Preme para voltar á portada
Filed under

viaxe

 

Boiro: corenta e cinco mozos foron á estación invernal leonesa de San Isidro coa asociación cultural "Borobó"

  • Recuncarán en marzo, pois xa hai nova viaxe prevista na primeira fin de semana

(download)
Boiro, 13 de febreiro de 2012. A asociación cultural "Borobó" vén de organizar unha viaxe á estación invernal de San Isidro (León) durante a pasada fin de semana, á que asistiron corenta e cinco mozas e mozos, a práctica totalidade menores de 25 anos, para disfrutar de dous días de práctica de esquí ou snowboard e unha experiencia de convivencia con outros xoves.

Puideron gozar dunha boa climatoloxía ao longo dos trinta quilómetros esquiables nas pistas da estación leonesa. A saída realizouse o venres á unha e media da madrugada e o regreso levouse a cabo na noite do domingo. Desta forma permitiuse que calquera persoa interesada en asistir, estudante ou traballador, non tivera problemas coa incompatibilidade de horarios.

A experiencia repítese trala boa aceptación que tivo no pasado ano, sendo
xa ésta a terceira ocasión na que se organiza esta viaxe, aínda que desta vez a
meirande parte dos asistentes pertencían ao municipio boirense, salvo seis persoas. O presidente da asociación, Jorge Campaña, quixo incidir nos beneficios destas actividades nas que os mozos e mozas poden aprender e divertirse coa práctica de deportes de inverno, e destacou especialmente “o ambiente de respeto e educación entre tódolos integrantes así como o feito de que cada vez resulta menos complexa a planificación pois a xente colabora nas distintas labores, como o reparto de forfaits, o reconto da xente, a organización das comidas ou o aluguer de equipos”. Como consecuencia da boa acollida da actividade, Borobó xa ten cerrada unha nova data, a fin de semana do tres e catro de marzo, pois xa comezan a contar cun grupo fidelizado dunhas vinte persoas a estas actividades, que agradeceron á entidade a oferta deste tipo de servizos e iniciativas para a xente nova.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Borobó   viaxe  

Ribeira: do 24 ao 26 de febreiro, viaxe á neve dentro do programa "En marcha"

  • Custa 135 euros que inclúen todo para unha fin de semana de esquí
  • Teñen preferencia os mozos de Ribeira, pero tamén se poden apuntar doutros concellos
  • Hai 50 prazas

Media_httpfarm5static_ficqr

Ribeira, 3 de febreiro de 2012.- As Concellerías de Xuventude e Igualdade programan para os próximos días 24, 25 e 26 de febreiro de 2012 unha viaxe á Estación Invernal de San Isidro (León), que está dirixida aos mozos e mozas maiores de idade e se incardina dentro do programa municipal ‘En Marcha’. 

O prezo da actividade é de 135 euros, importe que inclúe autobús, guía técnico acompañante, desprazamentos na estación, aloxamento no Hostal “Pico Agujas” en réxime de media pensión (almorzo e cea), forfait para dous días e seguro de actividade. Opcionalmente pódese contratar os seguintes extras: seguro de accidente en pistas (+ 20 € os 2 días), aluguer de material de esquí: + 15 € (os 2 días), aluguer de material de snow: + 38 € (os 2 días), aluguer de casco: + 5 € (os 2 días) e clases particulares (+ 5,50 persoa/hora; para grupos de 7 a 10 persoas). 

A expedición partirá da estación de autobuses de Santa Uxía os venres 24 de febreiro, ás 15.30 horas, e regresará o domingo 26 ás 17.30 horas. O prazo de inscrición ábrese este luns (terán preferencia os mozos do municipio ribeirense pero tamén se poden apuntar doutros lugares). O número de prazas é limitado (50). 

A Estación Invernal de San Isidro encóntrase situada na Cordilleira Cantábrica ao Norte da provincia de León e no termo municipal de Puebla de Lillo (bisbarra do Alto Porma), estendéndose entre unha altitude de 1.500 a 2.100 m. sobre o nivel do mar. Con 31 Km. de dominio esquiable, a estación conta con 31 pistas para a práctica do esquí e o snowboard, así como snowpark, pista de esquí de fondo, itinerarios e múltiples rutas fóra de pista. As pistas e remontes mecánicos están repartidos en catro sectores, Cebolledo, Requejines, Riopinos e Salencias - A Raia, perfectamente comunicados entre si e, dependendo da zona de que se trate, o esquiador ten a posibilidade de elixir unhas ou outras segundo o seu nivel de esquí sexa de iniciación, medio ou alto. 

