Preme para voltar á portada
Filed under

verán

 

Ribeira: entregados os premios aos xardíns máis fermosos do municipio

  • O alcalde recibiu no Concello ás Raíñas da Flor esta mañá

Mellores_xardns_-_foto_de_fami

Ribeira, 8 de agosto de 2011. – O alcalde, Manuel Ruiz Rivas, recibiu este mediodía no salón de plenos da Casa Consistorial ás Raíñas da Flor que foron onte coroadas no transcurso das festas de verán para, acto seguido, tomar parte no gran desfile de carrozas que descorreu polas principais rúas da cidade. Así mesmo, o acto serviu tamén para entregar uns obsequios a xardíns de diferentes parroquias que foron considerados merecedores destas distincións pola súa singular beleza e polo especial esmero posto polos seus donos no seu coidado.

Raas_da_flor_-_foto_de_familia

No apartado dos mellores xardíns, recibiron sendas placas de pedra conmemorativas os veciños da praza pública de Oleiros da Igrexa (Oleiros) e os veciños da rúa do Barbanza en Santa Uxía.  

Ademais, foron distinguidos os xardíns pertencentes a Josefa Muñiz Castro (Aguiño), Manuel Vilar Vilar (Castiñeiras), Josefa Sampedro García (Carreira), rúa do Medio (Palmeira), Ángeles López Pego (Olveira), Mª Carmen Dios (Artes).

O acto presidido polo alcalde contou tamén coa participación da presidenta das Amas de Casa, Magdalena Bringas, e da concelleira de Medio Ambiente (e responsable da Área de Parques e Xardíns) Elvira Pereira.  

O rexedor tivo palabras de felicitación aos premiados e ás raíñas da flor, así como á Asociación de Amas de Casa e á Comisión de Festas. Ademais, na súa intervención apelou á que o pobo que goberna traballe conxuntamente para recobrar a beleza que tiña este concello hai 60 anos, cando foi declarado municipio máis fermoso de toda España. A este respecto, considerou que iniciativas como a impulsada polas Amas de Casa “recuperan ese espírito de facer as cousas ben” e serven para que as nove parroquias de Ribeira unidas teñan unha identidade propia.

Erros no protocolo do pregón

Por outra parte, o Executivo quixo recoñecer os erros protocolarios acontecidos durante o pregón das festas, ao verse desbordada a organización polas numerosas persoas que, sen estar autorizadas nin contar con invitación, entraron na Casa do Concello durante o desenvolvemento do acto. O Concello tomará as medidas oportunas para que este tipo de sucesos non se volvan repetir en ulteriores acontecementos desta natureza.

Onte, en Certo:

Antes:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festas   Ribeira   verán  

Ribeira: remataron as Festas do Verán, coa coroación das Raíñas da Flor e os concertos da mocidade

Raas_da_flor_1
Raas_da_flor_2
Raas_da_flor_3
Raas_da_flor_4
Raas_da_flor_5
Raas_da_flor_6
Ribeira, 7 de agosto de 2011. A praza de Otero Goyanes, fronte á Igrexa Parroquial, foi o escenario elixido para coroación das 18 rapazas que, representando ás nove parroquias do municipio en dúas categorías -infantil e xuvenil-, foron coroadas hoxe como Raíñas da Flor. Con esta actividade e os concertos da Mocidade, que se trasladaron a este domingo por ter que ser suspendidos pola chuvia anteriormente, remataron as Festas do Verán de Ribeira deste 2011.

Raas_da_flor_9_-_aperta

Magdalena Bringas, presidenta da entidade promotora desta histórica iniciativa das Raíñas da Flor, a Asociación de Amas de Casa de Ribeira, foi encargada de presentar o acto de coroación, que contou coa activa participación das concelleiras de Cultura e de Parque Natural e Medio Ambiente, Elvira Pisos e Elvira Pereira, e á do propio alcalde, Manuel Ruiz Rivas, quen destacou a importancia deste acontecemento que conta xa con 22 anos de traxectoria. 

Raas_da_flor_8_-_femme_fatale

Tras a coroación tivo lugar o gran desfile de carrozas que partiu unha vez máis dende o recinto portuario para percorrer as rúas principais da cidade para disfrute dos espectadores. A marcha estivo acompañada dos espectáculos Cabarédeambulante do elenco Femme Fatale e Bloqinho de Percusión de Aperta. 

Mañá ao mediodía, as pequenas serán recibidas polo alcalde na Casa Consistorial.

