só un premio por categoría:

- Para a categoría xuvenil: Cámara fotográfica Canon EOS 1100 + Obxectivo EF-S 18-55 mm (ou similar) e un lote de produtos de comercio xusto, valorado todo en 450€.

- Para a categoría adultas/os: Viaxe (inclúe billetes de avión e aloxamento) a un dos proxectos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en Cabo Verde, co obxectivo e compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo Galego a modo de acción voluntaria. A viaxe ao terreo será realizada no 2013 e terá entre 15 días e un mes de duración. Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías individuais, ou ben ata tres series compostas de tres fotografías cada unha.

Descrición nun tweet como máximo

Para participar no concurso fotográfico “Imaxes con Fondo” poderán presentarse ata tres fotografías que deberán ser realizadas en formato JPG, cunha resolución mínima de 300ppp e deberá ocupar 5MB como máximo. Pero, o máis importante é a breve descrición de cada obra (tweet), de 140 caracteres e en galego, na que se explique a relación da fotografía ou serie co tema proposto, facendo unha reflexión sobre o significado da imaxe.

Aquelas persoas interesadas poderán facer entrega das súas obras e demais documentos requiridos ata o 15 de outubro de 2012 no seguinte enderezo electrónico: imaxesconfondo@yahoo.es . Para máis información poden escribir un correo electrónico a dito enderezo ou chamar ao 698 156 127.

Para a elaboración das bases do concurso contouse co apoio de diferentes colectivos vinculados ao mundo da fotografía: Asociación de reporteiros solidarios (AGARESO), Asociación Provincial de Fotógrafos de Pontevedra, Asociación Provincial de Fotógrafos de Lugo, Agrupación Fotográfica Galega, Asociación Fotográfica ‘Os Negativos’ e a Asociación Fotográfica Galega ‘Phosgalicia’.

Máis información en http://www.fondogalego.org/web/ 

Pode que tamén lle interese:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   certame   fotografía   solidaridade  

A Pobra: organizan un campionato de futbolín para axudar a Paula, a nena boirense en tratamento en Alemania

(download)
A Pobra, 5 de maio de 2012. Novas Xeracións do Partido Popular da Pobra do Carmiñal, en colaboración co bar Gelys organizaron un campionato de futbolín para recadar fondos para axudar a Paula, a nena de Boiro nada con agnesia sacra que se está a tratar en Alemania.

 

Antes do campionato tivo lugar un sorteo de lotes de cociña coa intención, mediante previa venta de rifas durante o mes de abril, de obter tamén fondos para esta causa. No campionato participaron 11 equipos de todas as idades e resultaron gañadores do torneo o equipo “The Killer”. En segundo lugar quedou o equipo “Maños Team”.

 

Eloy Sobrido, presidente das Novas Xeracións, asi como os seus compañeiros quixeron agradecer en primeiro lugar a colaboración do bar Gelys, e en segundo lugar a todos os participantes que fixeron posible a actividade. O colectivo tamén afirmou que durante a tempada estival esperan realizar máis actividades de tipo social, de ocio e deportivas.

Antes, en Certo:

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Novas Xeracións   Pro Paula   solidaridade  

Solidariedade: a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas acode ás microachegas en Internet ante os recortes en subvencións

Fegerec_maraton


Barbanza-Noia, 28 de marzo de 2012. Segundo explica a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC), "coa crise e os recortes actuais, as ONG estamos sufrindo moito e as persoas ás que atendemos, moito máis, producíndose un deterioro na súa calidade de vida engadido á falta de saúde".

Esta asociación de asociacións organiza a próxima maratón Coruña 42 -que se celebra o domingo 15 de abril- e quere xuntar o espírito deportivo e sacrificio que esixe unha maratón, coa solidariedade e as ganas de loitar que cada un dos afectados por unha enfermidade rara e/ou crónica ten. Ultimamente están surxindo moitos proxectos de crowdfundingé dicir, financiación colectiva ou micromecenado. Trátase, a través de microdoacións de moita xente, conseguir apoiar un proxecto moito maior. Neste caso o proxecto sería FEGEREC a través da capacidade de mobilización doutras entidades, como poderían ser os medios de comunicación.

