Preme para voltar á portada
Filed under

teatro

 

Noia: Vaamonde, Lamas & Romero presentan "O tambor de prata" este sábado 12 de maio

Click here to download:
Vaamonde, Lamas & Romero.pdf (232 KB)
(download)

O espectáculo, do que vai adxunta toda a información no documento que abre esta información, terá lugar na Sociedade Liceo este vindeiro sábado 12 de maio a partires das 21:00 horas. Salón de Actos.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Liceo   humor   música   programación cultural   teatro  

Rianxo: "A bicicleta de Ana María" represéntase en interiores esta fin de semana

Media_http3bpblogspot_bujfb

Rianxo, 13 de abril de 2012. Debido ás previsións meterolóxicas adversas para este fin de semana, a proposta de Teatro Express A Bicicleta de Ana María vai desenvolverse nos lugares previstos para interior.

Os lugares e horas son os seguintes:

SÁBADO 14 DE ABRIL

  • TARAGOÑA - 17.00 h - Centro Cultural e Deportivo
  • ARAÑO - 18.00 h - Antiga escola de Buía
  • ASADOS - 19.00 h - Centro Cultural Simón Varela

DOMINGO 15 DE ABRIL

  • ISORNA - 17.00 h - Escola da Vacariza 
  • LEIRO - 18.00 h - Centro Cultural Vicente Vidal
  • RIANXO - 19.00 h - Auditorio de Rianxo


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   teatro  

Ribeira: este mércores 28, A Tropa de Trapo representa "Contos coas mans abertas" para alumnos de dous colexios

  •  Para o  IES Leliadoura e o colexio Galaxia
  • Trátase de sensibilizar aos mozos sobre a solidariedade. Promove o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade


 

Ribeira, 27 de marzo -Día Mundial do Teatro- de 2012.- A xira do espectáculo ‘Contos coas mans abertas’, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro das súas actividades de sensibilización, chega a Ribeira mañá mércores 28 de marzo. A representación, organizada polo Concello en calidade de membro da devandita entidade e desenvolvido pola compañía compostelá A Tropa do Trapo, terá lugar no Auditorio Municipal ás 11 horas, e a ela acudirá alumnado do IES Leliadoura e do colexio Galaxia.

 

O espectáculo ‘Contos coas mans abertas’, dirixido a público adolescente e adulto, baséase en pezas narradas a dúas voces onde a música en directo cobra especial relevancia. Instrumentos como a guitarra española ou o laúde árabe mergullan aos espectadores en historias reais, recollidas case todas en primeira persoa, contos sinceros e achegados que falan do fondo humano que nos une a todos. Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, ‘Contos coas mans abertas’ é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas e grandes soños. Son contos para mellorar e entender o mundo.

 

Mulleres da aldea, cooperantes, guerrilleiros, vacas, inmigrantes ou unha tribo bosquimá son algúns dos protagonistas das historias de Marta Ortiz e Brais Gutiérrez, dous ensinantes de vocación que en 2006 xuntaron as súa inquedanza pola narración oral no proxecto A Tropa de Trapo. Desde entón levan percorrido toda Galicia, e mesmo outras Comunidades Autónomas, facendo reflexionar a nenos, mozos e maiores cos seus diferentes espectáculos.

 

Tras a excelente acollida colleitada en 2010, a proposta músico-teatral creada pola compañía compostelá A Tropa de Trapo para a asociación de Concellos e Deputacións percorre entre 2011 e 2012 un total de 42 Administracións socias.

 

O Fondo Galego


O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 93 Concellos e tres Deputacións de Galicia, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido 142 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

 

Media_httpwwwacsubuff_duaiv

 

"Les Demoiselles d'Avignon", na Casa da Xuventude

 

Por outra banda, a Casa da Xuventude vai ser escenario a partir da tarde de mañá da exposición “As Meninas de Avignon”, elaborada por alumnos do Colexio Galaxia.

A inauguración terá lugar mañá ás 18 horas e a ela asistirá a concelleira de Xuventude de Riveira, Aroa Fernández Cadórniga. Esta exposición está realizada por alumnos de 1º e 3º de ESO do citado centro educativo e con ela se pretende reivindicar a igualdade entre homes e mulleres a través de dous grandes obras de arte: “Las Meninas” de Diego Velázquez e “Las Señoritas de Avignon” de Pablo Picasso.

Os escolares do Galaxia teñen realizado tanto de xeito individual como en grupos mixtos de traballo diversas interpretacións das dúas creacións pictóricas, empregando colores complementarios (opostos ao círculo cromático) e producindo así un contrasto harmónico á hora de simbolizar a relación de complementariedade entre homes e mulleres.

