Preme para voltar á portada
Filed under

Vitaminas para o galego

 

Lingua galega: a defensa dos medios de comunicación no idioma de Galicia xa é universal

  • A campaña Vitaminas para o Galego promove a lectura dun manifesto a prol do idioma propio en cidades de todo o mundo e tamén en diversos institutos de Galicia.
Media_httpwwwquepasan_ufhli

En Carballo celebrouse o segundo festival "Vitaminas para o Galego". Toda a información en Que pasa na costa

Barbanza e Noia, 18 de maio de 2012. Os 29 medios de comunicación que forman parte de Vitaminas para o Galego conmemoraron este pasado Día das Letras con "Vitaminas 17", unha actividade expansiva que tivo lugar en numerosos institutos do país e diversas cidades de todo o mundo, para facer fincapé na necesidade de defender e manter os medios en galego. O obxectivo é prestixiar o idioma e garantir a súa transmisión interxeracional.

Na web vitaminasparaogalego.gl pódese consultar o manifesto redactado por esta plataforma, traducido a diversos idiomas, entre eles, o inglés, francés, alemán ou chinés, e que foi lido en diversos países do mundo como Irlanda, Francia, Arxentina ou USA.  Tamén estudantes e profesores de escolas e institutos de Galicia de distintos concellos deste país participaron nesta iniciativa coa lectura deste manifesto que aposta por apoiar os medios en galego.

As distintas iniciativas foron gravadas en vídeo e poden ser consultadas en http://bit.ly/17vitaminas

Lapis para escribir en galego

Por outra banda, Vitaminas para o Galego tamén puxo en marcha o proxecto “Lapis para escribir en galego”, dentro da campaña “Vitaminas 17”. Segundo o responsábel dun dos medios organizadores, Henrique San Fiz de Radiofusión, “os lapis pretenden ser unha chiscadela de humor e ironía para propiciar a reflexión arredor da utilización da nosa lingua”. 

Os Concellos que repartiron os lapis para escribir en galego foron Carnota, Vimianzo, Zas, Corcubión, San Sadurniño, Lugo, Carballo, Pontevedra, Vilaboa, Silleda, O Barco de Valdeorras, Arzúa e Monforte de Lemos.

A campaña Vitaminas para o Galego está artellada polos medios de comunicación: Tempos Novos, Galicia Confidencial, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta. Colaboran ademais Xornal da Barbanza e Noia Certo, O Sil.info, Crónica 3, Radio Nordés, Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca, Surf GZ, Cardenos de Comunicación e Análise, Lalín e Comarca, Hermes e Atenea , Disquecool, De Luns a Venres, Cabozo.com, Vencello, Cartafol, A nova Peneira, Programa radio Plástico Elástico, Cerne, Terra de Melide, gzvideos, gzmusica, Kubus e Gaceta de Fene.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   #17vitaminas   Lingua galega   Vitaminas para o galego   dinamización lingüística   medios de comunicación  

Cultura galega: o ribeirense Carlos Callón recibirá o Premio de Artigos Normalizadores o 16 de maio nun novo festival de "Vitaminas para o galego"

Media_httpfarm7static_zzfwd

Carlos Callón recollerá o seu premio (e van...) en Carballo

Barbanza-Noia, 9 de maio de 2012. A iniciativa "Vitaminas 17"  presentouse esta mañá en Lugo e rematará o dia 16 co festival “Vitaminas para o galego”, organizado polo Concello de Carballo e que presentará a actriz e escritora Paula Carballeira contando coa actuación de María Xosé Silvar “Ses”. Neste acto de afirmación do galego tamén se realizará a entrega do Premio de Artigos Normalizadores, que este ano recaeu no ribeirense Carlos Callón, investigador, escritor e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Un representante de Vitaminas para o galego e máis o alcalde de Carballo Evencio Ferrero, darán leitura no acto ao Manifesto.

 

Lapis para escribir en galego

Vitaminas_lugo
Na imaxe, Alfonso Ribeira, Antón Bao e Henrique Sanfiz

Alumnos e alumnas dos colexios e Institutos de Lugo recibirán nos vindeiros días “Lapis para escribir en galego”, dentro da campaña “Vitaminas 17” que este mediodia se presentou na Casa do Concello de Lugo. O tenente de alcalde e concelleiro de Cultura Antón Bao subliñou a importancia de promover o idioma galego como “elemento de cultura, comunicación, tolerancia e respeito”. Segundo Henrique Sanfiz (Radiofusión), “os lapis pretenden ser unha chiscadela de humor e ironía para propiciar a reflexión arredor da utilización da nosa lingua”. Alfonso Ribeiro (do único xornal diario impreso en galego, De luns a venres) indicou que segundo os dados do EXM, o 40% dos seus leitores teñen como primeira lingua o castelán, o que demostra “que a utilización do idioma galego non é en absoluto un obstáculo para chegar a todo tipo de públicos”.

