Preme para voltar á portada
Filed under

variante

 

Noia: piden que non quede nin unha casa aillada en Taramancos pola variante de poboación

  • O PSdeG-Psoe consegue un acordo parlamentario no que se insta á Xunta a darlle unha solución aos veciños de Taramancos
  • Lage Tuñas demandou "solucións para que non quede ningunha vivenda aillada na aldea de Taramancos"

Media_httpfarm7static_wfiam

Taramancos é una aldea enxebre que debería estar protexida

Noia, 10 de maio de 2012. O deputado socialista José Manuel Lage Tuñas presentou hoxe na comisión 2ª do Parlamento (Pbras públicas, medio ambiente, infraestructuras) unha proposición non de lei co obxecto de abordar a problemática dos veciños de Taramancos-Noia e conseguir “garantizar o acceso rodado dende a aldea de Taramancos á praia de Testal”.

”Dende a Xunta modificaron o proxecto da variante deixando aos veciños do núcleo de Taramancos sen accesos e servizos básicos e era preciso que rectificaran. Non podíamos permitir que o goberno galego anulara as comunicacións terrestres de Taramancos coa praia de Testal sen darlles alternativas aos veciños", explica o parlamentario socialista.

Atención ás peticións dos veciños

Lage Tuñas demandou na comisión do Parlamento que se consensúe cos veciños a solución “para acadar un acceso axeitado para Taramancos, e por axeitado entendemos que, tanto se se trata dun paso superior ou inferior, a pendente sexa razoable para que poidan pasar tanto coches como camións sen perigo algún; e se é dando un rodeo, que este non sexa excesivo.”.

O deputado do PSdeG dixo que “a solución ten que incluir o acceso para a parte baixa da aldea de Taramancos, que non quede dúbida. Non pode quedar ningunha vivenda aillada ou sen servizo”.

Media_httpfarm8static_dzguk

Por onde pasa o viaduto de Taramancos hai un castro silenciado pola Xunta

Acordo

Lage Tuñas convidou ao Partido Popular a buscar un acordo “e atopar unha solución evitando que ningunha vivenda quede aillada no núcleo de Taramancos”. O deputado do PSdeG, ademais de contar co apoio do seu grupo, PSdeG-PSOE, tamén acadou o apoio do BNG para establecer unha negociación co PP na citada comisión parlamentaria. O deputado do PSdeG negociou un acordo co Partido Popular sobre a base da súa proposición non de lei e acadou un acordo que obtivo o respaldo dos tres grupos parlamentarios.

"O acordo impulsa a búsqueda dunha solución conxuntamente entre a Xunta e os veciños de Taramancos e estarei vixiante para que agora a Xunta cumpla o acordo do parlamento nun prazo razonable”, advertiu Lage Tuñas.

O TEXTO DO ACORDO parte da proposta do PSdeG-PSOE e foi votado polos tres grupos parlamentarios (PP, PSdeG-PSOE e BNG):

O Parlamento de Galicia insta ao goberno galego a que (no desenvolvemento das obras da variante de Noia) busque unha solución consensuada cos veciños que posibilite que as vivendas dos veciños do núcleo de Taramancos (Noia) non queden ailladas e poidan seguir dispoñendo dunha vía de comunicación coa praia do Testal, e que compatibilice a mellora da mobilidade coa minimización do impacto sobre o patrimonio cultural.

(download)
https://twitter.com/#!/maxpradera/status/200574891454496769



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lage Tuñas   Noia   Parlamento de Galicia   Taramancos   variante  

Noia: Feijóo segue a quentar motores na precampaña cunha inauguración dun anaco da variante noiesa, que se vai adiar un ano

  • Púxose en servizo o novo vial de conexión do enlace de Sampaio da VAP Brión-Noia coa estrada AC-543 

Sampaio4
  • Nun discurso electoralista, cualificou a zona como "unha das máis importantes de Galicia" pero esquecéuselle referirse aos expropiados que levan sen cobrar dende 2010 ou á posible peaxe nas autovías galegas

Sampaio7
Fotos: Xunta de Galicia

Noia, 2 de maio de 2012.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe "o compromiso do Goberno galego coa vertebración da Ría Muros-Noia con Compostela, reflectido na apertura, o vindeiro ano -tiña que ser para este-, da Variante de Noia e nun investimento de 155 millóns de euros". “Estamos vertebrando unha das zonas máis importantes de Galicia e cumprindo o compromiso de devolverlle as vilas aos cidadáns e que as estradas non interrompan os cascos urbanos. E estamos posibilitando que en Galicia se poda vivir nun sitio e traballar noutro; estamos posibilitando aquel vello sono de que o 80% da poboación galega estea a menos de 10 minutos dunha vía de alta capacidade”, manifestou o presidente da Xunta nun acto eminentemente propagandístico e pre-electoral ao que asistiron os alcaldes da bisbarra e mesmo o xefe da oposición noiesa -do PP-.

Sampaio5

Durante a posta en servizo do novo vial de conexión do enlace de Sampaio da VAP Brión-Noia coa estrada AC-543, cun investimento de 1,7 millóns de euros; Feijóo salientou a aposta do Executivo autonómico pola Galicia “única e global” e afirmou que a nova infraestrutura supón achegar a Vía de Altas Prestacións Brión-Noia aos veciños da comarca e, sobre todo, de Noia e Lousame.

“En outubro de 2010, puxemos en servizo o treito Brión-Martelo do novo corredor; en xaneiro de 2011, inauguramos a ponte do Engano, en Outes; en febreiro de 2011, fixemos o propio en Lousame co treito Martelo-Noia, que conecta directamente a ría coa rede de estradas de altas prestacións da Xunta. E, hoxe é a cuarta data, na que poñemos a disposición unha conexión para poñer o corredor ao servizo de máis veciños”, lembrou Feijóo, logo de reafirmar que a próxima gran infraestrutura que o Goberno galego porá a disposición da Ría de Noia-Muros “será a conexión histórica e definitiva entre Porto do Son e Noia; será a Variante de Noia, que inauguraremos o próximo ano”.

Ao longo da súa intervención, o presidente do Executivo autonómico recordou o compromiso deste Goberno, durante esta lexislatura, de manter os servizos públicos esenciais e de que, en plena crise económica, a sanidade, a educación e os servizos sociais avanzaran a pesar da diminución drástica dos ingresos da Xunta e das transferencias do Estado á Comunidade. “Pero tamén nos comprometemos –engadiu- a finalizar os investimentos estratéxicos de Galicia; e 155 millóns de euros de investimento nesta ría é a expresión máis gráfica, máis concreta e máis explícita dun esforzo en materia de infraestruturas para finalizar os grandes compromisos que asumimos en época de bonanza e que teñen que estar financiados en época de dificultade”.

Eficiencias, disque

Así mesmo, Feijóo subliñou que estes investimentos supoñen tamén eficiencias económicas, sociais e ambientais para a comarca. “Eficiencias económicas, porque estamos reducindo o consumo de combustible de máis de 8.000 vehículos que percorren este corredor; eficiencias sociais, porque estamos afastando os tráficos de longo percorrido do centro das vilas; e eficiencias ambientais, porque estamos minimizando a emisión de CO2 á atmosfera. 7.600 vehículos diarios deixaron de cruzar polo medio de localidades como Urdilde, San Xusto ou Albariza; e son 5.000 os vehículos diarios que deixaron de pasar polo centro de Outes ao utilizar a variante”. Uns razonamentos máis que dubidosos, pois todos os que circulamos por este corredor, que ten unhas pendentes enormes, sabemos que o consumo de combustible increméntase considerablemente. En canto ás eficiencias sociais: non opinan o mesmo os donos de negocios de hostalería dos pobos polos que xa non se pasa. Agora nin para un café se para neles.

Posible peaxe por autovías nun futuro cercano: nin chío

Logo da ameaza do presidente do Goberno, o popular pontevedrés Mariano Rajoy, de que cada venres se ían tomar novas medidas de recortes -o que na neolingua popular se chaman axustes-, unha das medidas que máis sona é a de implantar unha peaxe, disque "branda", por circular por autovía. Por suposto, Feijóo en ningún momento aludiu a estas impopulares taxas, pois atópase en plena precampaña electoral, nin quixo falar dos expropiados por estas obras da variante que levan sen cobrar dende 2010.

