Preme para voltar á portada
Filed under

Xacobeo

 

Noia: o poeta noiés Xoán Leiceaga e outros membros da tertulia literaria de Noia asistiron ás xornadas "Camiño ao andar"

Leiceaga_e_gamoneda

Gamoneda, á dereita, saudando a Xoán Leiceaga

Noia, 29 de outubro de 2010. O escritor italiano Erri du Luca e o premio Cervantes Antonio Gamoneda clausuraron onte á tarde as xornadas de reflexión e diálogo "Camiño ao andar", celebradas no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela.

Sen lugar a dúbidas, o final da conferencia impartida polo poeta Gamoneda baixo o título "Creación estética de e sobre o Camiño: forma, iconografía, escritura", foi unha das partes máis reconfortantes para os membros da tertulia literaria de Noia, alcumada “Noia, porto de Compostela”. O poeta noiés Xoán Leiceaga B., autor de “Amores soñados, inalcanzables”, “Letras minúsculas”, “De temblores y grietas”, entre outras, formuloulle ao premio Cervantes unha serie de preguntas orientadas á explicación dos aspectos da súa obra que despertaron moito interese aos tertulianos ao longo da celebración das diferentes sesións literarias centradas na figura e obra de Antonio Gamoneda.

Media_httpfarm5static_ixcdf

Centro Galego de Arte Contemporánea

A tertulia literaria noiesa é un clube de letura formado por un grupo heteroxéneo de letores: escritores, artistas, amas de casa ou filólogos que semanalmente se reúnen nun bar para comentar e analizar libros e artigos xornalísticos, sen pasar desapercibido o contexto social, cultural, económico e político do pobo a través dunha visión crítica do pasado, presente e futuro da vila de Noia.

Vía Isabel Veiras Manteiga en Facebook

Relacionada:

Betanzos porto xacobeo
Portus Apostoli: a Xunta segue a ignorar a Noia como tal



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Xacobeo   literatura  

Ribeira: cen quilómetros de sendeirismo ata Santiago para celebrar o Xacobeo, no "Camiño de Outono"

Unha actividade dividida en tres etapas, a facer os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro. Participan varias asociacións e outros dous concellos, Lousame e Negreira

(download)
Imaxes da presentación da actividade

Ribeira, 11 de outubro de 2010.- Con motivo do Ano Xacobeo, o Concello está a organizar unha ruta de sendeirismo na modalidade campo a través e cunha distancia de 100 quilómetros que descorrerá entre Ribeira e Santiago de Compostela. Esta actividade, denominada Camiño de Outono, celebrarase os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro, e conta coa colaboración da Asociación As Miñoteiras e a Asociación de Veciños de Carreira, ademais da dos Concellos de Lousame e Negreira. O concelleiro de Deportes Miguel Ángel Vidal Tomé, e o representante de As Miñoteiras Moncho Sampedro presentaron a iniciativa na Casa Consistorial.

Media_http1bpblogspot_xzzps

As dúas primeiras etapas terán unha distancia aproximada de 40 quilómetros, mentres que a última será de 20. A saída do día 30 terá lugar en dous lugares distintos. Por unha parte, na praza do Concello ás 8.15 horas e, por outra, na Capela da Guía, na parroquia de Carreira, ás 8 horas. Ambos grupos converxerán no parque periurbano de San Roque e atravesarán o Monte Curota, a Serra de Barbanza, o Parque Arqueolóxico das Chans e o Monte Iroite. Esta primeira etapa finalizará no poliderportivo de Lousame.
Media_httpfarm4static_jqown

O roteiro pasará polos arredores de Toxosoutos, espectaculares para o sendeirismo

A segunda etapa partirá  da aldea de A Silva, lugar onde está enclavado o polideportivo, e pasará por Portobravo, o río San Xusto, o mosteiro de Toxosoutos, a central do Tambre, a devesa do Nimo e o embalse do Tambre. Os participantes pernoctarán no pavillón polideportivo de Negreira. Por último, a terceira etapa equivalerá aos 20 primeiros quilómetros do camiño oficial de Fisterra. O punto máis emblemático desta ruta é Pontemaceira.

