Preme para voltar á portada
Filed under

tráfico

 

Ribeira: renovarán servizos e axeitarán un espazo público na rúa Romero Ortiz. Tamén repararán o pavimento da Praza de Compostela

  • A partir do xoves impedirase o tránsito de vehículos pola zona da Praza de Compostela e tramo anexo de Rúa de Galicia
  • Unha rampa mellorará a accesibilidade na zona  de Romero Ortiz
  • 40.000 euros para saneamento, liña de pluviais e acometidas domiciliarias de auga, así como pavimentación desta última rúa

Zona_actuacin_romero_ortiz

Lugar da actuación en Romero Ortiz

Ribeira, 27 de marzo de 2012. O Concello informou hoxe de que a partir deste xoves, día da Folga Xeral, operarios procederán a arranxar as lousas rotas e outros desperfectos rexistrados na pavimentación tanto na praza de Compostela como no tramo da rúa de Galicia comprendido entre aquela e a rúa Cristóbal Colón.

Con tal motivo, a partir do xoves impedirase calquera tránsito de vehículos polas vías obxecto da actuación que, se ben teñen carácter peonil, si está permitido o acceso a vehículos para labores de carga e descarga e entrada a garaxes.

Espérase que as obras queden rematadas como moi tarde o sábado 31 de marzo a fin de que estas rúas estean en perfecto estado de acondicionamento ante a chegada da Semana Santa.

Onte, en Certo:

Ribeira, 26 de marzo de 2012.- O Concello informa da adxudicación dunha actuación dirixida á renovación os servizos e á adecuación dun espazo público situado na rúa Romero Ortiz, moi preto da céntrica praza de Compostela, en Santa Uxía. Cun investimento de 39.008 euros, as obras van ser acometidas pola empresa Andrés Paz Dios.

Segundo o proxecto elaborado por técnicos municipais do Concello, o que se pretende coa actuación e renovar a antiga rede de saneamento existente (colocándose unha tubaxe de 35 metros de PVC compacto), instalar unha liña de pluviais (40 metros de tubaxe de PVC corrugado) e renovar as acometidas domiciliarias de auga potable.

Pavimentación

Ademais, pavimentarase a zona de actuación empregando lousas de granito sobre soleira de formigón. A tal efecto, eliminaranse a maior parte das escaleiras existentes, deixando unicamente un tramo de dous metros de ancho nun dos extremos e construíndo unha rampa que mellora á accesibilidade dos edificios do entorno.  Esta actuación corre a cargo do canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   Semana Santa   obras   tráfico  

Ribeira: reordenan a circulación en Abesadas, con algunhas rúas de sentido único

Media_httpfarm5static_rxqax

Ribeira, 2 de marzo de 2012.- Tal e como xa adiantara a voceira Herminia Pouso, o Concello está a traballar en distintas actuacións encamiñadas á renovar o barrio de Abesadas e, nesta orde de cousas, xa se concretou a reordenación do tráfico nesta zona de cidade: unha medida que se pretende implantar neste mes e coa que se quere facer máis fluída a circulación de vehículos sen ter necesidade de diminuír por isto o número de prazas de estacionamento. 

Así e logo, a opción pola que se decantou o Executivo Local para acadar este obxectivo foi a de converter en vías de sentido único boa parte das rúas de Abesadas, principalmente as enclavadas no interior, deixando as que circunvalan o barrio como de dobre dirección. 

Así, e segundo o que se pode observar no plano adxunto, seguirán sendo de dobre dirección a avenida da Constitución (a excepción do pequeno tramo que sae de Miguel Rodríguez Bautista, que de feito xa é de dirección única na actualidade) e Xosé Ramón Barreiro. Tamén será de dobre sentido o tramo da rúa Estatuto máis próximo á rotonda de serea (9 de agosto). Pola contra, no tramo comprendido entre o colexio Galaxia e o parque de Abesadas esta rúa será dunha única dirección. 

Tamén serán vías de único sentido as rúas Clara Campoamor, Abesadas, Xohana Torres e Carlos Casares.