 

Segundo indicaron os organizadores, cos que colabora este xornal de Barbanza e Noia, “nestes momentos xa se sumaron á Vitaminas para o galego 29 medios de comunicación, o que é unha proba da receptividade da sociedade diante desta iniciativa”.

Vitaminas 17

Para conmemorar o Dia das Letras, o 17 de maio, os medios de comunicación de Vitaminas, organizan unha actividade expansiva “facendo fincapé na necesidade de medios en galego para prestixiar o idioma e garantir a súa transmisión interxeneracional”. Teñen elaborado un manifesto nese sentido que se pode consultar na web vitaminasparaogalego.gl e pretenden que o dia 16 de maio  se dea leitura ao manifesto en, ao menos, 17 escolas e institutos de Galicia, diante de 17 Casas dos Concellos, en 17 cidades de todo o mundo e que se traduza o manifesto ás 17 linguas máis faladas. Queren que todas esas leituras se graven en video e se envien ao enderezo manifesto@vitaminasparaogalego.gl.

Tamén haberá moita actividade nas redes sociais. En twitter, por exemplo, a etiqueta escollida para todas estas iniciativas é #vitaminas17



https://twitter.com/#!/CausaGaliza/status/200208930922708992

Antes, en Certo:

 

 

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Carlos Callón   Lingua galega   Vitaminas para o galego   cultura galega   festivais  

Cultura: poetas e músicos déronlle "Vitaminas para o galego" nun festival en Compostela

Poesia_no_festival_vitaminas
De esquerda a dereita, Gonzalo Hermo, Olalla Cociña e Alicia Fernández, poetas

Terbutalina_no_festival_de_vit
Terbutalina é un grupo de gastro-punk de Muros. A súa verba-talismán é "ostia"
Xia_arias_presentando_vitamina
Xía Arias, xornalista, deu paso aos poetas e logo ao grupo musical

Barbanza e Noia, 29 de abril de 2012. "Sabemos tirar os penaltis e non facemos como o Barça e o Madrid" afirmaron os de Terbutalina no festival de Vitaminas para o galego que se celebrou na noite do pasado venres na Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela. Ademáis do enerxético "gastro punk" dos de Muros, a xornalista Xiana Arias coordenou con palabras fermosas e precisas un acto no que se deron cita xornalistas, músicos e a vangarda da intelectualidade compostelán.

O recitado vibrante do rianxeiro Gonzalo Hermo, da vivariense Olalla Cociña e da luguesa Alicia Fernández abriu o lume dun acto no que Ubaldo Cerqueiro (Quepasanacosta) deu leitura ao manifesto que "Vitaminas para o galego" lanza para o vindeiro 17 de maio, Dia das Letras. No texto faise fincapé na necesidade de medios de comunicación que empreguen o idioma galego se se quere garantir a continuidade e a transmisión interxeneracional da lingua, a contribución máis importante de Galicia á construción da humanidade". Por iso afirman que queren "reforzar os medios de comunicación en galego, coa criación efectiva dun espazo galego de comunicación, como plataforma de defensa da identidade común".Os 26 medios que participan das "Vitaminas" afirman que "Galicia quere información de proximidade en galego, mass media que no século XXI difundan e prestixien o idioma, altofalantes que ensinen a nosa visión do mundo, peten nas conciencias e fagan visible a sensibilidade e a creatividade existente na sociedade galega".

Máis fotos do Festival:

Vídeos do Festival (disculpas polo son dalgúns, os aparellos acopláronse)





 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Vitaminas para o galego   cultura galega   dinamización lingüística   festivais   medios de comunicación  

Cultura: Vitaminas para o galego organizará un festival o día 27 de abril en Santiago

  • Comezáronse a repartir as recompensas entre os 197 micromecenas que apoian esta campaña de sensibilización para que haxa medios de comunicación en galego

Barbanza-Noia, 7 de marzo de 2012.- A campaña de apoio aos medios en galego comeza esta semana unha segunda fase. Como primeiro paso, “Vitaminas para o Galego” está a traballar para organizar un festival artístico o próximo 27 de abril en Santiago de Compostela.

