Preme para voltar á portada
Filed under

urbanismo

 

Noia: van adecentar o que queda do antigo Hotel Ribadavia

(download)

Noia, 18 de abril de 2012. Segundo informou hoxe o concelleiro de Urbanismo e Casco Histórico noiés, o nacionalista Bieito González, "os propietarios do inmoble número 7 da rúa Rodríguez Cadarso, veñen de atender a orde de execución dictada no seu día pola Concellería de Casco Histórico. Dita orde buscaba o cumprimento do deber de conservación  que obriga aos propietarios de inmobles a mantelos en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade e ornato público tal como establece a Lei do Solo de Galiza e o texto do propio Plan Especial de Protección do Casco Antigo".

 

Os traballos que se van a executar consisten na reparación do tellado, coa colocación de uralita e tella do país. Tamén se procederá á reparación dos desperfectos existentes na fachada principal alí onde estea danado o recebo. Do mesmo xeito as medianeiras vista serán recebadas e pintadas de cor blanco. Tamén será obxeto desta intervención a reparación das carpinterías das fiestras, así como a suxeción dos vidros.

 

O inmoble do antigo Hotel Ribadavia data dos anos 40-50 do pasado século. É un edificio de gran desenvolvemento de fachada, resolto mediante unha composición asimétrica que o fragmenta en balcóns e miradores con galería. Ten unha composición de marcada horizontalidade, tanto no alfomadillado de planta baixa como nas molduras planas que separan as distintas plantas. Trátase dunha boa mostra da arquitectura de posguerra vinculada ao racionalismo, interesante para o estudo da variedade constructiva no conxunto histórico da vila.

 

A edificación está dentro do catálogo de inmobles protexidos, coa categoría de ambiental tipo A, o que obriga ao mantemento da súa fachada, así como á conservación dos detalles ambientales e estéticos orixinais que o caracterizan.

Click here to download:
Alzado inmoble antigo Hotel RIBADAVIA.pdf (680 KB)
(download)
Hoxe tamén publicamos sobre Noia:

Servizos Sociais: informes co feito en 2011

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   urbanismo  

Ribeira: o PSOE local considera que o Concello debía estar na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

  • En toda actividad urbanística deben prevalecer os intereses xerais sobre os intereses particulares dos infractores, sosteñen os socialistas de Ribeira, ante a negativa do PP a ingresar nese ente da Xunta de Galicia

Media_httpfarm4static_cngfp

Ribeira, 21 de marzo de 2012. Segundo explican en nota de prensa os socialistas de Ribeira, "o Concello decidiu non formar parte da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), dependente da Xunta de Galicia. O grupo do Partido Popular en pleno votou en contra da proposta feita polo PSOE".

O portavoz socialista, Andrés Fariña Cadenas, foi o encargado de presentar a moción, que foi apoiada polos grupos do BNG, IPDR e PSOE. O Partido Popular considera que o Concello de Ribeira "ten persoal abondo como para ocuparse da inspección urbanística do municipio. Segundo o alcalde: “dende que existen os ordenadores a tentación de incumprir a lei eu non sei se a ten alguén, alomenos eu non a teño” e por outro lado a concelleira Pouso Maneiro considera que Ribeira “é unha cidade humanizada e habitable” que non precisa destes servizos".

"A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística colabora con todos estes concellos de Galicia co obxectivo común de velar pola utilización racional do solo conforme á normativa vixente en materia de urbanismo, ordenación do territorio e do litoral. A adhesión á axencia suporía unha axuda extraordinaria para o departamento de urbanismo do Concello de Ribeira, que mantén o plan xeral da cidade sen adaptar á actual lei de ordenación urbanística, xerando consecuencias de inseguridade xurídica para os cidadáns neste intre", conclúen dende o Psoe ribeirense.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   PSOE   Ribeira   urbanismo  

Noia: presentan alegacións ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais

 

Media_httpfarm8static_eweld


Noia, 5 de marzo de 2012. O Concello de Noia vén de formular alegacións ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, ao non contemplar dito Plan, actuación algunha dentro do termo municipal.