Así queda a nova ordenación do tráfico:

Click here to download:
Abesadas.pdf (378 KB)
(download)







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   tráfico  

Ribeira: chega unha zona azul provisional á avenida do Malecón

  • Haberá 23 prazas onde os automobilistas poderán aparcar de balde pero só un máximo de hora e media
  • Se funciona esta medida, que comeza a vindeira semana e que custará 80.000 euros, o Concello vaina estender neste céntrico paseo da cidade 
  • Hai outras zonas azuis na cidade, controladas por gps dende a policía local, onde as dúas primeiras horas son gratis e, se o usuario se pasa, é multado

Zona_azul_malecn

 

Ribeira, 29 de febreiro de 2012.- Un tramo da avenida do Malecón de Ribeira contará a partir da próxima semana con 23 prazas de aparcamento de zona azul. Ademais, outra das medidas dirixidas á regulación e ordenación do tráfico no paseo citado é a inmediata saída a concurso da contratación de semáforos que con carácter definitivo suplantarán aos provisionais existentes, aumentando o número de puntos semafóricos que serán instalados. 

Polo que respecta á  zona azul, operarios estiveron a sinalizar no transcurso desta mañá o tramo obxecto de actuación, que comprende dende a altura en que está situado o portal número 32 (é dicir, fronte a onde está localizada a tenda Vodafone) ata o cruce do Malecón con Rosalía de Castro, unicamente na liña pegada ás edificacións que integran a fachada marítima.  

O próximo venres está  previsto proceder ao pintado das liñas e que o luns entre en funcionamento. Non obstante, durante toda a semana que vén non se sancionará aos infractores a fin de deixar marxe de tempo suficiente para que os condutores coñezan e se conciencien sobre esta novidade. 

De comprobarse a eficacia da iniciativa, non se descarta ampliar a zona azul ao tramo do Malecón que vai parte de Rosalía de Castro en dirección ao palco de pedra, actuando tamén unicamente na liña de casas da fachada marítima. 

Ademais das 23 prazas indicadas, se habilitarán no mesmo tramo dúas prazas de minusválidos, outras dúas prazas reservadas ao Centro de Día de Alzhéimer, unha zona de carga e descarga e outra de contedores. 

A mecánica de funcionamento será semellante a das outras partes da cidade con zona azul (praza de Portugal situada detrás do Auditorio e rúa Mariño de Rivera). É dicir, os condutores non terán que pagar por aparcar os seus vehículos, pero disporán dun tempo máximo de estacionamento dunha hora e media ininterrompida. A zona azul funciona en días laborais, de luns a venres de 9 a 14 e de 16 a 20 horas e os sábados de 9 a 14. 

Semáforos definitivos

Tamén en relación  á regulación da circulación na avenida do Malecón, cómpre destacar que os servizos de Contratación do Concello están a ultimar a saída a concurso público da contratación de semáforos que, con carácter definitivo, serán instalados na avenida do Malecón. 

Esta actuación conta cun orzamento de 80.800 euros. Ademais de substituír os xa existentes, está prevista a instalación a maiores de puntos de semáforos definitivos no paso de peóns situado á altura do xa referido portal número 32 (en ambos sentidos da circulación) e diante da oficina de turismo do Malecón na vía pegada á liña de edificacións (a máis próxima á zona portuaria xa dispón destes elementos de sinalización). 

Hai que recordar que os semáforos definitivos levarán incorporados dispositivos acústicos para invidentes.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   tráfico  

Ribeira: modifican o horario de recollida do lixo en Noiteboa e Nadal e abren ao tráfico a rúa Cristóbal Colón

Ribeira, 22 de decembro de 2011- A empresa concesionaria do servizo municipal de limpeza, Urbaser, comunica que os vindeiros días sábado 24 e sábado 31 de decembro, con motivo da celebración da Noiteboa e Nadal, o horario de recollida de lixo na cidade de Santa Uxía de Ribeira terá lugar entre as 14 e as 19 horas. 

Doutra banda, o Punto Limpo permanecerá pechado nas tardes dos dous días indicados.

Apertura provisional de Cristóbal Colón ata pasados os Reis

Por outra banda,  o Concello informa de que a rúa Cristóbal Colón, actualmente en obras, vai abrir de xeito provisional ao tráfico rodado durante as festas de Nadal. 

