Alicia Cebrián é de Tenerife. Aquí, nunha imaxe de turismodecanarias.com
Rianxo, 24 de setembro de 2010. As 85 embarcacións que participan en Rianxo no Campionato de España Láser Radial – Trofeo Distribunosa, comezaron a competición coa chegada do vento. Este elemento condicionou os horarios: o inicio das probas demorouse dúas horas.
A intensidade do vento, variable, foi en aumento desde os 6 ata os 14 nós, o que posibilitou a disputa das tres mangas previstas para a xornada de onte.
A clasificación está encabezada por Alicia Cebrián do R.C.N Tenerife con 6 puntos, que obtivo un 3º, un 1º e un 2º posto en cada unha das mangas.
Onte publicamos:
A falta de vento no mar impide o inicio do Campionato de España de Láser Radial
Un total de 16 regatistas galegos compiten nas súas respectivas categorías polo título nacional. A primeira saída aprázase a hoxe ás 12:00 horas
Rianxo, 23 de setembro de 2010. - A primeira xornada do Campionato de España de Láser Radial, que ata o próximo domingo 26 se celebra no Club Náutico de Rianxo, viuse adiada pola falta das condicións propicias para a competición. Así, a saída inaugural prevista para as 12 da mañá tivo que suspenderse con aprazamento en terra, e non era ata as tres e media da tarde cando o comité intentaba retomar a competición. Tampouco puido ser. Co campo de regatas montado, non pasou moito tempo ata que se decidiu aprazar a primeira saída a hoxe xoves.
As 83 unidades en liza que estes días competirán polo título nacional terán que esperar para coñecer os primeiros líderes desta cita na Ría de Arousa. Os mellores regatistas cataláns, murcianos, canarios, baleares, vascos, andaluces e galegos, da categoría olímpica a nivel estatal, enfrontaranse a partir de mañá na auga para demostrar que son os mellores de España. A flota dividiuse en tres categorías; Sénior Masculino, sub-19 Masculino e sub-19 Feminino. Novamente, a división de Cadete -nacidos a partir de 1994- non foi posible, malia estar representada por máis de 20 barcos, e recoñecida a nivel internacional, posto que a Real Federación Española segue sen admitir esta solicitude.Unha das flotas máis numerosas é de novo a galega, con moitas opcións a formar parte do podio en xogo. Ata 16 regatistas da Selección de Vela Caixanova participan neste campionato, entre eles na categoría sub-19: Paula Piñeiro Cortizo, do Real Club Náutico de Vigo; Sergio Rodríguez Fazanes, do Club de Mar de Aguete; o tamén vigués Andrés Vieitez Suárez; Alejandro Rodríguez Pena, do Real Club Náutico da Coruña; Miguel Lorenzo García Lastra, do Real Club Náutico de Sanxenxo; os irmáns Álvaro, Miguel e Beatriz Lence Massa, do Club Marítimo de Canido; e, baixo a mesma bandeira, Yago Blanco Cerqueira, Guido Cerqueira de la Riera, Álvaro Franco López, Alberto Basadre López; Daniel Delgado Varela, Marta Prados e Marta Carneiro. Por último, na clase Sénior será Pablo Martínez Abad, do R. C. N. da Coruña o que defenda o título.
Antes publicamos:
Ata o sábado 25, máis dun cento de barcos no Campionato de España de vela, clase Láser Radial (Trofeo Distribunosa)
Os láser radial son considerados iates de vela lixeira. Información e foto na
WikipediaRianxo, 21 de setembro de 2010. O Campionato de España da clase Láser Radial – Trofeo Distribunosa, celébrarase en augas de Rianxo, entre os días 21 e 25 de setembro de 2010, ambos inclusive. É organizado polo Club Náutico de Rianxo e a Real Federación Española de Vela, en colaboración ca Federación Galega de Vela e a Asociación Española da clase Láser Internacional.
Máis de 100 barcos procedentes de toda a xeografía nacional disputan este campionato de España.
O programa do campionato é o seguinte:
|
DATA
|
HORA
|
ACTO
|
|
Martes 21 set 2010
|
10:00 – 18:00
19:00
|
Medicións e rexistro participantes
Reunión patróns – adestradores
|
|
Mércores 22 set 2010
|
12:00
|
Sinal de atención 1ª proba
|
|
Xoves 23 set 2010
|
12:00
|
Atención para as probas do día
|
|
Venres 24 set 2010
|
12:00
|
Atención para as probas do día
|
|
Sábado 25 set 2010
|
12:00
17:00
|
Atención para as probas do día
Clausura e entrega premios
|
Comentarios [0]