Raas_da_flor_7
 

No apartado Xuvenil, as Raíñas de Flor son Lucía Gómez Pazos (Aguiño), Ana Dosantos Blanco (Artes), Lara Lorenzo Lustres (Castiñeiras), Loli Prego Prego (Carreira), Irene María Calo Franco (Corrubedo), Saray Santos Alonso (Olveira), Ángela Fernández Bello (Palmeira) Pura Ageitos Mos (Oleiros) e Sara Ageitos (Santa Uxía de Riveira). 

E no apartado Infantil: Natalia Mariño González (Aguiño), Andrea Olveira Vila (Artes), Carla García Campaña (Castiñeiras), Marta Paz Pazos (Carreira), Yudit Sobrido Quintela (Corrubedo), Andrea Ageitos Rey (Oleiros), Saray Martínez Rama (Olveira), Lucía Miranda (Palmeira), e Aitana Cadabal (Santa Uxía).

Antes, en Certo:

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festas   Ribeira   verán  

Ribeira: programación das Festas do Verán, do 3 ao 7 de agosto

Click here to download:
3 de agosto.pdf (88 KB)
(download)

Click here to download:
4 de agosto.pdf (1003 KB)
(download)

Click here to download:
5 de agosto.pdf (1.15 MB)
(download)

Click here to download:
6 de agosto.pdf (990 KB)
(download)

Click here to download:
7 de agosto.pdf (1.03 MB)
(download)

Presentacin_festas_1

Ribeira, 27 de xullo de 2011. Esta mañá foron presentadas as Festas do Verán 2011 de Ribeira, nas que as principais novidades son a recuperación da procesión marítima e da sardiñada popular que se celebrará en Pedra Pateira.

Na presentación estiveron  o alcalde e parte dos 20 integrantes que compoñen a Comisión de Festas, que preside Luciano Fernández. Tanto o libro das festas como a entrada para os catamaráns que participarán na procesión na honra da Virxe do Carme están a disposición dos interesados no Auditorio Municipal, de luns a venres de 19 a 21 horas e os sábados de 12 a 14 horas.

Antes, en Certo:

E as Raíñas da Flor son... 18!!!

Festas do verán: o sábado 6 de agosto, procesión marítima. Volve!

E non se esqueza:


Programación "Fiestra da Cultura": Amancio Prada e moito máis


Feira das oportunidades: do 13 ao 15 de agosto no Malecón



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festas   Ribeira   verán  

Ribeira: recepción ás raíñas da Flor e obsequios aos veciños das parroquias con mellores xardíns

(download)

Ribeira, 9 de agosto de 2010. O alcalde José Luis Torres Colomer recibiu hoxe no salón plenario da Casa Consistorial ás diferentes raíñas da flor coroadas no día de onte con ocasión das Festas do Verán. As mesmas estiveron acompañadas dos seus xardineiros e damas de honra, nun acto no que estiveron tamén presentes na mesa presidencial a primeira tenente de alcalde Dolores Elorduy e a presidenta da Asociación de Amas de Casa, Magdalena Bringas. Asistiron a raíña das festas, Eliana Castro Fernández, e as súas damas de honra, María Pérez Diz e Raquel Graña Oujo.

As raíñas xuvenís son: Isabel Dios Bouzón (Carreira), Jenny Dios Caamaño (Artes), Alba Santos (Palmeira), Judit Hermo Fernández (Castiñeiras), Yesenia Vázquez Maneiro (Olveira), Anabel Pérez (Aguiño), Fátima Mayo (Oleiros) e Ana Mayán Blanco (Santa Uxía). 

Media_httpfarm5static_ahidf

As raíñas infantís son: Uxía Núñez Maneiro (Corrubedo), María Castrelo Vidal (Artes), María Martínez Pego (Olveira), Sofía Murciego García (Palmeira), María Puga Sampedro (Carreira), Carmen Pena García (Santa Uxía), Elaya Mancio Cayón (Castiñeiras),  Sara Fernández Ramayo (Aguiño) e Tania Rodríguez González (Oleiros). 

Premios aos xardíns

Así mesmo, o acto serviu tamén para entregar uns obsequios conmemorativos aos donos particulares de xardíns das nove parroquias que pola súa beleza foron agraciados con motivo do Día da Flor. Estes xardíns pertencen aos seguintes veciños: Dositeo Fernández (Olveira), Francis Romay (Corrubedo), Rosa Suárez (Artes), Patina Blanco (Aguiño), María Dolores Crujeiras (Carreira), Juana Doce (Castiñeiras), Rosa María Franco (Palmeira), Manola Salnés (Oleiros) e Teresa Dios (Santa Uxía). 