No día de hoxe está  previsto proceder ao aglomerado da zona de rodadura da vía, estendendo a primeira das dúas capas previstas sobre a mesma. Así e logo, está previsto que mañá venres 23 de decembro, ás 14 horas, poida abrir a rúa á circulación de vehículos. 

Cómpre advertir de que, dado que aínda quedará por estender unha segunda capa, tanto as baixadas aos pasos de peóns como os accesos aos garaxes quedarán a un nivel algo superior ao da zona de rodadura, á espera precisamente de volver a aglomerar. 

Esta última actuación (a extensión da segunda capa de rodadura) terá lugar pasados os Reis, na semana do 9 ao 16 de xaneiro, na que será preciso volver a cortar a vía durante dous días para acometer o traballo. 

Entrementres, os operarios investirán as festas de Nadal en realizar distintos labores sobre as beirarrúas.

Antes, en Certo:


Obras: amañarán Cristóbal Colón para evitar inundacións



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   lixo   obras   tráfico  

Barbanza: o Psoe da Pobra inclúe unha moción para o vindeiro pleno na que se solicita arranxar o vial a Catoira

Media_httpfarm8static_bvmfa

Texto íntegro da moción:

Mª Teresa García  Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando o cambio de trazado da estrada EP-8001 entre Catoira e o enlace da autopista do Atlántico (AP-9). 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 

Diferentes accidentes de tráfico se producen decotío neste tramo dependente da deputación de Pontevedra que conecta a comarca do Barbanza coa autoestrada AP-9 e a zona sur de Galicia.

Este tramo presenta diferentes problemas de seguridade que esixe unha actuación de mellora decidida e urxente para eliminar a súa perigosidade.

Temos coñecemento que a Deputación de Pontevedra vai facer uns arranxos de urxencia pero insuficientes para a fluidez e seguridade das comunicacións entre o Barbanza e o sur da nosa Comunidade Autónoma. 

É este un vial de interese prioritario para os particulares e para os transportes comerciais que a empregan, que representan un 15% dos usuarios. 

As patronais que integran a Federación de Empresarios do Barbanza (FEB) veñen demandando dende fai anos actuacións ao respecto. Pola súa banda, as patronais de Arousa Norte  mantiveron recentemente unha xuntanza na que acordaron solicitar á Xunta de Galicia (e en apoio desa demanda aos concellos da comarca) para que sexa transferida á Xunta e inclúa a obra entre os seus proxectos de interese prioritario.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte  

ACORDO 

Instar a que a Xunta de Galicia, (ou ben asumindo esta as competencias), para que en colaboración ca Deputación de Pontevedra, cambien o trazado da estrada EP-8001.  

A Pobra do Caramiñal, 02 de novembro de 2011.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Barbanza   Catoira   moción   tráfico  

Ribeira: os de Salmón foron escoitados polo alcalde para arranxar a seguridade da AC-550

  • Ruiz Rivas reuniuse cunha representación veciñal deste lugar de Oleiros e comprometeuse a interceder ante a Xunta

Linde_porto_do_son_ribeira_ac-
A AC-550 une Ribeira e Porto do Son e cada día está máis perigosa

Ribeira, 17 de novembro de 2011.- O alcalde de Ribeira Manuel Ruiz Rivas reuniuse esta mañá cunha representación da veciñanza de Salmón, poboación situada na parroquia de Oleiros, que solicitaran unha audiencia co rexedor a fin de facerlles partícipe da súa preocupación en relación á estrada autonómica AC-550 ao seu paso polo devandito lugar, así como para solicitar a intercesión de Ruiz Rivas coa Xunta de Galicia para que se implanten medidas dirixidas a erradicar a perigosidade no tramo en cuestión, comprendido entre os puntos quilométricos 102 e 107. 

Dúas das suxestións veciñais plantexadas ao alcalde foron a redución da velocidade e a construción de beirarrúas na marxe esquerda da estrada (segundo se vai cara Porto do Son). A este último respecto, Ruiz Rivas comprometeuse cos asistentes á redacción por técnicos municipais dun proxecto de construción destas beirarrúas e a xestionar a súa execución por parte da Xunta. 