Máis información e inscricións: 

Oficina Municipal de Información Xuvenil   Oficina de Deportes

Casa da Xuventude.       Auditorio Municipal

Avda. da Constitución s/n      Praza dos Mariñeiros s/n

Tel. 981 83 52 89       Tel. 981 83 56 50

xuventude@riveira.com      deportes@riveira.com

www.riveira.com       

Pode que tamén lle interese:


Obradoiro de saúde: o 7 de febreiro no Liceo Marítimo


Casa da Xuventude: hai programa cultural para seis meses alomenos


Apertura da web municipal: á publicación de actividades varias


Gala do Deporte: é o 24 de febreiro. Propoña candidat@s!!

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   neve   viaxe  

A Pobra: o vindeiro domingo 12 de febreiro, viaxe a Lalín e ao Corpiño

Viaxe_a_laln_e_o_corpio_2012

 

A Pobra, Candelaria de 2012. O concello da Pobra do Caramiñal, na súa liña de programas excursións populares, nesta ocasión achegará aos veciños que o desexen á feira do cocido de Lalín e ao Corpiño que terán lugar o domingo día 12 de febreiro. Para todos aqueles que queiran asistir teñen que pasar polas oficinas do concello e preguntar por Lola, de luns a venres en horario de 9:00 a 15:00 h.


Hai un chisco publicamos:


Viaxe: a Madrid, do 22 ao 25 de marzo. Anótate!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Lalín   viaxe  

A Pobra do Caramiñal: organizan viaxe a Madrid entre o 22 e o 25 de marzo

0presentacion-excursion-madrid-
A Pobra, 26 de xaneiro de 2012. O concello da Pobra do Caramiñal programa unha viaxe por terras de Madrid entre os días 22 e 25 do vindeiro mes de marzo. Esta excursión foi presentada nunha rolda de prensa que se celebrou hoxe na sala de xuntas do Concello, na que deron a información María José Rivadulla Santos e Dolores Devesa Casais, organizadoras da excursión.

Presentacion-excursion-madrid-
Trátase dunha saída de catro días aberta a todos os públicos que ten establecida a súa saída para as seis da mañá do xoves día 22 e percorrerá lugares como o Mosteiro do Escorial, a Catedral da Almudena ou o Senado, con paradas na xornada de retorno na cidade de Segovia para poder visitar o acueducto, a catedral e o alcázar.

Os veciños que estén interesados en inscribirse ou queiran ter máis información, poden pasar polas dependencias do Concello.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Madrid   viaxe  

Boiro: o colectivo Borobó organiza unha nova viaxe á neve do 13 ao 15 de xaneiro

Neve

 

Boiro, 16 de Nadal de 2011. A asociación cultural "Borobó" organiza a primeira viaxe -teñen pensado facer tres este curso- á neve, concretamente a Estación invernal de San Isidro en León.

"Decidimos voltar a apostar por este tipo de actividades dado o éxito acadado o inverno pasado, con máis de 70 usuarios", explica a directiva.

Pode que tamén lle interese:


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Borobó   neve   viaxe  

Ribeira: a ANPA do IES Leliadoura programa unha excursión a patinar e visitar a Domus na Coruña este sábado 17

Media_httpfarm3static_wvgeb

Ribeira, 14 de Nadal de 2011. A ANPA do IES Leliadoura organiza para o sábado 17 de decembro unha excursión á cidade de A Coruña. A convocatoria está dirixida principalmente ao alumnado e nais e pais do IES Leliadoura pero aberta tamén á participación de calquera outra persoa, e está subvencionada polo Concello de Ribeira.