O citado Plan divide a provincia de A Coruña en tres áreas funcionais: A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol. A área funcional de Santiago de Compostela inclúe a comarca de Noia que abrangue os concellos de Noia, Porto do Son, Lousame e Outes. Dentro da comarca, Noia é o único concello que na actualidade conta con polígono industrial. Trátase do Polígono Industrial de Agualevada, promovido no ano 1994 polo IGVS, cunha superficie bruta de 78.660 m2 (neta de 48.625 m2), e cunha dispoñibilidade actual de parcelas libres de 2.221 metros cadrados de superficie neta. Polo tanto pódese considerar que o único polígono existente na actualidade na comarca atópase esgotado.

O Concello de Noia considera que, as propostas incluidas no Plan Sectorial para a nosa comarca, con actuacións en Lousame, no lugar de Fontefría cunha superficie bruta de 118.685 m2 de iniciativa particular, así como a contemplada no Porto do Son de 345.170,56 m2 brutos a promover polo propio IGVS, non resolven as necesidades que Noia ten nesta materia.

As alegacións fundaméntanse en tres piares:

  • Nas determinacións contidas nas Directrices de Ordenación do Terriorio, que establecen para os nodos do sistema urbano intermedio, do que Noia forma parte, o pontenciamento dunha serie equipamentos e infraestructuras entre as que destaca a creación de solo empresarial, a fin de potenciar o papel territorial destes nodos urbanos.
  • O esgotamento do actual polígono Industrial de Agualevada do que só hai dispoñibles, a día de hoxe, 2.221 metros cadrados. 
  • A ampliación de dito polígono, contamplada no Documento de Inicio do PXOM en plena tramitación, que delimita para o mesmo unha superficie aproximada de 160.000 metros cadrados

En consecuencia as alegacións formuladas solicitan expresamente que a ampliación do Polígono Industrial de Agualevada, contemplado do Documento de Inicio do futuro PXOM, sexa incluida como actuación a desenvolver no citado Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia.

(download)

 






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   polígono industrial   urbanismo  

Noia: abren expediente a un solar con blasóns na rúa Corredoira para que os donos eviten que prosiga a súa ruína

  • É un edificio de factura nobre, datado entre os séculos XVII e XVIII, no entorno da Ponte do Traba
  • O seu último uso foi como curtidoría, ao estar ao pé e ser lambido polas orelas do río Traba

Media_httpfarm4static_gidga

Detalle dun dos escudos que embelecen o inmoble

Noia, 29 de febreiro de 2012. A Concellería de Casco Histórico, que dirixe o nacionalista Bieito González, vén de comezar o expediente destinado ao restablecemento das condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade e ornato público do inmoble número 70 da rúa Corredoira de Luis Cadarso. 

Do informe emitido no seu día pola Policía Local extráese o seguinte parágrafo: “O inmoble presenta un deterioro continuado que o levou a un estado ruinoso. Incluso unha das esquinas presenta fendas de dimensións considerables, con risco de caída sobre a rúa e posibles consecuencias para os peóns. O tellado está totalmente caído, quedando somente unhas tellas do aleiro tamén con risco de caída sobre a rúa. O interior atópase cheo de maleza, presentando unhas condicións hixiénico-sanitarias moi deficientes, con proliferación de alimañas que afectan aos edificios lindeiros” . 

(download)

Edificación singular

Trátase dunha edificación singular, que data dos séculos XVII-XVIII, deteriorada tanto na súa morfoloxía como na súa imaxe urbana, con medianeira de gran altura sobre o lindeiro. A fachada principal é de cantería con portada en arco de medio punto e escudos de armas tallados no frente e esquinal. O último uso foi como fábrica de curtidos nas primeiras épocas da actividade industrial de Noia, con interés de conservación tanto histórico-arquitectónico como etnográfico. 