Sampaio3
O conselleiro de Infraestruturas traballou na empresa que está a facer a variante noiesa

Tampouco fixo referencia, nin el nin o conselleiro de Infraestruturas, ao arraso para o Patrimonio que vai supoñer o viaduto sobre o castro de Taramancos nin a desfeita na paisaxe de toda esta zona, "unha das máis importantes de Galicia", ao entender -nas verbas pero non nos feitos- do presidente da Xunta da Galicia, Núñez Feijóo, que no seu programa electoral de 2009 prometera transparencia e boa xestión do patrimonio cultural do litoral e da paisaxe:

Programa_do_pp_sobre_patrimonio_e_paisaxe
Un presidente da Xunta que está a imitar nos malos modos coa prensa ao fuxido presidente español, Mariano Rajoy, pois non admite preguntas en moitas das súas comparecencias e nesta inauguración, segundo nos comentaron compañeiros da profesión, negouse a respostar preguntas logo de estar media hora aguantando o seu mitin.

Antes, en Certo:


Política: o alcalde fala do boicot da Consellería de Infraestruturas á vila

Política: Hernández e García Guerrero, novo desencontro 

 

Outras noticias en Certo sobre esta polémica variante, aquí




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   variante  

Noia: o alcalde vaise dun acto do conselleiro de Infraestruturas "pola súa falla de educación"

  • A Xunta emprega o servizo de prensa do conselleiro para botarlle a culpa do retraso da variante aínda ao Bipartito (que gobernou por última vez en 2009, hai tres anos) nun acto no que, en teoría, víñanse a presentar os colectores de saneamento
  • Non se deu nin chío do que está a pasar co castro de Taramancos, un xacemento de primeira magnitude que está totalmente silenciado e por enriba do cal pasará un viaduto da variante
  • A variante tiña que estar rematada en xullo deste ano, segundo os pronósticos da mesma Xunta que a licitou. Agora o conselleiro Hernández fala de 2013 e sen concretar sequera o mes. A obra está a realizala Puentes y Calzadas, unha empresa para a que traballou este conselleiro do goberno de Núñez Feijóo dende setembro de 2006 ata marzo de 2008, segundo datos do Rexistro Mercantil

(download)
Nas imaxes que facilitou a Xunta vese ao alcalde. Durou apenas cinco minutos no acto

Noia, 20 de marzo de 2012.- Novo choque entre administradores por causa das obras en Noia. Desta volta, entre o administrador da consellería de Infraestruturas, Agustín Hernández (PP), e o administrador do Concello de Noia, Rafael García Guerrero (PSOE). Ante os ataques á xestión do bipartito na Xunta, que deixou de gobernar hai tres anos (cumpríronse neste mes de marzo), o rexedor noiés foise do acto de presentación, como explicou nun twitt "pola falla de educación do conselleiro Agustín Hernández". Aínda que ao primeiro se deron a man e todo, como se visualiza na imaxe, o alcalde, en declaracións a este xornal, explicou que "ante o uso partidista dun acto institucional e ante o mínimo respecto e consideración entre administracións houben de abandonar o acto. Á miña persoa poden faltarlle ao respecto, pero non podo consentir o máis mínimo desprezo á institución que represento por parte de quen confunde as institucións coa súa eira privada".

Variante de Noia: moito respeto aos moluscos e pouco ao patrimonio

Segundo a nota da Xunta, "a execución dos tres viadutos da Variante de Noia, e que supoñen un 88% da infraestrutura, avanzan a bo ritmo. Sobre o viaduto que cruza a ría dende o Porto do Testal ata A Barquiña, o o de maior envergadura, manifestou que se iniciaron os traballos de cimentación e que se están a executar os pilotes.

As obras avanzan co ritmo normal e apropiado a este tipo de construcións, sen deixar de lado as medidas de control ambiental necesarias e programadas. Recordou que dende o inicio das obras se manteñen controis (a través de postes oceanográficos e turbidímetros) na ría, sen que se detectara ningún dato negativo de cara ao cultivo de moluscos. A Xunta mantén contactos coa Confraría de Pescadores de Noia e coa Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños; e autorizouse un convenio de colaboración para compensar a afección aos recursos marisqueiros". Nembargantes, Hernández non aludiu en ningún momento ao que vai suceder co xacemento do castro de Taramancos, que é atravesado polo viaduto da variante e cuxos restos a un e outro lado da nova vía son numerosos. As escavacións paralizáronse e o Concello de Noia -así como todos os galegos aos que se nos deben explicacións pois un castro é patrimonio de todos- segue sen recibir unha memoria sobre o que alí se atopou, quen o atopou e onde pensan conservalo.


Unha variante que fai unha empresa "amiga"

A Xunta de Galicia adxudicou as obras da Variante de Noia por un importe de máis de 38 millóns de euros (38.254.451) á empresa Puentes y Calzadas Infraestruturas, S.L.U. Segundo explicou no seu día o xornal El País, Agustín Hernández, actual conselleiro de Infraestruturas, traballou para esta empresa que está a facer a variante de Noia. Para que non se producisen estas fichaxes escandalosas e faltas de toda ética de cargos públicos por parte de empresas privadas, tivo que ser o Bipartito que tanto denosta agora Agustín Hernández, o que sacase un decreto que impedise que antes de 24 meses -igual que a lei estatal- se producisen estes contratos que evidencian -e segue a suceder en todos os partidos políticos- pagos de favores entre empresas concesionarias e administradores dos cartos públicos.

Dobre raseiro de Patrimonio

Como ben se explica no blog "Que pasa en Noia", namentres Patrimonio anda desaparecido no que respecta aos achádegos de Taramancos, buleu rápido para parar a obra dos colectores que presentou esta mañá o conselleiro, pois hai no proxecto unhas tubaxes de cores que afearían a ponte de San Lázaro e a de Noia.

Solución ao tráfico, disque

Namentres a Xunta de Galicia se farta de vender que "esta vía suporá eludir o paso polo núcleo de Noia, onde existe unha elevada intensidade de tráfico e circulación de vehículos pesados. A posta en servizo deste tramo mellorará as comunicacións do eixo Santiago-Brión-Noia e, polo tanto, a poboación directamente beneficiada por esta infraestrutura é de máis de 40.000 persoas, que actualmente viven na comarca", veciñanza e técnicos non relacionados con partido político algún dubidan desta solución aos atascos que se producen sobre todo nas fins de semana do verán. Todo dependerá das canles de evacuación de vehículos en forma de rotondas que finalmente se constrúan e a ubicación destas, para que non se produzan colos de botella.

Datos da obra dos colectores: lío en Movex Vial

As obras da primeira fase dos colectores de Noia contan cun orzamento de máis de 4,4 millóns de euros e que leva a cabo a UTE Movex Vial, S.L. & Abeconsa S.L.U. As actuacións teñen un prazo de execución de 36 meses. Na actualidade xa se ten certificado un 23%.

Xusto hoxe coñeceuse a dimisión do presidente de Movex Vial -empresa viguesa-, Javier Carrera, tras 23 anos no cargo. Segundo explicou el mesmo, faino para salvar a boa imaxe da súa empresa logo de que se insinuara en dous medios de comunicación que tiña relación coa Operación Campeón -toda a información en Galicia Confidencial- e, en concreto, coa adxudicación masiva de obras do Plan E en Vigo.

A actuación dos colectores noieses pretende dar unha solución aos problemas que existen en época de chuvia, posto que a rede de sumidoiros existente é unitaria nun 95 por cento, só o Casco Histórico conta con rede separativa. Esta rede de colectores presenta graves deficiencias, como pozos de rexistro con infiltracións; treitos en contrapendente; bombeos inutilizados; colectores por praias ou marxes da ría e algún vertido directo do efluente da EDAR á costa sen condución de vertido.

Concretamente, as actuacións constan das seguintes infraestruturas:

COLECTORES RESIDUAIS
COLECTOR SEPARATIVO DE PLUVIAIS
Colector interceptor norte
Colector interceptor sur
2 colectores (423 m.)
10 colectores (2.888 m.)