Ademais, “Vitaminas para o Galego” xa enviou nesta semana as recompensas aos 197 mecenas que aportaron en total 6830 euros na primeira fase a través de internet, duplicando as expectativas de recadación. Os nomes dos contribuidores que aceptaron publicar o seu apoio aos medios en galego son os seguintes:

Algueirada S.L. Arteixo.

Taberna O Patacón. Carballo.

Sala A Reserva. Carballo

Estación Atlántica. MªJosé Barreiro. Barcelona.

Sabela Romar. Xornalista. Corcubión.

Chus Barbeira. Vimianzo.

Aira das Letras. Allariz

Silvia Orge. Soutomaior.

Xurxo Mariño. Santiago de Compostela.

Sistemas de Enxeñería Ambiental. Moaña.

Marcos Melendez Alonso. Ramirás

Manuel María Valcárcel Rodriguez. Barcelona.

Suso Rubio. Valadouro.

Marcos Meléndez Alonso. Ramirás. Ourense.

Redenasa. Santiago de Compostela

Xabier González Torre. Ames

Carme Hermida. Teo.

Ledicia Trillo. Fene

Ovidio Aldegunde. Mugardos.

Aldegunde Alvarez, Ovidio

Mugardos

A Coruña

Arias Rei, María Xesús

Fene

 

Barbeira, Chus

Vimianzo

A Coruña

Barrufet, Pere

Barcelona

 

Blanco Para, Adrian

Santiago de Compostela

A Coruña

Brocos Fernández, Maria Pilar

Santiago de Compostela

A Coruña

Calvo Pita, Jesus

As Pontes

A Coruña

Carballido Presas, Xose

Ourense

 

Cea, Socorro

Melide

A Coruña

Costas, Henrique

Vigo

Pontevedra

Cuba, Judit

Santiago de Compostela

A Coruña

Estevez López, José

Lugo


Farinós López, Xosé Ramón

Muros

 

Garaloces, Javier

Vigo

 

García Vázquez, Loreto

Santiago de Compostela

A Coruña

González Torre, Xabier

Vigo

Pontevedra

González-Manso, Xosé Maria

A Coruña

A Coruña

Libraría Aira das Letras

Allariz

Ourense

Lopez Perez, Lucia Flora

A Guarda

Pontevedra

Lorenzo Penela, Francisco Xavier

Ames

A Coruña

Louzao Outeiro, Miguel

Santiago de Compostela

A Coruña

Mariño, Xurxo

A Coruña

A Coruña

Meira Cabanelas, Tomé

Barcelona

 

Melendez Alonso, Marcos

Ramirás

Ourense

Mosquera Carregal, Xesus M.

Melide

A Coruña

Orge, Silvia

Soutomaior

Pontevedra

Patas de peixe, editora

Vigo

 

Pérez Castreje, Manuel J.

Quenxe. Corcubión

Pérez Lijó, Joao Manuel

Santiago de Compostela

Piñeiro Diaz, Ildefonso

Chantada

Lugo

Portela Barreiro, Margarita

Teo

A Coruña

Prado Ocampo, Antela (5 anos)

Ourense

 

Raña Lama, Paz

Vigo

 

Reimondez, Maria

Vigo

 

Rial Pérez, Xosé

Combarro. Poio

Rivas Alvarez, Manuel

Sarria (Lugo)

 

Rodriguez Otero, Begoña

Vigo

Pontevedra

Rodriguez Rodriguez, Anair

Gondomar

Pontevedra

 

Rubio, Suso

 

Valadouro

 

Salgueiro Salgueiro, Rosa

Santiago de Compostela

A Coruña

Senra Gómez, Oscar

Santiago de Compostela

Sistemas de Enxeñeria Ambiental

Moaña

 

Sontiña

Cee

A Coruña

Tabernero, Antón

Calo (Teo)

A Coruña

Torre Martins, Xesus Manuel da

Vigo

Pontevedra

Trillo Gonzalez, Ledicia. Fene

Valcarcel Rodriguez, Manuel María

Barcelona

 

Vila López, Mario

Dozón

Pontevedra

Vilela Lopez, Bruno

Santiago de Compostela

A Coruña

Os medios de comunicación que colaboran en Vitaminas para o Galego agradecen publicamente o apoio destas persoas e colectivos que contribuíron a través da plataforma de financiamento social en liña Verkami, traducida ao galego para esta ocasión. Todos os beneficios das súas contribucións están destinados a financiar a propia campaña e ao mantemento económico das cabeceiras colaboradoras.

