Preme para voltar á portada
Filed under

xornadas

 

Ribeira: as charlas sobre cans deste venres 25 tratan do adestramento e convivencia coas mascotas na cidade

  • As ponencias terán lugar no centro de San Roque
  • A última andaina destas xornadas "Encanínate" terá lugar este domingo 27 de maio e sairá dende Deán (dende a chamada pista vermella / pista deportiva). Todos os asistentes deberán presentarse ás 9.30 horas no lugar da saída

Media_httpfarm5static_gbhdd

Ribeira, 23 de maio de 2012.- Este venres día 25 de maio, a partir das 20 horas, terá lugar no centro de interpretación do Parque Periurbano de San Roque o ciclo de charlas incluído dentro da programación das xornadas Encanínate: unha iniciativa coorganizada polo Concello e as asociacións Sálvora, As Miñoteiras e Agacett.


Estas xornadas perseguen difundir aspectos sobre o adestramento en positivo e a boa convivencia dentro dos medios urbanos entre as persoas e as mascotas. Serán gratuítas e están abertas a todo o público que desexe acudir.

O programa constará da seguinte estrutura:

 20.00 – 20.40 / "Aprende a educar" Ángel Mollá (Adestrador canino):

1. ¿Por que educar antes de adestrar?

2. A importancia da educación canina.

3. Quero comprender ao meu can.

    - A linguaxe dos cans.

    - Como podo comunicarme con el e que me entenda?
 

 20.45 – 21.30 / "Mitos e realidades sobre as vacinas e desparasitacións" Alejandro LLovo Otero (Veterinario):

Tratarase de desmontar falsas crenzas sobre as vacinas e o  desparasitado dos animáis de compañía.

21.30 – 22.00 /  Mesa redonda: “Convivencia entre humanos e mascotas”

Coa participación de Pedro Fernández, xefe interino da Policía Local de Ribeira;  Jesús Freire, concelleiro delegado de Benestar Comunitario do Concello e  Rosa Guerra, responsable do servizo lacería municipal (moderadora)

Última andaina, este domingo 27

Media_httpfarm4static_nedlh

Zona da Pedra das Cabras, con petróglifos, en Ribeira


Por outra banda, a última andaina das xornadas Encanínate terá lugar este domingo 27 de maio e sairá dende Deán (dende a chamada pista vermella / pista deportiva). Todos os asistentes deberán presentarse ás 9.30 horas no lugar da saída.

Nesta ocasión percorrerase o monte de san Alberto, pasando pola Pedra das Cabras, os Muíños de Auga e outros sitios de interese paisaxístico e ambiental.



 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   xornadas  

Ribeira: este domingo 29, "Encanínate" levará a cadelos e seus donos ata a Pedra da Rá

  •  É unha xornada de socialización entre cans e os seus donos
  • Os interesados en participar aínda poden inscribirse

Media_httpfarm6static_iztje

 

Ribeira, 26 de abril de 2012.- Este domingo 29 de abril terá lugar dende primeira hora da mañá a segunda xornada de socialización Encanínate.

Así, a partir das 9.30 horas na esplanada situada fronte aos xulgados vaise proceder ao control veterinario de todos aqueles cans que non tivesen pasado o control do primeiro día. Hai que recordar que esta acción é completamente gratuíta e vai ser realizada por un dos veterinarios da cidade que colaboran desinteresadamente na celebración da iniciativa.

Xa a partir das 10 horas terá lugar a segunda ruta guiada, baixo as indicacións dos adestradores caninos Ángel Mollá e Marco Antonio Pérez. O percorrido sairá da explanada antedita, atravesará o Parque Periurbano de San Roque, subirá ata o Miradoiro de Pedra da Rá para logro regresar ao punto de partida.

As xornadas de Encanínate son gratuítas. Aqueles interesados en participar aínda poden descargar a ficha de inscrición a través da páxina web do Concello (www.riveira.com) e entregala na Oficina Municipal de Deportes (sita no Pavillón da Fieiteira) ou ben o propio domingo no lugar de saída.

Encanínate é unha acción polo Concello e as asociacións Sálvora, As Miñoteiras e Agacett. Conta coa colaboración de establecementos locais de veterinaria e  Protección Civil, así como unha marca de produtos para mascotas.

Na primeira sesión celebrada o día 15 deste mes rexistrouse unha magnífica participación, coa asistencia de 26 persoas acompañadas dos seus cans.