Inscricións, a 50 euros

Este mércores habilitarase unha páxina web (caminodeoutono.blogspot.com) para que se poidan inscribir os interesados en participar. O prezo é de 50 euros, e da dereito as comidas, un coche de apoio (onde no que se poderán trasladar as equipaxes para facer menos dura a ruta) e o retorno dende Santiago en autobús. 

Ademais, os familiares dos participantes poderán ir a bordo deste autobús o domingo 31 ata Santiago para reunirse cos camiñantes, sempre en función do número de prazas dispoñibles.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Camiño de Santiago   Lousame   Ribeira   Santiago de Compostela   Xacobeo   sendeirismo  

Certames: publicadas as bases dos premios Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla

Barbanza-Noia, 1 de outubro de 2010. As bases correspondentes ao III Certame periodístico e literario Premio Fundación Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla así como as do IV Certame fotográfico Premio Fundación ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla, dotados cada un deles cun premio de 4.000 Euros en metálico, xa están publicadas. Téñenas na lingua de Rosalía e na de Cervantes.

Click here to download:
Bases Premio periodistico galego.pdf (18 KB)
(download)

Click here to download:
Bases Premio fotografia castellano.pdf (20 KB)
(download)

Click here to download:
Bases Premio fotografia galego.pdf (18 KB)
(download)

Click here to download:
Bases Premio periodistico castellano.pdf (18 KB)
(download)



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Xacobeo   certame   fotografía   literatura   xornalismo  

Noia: a Xunta segue ignorando á vila como Porto Xacobeo na súa programación cultural

Media_httpfarm5static_egxdh

Noia posúe o maior depósito de laudas gremiais de Europa, na igrexa de Santa María a Nova

Noia, 14 de outubro de 2010. Como xa advertíramos o mes pasado, a Xunta de Galicia segue a ignorar á vila de Noia logo de, presuntamente, declarala Porto Xacobeo. A nota de prensa de hoxe sobre a programación no porto de Cee así o desvela, de novo:

Santiago, 14 de outubro de 2010.- Portos de Galicia, comezará mañá venres día 15 o programa de actividades denominado Cee, Porto Xacobeo, cunha exposición sobre o Camiño Xacobeo Fisterra-Muxía que estará aberta entre os días 16 e o 22 deste mes, na Casa do Concello, incluído dentro dos actos programados para o Ano Santo 2010.
O obxectivo deste programa é o de achegar o porto de Cee aos cidadáns, a través de varias actividades. Tamén mañá venres día 15 terá lugar unha conferencia sobre o Camiño Xacobeo Fisterra-Muxía impartida por Antón Pombo Rodríguez, doutor en historia, escritor e xornalista, participante no equipo que investigou e puxo en valor a ruta a Fisterra e Muxía. Para o sábado día 16, ás 21:00 horas haberá un concerto na Igrexa de Santa María da Xunqueira, a cargo do violonchelista, Thomas Piel.

(...)

En total, 15 portos forman parte deste programa que engloba cinco Camiños de Santiago: o do Norte, Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Portugués e ruta Marítima de Arousa. Os portos distinguidos como Portos Xacobeos son os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira".

Outra vez omiten Noia. Logo de todos os esforzos dos empresarios da vila e mesmo dos políticos -incluso o alcalde chegara a peregrinar a Compostela baixo o lema Portus Apostoli e na Feira Medieval escolleuse como subtítulo do cartel o latinaxo "Portus Apostoli in Ani Santi Iacobi MMX"- Noia segue sen ter unha programación cultural de seu baixo esta denominación.

Antes publicamos:

Media_httpfarm5static_pefhj

Lauda do peregrino en Santa María a Nova

Noia, 23 de setembro de 2010. A última nota de prensa da Xunta de Galicia sobre actividades dos Portos Xacobeos, unha iniciativa totalmente improvisada e inconexa que aparece e desaparece da programación cultural da Xunta como por arte de maxia, volve ignorar a Noia como Porto Xacobeo.

Logo de todos os esforzos dos empresarios da vila e mesmo dos políticos -incluso o alcalde chegara a peregrinar a Compostela baixo o lema Portus Apostoli e na Feira Medieval escolleuse como subtítulo do cartel o latinaxo "Portus Apostoli in Ani Santi Iacobi MMX"- Noia segue sen ter unha programación cultural de seu baixo esta denominación.

