Preme para voltar á portada
Filed under

SonCine

 

Porto do Son: os escolares do obradoiro de cinema do instituto difunden o lugar de Tarrío e o Río Maior na Rede

(Actualizado o 7 de febreiro)


Estas imaxes e sons do mozo gaiteiro en contraluz cos fieitos non teñen prezo... Velaquí a información do vídeo:
A rede das augas e a rede dos sons. O Río Maior desde as fontes, os afluentes, os escorros ata a morre na Praia do Dique. O son da auga e a música que interpreta Eliot, que leva dentro a música nosa, coma un río. Unha cámara de fotos de 200 euros, e un trípode de 20, sen paraventos. Desculpade o audio. Non se pode máis co que temos.

Antes, dixemos:


Pode parecer unha aldea como outra calquera pero non: cada aldea galega é un mundo. Cada unha está configurada dun xeito distinto: cos seus bimbios, os bugallos dos seus carballos, as súas corredoiras coas silveiras nos arredores, os seus regatos pequenos e grandes, as súas fontes monumentais ao pé de muros inzados de hedriñas... Cada aldea nosa é segundo a miremos. Velaquí a visión, xa dispoñible para todo o mundo na Rede, dos alumnos de audiovisual de SonCine, o obradoiro de cinema do instituto de Porto do Son. Un xeito exemplar de aprender a empregar a linguaxe audiovisual e fixar na pantalla o patrimonio etnográfrico e natural do lugar onde tiveron a sorte de nacer.

 


Pode que tamén lle interese comprobar como viron estes outros lugares:



Antes, en Certo:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   SonCine   cinema   cultura galega  

Porto do Son: este venres 27 de maio, entrega do Premio Leixaprén e Encontro do Audiovisual Escolar Galego

 

A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística Leixaprén entregará este venres, no marco da celebración do Encontro do Audiovisual Escolar Galego SonCine, o XII Premio Leixaprén a Manuel González en recoñecemento ao seu labor de promoción do audiovisual galego e da lingua galega neste ámbito.

Fotografa_manuel_gonzlez_lvare
Durante a xornada, uns 200 alumnos e 40 docentes de 18 centros escolares de toda Galicia mostrarán os seus traballos audiovisuais e asistirán a aulas de cine impartidas por prestixiosos especialistas do audiovisual galego como o director Luís Avilés, a produtora Mara González ou o guionista Daniel Domínguez.

(download)

Porto do Son, 25 de maio de 2011. Este venres 27 de maio terán lugar na Casa de Cultura e no IES de Porto do Son a entrega do XII Premio Leixaprén e o Encontro do Audiovisual Escolar Galego, eventos organizados polos Equipos da Biblioteca, Normalización Lingüística e SonCine e os Departamentos de Lingua Galega e Educación Plástica do instituto e que contan coa colaboración da Alcaldía e a Concellaría de Cultura do Concello de Porto do Son.

Durante a sesión da mañá, a Casa de Cultura converterase nun espazo de encontro de alumnos e docentes de 18 centros educativos galegos que desenvolven na actualidade proxectos audiovisuais. Ademais da presentación e proxección destes traballos, ao final da mañá farase entrega do XII Premio Leixaprén que outorga a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística Leixaprén, formada por centros de ensino secundario das comarcas do Barbanza e Muros-Noia. Este galardón, que se entrega dende o ano 2000 a persoas, colectivos, empresas ou institucións en recoñecemento ao labor que realizan na promoción e defensa da lingua galega, recaeu na presente edición en Manuel González Álvarez polo seu traballo na promoción do audiovisual galego e da lingua galega neste campo. Ademais, este premio quere simbolizar o traballo colectivo de todas aquelas persoas que introduciron e dinamizaron o audiovisual nos ámbitos afeccionado e escolar, campos nos que o idioma galego ten unha presenza impo rtante.