Quen estamos en Vitaminas para o Galego?

A campaña Vitaminas para o Galego está artellada polos medios de comunicación: Galicia Confidencial, Tempos Novos, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta, ademais dos medios colaboradores Certo xornal dixital de Barbanza e Noia, Osil.info de Valdeorras e Crónica3 da Mariña Lucense, Radio Nordés (Cadena Ser Costa da Morte), Terra Cha XaCrónicas da Comarca (Arzúa – Melide), a revista de surf www.surfgz.com; Cadernos de Comunicación e Analise; Lalín e Comarca“Hermes e Atenea” (xornal en galego de deporte e cultura); Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia; De Luns a VenresCabozo, a rede social galega; a rede de blogues Vencello; Cartafol, a revista multimedia para Ipad; A Nova Peneira (www.peneiradixital.com) e o programa radiofónico Plástico Elástico.


Que é Vitaminas para o Galego?

“Vitaminas” naceu co convencemento de que o galego non sobrevivirá se non se editan medios na lingua do país. O papel dos medios na evolución da cultura galega é indispensable, especialmente en eidos, por exemplo, como a difusión da cultura do país cara fóra ou a creación de vocabulario informativo e publicitario.

O cartel do próximo festival en Compostela no están aínda pechado, pero polo de agora está confirmada a actuación da banda de gastro-punk de Muros Terbutalina no centro social a Gentalha do Pichel.






Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
http://www.certo.gl
http://certo.posterous.com
http://www.flickr.com/photos/certo/
http://xornalcerto.blogspot.com
http://twitter.com/Certo
http://friendfeed.com/certo



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Vitaminas para o galego   campañas   cultura galega   medios de comunicación  

Comunicación: concerto en Redondela a prol dos medios en galego esta noite


  • ROI CASAL E SILVIA FERRÉ COLABORAN SÚMANSE A “VITAMINAS PARA O GALEGO”, UNHA INICIATIVA NA QUE COLABORAN 20 MEDIOS NA LINGUA PROPIA

http://www.roicasal.com

Redondela, 20 de xaneiro de 2012.- A campaña de apoio aos medios en galego realiza este venres unha presentación-concerto en Redondela. O arpista Roi Casal e a cantante Silvia Ferré actuarán antes e despois da presentación de “Vitaminas para o galego”. Será a partir das 19:30 na Casa da Cultura desta vila. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela organiza o acto.

Media_httpa2ecimagesm_xjkia

Silvia Ferré no seu MySpace

Vitaminas para o galego” é unha iniciativa de na que colaboran vinte medios e plataformas de comunicación na lingua propia: Galicia Confidencial, Tempos Novos, Praza Pública, Novas da Galiza, Radiofusión, Valminor.info, Quepasanacosta, Certo.gl. O Sil e Crónica3. Tamén apoian Terrachá.xa, Crónicas da comarca (Arzúa - Melide),  Radio Nordés - Cadena Ser Costa da Morte , Cadernos de Comunicación e Analise, Hermes e Atenea, Surfgz, Disquecool, Cabozo, de Luns a Venres e Vencello.

A campaña sumou xa máis de 5.100 euros en donativos en liña a través da plataforma Verkami, superando os obxectivos de recadación fixados inicialmente. Todo o diñeiro adícase a sufragar a propia campaña e ao mantemento económico dos medios colaboradores.

Os 140 mecenas que aportaron diñeiro reciben mercadotecnia da campaña (paraugas, etc.) e regalos ofrecidos por empresas colaboradoras. Entre as novas “recompensas” para os que contribúan nos próximos once días a través da web vitaminasparaogalego.gl. estarán produtos doados por Froitas León, queixos da denominación de orixe Arzúa Ulloa e unha fin de semana nunha casa de turismo rural.

Manuel Bragado e tres representantes dos vinte medios que participan

No acto de Redondela participará Manuel Bragado, en representación da plataforma Prolingua. Bragado tamén é presidente da Asociación Galega de Editores. Por parte dos medios organizadores falarán Pedro Telmo (O Val Miñor.info), Marcos Pérez (Praza Pública) e Henrique Sanfiz (Radiofusión).