1.656 m. de tubaxe en 17 treitos

1 bombeo para 41 m3/h.
5 bombeos

453 m. tubaxe impulsión

1.108 m. tubaxe impulsión





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Xunta de Galicia   polémica   variante  

Noia: solicitan á empresa que fai a variante que respete o contemplado no futuro PXOM en Os Carballiños e en Río do Porto

Dsc00202

Noia, 23 de novembro de 2011. Segundo informou hoxe Bieito González Domínguez, concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Solo de Noia, a Concellería que el dirixe vén de solicitar da empresa encargada da dirección da asistencia técnica da obra de construción da estrada variante de poboación "que respete as determinacións contempladas no futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal no lugar dos Carballiños así como no Río do Porto.

Nunha xuntanza de traballo mantida entre o Director da Asistencia Técnica encargada da construción da estrada variante de poboación, persoal da Consellería de Medio Ambiente e o concelleiro delegado de urbanismo, o Concello de Noia, solicita da Consellería "o respecto ás determinacións contidas no Documento de Inicio do futuro PXOM no relativo ao diseño de futuros viais de titularidade municipal, en relación á construción da infraestructura de titularidade autonómica".

Dsc00205

O primeiro aspecto que se discutiu foi o relativo á pretensión do Goberno Local de contemplar no PXOM unha nova vía de comunicación entre os lugares da Barquiña e Barro, que avanzaría desde a Corredoira do Ruso polo Río do Porto, e por debaixo do viaduto en construción, ata o entronque co lugar de Barro.

Hai que lembrar, argumenta Bieito González, "que na Barquiña viven algo máis de 600 veciños, e para acceder ao lugar contan tan só cunha vía de comunicación. Con esta previsión, o Goberno Local pretende mellorar as comunicacións dun lugar amplamente habitado e que hoxe, como dicimos, só ten un punto de acceso".

A outra cuestión debatida tamén fai mención a outro vial de titularidade municipal, este, na contorna do centro comercial EROSKI, no lugar dos Carballiños, hoxe aínda inconcluso no seu encontro coa estrada provincial que comunica coa Barquiña, e que pretendemos nos leve no futuro a conectar coa actual Avenida de Castelao no lugar de Barro. Esta previsión que se vai a recoller na futura ordenación urbanística non busca outra cousa que a de facer máis permeable esa grande bolsa de solo existente entre Carracido e Barro, que hoxe ten a consideración de rústico, e que no futuro PXOM contará con outras categorías de solo, todas elas compatibles coas diversas limitacións impostas polas lexislacións sectoriais en vigor, dende o Plan de Ordenación Local ata a proteción de estradas ou a proteción de ribeiras dos ríos, entre outras.

 

Click here to download:
11112214200 (Estudo do modelo de asentamento).pdf (3.38 MB)
(download)

Click here to download:
11112214210 (Alternativa de ordenación nº 2).pdf (3.63 MB)
(download)

Pode que tamén lle interese:


25N contra a violencia de xénero: actividades previstas este venres


Liceo: este sábado 26, I Xornadas Micolóxicas


Semana da Música: programa do 22 de novembro ao 27


Cultura: Barbantia entrega os seus "Sereos" o 26


Curso: sobre sexualidade o 13 e 15 de decembro


Obras: canlización e saneamento para Bergondo en 2012



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   PXOM   urbanismo   variante  

Noia: case medio millón de euros á Confraría como compensación polas obras da variante

  • O conselleiro de Medio Ambiente e o patrón maior da Confraría de Pescadores de San Bartolomé de Noia asinaron esta mañá un acordo de colaboración

  • Agustín Hernández, en plena precampaña, aproveitou a ocasión para facer propaganda doutras obras comezadas polo seu departamento pero non deu nin chío sobre a desfeita do milenario xacemento arqueolóxico de Taramancos


O 14 de outubro, así estaban as obras da variante en Taramancos, por onde vai voar o viaduto sobre a Ría de Noia

Noia, 26 de outubro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o patrón maior da Confraría de Pescadores de San Bartolomé de Noia, Santiago Cruz Martínez, asinaron hoxe en San Caetano (sede da Xunta de Galicia en Santiago) un acordo polo que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas establece unha cantidade de 467.200 euros para compensar a afección temporal aos recursos marisqueiros mentres duren as obras da a variante de Noia. As obras consisten na execución dunha ponte sobre a ría que enlazará a VAP Brión-Noia coa estrada AC-550 en Taramancos, e conta cunha inversión de máis de 40 millóns de euros.

O acordo establece compensacións económicas debido á ocupación temporal da zona coa plataforma de traballo, ademais dunha posible afectación na produción marisqueira. A vixencia do mesmo é de tres anos. As afectacións derivadas das obras foron determinadas na Declaración de Impacto Ambiental (DIA) elaborado pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, onde se especifica que se nos estudos da dinámica litoral da ría de Muros e Noia afectados pola construción do viaduto se derivasen afeccións a hábitats produtivos, se elaborará unha memoria de medidas compensatorias.

Fíxose un estudo da dinámica litoral para coñecer os recursos marisqueiros e a produción da ría. En relación coa calidade das augas e co sedimento realizáronse tamén campañas de mostraxe en consenso coa Confraría e coa Dirección Xeral de Xestión dos Recursos Mariños. Os resultados obtidos determinaron que non se producen afeccións directas sobre os bancos marisqueiros existentes pero si sobre as autorizacións marisqueiras C-1028, C-1030 e C-1032; polo que a superficie afectada sumaría un total de 108.000 m² (no que estaría contida a superficie ocupada de forma temporal, uns 21.000 m2).

Media_httpfarm7static_gykhg

A Xunta segue sen informar sobre o achado en Taramancos

Estado das obras da Variante
A Consellería de Medio Ambiente está a executar as obras da Variante de Noia que implican un investimento de máis de 40 millóns de euros, dos cales 10 millóns correspóndense coa anualidade para o exercicio de 2012.

Unha vez rematada, a variante de Noia canalizará preto de 3.000 vehículos diarios que escollerán esta vía para realizar os seus desprazamentos. Isto implica unha redución do volume de tráfico de máis dun millón de vehículos ao ano, que aforrarán mais de 4 quilómetros respecto do percorrido actual.

Cómpre recordar que dende o pasado 26 de setembro ata finais do mes de xaneiro estanse a levar a cabo cortes puntuais na glorieta de Orro (a Xunta insiste en que é Pontenafonso), que une a localidade de Taramancos con Noia no punto quilométrico 69,5, como consecuencia da execución das obras.

Colectores de Noia
Outra das actuacións que mellorarán a calidade das augas desta ría son as obras da primeira fase da rede de colectores no Concello de Noia, que comezaron o pasado 17 de outubro, e que contan cun orzamento que se eleva a 3,8 millóns de euros.

A rede de sumidoiros actual é unitaria nun 95%, polo que é necesario xestionar as augas en tempo de choiva. Só o casco histórico conta cunha rede separativa. Na actualidade, a rede de colectores ten graves deficiencias, como pozos de rexistro con infiltracións, tramos en contrapendente, bombeos inutilizados, ou colectores por praias ou marxes de ría.

A finalidade deste proxecto é mellorar as condicións de funcionamento da rede de saneamento de Noia, co fin de acadar o saneamento e a depuración das verteduras, evitándoas á ría de Noia. En definitiva, estas obras permitirán rehabilitar os treitos existentes, recollendo case toda a rede de saneamento municipal e garantir o seu funcionamento ao illala das infiltracións.

O proxecto recolle a execución dun colector interceptor xeral que permita derivar todas as augas fecais á estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Noia. Tamén se proxecta a implantación dunha primeira fase de rede de colectores de augas pluviais que posibilite a evolución cara unha rede de saneamento separativa.