Cabe lembrar aos que queiran contemplar a exposición que o horario da Casa da Xuventude é de luns a venres de 9 a 14 horas e de luns a xoves de 16.30 a 20.30 horas.


 







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   teatro  

Ribeira: continuará o obradoiro de teatro social ante a boa acollida da primeira edición

(download)
Ribeira, 14 de marzo de 2012.- Representantes da Concellería de Servizos Sociais e da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Ribeira expresaron a súa satisfacción polo bo resultado da representación teatral celebrada na tarde de onte no Auditorio Municipal, e que viu supoñer o punto e final ao Obradoiro de Teatro Social que, desenvolvido dende o pasado outubro, estivo dirixido a persoas en risco de exclusión e con problemas de dependencias.

Unha quincena de actores tomaron parte na escenificación teatral coordinados por Alejandro Sarmiento. O programa estivo formada por unha peza dramática titulada “Trotamundo y el Rey”, tres sketch de Roll-Playing e unha danza-teatro sobre as drogas.

Aplauso unánime

Asistiron medio cento de persoas que quixeron despedir entre aplausos e postos en pé o desenvolvemento da función. Entre eles, figuraban o edil de Servizos Sociais e Promoción Social, Vicente Mariño; o xefe de servizo da UAD, Jesús Cartelle; e a presidente de Renacer, María González.

Dado o éxito da iniciativa, dende a UAD xa se está pensando en darlle continuidade a través da posta en marcha de novos obradoiros que axuden á reinserción social deste segmento de poboación.



 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   drogodependencias   obradoiros   teatro  

Boiro: este venres 16 Ghazafelhos representa "Nana para un soldado"



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   programación cultural   teatro  

Ribeira: o obradoiro de teatro para persoas en risco de exclusión conclúe o martes 13 cunha posta en escea

  • A representación de "Trotamundo y el Rey", de acceso libre, terá lugar no Auditorio Municipal ás 20 horas
  • O xefe de servizo da Unidade de Drogodependencias e o concelleiro de Servizos Sociais, moi satisfeitos cos resultados desta iniciativa novidosa

(download)
Eva Fontaíña, Vicente Mariño e Jesús Cartelle na rolda de prensa

Ribeira, 8 de marzo de 2012.- O Servizo de Drodependencias, a través do Plan Comunitario Municipal, estivo a desenvolver durante estes cinco meses (dende outubro de 2011 ata marzo de 2012) un Programa de Reforzo Comunitario dirixido ás persoas en situación de exclusión social que estivesen incluídas nalgún programa de tratamento da Unidade Asistencial de Drogodependencias, co obxectivo xeral de motivar un cambio no seu estilo de vida, reforzando e incentivando a súa conduta e hábitos positivos, reducindo os negativos, mitigando a autoimaxe arraigada de drogodependente, e reforzando o seu contexto social.

Este novidoso programa consistiu na impartición de dous Obradoiros: “Actividades de Vida Diaria” e “Teatro Social”, e como incentivos reforzadores tiveron lugar os talleres de alimentación, vestimenta e perruquería.

O concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social de Ribeira, Vicente Mariño; o xefe de servizo da Unidade Asistencial de Drogodependencias, Jesús Cartelle; e a traballadora social do Servizo de Drogodependencias e coordinadora do proxecto, Eva Fontaíña, compareceron hoxe en rolda de prensa para facer balance dos resultados desta acción, que cualificaron de totalmente satisfactorios.

“Todos os participantes melloraron en hábitos de hixiene, alimenticios,  respecto á Comunidade, asunción de normas, participación social, redución de condutas de risco, máis control do consumo de sustancias e todos están incluídos en algún proxecto de inclusión social”, salientou  o edil municipal, quen manifestou tamén que o programa teña continuidade con novas accións.

Pola súa parte, Jesús Cartelle manifestou que están “plenamente satisfeitos non só desde o punto de vista profesional senón porque a convivencia diaria con estas persoas nos deu a entender que isto foi moi importante para eles”.

O Obradoiro de Teatro Social, no que participaron unha quincena de persoas, foi impartido polo educador Alejandro Sarmiento González, pertencente á empresa Breogán Xestión. Utilizando unha metodoloxía de dinámica grupal, o teatro foi o vehículo para mellorar as súas habilidades sociais, autoestima e coñecemento persoal e hábitos saudables. Este Obradoiro finalizará o martes, día 23, ás 20 horas, coa representación dun espectáculo no Auditorio Municipal de Ribeira, de 30 minutos aproximadamente de duración, que comprenderá os seguintes contidos: obra teatral “Trotamundo y el Rey”, tres sketch de Roll-Playing e unha danza-teatro sobre Drogas”. O acceso é libre.