Hai moitas páxinas para xestionar este tipo de iniciativas. FEGEREC deuse de alta en www.migranodearena.org, onde xestionan os donativos recibidos.  A idea que teñen é, aproveitando a maratón, "1 kilómetro, 100 euros" por ver de conseguir 4.200 euros, que foi aproximadamente o recorte total en subvencións que tiveron este ano.

A ligazón da páxina onde poder realizar os donativos é esta: http://www.migranodearena.org/fegerecfederacion-galega-de-enfermidades-raras-e-cronicas1

"É unha idea un tanto utópica, posto que queda menos dun mes ata a maratón e aínda así temos postas moitas esperanzas nesta idea, sería un grande éxito conseguilo e precisariamos da axuda dos medios de comunicación para dala a coñecer á poboación en xeral", explícannos dende FEGEREC.

Dende Certo non podemos facer caso omiso a unha iniciativa deste tipo e solicitamos, dentro da medida que as nosas lectoras e lectores poidan, que colaboren con esta causa, non só facendo microachegas na páxina indicada, senón espallando a iniciativa nos seus perfís nas redes sociais (Cabozo, Facebook, Twitter, Pinterest ou calquera outra) ou, no caso de que tiveran, nos seus blogs ou páxinas web. En Certo participamos nunha iniciativa de crowdfunding chamada "Vitaminas para o galego", na que con axuda doutros medios de comunicación en galego pretendemos sensibilizar á poboación sobre a necesidade de promocionar o idioma propio de Galicia con medios impresos, dixitais e audiovisuais en galego.

"O obxectivo é darlle a maior difusión posible en internet, por ver de chegar a moita xente que se solidarice coa causa, e parécenos que sería un aliciente extra para os corredores saber que o seu esforzo vai ser seguido por todos os nosos socios con moito entusiasmo", finalizan dende FEGEREC. 

Hai creado un evento no Facebook con este motivo, para que os que teñan perfil na rede de Zuckerberg fagan por partillalo: https://www.facebook.com/events/403000436395261/

Que é Fegerec

FEGEREC é unha entidade sen ánimo de lucro destinada a mellorar a situación socio-sanitaria das persoas afectadas por unha enfermidade rara e/ou crónica na Comunidade Autónoma de Galicia. Está formada por 7 asociacións de ámbito galego e unha coruñesa (lupus, esclerose lateral amiotrófica, ataxia, fibrosis quística, linfedema, retinose pigmentaria, Arnold-Chiari e esclerose múltiple), algunhas delas membros de  COGAMI. A súa sede está en Coruña, onde prestan servizos, ademais de en Pontedeume, Narón, Lugo, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo, con idea de continuar dando asistencia proximamente en Sada e Ourense. En total, FEGEREC ten arredor de 1300 socios afectados.


FEDERACIÓN GALEGA DE ENFERMIDADES RARAS E CRÓNICAS-FEGEREC 

Pza. Esteban Lareo, Bloque 17, Sótano  

15008 A Coruña  

Tfno: 981 234 651  

fegerec@cofc.es

fegerec.blogspot.com

twitter.com/FEGEREC

Facebook FEGEREC

Pode que tamén lle interese:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   FEGEREC   internet   solidaridade  

Boiro: este domingo 11 de marzo, nova iniciativa en solidaridade con Paula

Pedalea_por_paula
O día anterior, nova edición de "Un dulce por Paula"

Un_dulce_por_paula



Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Pro Paula   solidaridade  

A Pobra do Caramiñal: a I Carreira Popular Solidaria do Barbanza será o sábado 7 de abril por Paula

  • A data límite de inscripción é o 5 de abril de 2012 ás 20.00 horas
  • Haberá dúas diferenciadas: unha proba de 10 quilómetros (a Solidaria do Barbanza) e outra de catro quilómetros (I Carreira da Muller)

 

I_carreira_popular

A Pobra do Caramiñal, 29 de febreiro de 2012. O 7 de abril de 2012 ás 17:00 horas, vaise celebrar a carreira solidaria Corremos por Paula, que conta como entidades organizadoras co Concello da Pobra do Caramiñal, o Concello de Boiro, a Federación Galega Atletismo, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, a Peña Cicloturista Chans do Barbanza, MTB A Portela, Motoclub Sin frenos, Club Ciclista Barbanza/Distribunosa, Peña Ciclista Os Saltamontes, Centro Comercial O Adro, Cáritas Posmarcos, Asoc. Amas de Casa da Pobra, Amas de Casa de Boiro e Mancomunicade Arousa Norte.