Media_httpfarm7static_vfwmf

A aldea de Taramancos é unha xoia etnográfica que se pode perder co despoboamento

O que Agustín Hernández cala sobre a variante: destrución e agochamento de patrimonio milenario


Parlamento: o Bng pregunta pola desfeita de Taramancos


Pleno: moción de urxencia polo arraso do castro de Taramancos


Arqueoloxía: o Psoe leva ao Parlamento o arraso do castro de Taramancos


Arqueoloxía: o alcalde critica á Xunta por eliminar o castro de Taramancos

 

Relacionada coa confraría:


Salmóns: Greenpeace reaviva esperanzas fronte á teimudez da Xunta



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   castro de Taramancos   obras   variante  

Noia: a variante, entre as primeiras obras públicas que blinda a Axencia Galega de Infraestruturas

  • Agustín Hernández presidiu esta mañá a sesión constitutiva do Consello Reitor da Axencia Galega de Infraestruturas, da que Ethel Vázquez pasa a ser a directora

  • Case 460 millóns de euros blindan a continuación de obra pública en marcha, como é o caso da Autovía da Costa da Morte, a Autovía de Celanova ou a Variante de Noia, así como o remate da Terceira rolda da Coruña ou a Variante de Marín

  • A Xunta di que a Axencia Galega de Infraestruturas é unha fusión de Aceousa e a SPI que aforrará arredor dun millón de euros por ano

  • O silencio sobre os achados de Taramancos segue a ser clamoroso
(download)
Imaxes do xacemento que vai quedar soterrado de seguir como ata o momento as obras da variante de Noia. Uns achados que poderían ser máis interesantes mesmo que o castro de Baroña, co que teñen que estar relacionado por proximidade, pero sobre o que Patrimonio garda o máis absoluto silencio, como xa fixera no caso de Punta Langosteira para facer o porto exterior de Coruña

Noia, 21 de outubro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, presentou esta mañá os primeiros orzamentos da Axencia Galega de Infraestruturas, que entra en funcionamento en xaneiro de 2012, que permitirán a mobilización de 665 millóns de euros para continuar co impulso á obra pública en Galicia, o que se traduce nun incremento dun 8% respecto do investimento destinado en 2011.

O responsable de Infraestruturas, acompañado pola recentemente nomeada directora da Axencia Galega de Infraestruturas (AGI), Ethel Vázquez, informou esta mañá das previsións orzamentarias no decurso da sesión constitutiva do Consello Reitor da AGI, onde recordou que –en virtude do principio de austeridade defendido polo actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo- os orzamentos para os capítulos de xestión e persoal desta nova entidade redúcense en máis dun dun millón de euros (1.075.908 euros), o que supón un 4% dos orzamentos de gasto corrente do presente ano. Este aforro prodúcese porque a axencia asumirá a tutela funcional da Sociedade Pública de Investimentos, ademais de Aceousa e a Dirección Xeral de Infraestruturas.

A nova estrutura organizativa da Axencia terá como obxectivos principais para o ano 2012 continuar coas obras en marcha, tal e como se comprometeu o Goberno galego cando este mesmo verán tivo que asumir os axustes orzamentarios, como Autovía da Costa da Morte, Sarria- Monforte, Variante de ortigueira, Variante de Marín, Enlace de Curro, Variante de Noia, Autovía de Celanova, desdobramento do Morrazo; así como rematar importantes infraestruturas estratéxicas, como son a Terceira Rolda da Coruña e a Vía Ártabra, e iniciar novas actuacións como a reordenación da glorieta de Sabón e o proxecto de Abrir Ferrol ao Mar. Todas estas actuación implican un investimento de case 460 millóns de euros (458,43 M€)

O conselleiro de Medio Ambiente destacou o investimento en materia de seguridade viaria que programa a Axencia Galega de Infraestruturas para o vindeiro ano, xa que é o dobre que os destinado no exercicio anterior, xa que a partida orzamentaria elévase a case 45 millóns de euros.

Recordou que outro dos compromisos asumidos á hora de elaborar as contas do seu departamento foi blindar a conservación da actual rede de estradas de titularidade da Xunta de Galicia. Nese senso, para o mantemento e conservación ordinaria da rede autonómica de estradas e para fixar o desenvolvemento do Plan de Viabilidade invernal destinaranse un total de 34,75 millóns de euros ao longo de 2012.


Sesión constitutiva, con Ethel Vázquez movendo a súa cadeira de novo

Coa celebración esta mañá da sesión constitutiva da Axencia Galega de Infraestruturas, cuxa entrada en funcionamento está prevista para xaneiro do ano 2012, a a directora xeral de infraestruturas, Ethel Vázquez, que non hai moito foi tamén directora de Augas de Galicia, pasa a ser a directora da Axencia.

Neste senso, o Consello da Xunta aprobou na xuntanza de onte a orde pola que se nomea a persoa responsable da axencia, un ente que concentrará nun único centro directivo todas as obras de infraestruturas viarias. A directora da axencia será Ethel Vázquez, Mourelle, actual directora xeral de Infraestruturas, quen tamén asumirá a vicepresidencia do Consello Reitor. A creación da axencia fundaméntase en tres principios básicos que son o da unidade de xestión e de actuación; os de funcionalidade, eficacia e eficiencia; e o de austeridade.

Coa Axencia Galega de Infraestruturas, constituída como unha axencia pública autonómica, proponse rematar coa situación organizativa composta pola Dirección Xeral de Infraestruturas e os servizos de Infraestruturas dos departamentos territoriais, dependentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e por dúas sociedades públicas que dependían da Consellería de Facenda: a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia S.A (SPI), e a Sociedade Pública Autoestrada Alto de San Domingos-Ourense, S.A (Aceousa).

Coa nova estrutura a Axencia Galega de Infraestruturas asumirá a tutela funcional da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia S.A, que absorbeu a Sociedade Pública Autoestrada Alto de San Domingos-Ourense, S.A.

A Xunta de Galicia promove a creación da Axencia Galega de Infraestruturas como unha medida máis para acadar un novo modelo de xestión en materia de infraestruturas máis flexible, máis eficaz e máis austero. Coa entrada en funcionamento da Axencia Galega de Infraestruturas e grazas á fusión, por absorción, de Aceousa e a SPI, producirase un aforro, que se estima en 1,1 millóns de euros por ano.

A axencia estrutúrase en catro áreas: de Planificación e Programación, de Obras e Explotación, de Seguridade Viaria, e de Contratación e Administración. Tamén contará cunha asesoría xurídica propia e coas delegacións en cada provincia ademais de asumir a tutela funcional da SPI.

O Consello Reitor é o órgano colexiado de goberno da Axencia Galega de Infraestruturas e estará integrado pola Presidencia (que é asumida polo titular da Consellería en materia de Infraestruturas), a Vicepresidencia (que é asumida pola Dirección da axencia) e catro vogais.

Relacionadas:

 


Variante: o atopado en Taramancos, mero trámite


Parlamento: o Bng pregunta pola desfeita de Taramancos a causa da variante de Noia


Pleno: moción de urxencia polo arraso do castro de Taramancos para que pase o viaduto da variante


Arqueoloxía: o Psoe leva ao Parlamento o arraso do castro de Taramancos

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   castro de Taramancos   variante  

Noia: cortes discontinuos na glorieta de Orro debido ás obras da variante. Taramancos, arrasado

  • Por mor das actuacións na Variante de Noia, cortarase un dos carrís da glorieta e outro do ramal de incorporación á VAP dende hoxe luns 26 de setembro ata finais de xaneiro

  • O Castro de Taramancos está a ser usado como recheo para os cimentos da ponte que sobrevoa Testal. Xa finiquitaron o muro da parte romana e hoxe xa non había unha estrutura circular das cabanas castrexas
  • As obras, que se farán en dúas fases, realizaranse en espazos do día con menor densidade de tráfico e sempre coa presenza de sinalistas en cada unha das entradas á glorieta, co fin de xestionar o fluxo de vehículos
  • A Dirección Xeral de Infraestruturas lembra que se establecerá a sinalización adecuada para anunciar o corte con antelación, garantindo a seguridade viaria no treito no que se restrinxe o tráfico

Media_httpfarm7static_cvgzt

Noia, 26 de setembro de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realiza cortes parciais na glorieta de Pontenafonso, concretamente na conexión da Vía de Alta Capacidade (VAP) Brión-Noia coa estrada AC-550 que une as localidade de Taramancos con Noia, concretamente no punto quilométrico 69,5, como consecuencia das obras da Variante de Noia. Estas restricións levaranse a cabo dende este luns, día 26, ata finais do mes de xaneiro.

As ocupacións parciais da vía desenvolveranse en dúas fases, posto que ao principio, na Fase I, requerirase cortar os carrís interiores da glorieta e do ramal da Vía de Altas Prestacións e, posteriormente na Fase II, será preciso cortar os exteriores. Os cortes de tráfico executaranse de modo alterno e sen coincidir nunca no tempo.