Vicente Mariño, Jesús Cartelle e Eva Fontaíña quixeron aproveitar a ocasión para animar a todos os cidadáns a compartir o dun traballo feito a base de dedicación, esforzo e moita ilusión.




 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   obradoiros   teatro  

Teatro: "A ópera dos tres reás", dirixida polo ribeirense Quico Cadaval, opta a oito premios no certame "María Casares 2012"

Pera_dos_tres_resy

 

  • A produción do Centro Dramático Galego foi nominada para estes galardóns en sete categorías: mellores actor e actriz secundarios, escenografía, adaptación/tradución, iluminación, vestiario e maquillaxe.

Ames, 1 de marzo de 2012. O espectáculo A ópera dos tres reás do Centro Dramático Galego (CDG) acadou un total de oito candidaturas aos Premios de Teatro María Casares 2012 que convoca e outorga cada ano a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). A produción da compañía pública, que foi vista entre xuño e outubro de 2011 por 20.000 de espectadores, resultou finalista en sete das categorías a concurso destes galardóns: mellores actor e actriz secundarios, escenografía, adaptación ou tradución, iluminación, vestiario e maquillaxe.

Os apartados nos que resultou nomeada A ópera dos tres reás confirmáronse hoxe no decurso dun acto festivo celebrado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames), canda a comunicación do resto de profesionais, compañías e espectáculos galegos preseleccionados para optar a algunha das 13 categorías previstas –ademais do Premio de Honor Marisa Soto­– na que será a edición décimo sexta duns premios aos que concorren este ano 30 montaxes.

No caso do CDG, os traballos de Víctor Mosqueira, César Goldi e Marta Pazos, tres dos intérpretes do elenco da obra musical de Bertolt Brecht e Kurt Weill que dirixira Quico Cadaval e protagonizara Luis Tosar, conseguiron ser nomeados nas categorías de Mellor Actor Secundario e Mellor Actriz Secundaria, ao igual que o de Pepe Sendón como Mellor Adaptación-Tradución, o de Carlos Alonso como Mellor Vestiario e o de Trini Fernández Silva como Mellor Maquillaxe. Baltasar Patiño, autor da escenografía e a iluminación do espectáculo, tamén é finalista en cada unha desas categorías.

Os XVI Premios María Casares, que recoñecen o labor dos profesionais do teatro nos distintos ámbitos de creación e produción en espectáculos en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2011, decidiranse por votación directa dos membros da AAAG e desvelaranse na gala de entrega que terá lugar o próximo 3 abril no teatro Rosalía Castro da Coruña.   






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Quico Cadaval   Ribeira   premio   teatro  

Boiro: o IES A Cachada presenta o 14 de febreiro "Amores prohibidos 2.0", un repaso aos clásicos a través do teatro e as redes sociais



Boiro, 13 de febreiro de 2012. Mañá, Día dos Namorados, é a data escollida -non por casualidade, como indica Mariano Muñiz Blanco, director do IES A Cachada- para a presentación do proxecto "Amores prohibidos 2.0".

Como se explica no dossier adxunto a esta información, Amores Prohibidos 2.0 é teatro en tempo real difundido a través das redes sociais. Segundo a compañía de teatro promotora e responsable desta actividade, Chévere, "é a primeira vez que se fai algo así en España. En Inglaterra fíxoo a The Royal Shakespeare Company con http://suchtweetsorrow.com".

http://www.slideboom.com/presentations/488420/Amores-Prohibidos-2.0

Para acubillar a presentación, que será no hall do instituto dende as 12:15, no recreo, o instituto estará profusamente decorado co logotipo do proxecto e traballos artísticos feitos polos escolares con alusións á tematica do día, o amor. Con ese telón de fondo, os de Chévere poranse a facer a súa especialidade: unha performance na que buscarán promover o proxecto, animar a todo o mundo a participar, a difundilo e a comentalo nas diferentes redes sociais (Facebook, Twitter e Tuenti sobre todo. Algún día alguén se lembrará de Cabozo.com, a rede social con código bravú integramente en galego).

Blog para seguir o proxecto: http://amoresprohibidos.redenasa.tv/gl/

En breve haberá máis información na web http://redenasa.tv

Click here to download:
DOSSIER AMORES PROHIBIDOS.doc (156 KB)
(download)
Pode que tamén lle interese:


Entroido 2012: programación prevista



Arqueoloxía: o VI Encontro Arqueolóxico é o 25 e 26 de febreiro


Concerto: o 10 de marzo, Dios Ke Te Crew en Aturuxo!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   IES A Cachada   teatro  

Noia: o xoves 16 de febreiro represéntase a obra de teatro "Arte", de Yasmina Reza

Noia, 10 de febreiro de 2012. A representación teatral que fará o grupo de Teatro do IES "VIRXE DO MAR" este xoves 16 de febreiro no Salón de Actos da Sociedade Liceo de Noia leva por título "Arte" e foi escrita en 1994 por Yasmina Reza.