“Vitaminas para o Galego” naceu co obxectivo de loitar contra a desaparición de medios en galego sufrida nos últimos meses (Vieiros, Galicia Hoxe, A Nosa Terra, A Peneira, etc). Tamén pretende contribuír ao nacemento de novas cabeceiras.

A iniciativa está aberta a novas incorporacións e, de feito, dende o seu lanzamento xa sumou sete novos medios colaboradores.

Pode que tamén lle interese:

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Vitaminas para o galego   concerto  

Medios: a campaña "Vitaminas para o galego" supera as expectativas de recadación

  • Este proxecto arrexunta a 16 cabeceiras e radios en galego 

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2012.- A iniciativa a prol dos medios na lingua do país acaba de lograr o seu primeiro éxito. “Vitaminas para o Galego” conseguiu recadar máis de 4.000 euros a través de Internet en menos dun mes dende a súa presentación.

O obxectivo inicial era recoller 3.300 euros antes do 1 de febreiro. Con 22 días de antelación sobre a data límite, a cantidade aportada polos cidadáns xa supera os 4.000 euros.

As contribucións organizáronse a través da web Verkami, plataforma que foi traducida ao galego polos organizadores e onde se poden seguir facendo pagamentos. A cambio da súa contribución, os internautas recibirán material de promoción da campaña. Un deles, que aportou 1.000 euros, gozará na súa casa dun concerto do Leo i Arremecaghonacona e cinco quilos de percebes.

Media_httpfarm8static_rakef

Medios que comezaron coa campaña. Pouco a pouco vanse sumando máis

 

Colaboran 16 medios pero está aberto a novos socios

Os medios de comunicación que organizan esta iniciativa queren agradecer o apoio deste músico e dos máis de 100 mecenas que xa contribuíron en liña. Os cartos destinaranse integramente ao financiamento da propia campaña e o resto repartirase entre as cabeceiras que participan en Vitaminas para o Galego.

Son varios os medios que se unen á campaña como colaboradores. A nosa veciño Radio Nordés (Cadena Ser), Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), a revista de surf www.surfgz.com, así como Cadernos de Comunicación e Analise e “HERMES&ATENEA” (xornal en galego de deporte e cultura), únense para seguir dando Vitaminas ao galego.

Os organizadores son a rede de emisoras municipais galegas Radiofusión, Tempos Novos, Galicia Confidencial (GC), Novas da Galiza, O Val Miñor Info, Praza Pública, Terracha Xa, e Que Pasa na Costa. Tamén colaboran na campaña tres xornais comarcais, Crónica 3 da Mariña luguesa, O Sil de Valdeorras e Certo, xornal dixital de Barbanza e Noia. Ademais, están invitados a sumarse todos os medios ou proxectos de medios que publiquen na lingua propia do país.

Segunda fase da campaña

Agora comeza unha segunda fase da campaña, que consistirá na difusión dos obxectivos de Vitaminas para o Galego a través das redes sociais e da organización de relatorios e actos de promoción por toda a xeografía galega.

Entre os obxectivos de “Vitaminas” destaca contribuír á supervivencia dos medios en galego, que nos últimos meses sufriron importantes baixas como, entre outros, Vieiros, A Nosa Terra, A Peneira ou Galicia Hoxe. Asemade, búscase contribuír ao nacemento de novos proxectos informativos en lingua galega.

Máis información nas webs http://www.vitaminasparaogalego.gl/ e http://vitaminasparaogalego.blogspot.com/

Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Vitaminas para o galego   medios de comunicación  

Ribeira: abren prazo de inscrición para cursos de galego Celga 2012

Media_httpfarm3static_evmfj

Ribeira, 9 de xaneiro de 2012. A participación de Ribeira na Rede de Dinamización Lingüística desde o ano 2011, implica a mellora e intercambio de experiencias dinamizadoras e de formación en lingua galega. Neste marco iníciase o período de inscrición nos cursos gratuítos de formación para a obtención da titulación CELGA dos niveis 1, 2, 3 e 4 que se impartirán no concello de Ribeira neste ano 2012. 

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira informa de que o prazo de inscrición para asistir aos cursos gratuítos preparatorios dos exames CELGA dos niveis 1, 2, 3 e 4, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, permanecerá aberto ata o día 30 de xaneiro de 2012, tal e como reflicte a publicación do DOG do 09/01/12 a Orde do 4 de xaneiro de 2012, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncian cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis CELGA 1, 2, 3, 4. 