Coa fin de facilitar a accesibilidade ós participantes, a organización dispón de autobuses para o traslado daqueles que o desexen ata a saída da proba en Boiro, partindo ás 16:15h. da rúa Xerardo Fdez. Albor da Pobra do Caramiñal.

Os dorsais poden ser retirados a partir das 14.30h. e ata media hora antes da Carreira, na Secretaría da Organización, sita na Praza Alcalde Segundo Durán. Para retirar os dorsais é necesario o comprobante do pagamento. Os/as participantes da carreira de 10 quilómetros  están obrigados a devolver os chips.

Todos os interesados que desexen máis información poden dirixirse ó Dpto. de Deportes da Pobra, Casa da Cultura Raquel Fdez. Soler entre as 9:30h. e as 14:30h. a través dos teléfonos: 981832590 e 639029182.

Para consultar os datos relativos ás cuotas e categorías de participación pode consultar o regulamento no documento pdf adxunto.

Click here to download:
INFORMACI...pdf (16 KB)
(download)






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Pro Paula   solidaridade  

Noia: o pobo volcouse no acto solidario con Paula e recadáronse 5.560 euros para o seu tratamento

Noia, 15 de xaneiro de 2012. Onte facía frío en Noia. Moito frío. Mais non en toda a vila: o pavillón de deportes "Rosalía de Castro" encheuse de quentura humana para axudar á nena Paula de Boiro, nun acto solidario na que colaboraron, xunto aos organizadores -A.F. Os Salgueiriños e Concello de Noia- multitude de asociacións e artistas a título particular. Poden ver o listado no cartel do acto, aquí

A recadación total do festival foi de 5560 euros máis unha doazón que fixo pola súa conta a asociación de Mulleres Rurais de Noia. Para chegar a esta cantidade houbo antes moito traballo, todo el desinteresado: dende as fermosas coreografías das distintas escolas de danza ou patinaxe ata os cadros que doaron os artistas Alfonso Costa e Veiras Manteiga, pasando polas rosquiñas que venderon durante toda a celebración de festival os nenos do obradoiro infantil de repostería ou os diferentes equipamentos deportivos que diversas estrelas doaron para esta nobre causa.

Segundo se explicou na gala benéfica noiesa, son necesarios 250.000 euros para o tratamento de Paula en Alemania, onde se está a rexenerar o óso sacro sen o que naceu. Eva Rivero, promotora boirense de moitos destes actos solidarios, informou onte que xa foron recadados a metade destes cartos, polo cal se felicitan e agradecen, en nome da familia da nena, toda a solidaridade amosada pola xente destas bisbarras e polos personaxes públicos que fixeron aportacións, ben en efectivo, ben a xeito de pezas para subastar a favor de Paula.


Unha dedicatoria non agardada

O festival benéfico era todo el para Paula, pero, por desgraza, tamén foi dedicado a José Luis Fuentes, párroco de San Martiño de Noia, que faleceu onte mesmo. En Certo informamos o pasado verán sobre unha homenaxe que se lle ía facer polas súas vodas de ouro -levaba medio século como sacerdote- pero foi suspendido sine die porque enfermou e tivo que ser ingresado no hospital.

D.E.P.

Poden ler a nota necrolóxica na web da Pastoral de Santiago, onde tamén indican a hora do funeral de corpo presente (este domingo ás 16:30) e outro o luns ás 18:00.

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Pro Paula   festivais   solidaridade  

A Pobra: Novas Xeracións colaborou na campaña de Cáritas "Ningún neno sen xoguete"


(download)
A Pobra, 29 de Nadal de 2011. Segundo informou onte Eloy Sobrido, presidente de Novas Xeracións do Partido Popular da Pobra, voltaron dende esta agrupación política xuvenil a renovar o seu compromiso con Cáritas e colaboraron por segundo ano consecutivo na campaña "Ningún neno sen xoguete", na cal recadaron un bo número de entretementos infantís novos e seminovos.