Pode que tamén lle interese:


Monólogo: o 5 de maio, Cándido Pazó, no Brétema


Xornada: o Día Solar Europeo, o 19 de maio, no Liceo

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Cans   Ribeira   xornadas  

Rianxo: "Zona da Zanfona 2012" vaise celebrar entre o venres 20 e o domingo 22 de abril

Rianxo_presentacion_zanfona
O alcalde, Adolfo Muíños, apoiou a presentación deste programa musical

Media_httpfarm4static_ihhsb

Zanfoneiro tocando na Feira de Artesanía de Ribeira

Rianxo, 13 de abril de 2012. Do venres 20 ao domingo 22 de abril terá lugar en Rianxo o 8 Encontro Internacional: Zona da Zanfona organizado por aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, en colaboración co Concello de Rianxo.

Zona da Zanfona 2012 é o VIII Encontro Internacional para zanfonistas en Galicia, onde cada ano, aCentral Folque achega os mellores intérpretes e compositores para amosar a súa arte e impartir cursos prácticos para os especialistas deste instrumento milenario que está a rexurdir cunha forza consolidada nos últimos 10 anos e dos que este encontro é a cita máis importante do ano nesta periferia de Europa. Os mestres convidados deste ano son os franceses Gilles Chabenat e Patrick Bouffar.


Un deles é Gilles Chabenat...

Zanfona_rianxo

O programa que se vai desenvolver é o seguinte:

  • VENRES 20 DE ABRIL

- 19.00 h Praza Rafael Dieste "Zanfonas á rúa"

- 21.00 h Auditorio de Rianxo "Concerto Tour à tour" de Gilles Chabenat & Patrick Bouffard

  • SÁBADO 21 E DOMINGO 22 DE ABRIL

- Curso de zanfona con Chabenat e Bouffard

Para máis información poden consultar o seguinte enlace

Click here to download:
dossier_prensa.pdf (1.29 MB)
(download)

Outras propostas culturais esta fin de semana:

  • Sábado 21 - 12.00 h - Biblioteca Pública Municipal de Rianxo -- Contacontos: os contos de Pablísimo
  • Sábado 21 -12.00 h - Auditorio de Rianxo - Concerto de Clarinetes a cargo do alumnado da Escola de Música de Rianxo.

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   música   música tradicional galega   xornadas  

Ribeira: comezou "Encanínate", con 26 persoas que lle aprenderon aos seus cans técnicas para mellorar o comportamento

(download)

Ribeira, 16 de abril de 2012.- A  primeira xornada do programa Encanínate -iniciativa promovida polo Concello e as asociacións Sálvora, As Miñoteiras e Agacett- rexistrou no día de onte unha magnífica participación coa intervención na experiencia dun total de 26 persoas que estiveron acompañadas dos seus respectivos cans.
 

A de onte foi unha xornada de socialización na que, da man dos adestradores profesionais Ángel Mollá e Marco Antonio Pérez, os asistentes aprenderon algunhas técnicas para mellorar o comportamento dos seus animais tanto a nivel individual como cando están en grupo. Así mesmo, a sesión serviu igualmente para efectuar un control veterinario e de microchip.
 

Acto seguido, todos os participantes puideron disfrutar dunha andaina de 45 minutos de duración e dificultade medio-baixa polo entorno do parque periurbano de San Roque. O concelleiro de Deportes e Atención Cidadá, Juan Luis Martínez Queiruga, tomou parte na experiencia. 
A vindeira xornada de socialización terá lugar o vindeiro día 29 de maio a partir das 10 horas e sairá ao igual que a actividade de onte dende a explanada localizada fronte aos xulgados de Riveira. Previamente, ás 9.30 horas, haberá un control veterinario para todos aqueles animais que non o pasaran no primeiro día.

 
Cómpre lembrar que estas xornadas son gratuítas e os interesados en dispor de maior información e descargarse o regulamento poden visitar a páxina web do Concello (www.riveira.com) ou as redes sociais da Asociación Sálvora de facebook e tuenti (riveiratrekaventura). As inscricións hai que facelas na Oficina Municipal de Deportes situada no polideportivo de A Fieiteira (tamén por enderezo electrónico a riveira@deportes.com).





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   xornadas  

Rianxo: xornadas sobre biomasa en catro sesións, o 19 e 26 de abril e o 2 e 3 de maio

  • Ata o 13 de abril, venres, aberto o prazo de inscrición. As sesións serán nas escolas vellas de Asados de catro da tarde a nove da noite

Click here to download:
cartelcursobiomasarianxo.pdf (59 KB)
(download)
Sesión 1: Aproveitamento enerxético da biomasa forestal.

Sesión 2: Oportunidade de negocio e casos reais.

Sesión 3: Creación de empresas en zonas rurais.

Sesión 4: Visita de campo.

A temática destas xornadas formulouse como unha medida de inserción laboral, para sensibilizar á poboación nas oportunidades de emprego que pode xerar a Serra do Barbanza.

Estas xornadas son organizadas dende a Mancomunidade Arousa Norte coa financiación da Deputación da Coruña. Colaboran os catro concellos da comarca e a organización Madoan en A Pobra.