A reserva de prazas realizarase por estrita orde de inscrición, ata completar o límite de 30 persoas inscritas por curso. A formación é gratuíta e está  dirixida a persoas de máis de 16 anos.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   Vitaminas para o galego   cursos  

Medios: súmase un novo xornal a "Vitaminas para o galego", desta volta en papel

Media_httpterrachaxac_amsao

Barbanza e Noia, 23 de Nadal de 2011. O xornal Terra Cha.xa ven de sumarse a “Vitaminas para o galego”, campaña de sensibilización impulsada conxuntamente polos medios de comunicación en lingua galega. A iniciativa pretende suliñar a importancia de contar con mass media no idioma propio de Galicia, se queremos garantir a súa transmisión interxeneracional. Co periódico da Terra Chá  son xa 11 os medios en papel impreso, dixitais e radiofónicos que se suman á proposta.

Terra Cha.xa naceu en outubro do 2003 con periodicidade mensual. Imprime na actualidade 2.500 exemplares. Nun principio o xornal tiña 24 páxinas, pero dende hai máis de 2 anos conta con 32. A súa versión dixital entrou en funcionamento no verán do 2009. Recolle a información de todos os Concellos da Terra Cha e limítrofes, coa actualidde de Vilalba, Abadín, Mondoñedo, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Meira, Pol, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz, Xermade, Muras e As Pontes. 

Boa acollida dos internautas

 O proxecto “Vitaminas para o galego” comezou o xoves 22 de decembro a búsqueda de micromecenas a través da plataforma de verkami. En 24 horas xa se tiña cuberto case a metade do orzamento marcado como obxectivo. O proxecto permanecerá en vigor durante 40 dias, ata finais do mes de xaneiro.

Galicia confidencial, Tempos Novos, Novas da Galiza, Radiofusión, Praza Pública, Ovalmiñor.info, quepasanacosta, certo.gl, cronica3 e O Sil, presentaron “Vitaminas para o galego” o pasado sábado  dia 17 no marco de Terractiva, Feira ecolóxica de Arzúa.

Agora no crowfunding

O crowfunding é unha forma directa de financiar proxectos coa suma de aportacións individuais. A páxina de verkami diríxese a creadores independientes que buscan financiación para materializar as súas ideas. O seu publico, convertido en mecenas, recibe recompensas exclusivas a cambio das súas aportacións.

http://www.verkami.com/projects/1040-vitaminas-para-o-galego

Antes, en Certo:


Campaña: apoia Vitaminas para o galego! Apóianos!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Vitaminas para o galego  

Medios: apoia aos xornais na lingua propia de Galicia

Barbanza e Noia, 22 de Nadal de 2011. No mesmo día en que celebramos o centenario do nacemento de quen deixou como epitafio "Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis", os medios que apoiamos a iniciativa "Vitaminas para o galego" comezamos cunha nova etapa: o micromecenazgo dos seareiros.

A campaña “Vitaminas para o galego”, foi presentada por 10 medios do país, entre eles Certo, a semana pasada en Arzúa e pretende  buscar o compromiso dos lectores, o compromiso da cidadanía galega para asegurar a nosa supervivencia.

Este xoves 22 de decembro comezou a busca de micromecenas a través da plataforma catalana Verkami. As primeiras horas foron dun auténtico e sorprendente éxito xa que se atoparon en pouco máis de 3 horas, 8 micromecenas. O proxecto permanecerá en vigor durante 40 dias, ata finais do mes de xaneiro.

Vitaminas_medios

Certo, xornal dixital de Barbanza e Noia, é un dos medios que apoian esta campaña xunto cos xornais comarcais QPC (Que pasa na Costa),  da Costa da Morte, Osil.info de Valdeorras e Crónica3 da Mariña Lucense, namentres organizan portais dixitais Galicia Confidencial, Praza Pública e Val Miñor.info, a rede de emisoras municipais Radiofusión e os semanarios Tempos Novos e Novas da Galiza. A campaña segue aberta a que se engadan máis medios, destes que empregamos maioritariamente a lingua propia de Galicia.

 

Que facer? Infórmate en

OLLO!! XA HAI PÁXINA DE SEAREIROS DE CERTO NO FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!! Alí iremos informando máis polo miúdo desta campaña.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Lingua galega   Vitaminas para o galego   campañas   medios de comunicación   sensibilización