Así mesmo, no transcurso da reunión Manuel Ruiz informoulles de que xa cursou diversos escritos dirixidos a autoridades da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, así como á Delegación de Territorial de A Coruña, manifestándolles a preocupación existente entre a cidadanía e instándolles a que apliquen con carácter urxente as medidas pertinentes para reforzar a seguridade viaria.  

Entre as medidas suxeridas por Ruiz Rivas á Administración Autonómica figuran a posibilidade de instalar unha pasarela peonil elevada, a construción dun carril de desaceleración na marxe dereita para facilitar o desvío cara a estrada que se dirixe ao hospital, a construción dunha rotonda diante da gasolineira ou o establecemento de máis tramos en liña continua e de controis de velocidade, así como a redución da mesma.

Pode que tamén lle interese:

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   tráfico  

Ribeira: o alcalde insta á Xunta a que poña remedio á perigosidade da estrada Ac-550 en Oleiros

Media_httpfarm7static_jvtmf

Como siga a cousa así, haberá que poñer badéns enlentecedores ata nas autovías

Ribeira, 11 de novembro de 2011.- O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, púxose en contacto coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da súa Xefatura Territorial, para facerlle partícipe da preocupación existente entre a veciñanza, especialmente na parroquia de Oleiros, pola sucesión de accidentes automobilísticos e outras incidencias que se están a producir na estrada AC-550 (de titularidade autonómica) ao seu paso polo municipio. 

Facéndose eco das demandas destes veciños, Ruiz Rivas solicitou á devandita entidade autonómica que teña a ben implantar con urxencia as medidas precisas para evitar esta situación de perigosidade. O rexedor incidiu na alta sinistralidade dalgúns dos tramos da vía, como o que pasa polo lugar de Salmón ou a recta situada fronte ao Hospital da Barbanza. 

Algunhas das medidas que suxeriu podería ser estudada a súa execución son o pintado de liña continua alí onde sexa conveniente evitar adiantamentos ou a limitación da velocidade a 50 quilómetros por hora, entre outras.

Pode que tamén lle interese:

Curso: o 12 de novembro, de ximnasia hipopresiva


Ponte a Andar 2011: este domingo 13, Porto do Son


Xuntos polo Nadal: prazo para anotarse ata o 30 de novembro

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   tráfico  

Ribeira: comezaron as obras da praza Uxío Novoneyra, que rematarán a primeiros do ano vindeiro

  • Reabre provisionalmente Romero Ortiz, para non entorpecer os festexos de Santos e Defuntos

(download)

Ribeira, 25 de outubro de 2011. Operarios da empresa Oviga, S.L, comezaron no día de onte as obras de renovación da praza Uxío Novoneyra. O prazo de realización da actuación é de 3 meses e o prezo da adxudicación ascendeu a 198.420 euros. 

Con 1.400 metros cadrados de superficie, a praza Uxío Novoneyra está situada no centro do casco urbano e constitúe unha das de máis actividade comercial do municipio, existindo grande número de establecementos comerciais e de hostalería. A actuación ten como obxecto mellorar esta zona comercial peonil, creando un espazo continuo que poida ser disfrutado polos cidadáns e garantindo ademais a accesibilidade ás persoas con mobilidade reducida.  

A actuación prevista inclúe a demolición do pavimento, rampas e escaleiras existentes e a posterior reconstrución destes dous últimos elementos conforme ao disposto na Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Impermeabilización

Unha das accións máis importantes das englobadas na obra de renovación é a da impermeabilización da superficie da praza. Isto terá lugar mediante a aplicación de impricación asfáltica a rodillo e colocación de dúas láminas impermeabilizantes. 

O proxecto contempla tamén a instalación dunha rede de pluviais, a pavimentación con lousas rectangulares de pedra de granito silvestre de diversas tonalidades e a substitución dos puntos de luz existentes por lámpadas de 150 watios de VSAP. 

Ademais se instalarán diversos elementos de mobiliario urbano, como bancos, xardineiras ou papeleiras. 

Cabe recordar que a praza está formada por dúas zonas independentes comunicadas entre si a través dun pasadizo. Unha primeira zona ten unha forma sensiblemente rectangular e pódese acceder á mesma dende as rúas Otero Pedrayo, Mariño de Rivera e do Frade. Este espazo está distribuído en dúas áreas situadas a diferentes alturas, unidas mediante unha escaleira e dúas tampas. A segunda das zonas é trapezoidal e pódese acceder dende Mariño de Rivera.