Na súa dilatada traxectoria, Manuel González foi responsable nos anos 80 da Área de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura e da Videoteca de Galicia (xérmolo do CGAI) e coordinador do programa “A imaxe na escola”. Ademais do seu labor no eido da investigación, no que destaca no estudo e catalogación do patrimonio cinematográfico galego e da emigración, dende os primeiros 90 até a actualidade traballou na produción, guionización e realización de diversos programas e series para a TV, foi director da Escola de Imaxe e Son da Coruña e da Axencia Audiovisual Galega e responsable de proxectos pioneiros como Flocos.TV e Cinemas Dixitais.

Xa durante a xornada da tarde, o Encontro do Audiovisual Escolar Galego trasladarase ás instalacións do instituto, que acollerá as “aulas de cine” impartidas por especialistas de recoñecido prestixio no ámbito audiovisual como Luís Avilés, Mara González, Daniel Domínguez, Fernando de Castro, Fran Piñeiro, María Yáñez, Rebeca Ces e a empresa desescribir, sobre dirección, guión, produción, gravación, fotografía, deseño gráfico e difusión web. Por outra banda, os docentes dos diferentes centros participarán nun foro co obxectivo de reflexionar sobre a necesidade de desenvolver un espazo de intercambio do audiovisual escolar para compartir traballos e experiencias e desenvolver a formación e creación audiovisual do alumnado ante a ausencia dunha política de promoción da educación audiovisual por parte da administración autonómica.

A celebración deste Encontro responde á necesidade de visibilizar publicamente na sociedade a cantidade e calidade de traballos que se están realizando nos centros de ensino. Unha mostra non exhaustiva nin sistemática pode verse na páxina http://www.netvibes.com/encontro-do-audiovisual-escolar-galego, que recolle centos de vídeos escolares.

Antes, en Certo:


Encontro Audiovisual Galego: o 27 de maio. Programa completo


Premio Leixaprén: para Manuel González, o 27 de maio entrega

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   SonCine   audiovisual galego   instituto  

Porto do Son: o Encontro do Audiovisual Escolar Galego celébrase o venres 27 de maio

Media_httpfarm5static_fjlpf

A recepción dos visitantes ao Encontro será na casa de cultura de Porto do Son

Programa completo:

Click here to download:
Programa Encontro do audiovisual escolar galego.doc (142 KB)
(download)

Media_httpetikelesblo_ffgui

En SonCine están a ter unhas interesantísimas charlas con cineastas no Cinefórum deste mes. Na imaxe, Alberte Pagán. Podes ler a crónica da súa charla aquí

Relacionada:


Premio Leixaprén: para Manuel González, que se entrega o 27 de maio

Pode que tamén lle interese:


Exposición: Alfonso Costa ata o 27 de maio


Festas de Nebra: o 21 e 22 de maio



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   SonCine  

Porto do Son: as últimas producións de "O meu Son" recollen tamén personaxes, ademais de repasar a paisaxe do municipio


A importancia de descubrir o que che gusta facer. O lugar dos xogos da infancia. Unha randia na Praia da Telleira. Un estudio de son no teu cuarto.


O idioma, a voz e as palabras do señor José cantan neste traballo tan ben como canta o río, como canta o rodicio, as moas e o tempo que pasa.


A luz e a beleza da mocidade. "Ventisca", a égoa árabe de Roberto, e os amigos van desde a aldea de Baroña, polos vellos camiños, ata a praia de Arealonga, o Atlántico e o Castro de Baroña ao fondo. Sen palabras.