Media_httpfarm5static_grjed

Ponte de Betanzos, que tamén é Porto Xacobeo

O anuncio da programación do Porto Xacobeo de Betanzos de hoxe recolle un apartado que di así:

"Portos Xacobeos

Esta aportación ao fenómeno Xacobeo supón unha gran oportunidade para dar a coñecer por primeira vez a vinculación dos portos cos diferentes Camiños, nunha aposta por favorecer o coñecemento das nosas instalacións portuarias. Tamén se aproveita a oportunidade que nos ofrece este ano Santo para achegar a realidade sociocultural dos municipios galegos tanto aos seus habitantes coma aos seus visitantes.

En total, 15 portos forman parte deste programa que engloba cinco Camiños de Santiago: o do Norte, Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Portugués e ruta Marítima de Arousa. Os portos distinguidos como Portos Xacobeos son os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira".

Como se pode observar, Noia non aparece (sería o porto 16), a pesares do anuncio da mesma Xunta de Galicia o 12 de xuño, no que recoñecían, logo de que así llo fixeran ver varios historiadores e das protestas do empresariado, que "a súa vinculación coa ruta marítima xacobea así o demostra, pois segundo contan as crónicas, foi un dos portos máis importantes de Galicia".

Agás unha exposición con trece cadros de artistas contemporáneos (Iacobus Gallaecia) que recalou na vila, a Xunta non programou nada máis nesta vila da súa amplísima oferta cultural deste ano 2010. Por haber, nin houbo feira do libro (e este ano é o Ano do Libro e da Lectura en Galicia, tamén segundo a Xunta). Para máis, unha actividade que está consolidada e medrando cada ano en número de espectadores como é o Certame de Curtas "Vila de Noia",  tampouco a apoian ou a inclúen en "Xacobeo Filme", mentres que a outras localidades que aínda van polas primeiras edicións, si que as patrocinan.

Antes publicamos:

Portus Apostoli: Noia, por fin nomeada Porto Xacobeo


Porto de Compostela
: a canción de Los Tamara que non escoitaron na Xunta

Protesta: o 21 de maio, marcha nocturna reivindicando o Portus Apostoli

Porto Xacobeo: o Psoe pide ese estatus para Noia no Parlamento 

Cinema: Xacobeo Filme patrocina 11 festivais. Noia, fóra de novo

Historia: 8 de xuño de 1147, arriban 200 naves dende Inglaterra



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Xacobeo   cultura   portos  

Ribeira: 41 participantes na ruta cicloturista xacobea entre Compostela e Fisterra

(download)

Ribeira, 22 de setembro de 2010. Un total de 41 persoas tomaron parte o pasado sábado na marcha cicloturista que, coa escusa de honrar o Xacobeo, se levou a cabo entre Santiago de Compostela e Fisterra. A iniciativa estivo organizada polo Club Ciclista Ácidoláctico, a Peña Ciclista Tahúme, unha tenda de bicicletas e o Concello de Ribeira.

A organización viu cumpridas as súas expectativas e o percorrido, con 98 quilómetros de distancia, foi completado nun tempo aproximado de 6 horas (entre as 9 e as 15  horas): circunstancia á que axudou as magníficas condicións meteorolóxicas existentes na mañá do sábado. O itinerario descorreu sen apenas incidencias (tan só houbo unha caída sen demasiada consideración) e un 80% dos ciclistas participantes lograron culminar este reto. 

Unha vez chegados á meta (houbo previamente un punto de avituallamento en Dumbría), todos os participantes puideron asearse no albergue por cortesía do Concello de Fisterra. Este municipio foi escenario dunha comida na que cada un dos participantes recibiu unha medalla conmemorativa. Ademais, concedéronse sendos trofeos ao Club Ciclista Ácidoláctico e á Peña Ciclista Tahúme, e sorteáronse diversos regalos.