O Concello, interesado en adquirilo para ornar o futuro paseo de ribeira do Traba

O Plan Especial do Casco Vello establece para este inmoble a posibilidade de adquisición pública do mesmo, así como tamén da parcela adxacente, situada ao norte da Ponte de Traba, que forma parte do entorno monumental do mesmo, conformando un ámbito espacial definido cuxa recuperación considérase prioritaria para o futuro paseo de ribeira. 

O expediente aberto ten por obxeto que a propiedade leve a cabo a limpeza do inmoble, tanto exterior como interior, así como se tomen as medidas necesarias para asegurar a correcta conservación dos restos do mesmo que seguen en pé co gallo de evitar que o estado de ruína siga avanzando.

 

Click here to download:
Intervencións puntuais PEPRICH.pdf (4.21 MB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   expediente   río Traba   urbanismo  

Noia: musealizarán o acueducto medieval aparecido na Porta da Vila

Foto_acueducto_medieval
Noia, 10 de febreiro de 2012. A Concellería de Casco Histórico e Patrimonio, dirixida polo nacionalista Bieito González, vén de remitir á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural o proxecto de musealización e sinalización dos restos do antigo acueducto medieval, aparecidos nas obras de reurbanización das rúas Porta da Vila e Carreiriña  de Escultor Ferreiro no ano 2010, a fin de acadar a preceptiva autorización que permita a materialización da proposición presentada. 

A proposta contempla a exposición pública e permanente dos restos do acueducto na embocadura da rúa Rodríguez Cadarso, esquina Porta da Vila. Os tramos do acueducto, que miden un metro de longo por peza, irían colocados sobre uns soportes de aceiro que á súa vez estarían ancorados sobre o pavimento da rúa, arrimados aos muros existentes. A totalidade do tramo exposto acadaría unha lonxitude de oito metros. 

A información escrita iría colocada sobre dúas das primas cuadrangulares que compoñen a totalidade da tubaxe. A instalación contaría cun sistema de iluminación indirecta que se proxectaría sobre os paramentos dos muros existentes, para o cal será preciso o seu enfoscado e acabado en cor branca. 

Con esta actuación, a Concellería de Casco Histórico e Patrimonio pretende materializar a idea primordial de incorporar as pezas individualizadas da canle extraída, de tal maneira que fiquen expostas á cidadanía onde se pensa que o acueducto penetraba na cidade intramuros. 

Memoria de actuación prevista:
 
Click here to download:
Acueducto (memoria definitiva).pdf (1.27 MB)
(download)

Algo semellante se fixo en Lugo en 1999

Como se observa nas imaxes a continuación, na cidade de Lugo, cun pasado romano e medieval indiscutible, tamén se levou a cabo unha musealización de varias pezas de distintos periodos históricos aparecidas en obras na cidade das Murallas. Unha desas pezas é un acueducto semellante ao de Noia, que se atopou na rúa Bispo Izquierdo, ao pé dunha das portas da muralla romana distinguida como Patrimonio da Humanidade.

Media_httpfarm5static_bkdmh

Media_httpfarm5static_hmmpk

Media_httpfarm3static_secms





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   urbanismo  

Noia: o novo cemiterio parroquial de Argalo contará con licenza municipal a vindeira semana

Media_httpfarm3static_eyfrc

Adro da igrexa de Argalo, restaurado o ano pasado

Noia, 3 de febreiro de 2012. A Xunta de Goberno Local concederá, na sesión do martes día 7 do presente mes, licenza de obras e provisional de actividade, para a construción nun novo cemiterio na parroquia de Santa María de Argalo, na paraxe denominada “Agra do Cura”. 

A parcela sobre a que se vai a construír o novo equipamento conta cunha superficie total 5.544 metros cadrados, estando clasificada na actual normativa urbanística municipal como solo rústico de distintas categorías. 

O novo cemiterio contará  cun total de 320 nichos dispostos en 10 agrupacións de panteóns de tres e catro alturas e planta rectangular. Os panteóns dispóñense en agrupacións con espazo interior cun carácter diferencial fronte ao espazo máis público da praza de acceso. As filas dos panteóns aparecen agrupadas dúas a dúas, deixando un espazo libre entre ambos de catro metros e adaptándose á topografía do terreo.  