Itinerario da excursión:

PREZO SOCIOS: 10 €

PREZO NON SOCIOS: 13 €

Inscricións no teléfono 677733467  ou no correo-e: anpaleliadoura@gmail.com

Algunhas recomendacións:

  • Levar luvas e roupa axeitada para a pista de patinaxe.
  • Levar roupa de reposto.
  • Levar comida para o picnic do Domus.
  • Calzado e paraugas axeitado á climatoloxía.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   IES Leliadoura   Ribeira   anpa   viaxe  

Ribeira: veciños de Carreira achegáronse a Marcelle e a Lugo, nunha visita lúdica

535

Ribeira, 25 de novembro de 2011. A Asociación de Veciños de Carreira prosegue coa liña de visitas de tipo lúdico e cultural que ven desenvolvendo. Na pasado fin de semana un grupo dunhas coarenta personas disfrutou da visita ó parque de Marcelle, localidade pertencente ó concello lucense de Outeiro de Rei.

No parque, os asistentes deleitáronse coa visión de animales tan exóticos como os bisontes americanos, dromedarios, e así hasta cincuenta especies diferentes, entre as que salientaban entre os máis pequenos animales coñecidos dos debuxos animados, como os lémures da película infantil “Madagascar”  ou os suricatos, como o famoso Timón, do “Rei León”.

Media_httpfarm5static_afpgb

Posteriormente os participantes desprazáronse a Lugo, onde pasearon por diversas rúas da “cidade das murallas”.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   AAVV   Carreira   Ribeira   viaxe  

Ribeira: o alcalde, Manuel Ruiz Rivas, e o senador e ex-alcalde, José Luís Torres Colomer, en New York este sábado 15 de outubro

Photo

Coméntanos un veciño que se enterou desta viaxe pola web da Casa de Galicia de New York, que "coa que está caendo, o noso alcalde e ex alcalde van de visita á Gran Mazá a gastos pagos. Que utilidade ten esto? Aí os tedes, "se cubrirá gastos", á parte de que está mal escrito, aí si se gastan a plata".

E en Certo, xornal dorneiro por excelencia, dásenos por preguntar:

.- Por que non se informou desta viaxe e os seus obxectivos na web municipal ou aos medios de comunicación, como se fai co resto da actividade dos gobernantes de Ribeira?

.- Miraron ben Ruiz Rivas e Torres Colomer o día que escolleron para ir a New York? Quen os asesora? O community manager do PP, o que empurrou a "adeptos" a ceder contas de twitter e facebook ou o lumbreras ao que se lle ocorreu o de "pregúntale a Mariano"?

.- E todo isto, quen o paga? E se o paga alguén, pódese saber canto custa?

.- Non terá que ver coas vindeiras eleccións e irán facer apostolado a prol do PP, verdade? Darán un mitin nun lugar como o escollido por Feijóo e que denuncia Galicia Confidencial?

.-Esa frase "de todos conocidos en Casa Galicia", que significa? Que van moito por alí? Que veñen os emigrantes de Ribeira moito por aquí? Que hai unha relación significativa entre os dirixentes desa Casa Galicia e Rivas e Colomer?

A bo seguro que aos lectores de Certo se lle ocorren outras cuestións máis sagaces...

Pode que tamén lle interese:



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Manuel Ruiz Rivas   New York   Ribeira   Torres Colomer   viaxe  

Ribeira: medio cento de veciños na última saída cultural para maiores deste ano, que foi a San Andrés de Teixido

San_andrs_de_teixido

 

Ribeira, 4 de outubro de 2011.- Medio cento veciños e veciñas do municipio tomaron parte en setembro na último das viaxes programados para 2011 polos Servizos Sociais dentro da iniciativa de Saídas Culturais para o colectivo da terceira idade.  

Este desprazamento tivo como destino a localidade de San Andrés de Teixido, e durante o itinerario tiveron a oportunidade de coñecer tamén outros lugares como Pontedeume e Ortigueira, ademais dos acantilados de Vixía de Herbeira, os máis altos de Europa con 620 metros de altura. 

A coordinadora do programa de dinamización social dos maiores, María José Carreira, acompañou á expedición.

Pode que tamén lle interese:


Lan Party UxíaNet 1.1: do 14 ao 16 de outubro. Só 55 prazas!


Carreira de Santa Uxía: uns 500 nenos correrán o 8 de outubro


Marcha ciclista: imaxes da de Santiago a Fisterra

 


A Creba: estrean curta o venres 7 de outubro


Altofalante 2011: gañou a Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza


Obradoiro: e quererán facer teatro os sen teito?