As obras nas súas dúas partes e o paso dunha a outra faranse en espazos do día con menor densidade de tráfico e sempre coa presenza de sinalistas en cada unha das entradas á glorieta, co fin de xestionar o fluxo de vehículos.

Esta actuación, que levará a cabo a empresa Puentes Infraestruturas S.L.U., suporá a finalización da execución de cimentacións e alzados do viaduto 4+560 que voa sobre á estrada Taramancos-Noia e conecta coa glorieta de Orro.

A Dirección Xeral de Infraestruturas lembra que se establecerá a sinalización adecuada para anunciar o corte con antelación, garantindo a seguridade viaria no treito no que se restrinxe o tráfico.

Destrución do castro de Taramancos

Taramancos_arrasado

Media_httpfarm7static_dfjdp

Esta imaxe é do 30 de agosto. A superior, de hoxe mesmo. Aló vai a estrutura circular

Segundo conta o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, están a destruír todo o atopado en Taramancos. O outro día acabaron co muro da parte romana e agora xa non se ve a estrutura circular dunha cabana castrexa que fotografamos no seu día. Nin unha explicación de Patrimonio nin da Xunta polo momento. Tampouco agardamos que condenen este atentado como si o fixeron por un artefacto explosivo na casa de Manuel Fraga. Lóxicas deste país. Os únicos, que saibamos, que se pronunciaron para que non se destruíse este valiosísimo patrimonio -unha miudeza para Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, que dixo que castros había moitos en Galicia- foron o Concello de Noia (PSOE, BNG e N.O.I.A.) e a asociación cultural "Terra de Outes". O Psoe a nivel galego ou o Bng, nin chío. A Xunta do PP é a que está a levar a cabo a desfeita, sen demasiada oposición dos noieses polo que vemos.

Antes, en Certo:


Variante: o atopado en Taramancos, mero trámite


Arqueoloxía: "Terra de Outes" pronúnciase a prol da conservación completa do atopado en Taramancos Vello


Arqueoloxía: piden á Xunta modificar a variante para conservar o de Taramancos



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Taramancos   castro de Taramancos   polémica   variante  

Noia: o conselleiro de Medio Ambiente visitou as obras da variante. A Xunta non se pronuncia sobre o achado en Taramancos

  • Agustín Hernández só aclarou que se ampliou a escavación (só hai que ir e miralo), que logo Patrimonio emitirá informe "como un trámite habitual, que por aquí temos moitos castros".
  • Á Consellería só lle parece importar o tempo "que se aforra" para chegar de Santiago a Noia
  • O viaduto máis impactante, entre O Testal e A Barquiña. rematarase no 2012
  • Ao seu remate esta infraestrutura desviará máis dun millón de vehículos ao ano, que xa non terán que pasar polo centro da vila

 

(download)

Noia, 9 de setembro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitou hoxe as obras da Variante de Noia, onde destacou que o remate desta infraestrutura suporá "un importante aforro de tempos e de mellora na seguridade vial ao conectar o actual corredor Brión-Noia coa AC-550 en Taramancos, actuando de variante das estradas AC-543 e AC-540 e evitando o paso pola vila de Noia. Hernández sinalou que, na actualidade, xa se executou case o 20% desta actuación. Os tres viadutos contemplados no proxecto supoñen o 88% da lonxitude da variante".

Ante as declaracións do conselleiro, que actúa de Jano bifronte ao ter no mesmo departamento asuntos tan incompatibles como Medio Ambiente e Infraestruturas, temos que lembrar as verbas de Manuel Gago en Capítulo 0 hai uns días:

"Nos últimos anos, estamos vendo como unha das máis fermosas e sen dúbida mellor preservadas rías galegas, a de Muros e Noia, está sendo obxecto dun acoso absoluto, promovido polos poderes públicos, que está destrozando de xeito irreversible unha importante fonte de recursos económicos que son os esteiros de desembocadura dos ríos que levan a ela. Xa se fixo coa construción da Ponte do Engano e as obras de desmantelamento desa fermosa franxa de litoral, e agora quérese facer co vial de ampliación de Noia; e cando volva haber orzamentos públicos retomarase a autovía a Muros.

Estou convencido de que os obxectivos da Administración galega son bastante escuros e inconfesables: por diante sinálase o beneficio para a poboación local (que aforrará, dependendo de onde, algúns minutos que non compensan, nin de lonxe, o investimento económico público, como argumentaría calquera xestor minimamente serio dun país civilizado), pero calquera persoa con perspectiva, intelixencia e algo de coñecemento local sabe o que hai detrás: os proxectos de urbanización turística en Portosín, nas proximidades de Muros, en Tal, en Monte Louro, etc. Proxectos de construción incontrolada que destruirán fontes de riqueza e emprego cualificado a medio prazo, economía rapaz e imbécil, mesmo se a miraramos desde unha perspectiva netamente liberal. O futuro da ría de Muros e Noia podería ser magnífico, pero políticos e, por desgraza, numerosos veciños, queren estragar e despilfarrar esta custosa infraestrutura natural nunha xeración". (Vía)

Na nota de prensa da Xunta non hai nin unha referencia ao importante achado de Taramancos Vello:

O responsable de Medio Ambiente destacou que, neste momento, atópanse rematados os traballos de desbroce dos terreos ocupados polo vial, así como os saneos e as cimentacións dos principais terrapléns. Así mesmo, estase avanzando co movemento de terras no inicio de obra (entre a conexión coa AC-550 en Taramancos ata o porto de Testal); e, nos vindeiros meses, empezarase coas escavacións na parte final da actuación. A drenaxe transversal está practicamente rematada, a lonxitudinal iniciouse recentemente. Na parte estrutural, a campaña xeotécnica iniciada en xuño, case se atopa rematada e o paso de fauna xa está executado.

Traballos actuais
Neste momento, estase a traballar na cimentación do enlace da Variante co corredor e atópase case rematada a península artificial para a construción do viaduto sobre a ría. A variante conta cunha lonxitude de 4.929 metros, cun tronco con tres carrís de 3,5 metros cada un, dúas beiravías de 1,5 metros e dúas bermas de 0,75 metros cada unha. Pola súa banda a sección da glorieta de onde parte esta nova infraestrutura componse de dous carrís de 4 metros cada un; dúas beiravías, unha interior e outra exterior, ambas dun metro; e dúas bermas de 0,75 m. A velocidade de proxecto é de 60 km/h e a rampla máxima do 7 %.

Así mesmo conta con dous pasos superiores e un inferior, ademais de dispoñer de tres viadutos. Destas tres estruturas, está en execución un viaduto de 350 metros de lonxitude, que serve de unión entre o novo vial é o corredor Brión-Noia ( p.k. 4+560); está composto por un tronco principal e dous ramais de incorporación e saída á glorieta existente. Os traballos rematarán en 2012.

A seguinte estrutura é o viaduto que se sitúa nas proximidades do aparcadoiro dun centro comercial (PK 3+200) e que serve para que o novo vial se cruce a distinto nivel coa estrada de acceso ao porto de A Barquiña. Unha vez rematados os traballos previos de retranqueo de servizos afectados, comezaranse coa execución de pilotes en outubro de 2011.

A principal estrutura da obra é o viaduto que cruza a ría dende o Porto de Testal ata A Barquiña. O comezo dos traballos de cimentación está previsto para o mes de outubro. Se non se presenta ningún imprevisto, estímase que os traballos se prolongarán (tanto nos viadutos de acceso coma no vano central atirantado) ata o último trimestre de 2012.

A construción das estruturas complétase coa execución dun paso inferior, que se prevé comezar este mes, e dous pasos superiores nos que se empezará a traballar nunha fase máis avanzada do movemento de terras. Ao mesmo tempo que se van executando as estruturas iranse rematando os traballos de movemento de terras e de drenaxe lonxitudinal. As tarefas de afirmado, sinalización e balizamento da obra prolongaranse uns dous meses máis, polo que a data de finalización prevista é decembro de 2012.

Máis seguridade vial en Noia
Concretamente, esta vía suporá eludir o paso polo núcleo de Noia, onde existe unha elevada intensidade de tráfico, circulación de vehículos pesados, afección ao viario urbano e problemas de seguridade vial.