"O MEU SON" é un proxecto de SonCine. Os alumnos de audiovisuais de 3º de ESO de Porto do Son levan unha cámara PANASONIC/LUMIX/DMC-TZ10 para casa e filman o seu lugar preferido.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lingua galega   Porto do Son   SonCine   cultura galega   curtametraxe  

Cultura: conceden o XII premio Leixaprén ao impulsor de Flocos.tv, Manuel González

Entrégase o 27 de maio en Porto do Son, dentro do Encontro do Audiovisual Escolar Galego

Media_httpfarm4static_aykcj

Porto do Son, 4 de marzo de 2011. Manuel González Álvarez é o gañador da XII edición do premio Leixaprén, que concede a Coordenadora Leixaprén de Equipos de Normalización Lingüística. Manuel González, da Rúa de Valdeorras en Ourense, foi un dos impulsores da web do audiovisual galego que foi noticia esta semana pasada, Flocos.tv, porque a Xunta de Galicia deixouna esmorecer e finalmente desactivouna. Flocos.tv, que se asemellaba a iniciativas tan interesantes como a National Film Board of Canadá, era un repositorio de documentais, películas e curtas de todas as épocas feitas por galegos ou con Galicia como protagonista. Nela podíanse ver, como no caso de Canadá, producións audiovisuais ás que non é doado acceder e que se fixeron, ou ben se conservan, cos cartos de todos os cidadáns -hai xente que aínda lles chama impostos-.
 
Que é o Premio Leixaprén?

Manuel_gonzlez_lvarez
Manuel González

Este galardón creouse no curso 1999-2000 por iniciativa do Equipo de Normalización Lingüística do IES Poeta Añón de Outes, que foi o primeiro centro en asumir a súa organización, co obxectivo de recoñecer o labor que realizan persoas, colectivos, empresas ou institucións na promoción e defensa da lingua galega.

O Premio está concibido como unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de Ensino Secundario que queiran sumarse á iniciativa, mais tamén como un premio itinerante de tal xeito que en cada curso académico é un ENL distinto o que se responsabiliza da organización do programa de actos da entrega do devandito galardón.

Dende que na súa primeira edición fose concedido ao poeta Manuel María Fernández Teixeiro, diferentes personalidades e colectivos do mundo da cultura, as artes plásticas, o xornalismo, a música ou o ensino, como o profesor Xosé Agrelo Hermo, o artista Isaac Díaz Pardo, o historiador e escritor Manuel Fabeiro Gómez, a Asociación Mar de Lira, a Escola Infantil Raiola, o músico e xornalista Xurxo Souto, etc.

Cando se entrega?

Este ano estase a organizar un Encontro do Audiovisual Escolar Galego que terá  lugar na casa de cultura de Porto do Son o 27 de maio e constará de catro partes:

  1. Exhibición e presentación de actividades.
  2. Entrega do Premio Leixaprén a Manolo González (Flocos, Cinemas Dixitais... ver Premio Leixaprén).
  3. Talleres, charlas, conferencias, encontros dos rapaces con profesionais dos medios audiovisuais.
  4. Asemblea de docentes que traballamos no audiovisual para sentar as bases dunha asociación, ou proxecto común.
Programa:
O encontro terá lugar o venres 27 de maio de 2011 entre as 10.00h e as 20.00h. Pola mañá, a Casa de Cultura do Concello de Porto do Son acollerá a proxección dos traballos escolares e a entrega do XII Premio Leixaprén. O encontro trasladarase pola tarde ás instalacións do IES de Porto do Son, no que se desenvolverán os obradoiros formativos e o foro dos docentes.

10.00h recepción de participantes na Casa de Cultura de Porto do Son
10.30h presentación da xornada e proxección de traballos audiovisuais
13.00h entrega do Premio Leixaprén a Manuel González Álvarez.
13.20h representación da obra Made in Galiza (Grupo de Teatro do IES de Porto do Son)
14.00h xantar
16.00h primeira quenda de obradoiros e foro de docentes
17.30h pausa-merenda
18.00h segunda quenda de obradoiros
20.00h entrega de agasallo conmemorativo, clausura do encontro e despedida dos participantes

Weblog de referencia:

http://soncine.blogspot.com



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   SonCine   cinema   cultura galega   premio  