A peregrinación serviu tamén para obter a certificación oficial da Fisterrana.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   Xacobeo   ciclismo   turismo  

Noia: vinte noieses participan nunha peregrinación a Santiago de Compostela ata o 12 de outubro

Media_httpfarm5static_hhaad

A misa do Peregrino o 12 de outubro ás 12 será o último acto desta peregrinaxe

Noia, 8 de outubro de 2010. Vinte noieses participan na peregrinación a Santiago de Compostela que organizou a Concellaría de Relacións Veciñais co gallo deste Ano Santo Xacobeo. Ofrecémoslles imaxes das primeiras etapas.

 

O venres 8 de outubro os que quixeron acompañalos saíron ás nove da mañá para chegar a Sarria e xantar. Como se observa nas imaxes, a peregrinación está a supoñer moito tempo de convivencia, na que os camiñantes partillan dende a elaboración das comidas ata sobremesas botando uns naipes, ademais da lóxica camiñata diaria. 

O vindeiro martes día 12 de outubro tamén haberá posibilidade, e ademais de balde, de acompañar aos peregrinos en ruta. Sairá o autobús de Noia ás dez da mañá dende a Alameda para chegar á Praza do Obradoiro de Compostela e recibir a estes peregrinos. Irán todos xuntos á misa do Peregrino das doce, entrarán pola Porta Santa para gañar o Xubileo e tamén lle darán o seu correspondente abrazo á efixie do Apóstol Santiago. Logo regresarase a Noia en bus.

Antes publicamos:

Media_httpfarm5static_piwcj

Noia, 20 de setembro de 2010. A Concellaría de Relacións Veciñais e Participación Cidadá informa de que está a organizar unha peregrinación a Santiago de Compostela co gallo do ano Santo. O punto de partida será Sarria e en total faranse 115 quilómetros en  5 etapas do 8 ao 12 de Outubro (Ponte do Pilar).

1º Etapa Sarria-----------------Portomarín

2º Etapa Portomarín----------- Palas de Rei

3º Etapa Palas de Rei ----------Arzúa

4º Etapa Arzúa------------------- O Pedrouzo

5º Etapa Pedrouzo---------------- Santiago.

A organización pretende levar un grupo mínimo de 20 persoas a esta peregrinación. Irán acompañados dun vehículo de apoio que transportará o botiquín, as mochilas pesadas e o avituallamento para as paradas estipuladas nas rutas diarias.

Estimase un custe total de 125 euros por persoa, que inclúe todos os almorzos, comidas e ceas que se fagan durante as rutas, o prezo dos albergues para durmir, o avituallamento a base de froita, auga e aquarius e a credencial de cada peregrino para ir sellando nas zonas indicadas. O prezo pode variar segundo sexa a  ocupación dos albergues públicos; se non houbese sitio neles, durmiríase en albergue privado o que podería encarecer un pouco o prezo final.

Media_httpfarm4static_lnbri

Saen camiñatas de entrenamento dende o Concello dende o martes 21

A partires deste martes día 21 de Setembro faranse camiñatas para practicar antes de realizar as rutas do camino de Santiago.  O punto de encontro será diante do Concello de Noia e o horario  irá de luns a venres ás seis da tarde e o sábado, pola mañá, ás dez.

Os interesados poden solicitar máis información e a ficha de inscrición no Concello de Noia (981842100) ou falando con Rosa Ana Mariño González, concelleira de Relacións Veciñais.

O 1 de Outubro será reunión no Salón de plenos ás doce do mediodía para todos aqueles apuntados para realizar a peregrinación ou ir de acompañantes. Alí  falarase das normas e recomendacións para a realización das rutas.

A esta iniciativa sumanse as tres asociación de empresarios da vila co lema Noia Porto de Compostela. A saída de Noia farase en autobús, ás nove da mañá na Alameda. As persoas que desexen acompañar aos peregrinos ata Sarria poderán facelo no mesmo autobús.

Podería estar relacionada:

Betanzos porto xacobeo
Portus Apostoli: a Xunta segue a ignorar Noia como tal



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   Xacobeo   actividade Concello  

Deportes: Ámbar completou a preparación do Camiño Náutico Xacobeo para Todos 2010

100_4552

Ribeira, 16 de setembro de 2010. As tres embarcacións accesibles das que dispón o Programa Vela para Todos da Asociación AMBAR, lograron completar o sábado pasado a etapa entre Ribeira e A Pobra do Caramiñal. Tratábase dunha preparatoria para a realización os vindeiros días 23,24 e 25 de setembro da peregrinación ata Santiago.