A posta en servizo deste tramo producirá un aforro estimado de 4 minutos nos desprazamentos e evitará o paso pola vila de Noia cara a localidade de Porto do Son. Ademais, mellorará as comunicacións do eixo Santiago-Brión-Noia. A poboación directamente beneficiada por esta infraestrutura é de máis de 40.000 persoas, que actualmente viven na comarca.

A alternativa da ría ten unha lonxitude de 4.929 metros e unha anchura de 11,5 metros, na que se inclúen beirarrúas para facilitar a seguridade dos viandantes. Na ponte sobre a ría engadirase un paseo peonil de 3 metros de ancho, que contará con ramplas de acceso no Testal e A Barquiña. A variante parte do núcleo de Taramancos, onde se separa da AC-550 e se da prioridade á nova vía. Unha vez superado o enlace, o trazado discorre ao norte do núcleo e presenta un paso superior sobre a variante para restituír un camiño de conexión entre a costa e Taramancos.

A continuación sitúase o semienlace de Punta Rebordiño, que permite o acceso e saída dos vehículos da zona do Testal co norte de Noia. O trazado continúa coa ponte sobre a ría, cunha lonxitude de 1.470 metros, que salva ademais a estrada de acceso ao Testal. Por outro lado, o desembarco da estrutura na zona nordés de Noia pasará por riba da actual rede viaria existente nesta zona.

A variante xira cara ao nordés evitando, mediante un viaduto, a zona de aparcadoiro do centro comercial existente neste núcleo e unha rúa próxima. No final do trazado, construirase un enlace tipo glorieta baixo a estrada, que servirá de conexión coa C-550. A obra mellorará as comunicacións entre Porto do Son e Muros, permitindo un aforro de 10 quilómetros, e entre Porto do Son e Santiago, reducindo en 4 quilómetros a distancia actual.

Cabe sinalar que para a execución dunha das infraestruturas máis singulares desta vía, a ponte sobre a ría, mantivéronse contactos coa Confraría de Pescadores de Noia e coa Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños; e autorizouse un convenio de colaboración para compensar a afección aos recursos marisqueiros. A construción da variante de Noia incorpora as medidas ambientais e construtivas necesarias para minimizar o impacto na ría. Ademais, a Xunta de Galicia sacou a contratación unha asistencia técnica específica para o control ambiental da variante.

A Xunta de Galicia adxudicou as obras da Variante de Noia por un importe de máis de 38 millóns de euros (38.254.451) á empresa Puentes y Calzadas Infraestruturas, S.L.U.

Obra de colectores en Noia

Por outra banda, na localidade de Noia, a Consellería de Medio Ambiente iniciará a finais deste mes de setembro a primeira fase dos colectores desta vila, unha obra que conta cun orzamento de máis de 4,4 millóns de euros e que levará a cabo a UTE Movex Vial, S.L. & Abeconsa S.L.U. As actuacións teñen un prazo de execución de 36 meses.

Neste momento, existen problemas en época de chuvia, posto que a rede de sumidoiros existente é unitaria nun 95 por cento, só o Casco Histórico conta con rede separativa. Esta rede de colectores presenta graves deficiencias, como pozos de rexistro con infiltracións; treitos en contrapendente; bombeos inutilizados; colectores por praias ou marxes da ría e algún vertido directo do efluente da EDAR á costa sen condución de vertido.

Por esta situación faise moi necesaria a intervención que vai a levar o Executivo autonómico, que significará a rehabilitación dos treitos existentes, recollendo case toda a rede de saneamento municipal, e garantirá o seu funcionamento ao separala das infiltracións da auga do mar.

Concretamente, as actuacións constan de:dúas redes de colectores de residuais; un colector interceptor norte: dous colectores cun total de 423 m., bombeo con capacidade para 41 m3/h. e unha impulsión de 453 m.; outro colector interceptor sur: dez colectores cun total de 2.888 m., cinco bombeos cunha capacidade de 74, 370, 120, 66, 58 m3/s e 1.108 m. de tubaxe de impulsións. Así mesmo, levaranse a cabo colectores para separar as pluviais dende o orixe: 17 treitos, que suman 1.656 m. de tubaxe.

Borrar paisaxe e patrimonio por aforrar uns miserentos minutos dous meses ao ano

E ata aí a nota da Xunta. Ou sexa, sospeitamos que Taramancos Vello, o poboado da Espiñeira dos primeiros ancestros que habitaron de xeito civilizado esta bisbarra, vai ser aniquilado, unha vez máis, por unha obra pública de dubidosa utilidade en relación custo/impacto ambiental e paisaxístico e patrimonial. Polo de agora non vemos na zona, agás o Concello e a asociación cultural "Terra de Outes", nin unha soa voz crítica contra esta actuación. Agardan aos feitos consumados? Queda pouco entón: menos dun ano. Chegaremos todos á praia e ás troulas festeiras máis cedo, si, pero a conta de que?

Antes, en Certo:


Arqueoloxía: piden á Xunta modificar a variante para conservar o de Taramancos


Arqueoloxía: "Terra de Outes" pronúnciase a prol da conservación completa do atopado en Taramancos Vello

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Xunta de Galicia   castro de Taramancos   variante  

Noia: o Concello pídelle a Medio Ambiente que paralice e modifique a obra da ponte da variante ante os achádegos de Taramancos

Media_httpfarm7static_nipho
Noia, 11 de agosto de 2011. O Concello de Noia vén de solicitar de xeito formal ao conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín Hernández, a modificación do proxecto técnico da variante de Noia na zona de Taramancos, a fin de preservar os achádegos arqueolóxicos que están a aparecer no castro alí ubicado.

Media_httpfarm7static_chqhn

Media_httpfarm7static_gkkgl

Media_httpfarm7static_wgrlf

Media_httpfarm7static_cokvy

Media_httpfarm7static_bgyde

Media_httpfarm7static_vzagx

Media_httpfarm7static_gmszu

Media_httpfarm7static_gcqdq

O castro de Taramancos ten substratos de varias épocas, e pode que haxa restos romanos e da cultura castrexa, aínda por valorar. Imaxes tomadas o 10 de agosto.

No escrito que se lle enviou ao concelleiro (adxunto na fin desta información), o alcalde en funcións e á súa vez concelleiro de Casco Histórico e Patrimonio, Bieito González, lémbralle ao Conselleiro que “consideramos que a importancia dos restos é unha cuestión que non deberíamos obviar, o que obligaría ao departamento que vostede dirixe a sopesar a posibilidade dunha modificación do proxecto técnico da obra que se está a executar”.

Máis adiante o escrito solicita formalmente a modificación do proxecto técnico no ámbito onde apareceron os achádegos arqueolóxicos a fin de que os mesmos poidan ser visitables. Todo isto tendo en conta que nos últimos anos a relevancia da arqueoloxía como disciplina científica, potenciou a súa consideración social e incrementou a conciencia cidadá polos restos que constitúen a nosa identidade cultural, impoñéndose cada vez máis, a noción de que non son só depósitos do pasado senón auténticos recursos culturais que deben ser preservados en beneficio de toda a comunidade e do futuro.

Click here to download:
11081112540.pdf (382 KB)
(download)

Antes, en Certo:

Pode que tamén lle interese:


 




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   arqueoloxía   castro de Taramancos   variante  

Noia: a Xunta di que se corta o carril esquerdo da AC-543 en Sampaio ata o 11S

  • A estrada neste lugar conta con tres carrís dos cales o da marxe esquerda quedará interrompido durante o período de obras, polo tanto o tráfico discorrerá por os outros dous carrís, un para cada sentido de circulación
  • A Dirección Xeral de Infraestruturas lembra que se establecerá a sinalización adecuada para anunciar o corte con antelación, garantindo a seguridade viaria no treito no que se restrinxe o tráfico

Media_httpfarm6static_ycgdc

Noia, 1 de agosto de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pecha ao tráfico o carril esquerdo da estrada AC-543, en Sampaio (Noia), dende este luns, día 1 de agosto, ata o vindeiro 11 de setembro. O motivo deste corte no intervalo comprendido entre os puntos quilométricos (pq) 27+490 e 27+660 é a execución da conexión entre a variante de Noia e a localidade de Sampaio.