Así mesmo, distínguese de xeito colectivo aos veciños do Rueiro de Arriba e do Rueiro de Abaixo de Bretal (parroquia de Olveira), nos que serán colocadas sendas placas de pedra que aluden a esta distinción e que foron exhibidas durante o acto desenvolvido hoxe.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Festas   Ribeira   verán  

Ribeira: o luns 9 de agosto, como colofón ás Festas do Verán, "Etheria sae ao teu paso"

Etheria_centro_coreogrfico_gal

Ribeira, 1 de agosto de 2010. Como complemento á programación das Festas de Verán, a praza do Concello de Ribeira vai acoller o vindeiro luns día 9 de agosto, a partir das nove da noite, a actividade Camiños en Danza. Ethéria sae o teu paso. Trátase dun espectáculo impulsado polo Centro Coreográfico Galego coa finalidade de promocionar a danza entre distintos concellos do Camiño de Santiago: ademais de Ribeira, Santiago de Compostela, Fisterra, Muxía, Vilagarcía e O Cebreiro.

Camiños en Danza. Ethéria sae o teu paso é unha variación do espectáculo Ethéria. A viaxe soñada. A viaxe de Ethèria é unha historia fascinante que traza un percorrido de unión entre os grandes centros de peregrinación cristiá. Ao mesmo tempo, é unha historia incompleta: nos datos da viaxe, xa que non se conservan todas as follas do manuscrito que a relata; e no seu remate, ao perderse a pista de Ethèria e non confirmar se efectivamente regresou a Galicia. O espectáculo ten unha duración de 25 minutos e un elenco formado por seis bailaríns e un percusionista. Está organizado por AGADIC coa colaboración do Xacobeo e da Concellería de Cultura e Festexos de Ribeira.

O novo espectáculo do Centro Coreográfico Galego parte do suposto de que esa viaxe foi posible, dende Xerusalén ata Compostela; e amosaránola a través da música, a imaxe e a danza, evocando sentimentos e sensacións en cada un dos lugares polos que transcorre. 

Toda a información da obra orixinal na web do Centro Coreográfico Galego, aquí

Tamén en Rianxo

Etheria
E o xoves 12 de agosto, se non puido vela en Ribeira, ou lle gustou tanto que quere recuncar, en Rianxo, ás nove da noite, na Praza de Castelao.

Relacionada:


Festas do Verán: do 4 ao 9 de agosto. Programa aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   2010   Festas   Ribeira   Xacobeo   danza   verán  

Ribeira: coñeza todo o programa das Festas do Verán de agosto

Van do 4 ao 9 de agosto. O 6, Fía na Roca e o 7 de agosto, Amaia Montero.

Pregoneiro_festas_ribeira
O pregoneiro será Eduardo Gómez, o actor cómico

(download)


Información sobre "Etheria sae ao teu paso", que será o 9 de agosto, aquí

Fotos_festas_de_vern_2

Imaxes da presentación, que foi o Día do Carme (16 de xullo)

Fotos_festas_de_vern_1



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   2010   Festas   Ribeira   verán  

Noia: o programa "Rúas Vivas" enche de cinema, animación e música o verán da vila

Media_httpfarm5static_jmpzr

Ollo: o concerto do 6 de agosto é o de Sleeping Cat. Entrevistámolo aquí

Media_httpfarm5static_jbbuc

Quere ver o cartel no seu tamaño orixinal? Prema aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   programación cultural   verán  

Boiro: programa de Festas do Verán (27 de xuño a 7 de xullo) e rueiro coa súa nova ubicación

Media_httpfarm4static_lbgjg

Boiro, 18 de xuño de 2010. As Festas do Verán 2010 presentáronse esta mañá. Van do 27 de xuño ao 7 de xullo. Estrean novo emprazamento, co obxectivo de desconxestionar o tráfico no casco urbano durante as celebracións e dar máis comodidade tanto aos veciños como aos propios empresarios das atraccións de feira. Deste xeito, as atraccións de maior volume colocaranse na superficie do novo aparcamento e o resto na Avenida da Constitución e na Avellaneda, quedando as caravanas dos feirantes emprazadas na rúa número 6 e un tramo de Avellaneda.