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   San Andrés de Teixido   viaxe  

Ribeira: aberto o prazo para anotarse a unha fin de semana multiaventura en Gandarío

  • Praza só para 25 mozos entre 18 e 35 anos. Inscrición por rigorosa orde, dentro do programa "Roteiros" da Xunta
  • Será na fin de semana do 25 ao 27 de novembro. Custa 80 euros, cun 25% de redución se tes o carné xove
  • Haberá actividades náuticas, arco, rapel e orientación noturna

Roteiros

 

Ribeira, 29 de setembro de 2011.- Ata un total de 25 mozos e mozas de entre 18 e 35 anos do municipio de Ribeira van ter oportunidade de pasar unha fin de semana multiaventura no albergue de Gandarío, grazas ao programa Roteiros que organiza a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Así o afirmou hoxe a concelleira de Xuventude e Igualdade de Ribeira, Aroa Fernández, nun acto no que estivo acompañada do técnico municipal Mario Vidal. 

Esta acción terá  lugar os días 25, 26 e 27 de novembro, nos que os interesados terán ocasión de participar en actividades náuticas de navegación en cruceiro, actividades culturais e de turismo mariñeiro cun percorrido en kaiak pola ría de Ares e Betanzos, e outras propostas como tiro con arco, rapell e orientación nocturna. 

As estadías inclúen a pernoita e aloxamento (dende o venres á tarde ata o domingo ao mediodía), os oportunos desprazamentos para desenvolver as actividades programadas, e estas últimas e os materias necesarios. 

A cota de inscrición é de 80 euros e os posuidores do carné xove teñen dereito a un 25% de desconto. 

Aqueles que queiran participar poden facer a súa reserva na oficina de xuventude, sita no Auditorio Municipal, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres (tamén chamando ao 981 835 650 ou mediante o enderezo electrónico xuventude@riveira.com). 

As prazas serán outorgadas por orde de inscrición.

Pode que tamén lle interese:


Charla informativa: sobre Alzheimer, este venres 30


Teatro: "Ata que a morte nos separe", este venres 30


Tempo libre: campamento para monitores este sábado 1 de outubro


II Recital de poesía galega: este sábado 1 de outubro


Arte: expo de escultura ata outubro en Carreira



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   viaxe  

Dodro: "Mar Achega" levou a veciños ata Fisterra o pasado luns 26 de setembro

Fisterra

Dodro, 27 de setembro de 2011. A Concellería de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo organizou o pasado luns día 26 dentro da Campaña "Mar Achega" da Consellería do Mar, unha excursión a Fisterra que tivo unha gran aceptación por parte da veciñanza.

Dentro do programa realizaron unha visita guiada ao Castelo de San Carlos, fixeron un percorrido pola zona marisqueira e un paseo pola lonxa de Fisterra. Despois poideron ver unha demostración en directo de cociña con peixe e degustar á hora do xantar a base de produtos do mar certificados.
Xa pola tarde realizaron visitas guiadas á lonxa e a antigos lugares de interese da actividade pesqueira.

Pode que tamén lle interese:


Escolas deportivas: xa te podes anotar ata finais de setembro


Un xoguete, unha ilusión: novo programa solidario



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Dodro   viaxe  

Ribeira: abren o prazo ata o 9 de setembro para a viaxe de maiores a Santo Andrés de Teixido

  • Terá lugar o 16 de setembro. Custa 27,30 euros

Media_httpfarm4static_iglib

Camiño a San Andrés de Teixido pódense ver os enormes cantís da Capelada

Ribeira, 5 de setembro de 2011. O Concello informa de que hoxe abriu o prazo para inscribirse na saída cultural para maiores con destino a Santo Andrés de Teixido que organiza a Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social.  

A viaxe (última das programadas para este ano) terá lugar o 16 de setembro e o prezo por  participar é de 27,30 euros, incluíndo desprazamento en autocar, comidas, guía  e seguro de viaxe. 

Os interesados en anotarse poden facelo ata o día 9 de setembro nos Servizos Sociais.  Ademais da propia capela de Santo Andrés de Teixido, durante o itinerario realizaranse visitas breves a Pontedeume e Ortigueira e tamén a Vixía e Herbeira, que son os cantís máis altos de Europa, na Serra da Capelada.

Pode que tamén lle interese:


Irmandamento: visitas e agasallos entre Adeje e Ribeira



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Maiores en Ruta   Ribeira   viaxe