Romero Ortiz, aberta por Defuntos

O Concello de Riveira informa de que por mor da próxima celebración do día de Difuntos, mañá pola mañá reabrirá ao tráfico provisionalmente a rúa Romero Ortiz, actualmente en obras no tramo situado entre a avenida do Malecón e a praza de Compostela. 

Trátase dunha medida temporal que rematará o próximo mércores 2 de novembro, unha vez pase a ponte de Difuntos.  

Cabe matizar que non por isto os operarios da empresa adxudicataria deixarán de traballar, senón que durante estes días realizarán outro tipo de tarefas que non precisan que se peche a vía ao tránsito de vehículos. 

Respecto a obra que se está a realizar, hai que recordar que o tramo antes indicado carece de rede separativa de alcantarillado, e tan só existe unha única liña de saneamento que recolle tanto augas fecais como pluviais. De aí que se tomase a decisión de instalar unha tubaxe de pluviais de 105 metros de longo e 400 milímetros de diámetro feita de PVX corrugado. 

Polo que respecta ao saneamento de fecais, instalaranse tres tubaxes de PVC compacto con lonxitudes e diámetros diferentes: unha de sete metros e 400 milímetros de diámetro; outra de tres metros de longo e 315 milímetros; e unha terceira de 65 metros e 250 milímetros. 

O orzamento da actuación ascende a 58.850,55 euros e está sendo acometida pola empresa “Andrés de Frións”.

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   obras   tráfico  

Ribeira: este xoves 22 comezan obras na rúa Romero Ortiz, co que hai cambios no tráfico

  • Cámbianse pluviais e reponse o saneamento
  • O tramo que se vai facer queda cortado ao tráfico

Ribeira_romero_ortiz

 

Ribeira, 21 de setembro de 2011.- O Concello informa do inicio este xoves día 22 de setembro das obras de instalación de pluviais e renovación de saneamento nun tramo da avenida Romero Ortiz: concretamente entre a rotonda do Malecón e o cruce da antedita vía coa rúa de Galicia (á altura da praza de Compostela). 

Con tal motivo, este tramo quedará cortado á circulación do tráfico dende o mesmo xoves pola mañá, de tal xeito que os vehículos procedentes da rúa de Galicia (é dicir, residentes e vehículos de carga e descarga, xa que é unha zona peonil) haberán de dirixirse en dirección a Martín; mentres que os que procedan dende este último lugar e vaian en dirección ao Malecón deberán desviarse pola rúa da Canteira. 

O tramo antes indicado carece actualmente de rede separativa de alcantarillado, e tan só existe unha única liña de saneamento que recolle tanto augas fecais como pluviais. De aí que se tomase a decisión de instalar unha tubaxe de pluviais de 105 metros de longo e 400 milímetros de diámetro feita de PVX corrugado. 

Polo que respecta ao saneamento de fecais, instalaranse tres tubaxes de PVC compacto con lonxitudes e diámetros diferentes: unha de sete metros e 400 milímetros de diámetro; outra de tres metros de longo e 315 milímetros; e unha terceira de 65 metros e 250 milímetros. 

O orzamento da actuación ascende a 58.850,55 euros e será acometida pola empresa “Andrés de Frións”.

Quen era Romero Ortiz, o masón que da nome a esta rúa?

Consulte a súa minibiografía aquí

Pode que tamén lle interese:


Turismo mariñeiro: xornada de difusión o xoves 22 de setembro


Escolas Deportivas: haberá once. Anótate ata o 30 de setembro!


Lan Party UxíaNet 1.1: do 14 ao 16 de outubro. Só 55 prazas!