Porto do Son: os alumnos de SonCine suben a Internet un vídeo da matanza do porco no rural

<p>a mata from SonCine on Vimeo.</p>

Porto do Son, 15 de febreiro de 2011. Xa se pode ver na Rede, aí o teñen, encima destas verbas. Un documento etnográfico de primeiro nivel, con estándares de alta calidade no audiovisual. Un novo reto do proxecto "O meu Son", de SonCine, no cal os alumnos de audiovisuais de 3º de ESO do instituto levan unha cámara fotográfica Lumix compacta para casa e filman o seu lugar preferido. Desta volta presentan un vídeo sobre a matanza nunha casa do rural, costume que está a retroceder en Galicia ante a paseniña industrialización da morte animal con destino á alimentación humana.

"Discutimos sobre se subir ou non este material á rede. Decidimos que si, non hai crueldade nos feitos, hai conciencia, mesmo respeto", explican na información do vídeo do instituto. "O sacrificio prodúcese conforme ás normas cunha aparello de ar comprimido. Despois de morto o animal sángrase ao xeito tradicional. Calquera pode comparar isto con vídeos da web onde se reflicten as condicións nas que son criados, transportados, e sacrificados, de maneira industrial, os animais dos que nos alimentamos diariamente e dará un duro paso cara a conciencia do horror. En calquera caso pensamos que facernos concientes deste suceso é tamén educación. Por outra parte a filmación capta os sucesos de maneira natural e realista", conclúen.

Como cantaba Steel Flow no rap rural que deu banda sonora ao anterior vídeo de "O meu Son", "porcos, ghaliñas, feiras, piñas, isto é rap rural, é a pura Ghalisia; non veño da sity, non, non veño tal, sonche máis de ghaliñeiro que de sentro comersial". Por estas bisbarras somos máis de matanza na casa que de matadoiro industrial...

Hai tres anos, no YouTube de Certo, fixemos unha lista de reprodución con matas en varios países:

Relacionadas:

SonCine: Noal a golpe de rap rural


Curiosidades: Vinte10 e Prince




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   SonCine   documental   matanza do porco  

Porto do Son: alumnos do instituto amosan a aldea de Noal co rap rural de Steel Flow

Porto do Son, 9 de febreiro de 2011. A colleita da creatividade, esforzo e imaxinación dos alumnos que neste curso participan en SonCine, obradoiro de audiovisuais do instituto de Porto do Son, xa se pode ver na Rede. Se onte subiran un bucólico vídeo sobre un dos lugares preferidos do municipio, a praia do Dique, hoxe tócalle a esta sorte de documental etnográfico que se ve fortemente potenciado polo rap rural de Alexandre Ferreiro, que asina como Steel Flow en MySpace e tamén é de Porto do Son.

Os alumnos de 3º da ESO de Porto do Son crean contidos para a rede, aprenden a dominar as ferramentas audiovisuais do momento e, ao tempo, promocionan o seu concello e a súa lingua. Un estupendo xeito de facer país para os que somos "máis de jaliñeiro que de sentro comersial", como rapea Ferreiro.


Onte, en Storify, publicamos o da praia do Dique.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   SonCine  

Cinema: "Mar", curta de SonCine, do instituto de Porto do Son, premiada no Festival Internacional de Cinema de Ourense

Media_httpfarm3static_udqos

Porto do Son, 5 de outubro de 2010.- O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, gabou hoxe “o importante labor de promoción do galego no ámbito audiovisual” que se leva a cabo a través do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) na súa sección OUFF Escola. Anxo Lorenzo fixo estas declaracións durante a rolda de prensa previa á entrega de premios deste certame, que tivo lugar esta mañá no Auditorio Municipal de Ourense. Entre os premiados está "Mar", que se levou un segundo premio na categoría B (niveis de ensino non universitario) e que lles supón 400 euros para o centro e unha cámara de vídeo para o profesor. Tamén se presentou unha curta do IES A Cachada de Boiro, O Reversador, que poden ver aquí, pero non foi premiada.