Click here to download:
rianxoinfoeprograma.pdf (123 KB)
(download)
Tamén, en Rianxo:


Cursos en Rianxo: para mulleres en abril, maio e xuño. De balde



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   xornadas  

Ribeira: "Encanínate", xornadas sobre cans o 15 e 29 de abril, o 13 e 27 de maio e o 9 de xuño

  • As actividades irán dende charlas a roteiros cos cadelos, así como diversas exhibicións do que ata hai pouco se consideraba o "mellor amigo do home"

 

(download)

Ribeira, 4 de abril de 2012.- O can e todo o que rodea ao animal -disque- máis fiel ao home van ser obxecto dunhas xornadas específicas que se celebrarán durante os meses de abril, maio e xuño. Coorganizadas polo Concello e as asociacións Sálvora, As Miñoteiras e Agacett, esta novidosa iniciativa- baixo o título de "Encanínate"- pretende ofrecer unha serie de pautas á hora do comportamento e coidado dos cans e concienciar de paso á poboación sobre as virtudes e cualidades dos mesmos.

O programa das xornadas estará dividido en tres bloques diferenciados, segundo informou o concelleiro de Deportes e Atención Cidadá, Juan Luis Martínez, quen estivo acompañado na presentación do evento do edil de Seguridade, Víctor Reiriz, e do presidente e o secretario da asociación Sálvora, José Antonio Sobrado e Johnathan Romay.

Así, os días 15 e 29 de abril e o 13 de maio a partir das 10 horas celebraranse unhas xornadas de socialización que estarán complementadas con sendas rutas caninas polo parque periurbano de San Roque. Estas rutas terán unha duración de 45 minutos e contarán coa participación de adestradores caninos profesionais que ensinarán todo o que hai que saber sobre os animais. Un vehículo con remolque acompañará ás expedicións por se houbese lesións e houbera que trasladar a algún animal ao veterinario.

Andaina Canina

Como corolario a este primeiro bloque de actividades, o día 27 de maio celebrarase unha Andaina Canina de 7,5 quilómetros de percorrido e un nivel de dificultade media que descorrerá polo monte San Alberto, Os Muíños e o entorno do petróglifo de Pedra das Cabras. A saída terá lugar ás 10 horas da pista deportiva de Deán e para poder participar nela hai que ter formado parte previamente de polo menos dous das rutas de socialización.

Un segundo bloque de actividades vén conformado por unhas charlas sobre o comportamento, coidados e responsabilidade coas mascotas. Terá lugar o 18 de maio no Conservatorio Municipal a partir das 10 horas e, entre os relatores que virán a Riveira a impartir as conferencias, figura o reputadísimo Daniel Weigend, xerente do Lobo Park de Antequera, que ten ao seu coidado 25 lobos de 5 especies distintas.

Agility e Mushing

Para finalizar Encanínate, o día 9 de xuño haberá unha exhibición de Agility (ou unha proba oficiase frutifican as xestións que se están a realizar) e outra de Mushing (modalidade de tiro con cans) coincidindo coa celebración en Ribeira do Día do Deporte na Rúa. Esta acción terá lugar na esplanada dos Xulgados.

As xornadas son gratuítas e os interesados en dispor de maior información e descargarse o regulamento poden visitar a páxina web do Concello (www.riveira.com) ou as redes sociais da Asociación Sálvora de facebook e tuenti (riveiratrekaventura). As inscricións hai que facelas na Oficina Municipal de Deportes situada no polideportivo de A Fieiteira (tamén por enderezo electrónico a riveira@deportes.com).

Razas perigosas

Todos os cans participantes (espérase que sexan non moito máis de trinta) deberán estar vacinados, ter microchip e estar suxeitos coa súa correspondente correa. No caso dos cans de razas perigosas, deberán ter bozo tipo redeciña, a licenza municipal en regla e estar acompañados dos seus donos.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   xornadas  

Ribeira: un cento de kaiakistas de mar de seis países participarán nunhas xornadas do 4 ao 8 de abril

  •  Haberá dous expertos mundiais en kaiakismo extremo e cursos en mar e terra, travesías, conferencias, obradoiros e documentais

 

(download)

Ribeira, 30 de marzo de 2012.- Entre os días 4 e 8 de abril, un centro de kaiakistas chegados de seis países van recalar neste municipio para participar nunhas xornadas técnicas organizadas pola Asociación Galega de Kaiak de Mar, o colectivo referente neste deporte non só a nivel autonómico e estatal senón en toda Europa e Norteamérica pola calidade das súas iniciativas.

O presidente da entidade, Roberto García, acompañado dos concelleiros de Deportes e de Seguridade, Juan Luis Martínez e Víctor Reiriz, e do presidente da Asociación Sálvora José Antonio Sobrado (tanto o Concello como este colectivo colaboran na acción), foi o encargado de explicar o programa destas xornadas que teñen carácter bienal e que xa van pola terceira edición (as anteriores foron en Ortigueira no 2008 e en Muxía no 2010) e que cada vez contan cun número crecente de participantes.