  Cursos de danza: abre o prazo ata o 30 de setembro

Marcha ciclista: o sábado 1 de outubro, de Santiago a Fisterra

Antes, en Certo:


Rúa Cervantes: van amañala


Rocapellón, Deán Grande e mercado: novidades sobre estas zonas



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   obras   tráfico  

Ribeira: os semáforos do Malecón pasan da provisionalidade a ser de uso cotiá

  • Dan resposta deste xeito á demanda da cidadanía, xa que polo de agora só funcionaban os sábados pola mañá, co gallo do mercadillo
  • Estes aparellos son provisionais: cando veñan os definitivos, incorporarán sinais sonoras para invidentes

(download)

Santa Uxía de Riveira, 6 de setembro de 2011.- Respondendo á demanda da cidadanía, o Concello de Riveira tomou a decisión de ampliar a iniciativa de control do tráfico na avenida do Malecón de Santa Uxía, de tal xeito que a regulación por semáforo da circulación nesta vía pasará a funcionar todos os días da semana, e non exclusivamente os sábados pola mañá durante o mercadillo como viña acontecendo ata agora (cabe lembrar que o resto do tempo a cor dos semáforos estaba fixada en ámbar).

Para poñer todo en marcha, operarios especializados desprazáronse ata alí co obxecto de colocar máis sinais semafóricas e acabar de precisar así a regulación de toda a zona en cuestión baixo este tipo de dispositivos. As pertinentes tarefas están sendo realizadas baixo a inspección do tenente de alcalde Víctor Mariño de Bricio e a intención do Executivo é que a ampliación do servizo sexa efectiva con carácter inmediato.

Así, estanse a instalar outros dous semáforos na rúa Rosalía de Castro (na intersección da mesma co paseo do Malecón) para regular o paso de peóns alí enclavado. Ademais, nun dos semáforos situados no carril do Malecón que vai cara a praza da Concordia engadíuselle un sinal de desvío a Rosalía de Castro, co fin de permitir aos vehículos realizar esta manobra de xiro; mentres que o que está situado en fronte do establecemento Bulebar foi obxecto dunha pequena modificación na súa orientación.

Sinais sonoras

Hai que recordar que todos estes semáforos teñen carácter provisional, á espera da súa instalación definitiva para unha maior fluidez do tráfico e seguridade viaria. En tal caso, os semáforos provisionais serán suplantados por outros con carácter definitivo, os cales levarán incorporadas sinais sonoras destinadas sobre todo a facilitar o tránsito dos peóns invidentes.

Antes, en Certo:


Tráfico: charla sobre seguridade viaria. Semáforos aínda non

Flickr de Contando Estrelas
Progreso: solicitan semáforos sonoros en Santa Uxía

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   tráfico  

Boiro: a Avenida da Constitución ten varios sinais con deficiencias

(download)

Algunha semella que está camuflada para que non a vexan e outras medio deterioradas (hai moito túzaro destruindo patrimonio de todos, dálle o mesmo que sexa urbano ou rural). A ver se os responsables de coidar as estradas e os seus elementos remedian de contado esta situación.

Pode que tamén lle interese:


Fotodenuncia: a praza da Negral, toda emporcallada de pintadas


Fotodenuncia: un burato periogoso en Cariño

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   fotodenuncia   tráfico  

Ribeira: a cidade non vai ser regulada por semáforos aínda, anunciaron nunha charla sobre seguridade viaria

Fotos e información: José Manuel Pena

(download)
Ribeira, 18 de agosto de 2011. O pasado martes, 16 de agosto, tivo lugar no Liceo Marítimo unha charla titulada "A seguridade viaria é cousa de todos". Foi impartida por dous funcionarios da Xefatura da Provincia de Tráfico da Coruña. Abriu a charla o concelleiro de Seguridade Cidadá e Tráfico de Ribeira, Víctor Reiriz, quen apelou á necesidade de campañas de prevención e sensibilización para condutores e peóns en xeral.

A preguntas dos asistentes, o concelleiro de Tráfico comentou que polo momento Ribeira non vai ser regulada con semáforos "polo elevado custo dos mesmos, pero non o descartamos nun futuro non moi lonxano". Así que haberá que ir respectando os ceda ao paso e as normas para circular polas numerosas rotondas ribeirenses.  

Na fin da charla cada asistente levouse un kit con folletos sobre seguridade vial e brazaletes reflectantes que incrementan a visibilidade dos peóns ao camiñar polas estradas.

Pode que tamén lle interese:


Feira Artesanal e Mariñeira: do 19 ao 21. Programa


Turismo: 276 viaxeiros en 15 días no bus turístico



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   José Manuel Pena   Ribeira   charla informativa   tráfico