Esta é a primeira vez que as embarcacións do Programa Vela para Todos realizan esta travesía pola Ría de Arousa, que asemade tentarán remontar o curso do Ulla para chegar ata Pontecesures. Os veleiros zarparán o vindeiro xoves 23 de Ribeira e irán realizando escalas en diversos portos, que aproveitarán para cambiar as tripulacións, intercambiar impresións e retomar forzas. Como etapa final, os participantes percorrerán a pé o camiño ata Compostela, embarcacións incluídas.

Media_httpfarm5static_cgmie

A participación está aberta ata o vindeiro día 21  de setembro. @s interesad@s deberán poñerse en contacto coas oficinas de AMBAR no teléfono 981 83 29 05.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Xacobeo   vela   Ámbar  

Deportes: organizan en Ribeira unha marcha cicloturista entre Compostela e Fisterra co gallo do Ano Santo

Terá lugar o 18 de setembro, sábado, e está limitada a 50 prazas

(download)

Ribeira, 7 de setembro de 2010. Co fin de conmemorar o Ano Xacobeo, este 18 de setembro terá lugar unha Marcha Cicloturista entre Santiago de Compostela e Fisterra que está organizada polo Club Ciclista Ácidoláctico, a Peña Ciclista Tahúme e a tenda de bicicletas Sportbike Barbanza, ademais do Concello de Ribeira. 

Para ofrecer detalles da proba acudiron á Casa do Concello Lolo Paisal, presidente de Ácidoláctico; Juan Manuel Lorenzo, de Sportbike Barbanza; e os edís de Xuventude e Turismo e de Deportes, Vicente García e Miguel Ángel Vidal, respectivamente. 

Esta proba non pretende ser unha competición, senón que é unha actividade participativa á que están convidados tanto os ciclistas profesionais como os afeccionados que en último térmo ten por obxectivo promocionar e apoiar o deporte do ciclismo. 

O prazo para anotarse abrirá mañá mércores e rematará o día 15 de setembro. Hai prazas limitadas: un total de 50 que serán cubertas por rigoroso orde de inscrición. Prezo por participantes é de 20 euros. Con este fin, hai unha conta habilitada na entidade Caixa Galicia: 2091 0340 35 30 0004 9097. 

Máis información e inscricións no Auditorio Municipal (teléfono 981 835 650). 

Itinerario e horarios

A saída desde Santa Uxía terá lugar ás 7 da mañá e o inicio da proba terá lugar ás 9 da mañá en Santiago de Compostela. Haberá avituallamiento en Dumbría e un coche vasoira para aqueles que se apeen da bicicleta antes de chegar a Fisterra. A duración da proba estímase nunhas seis horas. Unha vez chegados á meta, todos os participantes estarán convidados a un xantar e poderán darse unha ducha nunhas instalacións que prestará o Concello de Fisterra. 

Ademais, os ciclistas recibirán uns agasallos por cortesía de Sporbike Barbanza e unha medalla conmemorativa de parte do Concello, quen tamén se encarga de financiar o autobús, os dorsais, a comida e uns bidóns de bicicleta promocionais da Concellería de Turismo.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   Xacobeo   ciclismo   turismo  

Ribeira: o luns 9 de agosto, como colofón ás Festas do Verán, "Etheria sae ao teu paso"

Etheria_centro_coreogrfico_gal

Ribeira, 1 de agosto de 2010. Como complemento á programación das Festas de Verán, a praza do Concello de Ribeira vai acoller o vindeiro luns día 9 de agosto, a partir das nove da noite, a actividade Camiños en Danza. Ethéria sae o teu paso. Trátase dun espectáculo impulsado polo Centro Coreográfico Galego coa finalidade de promocionar a danza entre distintos concellos do Camiño de Santiago: ademais de Ribeira, Santiago de Compostela, Fisterra, Muxía, Vilagarcía e O Cebreiro.