O centro de kaiakistas desta convocatoria proveñen de Canadá, Alemaña, Holanda, Francia, Portugal e de toda a xeografía española, incluíndo as Canarias. Ao longo dos 5 días de programa terán oportunidade de participar en multitude de actividades, que están distribuídas en cursos en mar (bautismos, surf, técnicas de paleo, rescates, desembarcos, esquimotaxes, navegación en correntes e kaiak para nenos), cursos en terra (ioga, comunicacións, primeiros auxilios), rutas-travesías (Coroso/Illa de Rúa/Illa Irós, Illa de Sálvora, Illa de Arousa e Illa de Ons) e talleres (reparación en fibra, tuiliks).


Isto faino Marty Perry. Abstéñanse vostedes!

Un dos acontecementos máis relevantes é a participación de dous dos maiores expertos mundiais en kaiakismo extremo: os canadenses Marty Perry e Rowan Glog, fundadores dos Hurricane Riders, un grupo de practicantes deste deporte que actúa ao oeste do Canadá, no territorio da Columbia Británica. Ambos non só participarán como instrutores nas travesías, senón que ademais impartirán unha conferencia sobre o seu labor e proxectarán o documental “The Night Squad”, ademais de aproveitar a súa visita para gravar imaxes para os seus próximos filmes.

A charla e a emisión do filme dos Hurricane Riders terá lugar o sábado pola tarde no Hotel Rio Azor, emprazamento en que nos días previos (xoves e venres) haberá outras conferencias sobre temas tales como o Parque Nacional Illas Atlánticas  (a cargo de Vicente Piorno, técnico deste espazo protexido), sobre o Manuel de Boas Prácticas que se está a elaborar (con Benito Lourido como relator) e sobre a Bretaña Francesa (cun documental que presentará Manolo Pastoriza). Tamén haberá un simulacro de rescate coa participación de Salvamento Marítimo, faranse uns Xogos Esquimais e se realizarán actividades para nenos e acompañantes: barranquismo, rafting, sendeirismo, contacontos...

Razóns para escoller Ribeira

Sobre as razóns polas que a asociación escolleu este municipio por enriba doutros, Roberto García resaltou a idoneidade de Ribeira por reunir unhas condicións “inigualables” para a práctica do kaiak de mar, na entrada da ría máis grande de Galicia; por estar inmersa no “corazón” do Parque Nacional das Illas Atlánticas e por ser o concello máis importante da comarca, con servizos suficientes para aloxar aos participantes.

 

O edil Juan Luis Martínez destacou a idoneidade de albergar estas xornadas para cumprir cun dos obxectivos do Concello, que é o fomento das actividades no medio natural.




 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Ribeira   deportes   xornadas  

Rianxo: a vila acubilla o domingo 18 de decembro as IV Xornadas "Lois Obelleiro" de Historia, Pensamento e Cultura

Media_httpwwwterraete_dbeig

O programa:

Media_httpfarm8static_lbaeb

Quen era Lois Obelleiro?

Un dos fundadores do Bloque Nacionalista Galego. Doutor en Historia Contemporánea, Lois Obelleiro era natural de Arcade (Pontevedra) e exerceu como profesor de Educación Secundaria no IES Torrente Ballester de Pontevedra. Tamén publicou varios libros sobre a Historia de Galicia e diverso material didáctico sobre o mesmo asunto. Finou en 2008, aos 55 anos de idade, vítima dun cancro.

Comezou a súa militancia no nacionalismo galego en 1974, con tan só 19 anos de idade. Foi un dos impulsores do sindicato Intersindical Nacional Galega (ING) e foi integrante da Asemblea Popular Nacional Galega (AN-PG), un dos alicerces do futuro BNG. En 1982 contribuíu a fundar o BNG. Na data da súa morte representaba ao Bloque no Consello de Administración da Compañía de Radio Televisión de Galicia e era membro do Consello Nacional, máximo órgano de direción entre asembleas do BNG. Entre outros salientables cargos orgánicos no BNG hai que salientar o de responsable de Política Municipal da Executiva Nacional, da que en 2005 foi nomeado secretario de Organización, cargo que deixou na Asemblea Nacional de 2006.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Rianxo   bng   xornadas  

A Pobra do Caramiñal: María Monsonís e Teo Cardalda interpretan no Teatro Elma este venres 28 "Claves Líricas" en homenaxe a Valle

Media_httpfarm6static_gfbmt

Teo Cardalda, ao móbil, vive agora na Mariña luguesa, logo de exiliarse de Vigo

A Pobra do Caramiñal, 25 de outubro de 2011.- O Salón Teatro de Santiago acolle mañá mércores 26 ás 21.00 horas o primeiro dos tres concertos que compoñen o ciclo Claves Líricas, no que Teo Cardalda e María Monsonís poñen música a 10 poemas de Valle-Inclán, en conmemoración do 75 aniversario do seu pasamento. A entrada para asistir ao espectáculo é gratuíta previa recollida de localidades no despacho de billetes.