Rueiro

No plano superior poden comprobar como quedarán distribuídos tanto os chiringuitos como o tráfico, que poderá circular practicamente con normalidade, pois durante o día só quedará pechada a zona das atraccións de maior envergadura, e pola noite estarán despexados accesos suficientes tanto de entrada como de saída.

As orquestras manterán os espectáculos na Praza de Galicia.  

Se quere baixar a revista Folía, co saúda e outras cousas, aquí

Nós ofrecémoslles simplemente o que hai cada día:

(download)

Relacionadas:

Festas: Mostra das Culturas 2010

Peñas: vinte inscritas para o Día das Peñas, o 5 de xullo

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   2010   Boiro   Festas   programación cultural   verán  

Ribeira: máis de 25 actividades deportivas no verán para conciliar vida familiar e laboral

Escolas_deportivas_de_vern

Ribeira, 11 de xuño de 2010. O Concello de Ribeira a través da súa área municipal de Deportes organiza para este verán un total de 26 actividades de toda índole, entre as que se contan escolas deportivas para nenos e para adultos, campamentos e actividades ao aire libre e competicións deportivas. O edil Miguel Ángel Vidal estivo acompañado na presentación por Vicente García, segundo tenente de alcalde, quen destacou "a idoneidade tanto destas actividades de verán como das organizadas polas Concellerías de Cultura e de Xuventude e Turismo para propiciar a conciliación da vida familiar e laboral no período estival". 

Escolas deportivas para nenos

Dentro das escolas deportivas para nenos e nenas, cabe salientar como unha das súas grandes novidades a disciplina do remo: unha actividade que pode ter lugar, segundo informou Miguel Ángel Vidal, grazas á colaboración da Cofradía da Dorna, o Club de Remo Puebla e o Club Náutico de Ribeira. A escola desenvolverase nas instalacións desta última entidade, os luns, mércores e venres de 11 a 13 horas. Está dirixida a nenos con idades a partir dos 12 anos. 

A outra principal novidade será a Escola Deportiva de Orientación, que se celebrará no Parque de San Roque os sábados de 10.30 a 12 horas. Poderán participar rapaces de entre 8 e 15 anos. 

Ademais, desenvolveranse as xa tradicionais escolas deportivas de baloncesto (na pista exterior do IES Número 1 e no Polideportivo Santa Uxía), Fútbol (na Fieiteira), Tenis (na pista do Touro e o Polideportivo de Sirves), Volei Praia (na praia de Coroso) e Xadrez (no Círculo Mercantil e Industrial de Ribeira) 

Escolas deportivas para adultos

Polo que respecta ás Escolas Deportivas para Adultos, tamén hai que resaltar como novidades as escolas de orientación e remo, neste caso dirixidas a persoas de 16 anos en diante. Por outra banda, celebraranse escolas deportivas de aerobic (no polideportivo de Santa Uxía) e tenis (no polideportivo de Artes) 

Todas as escolas referidas desenvolveranse nos meses de xullo e agosto. 

Campamentos e actividades ao aire libre

En canto aos campamentos e actividades ao aire libre, haberá un Campus Multideportivo destinado a rapaces de 6 a 12 anos que se celebrará no polideportivo do IES Número 1 e nas súas inmediacións.  

Así mesmo, tamén terá lugar un curso de piragüismo na praia de Coroso e unha campaña de vela promovida pola Deputación da Coruña que terá lugar en Porto do Son. 

Actividades e competicións deportivas

E en canto ás actividades e competicións deportivas, Miguel Ángel Vidal enumerou a 18ª edición dos campionatos de verán de Fútbol 7 (na Fieiteira) e de Fúbol Sala (en Sirves), o 8º Circuíto de Tenis As Miñoteiras, a Ruta de Sendeirismo O Pindo, o Campionato de Fútbol 7 da Fieiteira, o 3x3 Basquet, o 14º Torneo de Xadrez, o Circuíto Barbanza de Volei Praia, a Travesía a Nado Praia de Coroso, a 3ª Carreira Popular de Artes, a 8º Andaina Popular Concello de Ribeira e a Carreira Popular de Santa Uxía. 

Pódese obter máis información na páxina web www.riveira.es. Para consultas e inscricións, contactar coa oficina municipal de deportes.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   deportes   escolas deportivas   verán  

Aproveitemos este "solsiño" de setembro

Media_httpfarm3staticflickrcom265039136030389f14b2824djpg_vphdfqcvemnkkbe

a praia de Riazor non só está en Coruña... ao pé pasa o río Azor (límites Ribeira-Pobra do Caramiñal)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Barbanza   praia   praia de Riazor   verán