Os xoguetes foron entregados onte, Día dos Inocentes, á presidenta de Cáritas da Pobra, Turi, quen se amosou feliz polo apoio constante de Novas Xeracións a esta causa.

Pode que tamén lle interese:
 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Cáritas   Novas Xeracións   solidaridade  

Boiro: a Ong Contacto e a asociación cultural Borobó entregan xoguetes o xoves 22

Media_httpfarm7static_uicjh

Boiro, 20 de Nadal de 2011. A asociación cultural Borobó xunto coa ONGD Contacto farán entrega dos xoguetes doados polos asistentes ao concerto solidario “Xoguetes X Música” organizado por estas entidades o pasado venres 9 de decembro. O acto terá lugar o vindeiro xoves 22 de decembro na sede de Contacto (os antigos xulgados de Boiro), ás 20:00 horas.

A asociación cultural Borobó aproveita para desexar a todo o mundo unhas Felices Festas e un Próspero Ano 2012.

Pode que tamén lle interese:


Primeira novela gráfica: do boirense Martín Romero


Cultura: nova expo ata o 15 de xaneiro


Viaxe á neve: de A.C. Borobó, do 13 ao 15 de xaneiro


Atletismo: resultados carreira Memorial Pepe Buceta

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Borobó   ConTacto   Nadal   solidaridade  

Ribeira: o Concello paga o xantar de Nadal a uns 150 pobres este domingo

    Será no restaurante La Cascada do Camping Ría de Arosa 2 este domingo 25

Ribeira, 20 de decembro de 2011- Entre 140 e 150 veciños e veciñas sen recursos deste municipio terán a oportunidade de poder compartir a tradicional comida de Nadal do 25 de decembro. Así o explicou hoxe o concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social, Vicente Mariño de Bricio, que indicou que esta acción está dirixida a aquelas persoas en extrema soidade, que se atopan en risco de exclusión social ou nunha posición de precariedade económica. 

Á Mariño de Bricio acompañábao María Francisca Vidal, xefa de servizo do Departamento de Servizos Sociais, e Anxo Rodríguez, xerente do restaurante La Cascada do Camping Ría de Arosa 2, que é a entidade que tivo a iniciativa de realizar esta comida que recibiu a colaboración o Concello (a través de Servizos Sociais e Drogodependencias), Cáritas, Cruz Bermella, Eloraj e Frinsa. 

Vicente Mariño agradeceu a La Cascada que tivese a idea de organizar este evento dados os tempos de crise que se están dar e manifestou que dende a Concello se está a colaborar en distintos apartados, como a confección do menú ou a axuda de membros de Protección Civil. Informou de que todos aqueles que se encontren nalgunha das condicións descritas anteriormente e que queiran tomar parte na comida de Nadal poden obter os correspondentes tiquets nas dependencias de Servizos Sociais, situadas na praza 8 de marzo. Haberá servizo de autobús que partirá da estación de Santa Uxía. 

Ademais do menú  (formado por entremeses, langostinos, carne asada, doces e bebidas varias, a ambientado coas tradicionais panxoliñas) os comensais recibirán un lote de conservas por cortesía da empresa Frinsa. Por outra parte, no caso de que non se empregase toda a comida dispoñible durante o xantar, a parte excedente será repartida tamén entre os usuarios. Os nenos e nenas tamén recibirán xoguetes. 

Anxo Rodríguez explicou que a iniciativa xurdiu polas difíciles circunstancias socioeconómicas que se están a dar na comarca e no municipio e agradeceu ao Concello o ben que se recibiu a idea. 

Pola súa parte, María Francisca Vidal afirmou que dende os Servizos Sociais se está  a dar a máxima difusión posible á iniciativa para que ninguén que o necesite se quede sen a posibilidade de asistir a esta comida.