A posta en escea será a partires das 20:15 horas. O Grupo de Teatro do IES “Virxe do Mar” de Noia está formado por Pablo Sanchiño, Ismael Ramos e Darcin Hombre. Todos eles baixo a dirección de Carlos Maquieira.

Quen é Yasmina Reza?

Media_httpwwwbiografi_gibqx

Ten información na Wikipedia.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Liceo   Noia   teatro  

Ribeira: teatro en inglés no auditorio este mércores 18

  • A cargo da compañía Firewalk Theatre, nunha actividade do IES Leliadoura

Media_httpwwwfirewalk_jhfmg

Imaxe de http://www.firewalktheatre.com

Ribeira, 17 de xaneiro de 2012. O departamento de Inglés e a Sección Bilingüe do IES LELIADOURA organizan mañá mércores 18 a partires das 11:00 no Auditorio municipal a actuación do grupo de teatro en inglés Firewalk Theatre, coa representación da obra musical “Aquarius”.

Dita actividade vai dirixida ao alumndo de 3º e 4º de ESO, de Bacharelato e do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, ata un total de 220 alumnos.

Continuan así as actividades encadradas no programa deste departamento e da Sección Bilingüe, e que terán continuidade coa viaxe a Londres que farán 40 alumnos dos cursos de Sección Bilingüe no mes de abril. Hai que salientar que o Leliadoura é o único de secundaria en Ribeira con 3 seccións bilingües, ademais de ser o primeiro en traer a esta cidade unha representación deste tipo.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   IES Leliadoura   Ribeira   inglés   teatro  

Rianxo: SUSPENDIDA este sábado 10, "Farsa Plautina", que ía ser no auditorio con Ditea Teatro

Farsa_plautina

Rianxo, 9 de decembro de 2011: Debido a graves motivos de forza maior vinculados coa compañía de teatro, a función prevista para mañá queda SUSPENDIDA. Trátase da representación de Falsa Plautina do Teatro de Cámara Ditea que estaba prevista para mañá, ás 20.30 h no Auditorio de Rianxo.

En breve comunicarase outra data na que se realizará a representación teatral.

Sen máis, desculpen as molestias ocasionadas.

Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística
Concello de Rianxo

Antes anunciamos:

Rianxo, 5 de decembro de 2011. Este sábado, 10 de decembro, o auditorio de Rianxo acubilla a obra de teatro "Farsa Plautina", que porá en escea Ditea Teatro de Cámara. O espectáculo comeza ás 20:30. A representación é de balde pero poden retirarse as entradas 1 hora antes do comezo (máximo 2 por persoa)


Para  máis información poden consultar a web do concello www.rianxo.com ou o blogue da compañía http://ditea.blogspot.com/2010/08/farsa-plautina-2011.html
Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   programación cultural   teatro  

Boiro: teatro con Talía e activismo documental de Peter Joseph para esta fin de semana

Media_httpwwwtaliatea_bdhbf

Carta urxente para Máximo Toxo

Boiro, 29 de novembro de 2011. Entre as actividades culturais programadas para esta fin de semana en Boiro destacan:

Venres 2 decembro

En dúas sesións (ás 18 e 20 horas)
Talia Teatro con "Carta urxente para Máximo Toxo"
Casa da Cultura Ramón Martínez López
Teatro a partir de 5 anos

Esta obra infantil trascorre arredor de dous protagonistas, Belinda e Máximo. Belinda é unha carteira que debe asegurarse que a carta importantísima que ten para Máximo chega ao seu destinatario en persoa. A tarefa non é doada porque Máximo é un escritor fuxidío  que sempre está metido na casa e non quere relacionarse con ninguén. Máis info en http://www.taliateatro.es

Sábado 3 decembro

18 horas
Documental Zeitgeist
Centro Social de Boiro

Este documental está escrito, dirixido e producido por Peter Joseph no ano 2007. Foi premiado con varios recoñecementos de carácter internacional; entre eles o Artivist Film Festival 2007. O documental céntrase nas actuais institucións sociais dominantes, ao tempo que explora as estructuras de poder actuais. Toda a información sobre el na Wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Zeitgeist:_The_Movie

Pode que tamén lle interese:


Solidaridade: o venres 9, Xoguetes por Música


VIII Exposición da Camelia: é o 10 e 11 de decembro. Anótate atao 4


V Memorial Pepe Buceta: domingo 18 de decembro, VII Carreira Popular



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   documental   programación cultural   teatro