Claves Líricas é unha serie de tres concertos que terán lugar nas tres localidades galegas máis vinculadas á vida de Valle-Inclán como son, ademais de Santiago de Compostela, Vilanova de Arousa (xoves 27 no Salón de Actos da Confraría de Pescadores) e A Pobra do Caramiñal (venres 28 no Teatro Elma). O contido dos recitais é un adianto musical da obra teatral que, sobre a figura de Valle Inclán como poeta, prepara Teo Cardalda xunto á directora de escena británica Tamzin Towsend, o dramaturgo Ignacio García May e o actor galego Luis Zahera. O espectáculo, que se chamará Los Siete Pecados de Valle-Inclán, estrearase en Galicia en febreiro de 2012.

A web Cómplices.es segue operativa. Dalí procede esta imaxe:

Complices

Banda de catro músicos
Durante os vindeiros tres días, e como parte do programa de actividades deseñado pola Consellería de Cultura e Turismo para recordar ao autor de Luces de Bohemia con motivo do 75 cabodano da súa morte, preséntanse en concerto parte dos textos musicados coa interpretación a cargo dunha pequena banda de catro músicos, da que forman parte Teo Cardalda (voz, piano e guitarra, percusión e programacións), María Monsonís (voz e percusión), Salva López (baixo e piano) e Yago Moncar (batería, teclados e percusión).

O programa dos concertos presenta un total de dez poemas musicados, en concreto, os titulados Rosa hiperbólica, Los pobres de Dios, Rosa gnóstica, Cantiga de vellas, Rosa vespertina, No digas de dolor, La rosa del reloj, Georgica, Rosa del caminante e Son de muiñeira, nunha escolma realizada por María Monsonís e publicada no libro tamén denominado Claves Líricas.

Cartel_concerto_teo

Esta iniciativa poético-musical de María Monsonís e Teo Cardalda (integrantes do dúo Cómplices) supón un punto e á parte na carreira dun dos grupos máis exitosos da música pop española dos 90. O texto entrelazado entre os poemas, tamén escrito por Cardalda, constitúe unha pequena pero intensa viaxe a través da personalidade rica, ambigua e fascinante do poeta como actor de se mesmo, bohemio, modernista e representante dunha das mellores épocas da poesía española dos séculos XIX e XX.

Outras actividades noutros lugares:

O catedrático da USC e membro da Real Academia Española , Darío Villanueva, será o encargado de abrir hoxe o congreso “Valle-Inclán e as artes”. Unha cita organizada pola Universidade de Santiago co apoio doutras entidades para afondar na relación que o creador pontevedrés tivo en todas as disciplinas creativas. Durante tres días afondarase na súa relación coa música (Carlos Villanueva e Dru Dougherty), coa pintura simbolista (Carmen López Fernández) ou os seus leigados manuscritos (MargaritaSantos Zas, Javier Serrano y Amparo de Juan), así como a análise dalgunha das súas obras. Como acto de colofón a este congreso, que se desenvolve ata o venres en Santiago, o Museo de Pontevedra acollerá a inauguración da exposición Retratos de Valle-Inclán.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   A Pobra do Caramiñal   Museo Valle Inclán   xornadas  

Boiro: intentan impulsar a recuperación do oficio tradicional de carpinteiro de Ribeira cunha xornada

  • A directora xeral de Comercio e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño participaron hoxe nas IV Xornadas de Construción Naval en Madeira “Un mar de madeira"
  • A Asociación Galega de Carpintería de Ribeira, organizadora deste encontro, é unha das entidades beneficiarias da orde de axudas convocada pola Dirección Xeral de Comercio para o fomento do asociacionismo e do desenvolvemento do sector artesán galego, cun importe total de preto de 100.000 euros

Boiro, 15 de outubro de 2011.- A Consellería de Economía e Industria asegura que continúa "a aposta pola artesanía galega, neste caso por un dos oficios tradicionais que conta cunhas excelentes posibilidades de desenvolvemento como é a carpintería de ribeira", tal e como sinalou esta mañá a directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, durante o acto de inauguración da cuarta edición das xornadas “Un mar de madeira”.