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Nadal   Ribeira   solidaridade  

Rianxo: case un cento de bibliotecas escolares galegas, entre elas a do "Brea Segade", colaboran co proxecto Bubisher no Sáhara

Rianxo, 12 de decembro de 2011. Case un cento de bibliotecas escolares galegas, varias delas do Barbanza, colaboran co Proxecto Bubisher de bibliotecas no Sáhara. Coincidindo coa recente inauguración da primeira biblioteca pública de Smara, O niño do Bubisher, un grupo de bibliotecas escolares decidiron plasmar o seu apoio ao proxecto co envío conxunto de álbums ilustrados, un desde cada biblioteca, para contribuír a fornecer os dous bibliobuses que circulan polas escolas saharauis e a biblioteca central de Smara

O pasado día 10 de decembro, co gallo do Día internacional dos Dereitos Humanos, publicaron nos seus blogs unha entrada conxunta  para dar visibilidade á situación do pobo saharahui e poñer de manifesto o apoio destas bibliotecas e centros escolares, coma educador@s e bibliotecari@s escolares ao proxecto Bubisher.

As ligazóns ao artigo do blogue do "Brea Segade" no que presentaron o tema á comunidade escolar e a entrada conxunta do 10 de decembro son os que seguen:


Antes, en Certo:


Premio: nacional para a biblioteca do Brea Segade

Pode que tamén lle interese:


Xornadas en Rianxo: o domingo 18 de decembro, IV Xornadas "Lois Obelleiro"

 

 


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Brea Segade   Rianxo   biblioteca   solidaridade  

Noia: festival de Cáritas este xoves 8 de decembro para que todos os pequenos disfruten do Nadal

Festival_noia

Noia, 6 de decembro de 2011. O vindeiro xoves, 8 de Nadal, celébrase no pavillón polideportivo de Noia a partires das 18:30 horas un Festival Infantil da Solidaridade, organizado por Brétema e Cáritas. A intención é reunir cartos para que ningún neno nin ningunha nena se queden sen Nadal. 

O prezo das entradas é de 2 euros para os pequenos e de 5 para os adultos. Haberá sorteo de agasallos doados polos patrocinadores. 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Cáritas   Nadal   festivais   solidaridade  

Boiro: a asociación de nais e pais do colexio do Castro organiza un mercadillo e un festival benéficos para a nena Paula

  • O domingo 4, xa na Pobra do Caramiñal, outro festival benéfico no seu favor

Mercadillo_paula

  • O mercadillo será no parque de Cabo de Cruz durante a tarde deste sábado 3 de decembro. Se chovera, pasa á lonxa
  • O festival terá lugar o sábado 10 de decembro no centro social de Cabo de Cruz

Nena_paula

Imaxe tomada do grupo de Facebook "Paula necesita ayuda"


Boiro, 25 de novembro de 2011. A asociación de pais e nais "Loureda", do colexio boirense de Santa María do Castro acordou na última asemblea xeral de socios organizar un mercadillo benéfico o vindeiro sábado 3 de decembro para axudar á pequena Paula, a nena boirense que se está a tratar en Alemania da súa agnesia sacra.

No mercadillo vanse vender xoguetes, roupa, antigüidades, etc,  novos e de segunda man. Será toda a a tarde do sábado 3 de decembro no parque de Cabo de Cruz e, se lle dera por chover, pasaría á lonxa. Os socios agardan que a xente se anime e participen mercando o exposto á venta.

Festival de Nadal, o seguinte sábado, 10 de decembro

     Ademais, tamén acordaron pais e nais, convertidos en monitores, ensaiar cos cativos una serie de números artísticos que o público poderá disfrutar o día 10 de decembro ás 18:00h. no auditorio do Centro Social de Cabo de Cruz. O festival será benéfico xa que os cartos recadados das entradas serán aportadas para o tratamento da pequena Paula.

O domingo 4, festival solidario na Pobra

O festival titúlase "Yo Canto Por PAULA" e está organizado por Mar Davila e amigos.Será no polideportivo Venecia a partires das 17:30

Actuarán:
“Grupo de Baile Batudance”
“Grupo de Gaitas Xiada”
“O Son Das Ferreñas”
“Sara Ramallo”
“Ana Paz”
“Ana Angueira”
”Sito Sedes”
"Miguel" (Combarro)
“Tita Lijo”
“Banda de Nash”
“Ángel Rodríguez”

“Cantareiras de Ardebullo”

“Lucia Pérez”

Presenta “Sevi Martínez”.

Media_httpa6sphotosak_ygcox

Tamén hai á venda un calendario solidario (6 euros) para axudar a esta nena. En varias tendas de Boiro e Pobra.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Cabo de Cruz   solidaridade