A estrada neste lugar conta con tres carrís dos cales o da marxe esquerda quedará interrompido durante o período de obras, polo tanto o tráfico discorrerá por os outros dous carrís, un para cada sentido de circulación. Para a incorporación dos camións ao carril esquerdo é preciso cortar o tráfico en ambos os dous sentidos simultaneamente, de forma temporal e por corto período de tempo ao longo da duración dos traballos.

Media_httpfarm5static_yfzjj

A Dirección Xeral de Infraestruturas lembra que se establecerá a sinalización adecuada para anunciar o corte con antelación, garantindo a seguridade viaria no treito no que se restrinxe o tráfico. Durante a ocupación do dominio público e corte de carril adoptaranse as precaucións oportunas para que en ningún caso se produza arrastre de terras á plataforma da estrada.

Variante de Noia
Na actualidade, os traballos de desbroce das obras da Variante de Noia están concluídos e co 90% do saneo en cimentación de terrapléns executados. Tamén a drenaxe transversal está totalmente finalizada, así como o paso de fauna existente. Con respecto ao resto de estruturas, realizáronse sondaxes e estudos xeotécnicos correspondentes ás cimentacións das estruturas. Ao mesmo tempo, tamén se atopa en execución o enlace de Rebordiño, empezando co saneo dos ramais e estanse levando a cabo os traballos de cimentación de servizos afectados eléctricos.

A obra mellorará as comunicacións entre Porto do Son e Muros, permitindo un aforro de 10 quilómetros; e entre Porto do Son e Santiago, reducindo en 4 quilómetros a distancia actual.

Pode que tamén lle interese:


Hidrocarburos: ambición gasística da Xunta no Gran Burato, disque

Vivenda pública: unanimidade no pleno para ceder unha parcela na que irán vivendas públicas

Verán cultural: actividades culturais previstas en agosto e setembro

Arqueoloxía: o castro de Taramancos pode deparar sorpresas



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   infraestruturas   tráfico   variante  

Noia: a Xunta congratúlase de que xa pode construír a ponte sobre a Ría unha vez obtida a adscrición de dominio público

A obra, centrada ata o de agora na zona non afectada por dita autorización, adxudicouse no mes de maio de 2010

Media_httpfarm6static_hsabh

Noia, 11 de febreiro de 2011.- A adscrición do dominio público marítimo terrestre aprobada hoxe polo Consello de Ministros para a variante de Noia permitirá á Xunta de Galicia avanzar na súa execución, centrada ata o de agora na zona non afectada por dita autorización, informou a propia Xunta no día de hoxe.

A obra, que se atopa adxudicada dende o mes de maio de 2010, poderá abordar agora a fase construtiva máis importante, é dicir, a execución da ponte sobre a ría, que enlazará a vía de alta capacidade Brión-Noia coa estrada AC-550 dirección Porto do Son sen ter que pasar polo centro da vila.

Media_httpfarm6static_qiwen

A variante ten unha lonxitude de 4,8 quilómetros e unha anchura de máis de 10 metros, na que se inclúen beirarrúas para facilitar a seguridade dos viandantes. Na ponte sobre a ría engadirase un paseo peonil que contará con ramplas de acceso no Testal e A Barquiña.

Unha vez rematada, a variante de Noia canalizará preto de 3.000 vehículos diarios que escollerán esta vía para realizar os seus desprazamentos. Isto implica unha redución do volume de tráfico de máis dun millón de vehículos ao ano, que aforrarán mais de 4 quilómetros respecto do percorrido actual. A actuación conta cun investimento de 38 millóns de euros.

Relacionadas:


Escolleira: Adega fala de chafallada administrativa


Outes: escaralla viva a paisaxe a variante? fan falta as inaguracións?


Política: o Bng di que sacar a escolleira é "unha operación estética"


Rexeneración da Ría: máis preto, trala reversión de 224.000 m2


Infraestruturas: a Xunta di que agarda ao Consello de Ministros para facer o viaduto



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Ría de Muros e Noia   Xunta de Galicia   infraestruturas   variante  

Outes: inaugurada a variante polo presidente da Xunta. Nas redes sociais debátese sobre o impacto na paisaxe e a inutilidade das inauguracións

Actualización:

O 13 de xaneiro puidemos ler a través de Twitter e en Facebook opinións contrarias a este tipo de actuacións que non nos resistimos a partillar con vostedes:

No que se refire á paisaxe, o fío é este:

Manuel Gago: Nin palabra de como isto está a destruir o principal recurso paisaxístico -ou sexa, económico- da área. Pero que país. http://bit.ly/dNCFjB
  • A Xermán García Romai e a outros 4 gústalles isto.
    • Chimpín Chimpin
      ‎"permitirá ahorrar diez minutos en el trayecto Noia-Muros".
      Sempre direi que dez minutos nom compensam, já nom o estrago paisagístico e ecológico, senom simplesmente o investimento. Estou aguardando a que presentem o projecto da continuaçom... da Autovia Santiago - A Estrada para ver como vam resolver o passo do rio Ulha. A viagem actual do tramo que nom tem autovia dura 10-15 minutos, assim que a milhora serám 4 ou 5 :-/Ver máis
    • Xabier B Molares Certamente lamentable.
    • Manuel Gago
      É que é unha vergoña. O problema é que aquí vemos, mesmo no rollito sentimental do alcalde, aínda a mentalidade desarrollista dos 60 gravada a lume nos encéfalos patrios. Vivimos como novos ricos cando aínda a penas chegamos á clase media.

      E...u sempre digo que, con independencia de cuestións ecolóxicas ou culturais ou mesmo sentimentais, a paisaxe é un recurso fundamentalmente ECONÓMICO para o desenvolvemento das sociedades. Ninguén fai un cálculo da destrución económica que conleva a construción desta infraestrutura, que foi unha salvaxada sobre ese tramo final da ría. E é moito, especialmente na única área pouco alterada da área Rías Baixas (si, xa sei que Muros e Noia non é Rías Baixas, pero está na súa área turística). 

    • Pablo Carballada
      Supoño que xa sabedes que isto das obras públicas son auténticos "pelotazos" nos que unhas empresas escollidas con criterios dubidosos gañan uns millóns de euros a conta arcas públicas.
      Ás veces incluso non teñen ningún rubor en relacionarse... profesionalmente con conselleiros e outros altos cargos gobernantes, como vemos todos os días na prensa (LVG hai tempo que non é prensa, é como o novo DOG).

      Ergo, o interés paisaxístico, cultural, ou mesmo económico que puidera ter o territorio destruido, impórtalles unha merda, xa inventarán outro pelotazo para outra vez... e así, sucesivamente, ata que nos revoltemos de verdade contra esa elite dominante e asoballadora (pero non será nesta xeración, polo que vexo). 

    • Francisco Padín
      O ton do atigo é de xornal carcúndico e decimonónico. Próbese a lelo cunha pinza da roupa no nariz, e imaxínese o evento inauguratorio en imaxes en branco e negro, precedidas por fanfarrias imperiais.
      No Morraço tamén sufrimos dúas aberraci...óns: a variante de Marín, prometida por Cuíña 5 eleccións seguidas e aínda sen rematar (pasan uns 25 coches por hora, segundo os meus cálculos). E o megabestia Corredor do Morrazo, un asasino en serie de condutores que ademais, conta con desmontes de case 100 metros de altura, se cepillou un castro e medio, varios petroglifos e chantou un viaducto xusto diante das fervenzas do Pozo da Moura- río do Muíño, unha cadea de saltos de auga de máis de 200 metros de desnivel, cecais as máis altas de Galicia.
      PS: Muros/Noia SEMPRE foron unha das Rías Baixas. Ou así o aprendin eu.
       
    • Javier Lendoiro
      A miña opinión é que as obras públicas responde a un interés político rebautizado como necesidades dos cidadáns. Tamén son os políticos os encargados de establecer o urbanismo municipal, ese que posteriormente condicionará a execución de gr...andes obras lineais de comunicación que desfán o territorio por onde máis nos doe. Os técnicos debemos demostrar o noso respeto polo patrimonio artístico, cultural e ambiental, deseñando para isto, sempre que os políticos nolo permitan. E isto tamén se fai, pois en Castela e León contan cun sistema de información xeográfica para evitar as calzadas romanas, entre outros.