Nava Castro lembrou que a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), organizadora deste encontro, é unha das entidades beneficiarias da orde de axudas convocadas pola Dirección Xeral de Comercio para o fomento do asociacionismo, da modernización e do desenvolvemento do sector artesán galego neste ano 2011, que contan cunha achega total de preto de 100.00 euros. Agalcari ten previsto destinar a súa axuda á divulgación e promoción da artesanía, así como á incorporación do deseño ás novas liñas de produto e outras actuacións específicas, como é o caso destas xornadas.

A Asociación Galega de Carpintería de Ribeira representa a todos os obradoiros e estaleiros que se dedican en Galicia á elaboración de embarcacións de madeira e, desde a súa creación no ano 2007, traballa co obxectivo de recuperar e de impulsar este oficio, así como de demostrar que a construción naval en madeira ofrece excelentes posibilidades que poden competir actualmente coa introdución de novos materiais e coas necesidades do mercado.

Neste sentido, Nava Castro salientou o apoio que se lle está a brindar desde o goberno galego a este tipo de iniciativas de recuperación e divulgación dos oficios artesanais galegos e destacou a relevancia das xornadas “Un mar de madeira” como foro de debate, reflexión e coñecemento sobre a cultura mariñeira e o patrimonio marítimo, así como unha plataforma de divulgación do oficio artesanal da carpintería de ribeira.

Entre o programa de actividades da cuarta edición destas xornadas destaca a presentación dun plan de actuación para a construción naval en madeira, denominado Proxecto Dorna e impulsado pola Consellería do Mar, e diferentes conferencias relacionadas co deseño das embarcacións, as vantaxes de empregar a madeira como material de construción, cuestións sobre a regulamentación da construción naval en madeira ou perspectivas de futuro do sector. Ao remate das xornadas, Agalcari fará entrega do II Premio “Fasquía”, en recoñecemento da traxectoria dos carpinteiros de ribeira.

Click here to download:
Mar madeira programa.pdf (616 KB)
(download)

Proxectos fallidos nunha política errática

A Xunta leva nesta lexislatura varios proxectos para impulsar este sector, e todos fan auga. O máis escandaloso foi o da goleta que querían construír en San Cibrao (Mariña de Lugo) por case dous millóns de euros. En Galicia Confidencial pódese ler algo sobre o caso.

Namentres, embarcacións históricas como o Hidria Segundo, non acadan unha cadela para manterse a flote, ou cústalles deus e axuda a asociacións particulares procurar financiación para restaurar balandros como o noiés Joaquín Vieta.

Clausura

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, enxalzou a construción naval en madeira como “unha actividade de futuro”, que conxuga o saber, a tradición e os coñecementos técnicos precisos. A conselleira destacou os “pasos en firme” que se están a dar co sustento da tradición porque “estas xornadas son un feito importante para encadear de cara ao futuro o saber acumulado durante séculos”. Díxoo durante o acto de clausura das IV Xornadas de Contrución Naval en Madeira, organizadas pola Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari) que se celebraron hoxe en Boiro.

A titular de Mar destacou a actividade realizada por Agalcari que supón “a continuidade dun ronsel que vén marcado polo éxito e as experiencias”, precisou a conselleira. Do mesmo xeito, a titular do departamento marítimo fixo fincapé nas vantaxes do uso da madeira para a práctica mariñeira, tanto en termos de sostibilidade como de respecto ambiental.

Neste sentido, a conselleira puxo como exemplo o proxecto DORNA (Desenvolvemento Organizado e Sustentable de Recursos no Noroeste Atlántico), revisado recentemente e que fixa uns “alicerces sólidos para continuar coa actividade da carpintería de ribeira”, salientou. A maiores, a titular de Mar fixo fincapé na importancia de aproveitar os fondos xestionados e investidos polos Grupos de Acción Costeira, que entre outras cousas deben servir para impulsar proxectos no eido do patrimonio do mar de Galicia.

Finalmente, Rosa Quintana ofreceu o apoio da Consellería do Mar aos construtores navais en madeira de Galicia e desexoulles que o “rumbo sexa positivo” para “retomar o dinamismo da construción naval en madeira”, dixo a conselleira.

Agalcari
A Asociación Galega de Carpintería de Ribeira nace como un mecanismo para corrixir as eivas da construcción naval en madeira. Trátase dun colectivo que funciona como un organismo dinamizador para o aproveitamento dos recursos económicos para a creación de riqueza a través de novas construccións en madeira. Agalcari traballa co obxectivo de representar, defender e promocionar os intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos seus 20 estaleiros membros.

Máis información:

http://www.agalcari.es

Pode que estea relacionada:


Desguace forzoso: van despezar o Vianto III



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Boiro   carpintería de ribeira   xornadas  

Noia: este sábado 27 e domingo 28, actividades para nenos na Alameda sobre educación vial

Media_httpfarm5static_abkdg

Noia, 26 de agosto de 2011. Dentro das actividades para as familias e nenos durante as festas de San Bartolomeu instalarase un circuíto de educación vial no cal se ensinarán normas básicas de circulación a través de vehículos a pedais adaptados.