Camiños en Danza. Ethéria sae o teu paso é unha variación do espectáculo Ethéria. A viaxe soñada. A viaxe de Ethèria é unha historia fascinante que traza un percorrido de unión entre os grandes centros de peregrinación cristiá. Ao mesmo tempo, é unha historia incompleta: nos datos da viaxe, xa que non se conservan todas as follas do manuscrito que a relata; e no seu remate, ao perderse a pista de Ethèria e non confirmar se efectivamente regresou a Galicia. O espectáculo ten unha duración de 25 minutos e un elenco formado por seis bailaríns e un percusionista. Está organizado por AGADIC coa colaboración do Xacobeo e da Concellería de Cultura e Festexos de Ribeira.

O novo espectáculo do Centro Coreográfico Galego parte do suposto de que esa viaxe foi posible, dende Xerusalén ata Compostela; e amosaránola a través da música, a imaxe e a danza, evocando sentimentos e sensacións en cada un dos lugares polos que transcorre. 

Toda a información da obra orixinal na web do Centro Coreográfico Galego, aquí

Tamén en Rianxo

Etheria
E o xoves 12 de agosto, se non puido vela en Ribeira, ou lle gustou tanto que quere recuncar, en Rianxo, ás nove da noite, na Praza de Castelao.

Relacionada:


Festas do Verán: do 4 ao 9 de agosto. Programa aquí



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   2010   Festas   Ribeira   Xacobeo   danza   verán  

Rianxo: o sábado 24, concerto no auditorio co cuarteto de guitarras "Los 4 elementos"

Media_httpwwwviastell_cbgmy

> O século XX: a música popular
_

LOS 4 ELEMENTOS cuarteto de guitarras
Esteban Fragas
Marcos Rivera
Bruno Bonamis
Iago Reigosa

Ruta do Mar de Arousa - Río Ulla
RIANXO
Auditorio Municipal
sábado 24 de xullo de 2010
21:30

> Prezos:
_

ENTRADA LIBRE até completar o aforo do local.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   Xacobeo   concerto   música clásica  

Boiro: este venres 23, concerto do Vía Stellae na casa da cultura "Ramón López"

Media_httpwwwviastell_jmved

> Serenatas para cordas: Tchaikovski e Elgar
_

CAMERATA QUIODI
PLAMEN VELEV director

Ruta do Mar de Arousa - Río Ulla
BOIRO
Casa da Cultura
venres 23 de xullo de 2010
22:00

> Prezos:
_

ENTRADA LIBRE até completar o aforo do local



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   Xacobeo   concerto   música clásica  

A Pobra: o presidente de Portos de Galicia, na inauguración dos novos pantaláns

Presidente_portos_de_galicia_2

A Pobra do Caramiñal, 15 de xullo de 2010. O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Alvárez Campana-Gallo, estivo hoxe na posta en funcionamento dos embarcadoiros para remo e piragüismo que a entidade que dirixe realizou na Pobra. 

Estes embarcadoiros son dous módulos de pantalán aboiante de 2,5 metros de anchura e 12 de lonxitude, cunha superficie de madeira e oito flotadores de polietileno, que en total conforma un pantalán de 24 metros. Tamén se colocou unha rampla-pasarela especial para remo de 14 metros de lonxitude e 3,5 de ancho totalmente en aluminio calidade marina, cun pavimento de madeira. O investimento total destes dous pantaláns é de 48.000 euros.

  O Alcalde e o equipo de goberno din "mostrar a súa satisfación pola realización destes dous pantaláns cos cales quedan debidamente equipados os Clubes de Remo e Piragüismo da Pobra do Caramiñal, poñéndose desta maneira aos niveis doutros Clubes de Galicia e garantindo a seguridade dos nenos e nenas que compiten nestes clubes cando saen ao mar".

Charla sobre Portos Xacobeos

Media_httpfarm5static_jsibo

Xa pola noitiña, tivo lugar unha conferencia na casa de cultura "Raquel Fernández Soler". O presidente da Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e Ulla, Javier Sánchez-Agustino Mariño, disertou sobre "O camiño Xacobeo por mar. Ruta Xacobea Ría de Arousa". Estivo acompañado pola concelleira de Cultura de A Pobra, Encarnación González, polo alcalde Isaac Maceiras e pola deputada autonómica do Partido Popular María Seoane (todos na imaxe).

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Portos de Galicia   Xacobeo   obras