Solución arquitectónica diáfana

A solución adoptada polos autores do proxecto técnico busca evitar a imaxe de moitos cemiterios recentes, nos que se produce unha sucesión infinita de panteóns en longos corredores que dan lugar a espazos pobres carentes de intencionalidade expresiva. A maiores, manifestan que buscan crear un recinto aberto e moi relacionado coa contorna e que ademais se adapte á topografía de xeito que modifique a parcela existente o menos posible.  O orzamento de execución material ascende a un total de 237.737,28 euros.

A parroquia de Argalo conta cun total de 17 entidades de poboación, sendo a o seu número actual de habitantes de 907 veciños e veciñas.

Este é o plano do futuro camposanto:

Click here to download:
Plano cemiterio de Argalo.pdf (1.59 MB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Argalo   Noia   cemiterio   urbanismo  

Noia: construirán un novo tanatorio na Rasa de Abaixo

  • Custará facelo máis de 750.000 euros

(download)
Noia, 30 de xaneiro de 2012 (Día Escolar da Paz, cabodano da morte de Gandhi). Na reunión semanal da Xunta de Goberno Local de mañá martes, o órgano municipal concederá licenza urbanística para a construción dun novo tanatorio que irá ubicado no lugar de A Rasa de Abaixo. O novo equipamento está promovido por profesionais noieses do sector e ten un orzamento de execución de material que ascende aos 753.593,59 euros. 

Equipamento previsto

O edificio consta de tres plantas: soto, planta baixa e primeiro andar. Na planta baixa o tanatorio pretende dar uso simultáneo ás cinco salas de velorio coa súa correspondente cámara de exposición de cadáveres. No primeiro andar deseñáronse dúas salas para a celebración, tanto de actos relixiosos como civís, así como un espazo destinado a área administrativa. 

A planta soto estará dividida nunha zona de garaxe, a sala de tanatopraxia, un almacén de féretros e vestiarios para o persoal de servizo. O programa de distribución do tanatorio diferencia claramente dous percorridos ou espazos de funcionamento diferenciado: o do difunto coa súa preparación con persoal especializado, situado na planta soto e parte traseira da planta baixa e a do público en xeral que en ningún momento interrelacionan nin entran en contacto visual salvo nas cámaras de exposición. O inmoble contará con dous vestíbulos cunha superficie total de 175 metros cadrados.  

O aparcamento ocupa o resto da parcela cunha capacidade de 35 vehículos, incluíndo prazas adaptadas a minusválidos e prazas para autobuses.  

 Cabe salientar que a empresa promotora cede un total de 466 metros cadrados para adaptar as instalacións ás alineacións establecidas pola actual normativa urbanística municipal, ao tempo que está obrigada á súa urbanización.

Pode que tamén lle interese:

 







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   licenzas   obras   tanatorio   urbanismo  

Noia: remitidos á Consellería de Infraestruturas os expedientes das obras de rehabilitación da zona vella para a súa cualificación provisional

Media_httpfarm3static_jeugf

  • Destaca a intervención que se vai facer no Pazo do Forno do Rato, que é Ben de Interese Cultural

Noia, 20 de xaneiro de 2012. A concellería de Casco Histórico e Patrimonio de Noia vén de remitir á Xunta de Galicia os acordos adoptados pola Comisión de Valoración Municipal no relativo aos expedientes da 9º fase da “Área de Rehabilitación”.

Os acordos que se adoptaron en dúas sesións distintas da Comisión de Valoración celebradas durante o presente mes de xaneiro, abranguen un total de seis intervencións, e entre elas destaca a que se fará no Pazo do Forno do Rato, único inmoble civil que conta coa condición de BIC dentro do perímetro do casco vello de Noia.

Catro das intervencións que se propoñen son rehabilitacións integrais de inmobles que contan con algún grado de protección, e as dúas restantes trátase de actuacións menores, igualmente en edificacións protexidas.