O circuíto de educación vial vai destinado a familias e nenos que queiran dun xeito lúdico aprender as normas básicas de circulación e as sinais de tráfico máis habituais.

Riscos co alcol

Neste mesmo circuíto ofrecerase información sobre o risco que ten o consumo de alcol na condución, facendo fincapé que o consumo de alcol reduce a percepción tanto visual como espazo temporal alterando as capacidades na condución.

Na mesa informativa poderase consultar dúbidas sobre os mitos que existen sobre o alcol e o seu consumo e tamén se repartirán folletos informativos.

O circuíto estará situado na Alameda, o sábado e o domingo de 12:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 20:00 horas.

Programa das festas de San Bartolomeu:

Pode que tamén lle interese:


Concentración de motos: "Ría de Noia". Fotos do Padre Teixugo



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Noia   San Bartolomeu   drogodependencias   xornadas  

Porto do Son: "Castro de Baroña: Ben de Interese Cultural desde sempre"

Texto e fotos: Paco do Martelo

(download)

  • Remataron as Xornadas de Historia e Cultura de Porto do Son, adicadas á cultura castrexa e o megalitismo
  • A sensación en cada xornada foi sempre a mesma: os políticos só se ocupan das obras novas, as do pasado danlle bastante igual

Media_httpfarm5static_xrvmb

A bordo do balando Joaquín Vieta, con base en Noia, visitáronse os tres castros marítimos do Son: Baroña, Nadelas e Illa do Mar

Porto do Son, 13 de agosto de 2011. Onte remataron as Xornadas de Historia e Cultura. Pola mañá houbo unha visita guiada ao Centro de Interpretación do Castro de Baroña e posterior visita guiada ao Castro deste mesmo nome. Como actividade complementaria, non organizada pola comisión das xornadas, pero que tivo unha moi boa acollida, foi unha visita por mar aos tres castros marítimos de Porto do Son: Baroña, Nadelas e Illa do Mar. A viaxe foi a bordo do Joaquín Vieta.


CONFERENCIAS

"En busca dos concheiros perdidos: pesca e marisqueo na cultura castrexa".
Victor Bejega García, Eduardo González Gómez de Agüero.
Universidade de León. Área de prehistoria.

O cuncheiro como ADN dun castro

A información que proporciona un cuncheiro é estacional; climática e en que época se recolectou ese marisco. Tamén proporciona información económica e artesanal. O método usado para datar todo isto é nun primeiro paso cribar todo cunha malla dun milímetro. Logo faise un "triado", identifícase e tómanse os datos biométrcos. Para darse unha idea da labor que isto xera, nalgún chegaron a procesar unha tonelada.
O principal elemento que se atopa neles son cunchas, daí o nome, pero tamén restos de moluscos, crustáceos, alfarería ou metalurxia. Nos primeiros séculos antes de Cristo o normal é atopar por rigoroso orde en maior medida e como elementos principais, restos de lapas, mexillóns e ameixas e longueiróns, e como secundarios, berberechos, bígaros e ostras. De todo isto despréndese que había ausencia de sobreexplotación.
Un exemplo é o Castro de Punta Atalaia (Cervo-Lugo), onde o 99% do seu cuncheiro era exclusivamente a base de lapas.

En opinión destes expertos, o Castro de Neixón (Cespón, Boiro) é o mellor datado ata o momento. O cuncheiro de Baroña atopouse xunto á casa número 5.

Xa no interior, o normal é atopar restos de ostras, como en Astorga e León, pero tamén vieira e ameixas. En base a estes datos, detéctase que nos castros marítimos consumíanse as especies de baixo valor comercial (autoconsumo) e exportábanse as consideradas de maior valor.

Pesca no mundo prerromano

Nos séculos V-II A de C, poucas especies de peixes se pescaban, e só vertebrados. Unha característica é que non se atopan nin cabezas, nin escamas, o que induce a pensar que os limpaban no mar nada máis capturalos e que rexeitaban a cabeza. Estes peixes eran semigrasos e brancos, ningún azul e como eran especies caníbais, pescábanos cos azos que se acharon.
A partires do Século II A de C, xa se aumenta o número de especies que pescan: faneca, ollomol, maragota, xurelo e xarda e tamén se da un cambio: tráenos enteiros para terra. O aumento da poboación e dos castros conlevou a aparición de redes para poder alimentar a todos. Isto sábese porque tamén se atoparon pedras coas que fondeaban as súas redes para atrapar os peixes.

Auga máis quentiña

Naquela época era abundante a xarda pintada, máis propia de mares quentes, pero polos datos que se manexan, calculan que a temperatura da auga nesas épocas era 2 grados superior á día de hoxe. Xa en épocas máis recentes, sábese que por exemplo na Idade Media, pescábanse linguados e meros.