No que atinxe ás inauguracións con comitivas de políticos paseando por calzadas, o diálogo abriuno o alcalde de Noia no seu Facebook e o fío é este:

Rafael García Guerrero

Unha curiosidade sen importancia porque creo que as inauguracións simplemente deben eliminarse. Pero xa que se fan, porque estaban concelleiros do PP de Noia e Porto do Son na inauguración da variante de Outes e os do BNG de Noia non foron invitados?
    • Maria J Santamaría Que pregunta..., iso é evidente,!!! jijiji
      Onte ás 14:54 ·
    • Rafael García Guerrero
      O que hai e que acabar con todos estos paripes das inauguracions, en todas administracions. E unha cousa rancia e sen sentido. Os politicos paseando por estradas e destapando placas, discursos e demais.

      Eu en Noia creo que so teño unha plac...a na que aparexe o meu nome, e foi por imperativo da Xunta no pavillon Alonso Rodriguez, e cando paso por ali dame a risa, ao mellor e unha tonteria miña, pero pareceme ridiculo que apareza o meu nome.Ver máis

    • Rogelio Tajes Piñeiro pois como a placa do concello que a min pareceme unha chorrada ese esperpento ai plantado
      Onte ás 15:29
    • Silvana Da Costa A veces las placas son necesarias... La de Alonso, por ejemplo, es un honor.
      Onte ás 16:46 · 2 per
    • María Dosil Totalmente de acordo... Creo que hai cousas máis importantes que deberían facer que as inauguracións!
      Pero bueno, con eso xa din que traballan!
      Onte ás 17:08
    • María Canabal A hipocresía no mundo político por desgracia e o que funciona na maioría das veces, pero estou contigo Rafa, de que as inauguración deben eliminarse. Sempre ter que esperar por algo que é necesario pero non poder vir un figura politica a inauguralo. É incrible!!!
      hai 20 horas
    • Rebeca Becerra Canosa Tes toda a razón, son uns gastos moi custosos e inútiles, os que só se invitan os amigos moitas veces. E a Cidade da Cultura, outro bo gasto inutil, coma se os galegos fosemos ricos. Eses cartos empregados en hospitais, e outras cousas serían moito máis útiles.
      hai 17 horas

O día da inauguración publicamos:

Feijo_en_outes

Feijo_e_cuadrilla_polticos
Os políticos camiñaron pola calzada: vostedes non o fagan, é perigoso!

Outes, 12 de xaneiro de 2011.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou, este mediodía, a posta en servizo da Variante de Outes e o Plan de Ordenación Xeral, aprobado pola Xunta, como exemplos de que “estamos apostando polo progreso, pola racionalidade e pola tranquilidade de facer todo o que as competencias do autogoberno nos outorgan para saír da crise económica na que estamos vivindo nos últimos anos”. “Hoxe, Outes está máis preto do resto de Galicia grazas a esta variante. Queremos seguir tendendo pontes que acheguen servizos, oportunidades, xentes e paisaxes”, afirmou.

Feijo_cos_alcaldes
Autoridades da Xunta cos alcaldes da bisbarra Muros-Noia

No tocante á variante, Feijóo destacou que a posta en marcha desta obra inscríbese na filosofía de favorecer a mobilidade e a proximidade entre o conxunto de cidadáns de Galicia, ao acurtar un itinerario á metade da súa lonxitude -de 8,2 a 4,7 quilómetros- e en preto dun 70% o tempo necesario para percorrer este traxecto, pasando dos 12 minutos da antiga estrada a 3 minutos coa nova variante.

Non obstante, o responsable autonómico aseverou que, “hoxe, non acabamos os compromisos coa ría de Noia-Muros, nin cos concellos de Outes, de Muros ou de Noia”. E referiuse así, á variante de Noia, “un compromiso que non ten volta atrás e que vai salvar á ría, cunha moderna ponte que evitará o paso polo núcleo urbano ao tempo que dará maior fluidez ao traxecto entre Santiago-Porto do Son-Noia e Ribeira”.

Así mesmo, destacou que a variante de Noia e a variante de Outes supoñen un investimento de máis de 63 millóns de euros. E avanzou que o obxectivo xeral de que o 80% da poboación galega estea a menos de 10 minutos dunha vía de alta capacidade “o cumpriremos nesta ría –aseverou- no primeiro trimestre do ano 2011, cando finalicemos o corredor que nos une con Brión e cando iniciemos o seu desdobramento, converténdoo en autovía plena, non só desde Santiago senón desde Brión ata Noia”.

Cálculos

Costou 18 millóns de euros e construeuna Copasa. O orzamento inicial era de 12 millóns pero disque se mellorou o proxecto. Son un total de 4,7 quilómetros que unen Ceilán e Catasueiro, ten dous viadutos e vai beneficiar aos máis de 30.000 habitantes que suman Serra de Outes, Muros e Noia. Estímase que circularán por ela uns nove mil vehículos no seu traxecto entre Noia e Muros, o cal significa que o tráfico polo centro de Outes vai baixar moito.

Aprobado o PXOM outiense

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas outorgou a aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Outes, de acordo co establecido no punto 5.a do artigo 85, da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e de Protección do Medio Rural de Galicia.

A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo chega a esta conclusión despois de analizar o documento corrixido do PXOM (aprobado polo Pleno do Concello de Outes o 30 de decembro de 2010).

Neste estudo comprobaron que se da cumprimento as observacións formuladas na orde do 21 de abril de 2010, como xustificar a existencia de malla e servizos básicos no solo urbano, e reducir a superficie clasificada como solo urbanizable, e eliminándose ámbitos desvencellados dos solos urbanos. O que supón que a capacidade global de novas vivendas adecúase ás expectativas de crecemento. Tamén se solicitaba o reaxuste das delimitacións dos núcleos rurais.

Cómpre destacar que se incorporaron ao PXOM os criterios emanados do ditame da Comisión Superior de Urbanismo, celebrada o pasado 2 de decembro. O Concello de Outes solicitou unha redución de 200 a 100 m. da anchura da franxa a clasificar como solo rústico de protección de costas no solo urbanizable UND-05 e nas áreas de expansión dos núcleos de Mosteiro, Vilariño, Piñeiro, Braño, Cerzón, Rates, Brión de Abaixo, A Xurisdición, Vista Alegre, Coiradas, Riba de Mar, A Toxeira e A Corga.

A proposta que foi elevada ante da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 32.2 e) da LOUG informou favorablemente parte do ámbito do UND-05 así como as áreas de expansión dos núcleos de Cerzón, Brión de Abaixo, A Xurisdición, Vista Alegre, Riba de Mar e A Corga. Os restantes ámbitos foron informados desfavorablemente.

O PXOM entrará en vigor cando o Boletín Oficial da Provincia (BOP) e o Diario Oficial de Galicia (DOG) publiquen a Normativa e Ordenanzas do Plan aprobado definitivamente. A Administración galega concedeu axudas ao Concello de Outes por un importe total de 103.936,06 euros para a redacción do plan xeral.

Coa aprobación do Plan xeral de Outes, un total de 50 municipios de Galicia contan co plan de ordenación adaptado á lei vixente (Lei 9/2002), dos cales 14 (case un 30%) foron aprobados polo departamento que dirixe Agustín Hernández. En canto ao reparto por provincias, na Coruña contabilízanse 23 concellos, en Lugo 7, en Ourense 17 e en Pontevedra 3.

A Pobra, Dodro e Lousame tamén

Os concellos da provincia da Coruña son Arzúa, Boimorto, A Capela, Cerdido, Curtis, Dodro, Laxe (aprobación definitiva parcial), Lousame, Muros, Oleiros (aprobación definitiva parcial), Oroso, Paderne, Pobra do Caramiñal, Santiago de Compostela, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Touro, Vedra, Vilamaior, Zas e Outes.

Ao longo da presente lexislatura, aprobáronse un total de 14.

Podería estar relacionado:

Outes: cen loureiros pola memoria histórica

Tráfico: cortada a autovía AG-11 na saída de Ponte Catoira polo AVE



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Facebook   Noia   Outes   PXOM   Xunta de Galicia   polémica   twitter   variante