A contía das intervencións que se remitiron para a consecución da cualificación provisional, ascende a un total de 69.599,51 euros, a repartir entre as mesmas en función dos parámetros establecidos pola ordenanza reguladora.

No que se refire á  obra de urbanización no espazo público, vinculada á presente fase, serán obras de renovación de beirarrúas e soleiras interiores dos soportais da rúa do Curro.


Adxudicación para saneamento entre Boa e Taramancos
Media_httpfarm7static_zedan

Taramancos é unha aldea noiesa que aínda conserva o encanto da arquitectura tradicional

Por outra banda, o Concello de Noia informou hoxe da adxudicación á empresa Proyecon Galicia S.A a obra denominada: "Conexión do saneamento de Boa e Taramancos á rede xeral de saneamento municipal (Noia)" na cantidade de 177.450,76 €.

O Concello descartou a seis empresas en baixa temeraria por documentación insuficiente ou por presentar salarios por debaixo de convenio laboral.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   patrimonio   rehabilitación   urbanismo  

Noia: o Concello gaña un contencioso sobre a recuperación de oficio dun camiño en Orro

Media_httpfarm4static_eeifd

Noia, 19 de xaneiro de 2012. No ano 2009 presentouse recurso contencioso contra a resolución de alcaldía dictada o 27 de Maio na  que se declara non haber lugar á recuperación de oficio dun camiño no lugar de Orro, e  na que se anulaba a resolución do concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Solo Xosé Bernaldo Castro núm 1118/2008, de 22 de Abril, e na que se procede ao arquivo de recuperación de camiño.

A resolución de alcaldía que anulaba a resolución do concelleiro delegado de urbanismo foi recurrida por veciños do lugar en contencioso administrativo. Agora, case tres anos despois, o Xulgado do contencioso administrativo número 3 vén de dictar sentenza no que desestima o recurso contencioso-administrativo presentado contra a resolución da alcaldía.

Sentenza completa:

Click here to download:
SENTENZA_CAMIÑO_ORRO.pdf (839 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   urbanismo  

Noia: autorizan a tala dunha árbore de Santa María a Nova

  • A tuya foi derrubada onte e non afectou ao baldaquino

Media_httpfarm4static_xbiwc

Noia, 28 de Nadal de 2011. O concelleiro de Urbanismo de Noia, Bieito González, informou hoxe da autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a tala da árbore que se atopaba en mal estado dentro da necrópole de Santa María A Nova. A árbore talárona onte pola mañá. Segundo o concelleiro nacionalista, "a preocupación do goberno local neste tema era grande, xa que a "tuya" atópabase perto do baldaquino que data, como é sabido, do século XVI e a súa caída podía afectar a este monumento".

Manuel Murguía -o marido de Rosalía de Castro- na súa obra titulada Galicia (Barcelona 1888), describe o baldaquino do seguinte xeito:

"Cuatro pilastras sostienen un friso en el cual afianzan y encajan las losas que forman el techo o pabellón. ¿Para qué servía? Indudablemente tenía un destino funerario, porque de los cuatro lados del friso se presentan adornados con importantes bajo-relieves: el que da frente al monumento, con grandes rosas y las cuatro fases de la luna; el de la parte opuesta, con una composición harto alegórica, cuyo verdadero sentido haya que buscar tal vez en las antiguas creencias arrianas, permanentes en el corazón de nuestra raza. Un animal, que no se adivina cual sea, huye, llevando clavado el dardo, de los perros que le persiguen y del cazador que va detrás de éstos. ....".