Un dato moi importante (e óllase que non hai quen lle poña o axóuxere ao gato) é que a merluza -a pescada- cun tamaño envexable, moi abundante na época prerromana e romana, coa pesca do arrastre foise retirando cada vez máis da costa e mesmo desaparecendo. En Cantabria dende que se creou unha reserva mariña na que está prohibida a arte do arrastre, volveu aparecer a merluza.

Hai que investigar o cuncheiro de Taramancos

Media_httpfarm7static_ehjbt

Enorme cuncheiro atopado este ano no castro de Taramancos

Como non podía ser menos, porque estes días está en boca de todos, falouse do cuncheiro atopado en Taramancos-Noia, e agardan que se-lles deixe investigalo. Veremos se impera o sentido común e non pasa como en tantas aberracións cometidas, tanto por políticos, como por expertos na materia e por profanos. Máis información sobre cuncheiros e relacionadas, en http://arqueomalacologia.blogspot.com/

"Castro de Baroña: paisaxe cultural e xacemento arqueolóxico".
Anxo Concheiro Coello Arqueólogo

O Castro de Baroña require unha Reestruturación Arquitectónica
Algún día o castro converterase en tres illotes
Ás casas vanlle aparecer as portas

Concheiro, un dos arqueólogos que máis estudou o Castro de Baroña, concibe este xacemento (pola súa silueta) coma un gran cetáceo que varou aí e destaca a súa espectacularidade, riqueza e pola súa defensa. A súa entrada é moi común noutros castros ingleses.

Ángel Concheiro non está de acordo coa datación de Baroña por un escaso coñecemento científico e cre que é da Idade do Ferro. Foi descuberto en 1933 por Pablo Díaz, un capitán de carabineiros destinado en Porto do Son, que fixo a primeira escavación. José María Luengo entre 1969 e 1970, tamén o escava e fai outra mala reinterpretación da época. Nos anos 80 é Francisco Calo Lourido, o que intervén nel, hasta que nos 90, o propio Concheiro fai a súa achega, e agradeceu a colaboración de moita xente, entre eles, o veciño do Son Ramón Alonso Vila.

Nada dos romanos en Baroña

Media_httpfarm7static_inpzg

Un dato a destacar é que non apareceu ningunha simboloxía romana. Para iso amosou o pendente de ouro atopado no castro e outro de época romana, para que se vira a súa gran diferencia. O castro consolidouse grazas a Calo Lourido, que se atopou cunha ruína.

Futuro Centro de Interpretación de Baroña

O arquitecto da ETSA de Coruña e máster en Urbanismo, Marcial Rodríguez Rodríguez, falou do proxecto do Futuro Centro de Interpretación, que consistirá en tres edificios de madeira e pedra, difuminados no entorno. Tamén se abordou a erradicación do campismo salvaxe (estes días é desaforado, como se pode ver nas fotos) e na expropiación desa mole branca -casa unifamiliar- co que se devolverá á zona a súa primitiva imaxe. Tamén se denunciou a escavación furtiva feita o ano pasado e o xeito de usaren as pedras xa do propio castro para facer figuras de pedra, simboloxía adaptada doutros lares, pois nin milladoiros propios doutros santuarios galegos, como Teixido, son.

Acto de Clausura

José Luís Oujo Pouso, alcalde de Porto do Son, púxose todo solemne para dicir que "se renunciamos á nosa Historia non temos futuro" e comprometeuse a crear unha partida especifica para o próximo ano, adicada ao Castro de Baroña. Tivo o valor de recoñecer que a pesar de prometer o primeiro día acompañarnos nalgún acto, non o fixo. Agardemos que esa última promesa sexa algo máis firme, inda que vendo todas as feitas polos políticos sobre este castro ao longo da última década, mellor ser escépticos totalmente.

Pola súa banda, Asunción Torres Parada, concelleira de Cultura de Porto do Son, pediu "a colaboración de todos e todas para preservar o noso legado e loitar contra os vándalos que o atacan". Manuel Mariño del Río, Director das Xornadas, agradeceu o feito e dixo que "detrás dunhas xornadas hai un gran traballo e moita colaboración altruísta". A coordinadora das Xornadas, Patricia Torrado Queiruga, asegurou que estas xornadas teñen moita razón de ser "e xa está en marcha a seguinte edición". Houbo unha actuación musical a cargo de Ramón Leis. Aínda que non viña no programa, estivo acompañado pola fermosa voz dunha soprano.

Nota: Cada un é dono dos seus actos, pero persoalmente botei en falta a presenza de moitos máis políticos en activo ou retirados. Aburrirálles coñecela nosa Historia?

 

 



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Filed under  //   Paco do Martelo   Porto do Son   arqueoloxía   xornadas