(download)
Anxo Lorenzo, de Política Lingüística, estivo na entrega de premios

Centros galegos premiados

Nesta segunda edición do Certame OUFF Escola participaron un total de 61 proxectos, fronte aos 34 do ano pasado. O mellor traballo na categoría de infantil e primaria foi Un camiño inesquecible, do CEIP A Igrexa – Calo, en Teo. O segundo premio foi para o CEIP Mestre Valverde Mayo de Mos, polo traballo Quen é ese neno. O CEIP A Carballeira, de Lourizán, en Pontevedra, fíxose co terceiro premio desta categoría grazas a A maldición do Samaín, mentres que o Premio Blanco Amor ao mellor guión foi para Un propósito constante, do CEIP Carballedo, en Cotobade.

Na categoría do resto de niveis de ensino non universitario, o primeiro premio foi para o traballo Xemelgos, presentado polo IES Europa de Ponferrada. O IES Porto do Son, xa citado, mentres que o terceiro premio foi para Dairas, do IES Manuel García Barros da Estrada. Smóking pesadelo, do CPI Cabo da Area, en Laxe, foi galardoado co Premio Blanco Amor ao mellor guión.

Finalmente, o xurado propuxo dúas mencións especiais nesta última categoría. A primeira delas, polo valor documental, concedeulla ao filme Curros 1936, do IES de Barro, en Pontevedra. Recibiu tamén mención especial Sen saída, do IES Lauro Olmo, do Barco de Valdeorras.

O Certame OUFF Escola

Ademais de fomentar a creatividade audiovisual e de impulsar o uso da lingua galega entre os máis novos, entre os obxectivos do OUFF escola tamén se encontran coñecer a visión do alumnado sobre o seu contorno sociocultural e mais impulsar o traballo en equipo. Ao mesmo tempo, búscase potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual realizado nas aulas. De feito, esta iniciativa encádrase como ferramenta dentro da Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura darlles formación aos mozos e mozas sobre o coñecemento e a avaliación do audiovisual.

<p>MAR from SonCine on Vimeo.</p>

Antes publicamos:

"Mar": a nova creación de SonCine estreouse na Mostra de Curtas "Vila de Noia" e agora podedes vela aquí




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ourense   Porto do Son   SonCine   curtas   festivais   premio  

Curiosidades: Prince plaxia co título do seu próximo disco o nome da televisión do instituto de Porto do Son

Media_httpwscdnbbccou_xxikp

Si, señores, como llo contamos. Este músico tan xenial no seu -para o que lle guste- pero tan parvo na predición do futuro (acaba de dicir que internet está caduca e que non vale para a música) púxolle 20ten ao seu próximo disco. Vinte10 é o nome da televisión cultural do Instituto de Porto do Son, un xogo de verbas que pensaron ben antes que este excéntrico cantante. Miren aquí

Parece ser que o primeiro país onde se vai distribuír 20ten será Francia, este vindeiro xoves 8 de xullo (xuntamente cun xornal, xa ven como está a prensa en papel, xogando a todo). Para os fans deste homiño: http://prince.org



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   SonCine   curiosidades  

Porto do Son: o club de lectura do instituto organiza contadas para os nenos das escolas sonenses

As palabras máxicas

http://vimeo.com/soncine

Outro fermoso traballo de Vinte10, a televisión do instituto de Porto do Son.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   SonCine   literatura  

Porto do Son: SonCine adéntrase no terror

medo from SonCine on Vimeo.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Porto do Son   SonCine   cinema  

Música: un constructor de gaitas, zanfonas, tornos e outros instrumentos que vive en Nebra, Porto do Son

Outra excelente reportaxe de Vinte 10, a televisión de SonCine, no IEs do Porto do Son



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Nebra   Porto do Son   SonCine   gaitas   música