Autorización de Patrimonio:

(download)
Antes, en Certo:


Santa María a Nova: as tuyas, en perigo

 
Pode que tamén lle interese:


Turismo e literatura: o autor de best-sellers Javier Sierra presentou "El ángel perdido" en Santa María a Nova

 


Programación cultural completa de Nadal: do Concello e do Liceo de Noia



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Santa María a Nova   urbanismo  

Noia: abren expediente urbanístico a un predio da rúa Pontevedra

  • Trátase dos baixos do inmoble número 24, que os donos deben pechar, segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, Bieito González

(download)

Noia, 23 de Nadal de 2011. A Consellería de Urbanismo do Concello de Noia, a instancias dos propietarios das vivendas situadas do inmoble número 24 da rúa Pontevedra, esquina rúa Outonil (edif. CUNQUEIRO), vén de iniciar o expediente do “deber de conservación” dos baixos de dito inmoble.

O expediente vai dirixido á empresa propietaria dos baixos, no sentido de obligarlle á mesma ao seu cerramento, tal como se recollía no seu día nas condicións da licenza urbanística concedida para a construción do citado inmoble.

Do informe técnico que figura no expediente extráense os seguintes parágrafos: “Os baixos teñen que estar totalmente tapiados con materiais e aspecto de acabado, e non de obra inconclusa e con valados provisorios. A propiedade dos mesmos procederá a pechar os baixos do inmoble con tabique de ladrillo, recebado e pintado en cores neutros, preferiblemente branco”.

Os servizos técnicos municipais calculan un orzamento de 9.450, 33 euros, ao que ascenderá  a obra do cerramento dos baixos en cuestión, establecendo un período temporal para a execución da mesma de un mes.

As obrigas emanadas do “deber de conservación”  para os propietarios de toda clase de fincas, instalacións e obras, veñen recollidas no texto da actual Lei do Solo de Galicia, e habilitan aos Concellos para promulgar, se fora o caso, ordes de execución subsidiaria con cargo aos propietarios dos mesmos.

Pode que tamén lle interese:



Programación cultural completa de Nadal: do Concello e do Liceo de Noia


Colectivo Escollera: propoñen moción para que se unan partidos políticos

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   expediente   urbanismo  

Noia: concederán licencia para abrir nova gasolineira nos Carballiños-A Barquiña

Media_httpfarm5static_ecjqg

Foto en flickr de joiseyshowaa

Noia, 16 de Nadal de 2011. A Xunta de Goberno do Concello de Noia otorgará, na reunión do martes día 20 do presente mes, licencia  a EROSMER IBÉRICA (hoxe CECOSA HIPERMERCADOS S.L.) para a construción dunha estación de servizo.

A nova gasolineira estará situada na contorna do centro comercial que a firma EROSKI ten no lugar dos Carballiños-A Barquiña. O orzamento de execución material das obras en cuestión ascende a un total de 800.392,55 euros. A superficie en planta total ascende a 1.795 metros cadrados, e as edificacións ocuparán: o edificio de control 15 m2, o edificio auxiliar 29 m2 e a marquesiña, cunha altura máxima de 4 metros, 189 m2.

Segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, o nacionalista Bieito González, "a tramitación do expediente administrativo foi longa, xa que a pretensión da firma comercial tivo que ser sometida á consideración das administracións sectoriais, con competencia sobre este tipo de actividade comercial. A saber: Consellería de Sanidade, Consellería de Medio Ambiente e a maiores o pronunciamento do organismo Augas de Galicia por atoparse, a futura instalación, perto da zona de policía do Río do Porto".

Multa de máis de 3.000 euros por comezar antes de tempo

Paralelamente á  tramitación do mentado expediente, a Concellería de Urbanismo vén de ditar resolución, mediante a cal se sanciona a dita firma comercial cunha cantidade de 3.172,00 euros (correspondente ao 2% das obras efectivamente executadas: movemento de terras, escavación a ceo aberto, facer lousa de formigón para anclaxe posterior de tres depósitos soterrados de 40.000 litros de capacidade, recheos de material tipo pedraplen e gravas, coas 5 bocas instaladas nos depósitos para acceso ao interior dos mesmos), como consecuencia do expediente de infracción urbanística aberto no seu día, por ter comezado a construción da estación de servizo sen a preceptiva licencia municipal.


Pode que tamén lle interese:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   urbanismo