Dentro da súa serie de gravacións de grandes persoeiros das Letras Galegas, o Consello da Cultura Galega vén de lanzar este luns, 12 de marzo, unha gravación de Antón Avilés de Taramancos onde está a ler poemas seus.Constitúe o volume XIX da colección As Nosas Voces, editado polo Arquivo sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega.Se ten interese en ver o resto, tan só ten que ir á canle en YouTube do Consello da Cultura Galega, en
Noia: o venres 23 de marzo, homenaxe poética a Antón Avilés de Taramancos no seu vixésimo cabodano post.ly/5wH1w
Vídeo de Dani Rodríguez, feito especialmente para http://webboiro.com co apoio de Alén Pérez Maneiro e o citado Dani Gestoso, así como coa axuda de Carlos Vilas e Sara Hermo.
Non se descartan novos traballos de Dani Rodríguez para webboiro.com, pois colabora tamén con DesdePobra.com, onde fixo o vídeo do Carme dos Pincheiros:
Os integrantes de Webboiro agradecen este traballo, que louvan e califican como "excelente". Dani Rodríguez é o webmaster de www.oquepasadiaadia.com
A Pobra, 27 de maio de 2011. Como ben saben os que nos seguen dende 2007, en Certo publicamos un montón de vídeos de YouTube. Só teñen que cumprir unha premisa: estar relacionados dalgún xeito con estas bisbarras de Barbanza e Noia, sobre as que informamos. Esta é a primeira vez que, logo de informar sobre uns vídeos que falaban da Pobra -e moi interesantes, pois permitíannos coñecer o que os rapaces novos miran e o que lles parece positivo ou negativo do seu pobo- retíranos. Iso contamos o 18 de maio. Agora, pasadas as eleccións, voltan á Rede. Congratulámonos por iso. De todo se aprende, e ven máis centos de ollos -neste caso de escolares- que ducias.
Antes, en Certo:
A Pobra do Caramiñal, 16 de maio de 2011. Apenas hai uns anos, os traballos de calquera escolar, de calquera alumna dun colexio ou dun instituto apenas tiña repercusión. O mestre encargáballo, podía comentalo na casa, entre os coñecidos, logo correxíase, cualificábase e morreu o conto. Nestes tempos de YouTube, calquera que teña acceso a Internet pode ver o que fixeron os alumnos do instituto da Pobra para Ciencias Sociais. Xusto en campaña electoral van e colgan os traballos en vídeo nos que, sen complexos e sen pelos na lingua, contan o que lles gusta e disgusta deste pobo. Veciñas e veciños da Pobra, pero sobre todo políticos en campaña, vaian tomando nota: Hai máis vídeos na canle de YouTube do instituto, en http://www.youtube.com/user/iespobra3a
Segundo nos explica o profesor de Ciencias Sociais de 3º de ESO do instituto, Maneiro, que foi quen encargou o traballo,"por suposto, non hai intencións pòlíticas ningunhas, única e exclusivamente educativas. O traballo está baseado nuns materiais sobre a estructura urbana da Pobra do Caramiñal desde o punto de vista xeo-histórico (http://viaxeaitaca.blogaliza.org). Mandouse facer hai aproximadamente mes e medio, e, repito, non ten nada que ver coas eleccións municipais, nin se lle mandou falar con ningún político. Un queda verdadeiramente sorprendido das interpretacións que se fan ás veces dun traballo que soamente busca formar ós rapaces, que coñezan a súa vila, a súa historia, a súa xeografía, ... e loxicamente aumentar o seu espiritu crítico. Aprender a mirar. Non quixeramos que non se lle dera ningún tratamento xornalístico ata despois das eleccións, xa que vexo se poden facer malas interpretacións. Coñecer é o primeiro paso para apreciar, e éste leva ó respeto e ó compromiso".
Noia, 28 de abril de 2011. Segundo nos informa un dos "Sacousos" noieses, o poeta Manuel Lópes Rodrigues, "xa están dispoñíbeis os videos do acto "Cartafol do serán 2011"; un nome que homenaxea a aqueles outros recitais que o Colectivo Sacou realizaba semanalmente na Casa da Cultura Avilés de Taramancos de Noia (Cartafol do serán). Nesta ocasión; Sacou e a Porta Verde do Sétimo Andar únense nunha fermosa velada... que rematou con tapas e viños na Praza do Tapal".
Ribeira, 7 de marzo de 2011. A artista ribeirense Rosa Crujeiras (agora Rosa Crujeiras-Teira OdenWalder, tralo seu casamento cun norteamericano) é a directora artística da campaña publicitaria "Magnum Live Large", que protagoniza o rapeiro Ludacris para a marca de preservativos Trojan.
A campaña está deseñada para YouTube, o maior repositorio de vídeos na Rede, onde hai unha canle propia para este proxecto que dirixiu artisticamente Rosa Crujeiras: http://www.youtube.com/MagnumLiveLarge. Trátase de atopar a cinco "mcees" (rapeiros que improvisan) que representen a esta marca a través das súas composicións e buscan valores como a non discriminación, ou a ausencia de violencia nos seus textos. Os gañadores poderán cantar con Ludacris en Miami, en sucesivas actividades desta campaña publicitaria.
É un dos violinistas de maior proxección e prestixo residentes actualmente en España. Naceu en Rusia e aos cinco anos empezou a súa carreira de violín, despois de estudar cos mestres máis ilustres e eminentes de San Petersburgo (Rusia). En 1986 superou as probas de acceso á Escola Superior do Conservatorio de San Petersburgo, que rematou coas máis altas calificacións en 1994. Porén, dous anos antes, en 1992 aprobou as oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia con tan só 17 anos de idade, o que o convertiu no membro máis novo de dita formación. Dende esta data ata a actual reside e traballa en Galicia. Nos anos 1994-1996 foi profesor superior de violín no Conservatorio de Ferrol, así mesmo ao longo dos once anos que leva en Galicia desarrollou un importante labor docente por toda a Comunidade Autónoma Galega. É compoñente dende a súa creación (ano 1988) do Cuarteto Moriatov, un conxunto único en toda Europa, dado que está formado polos membros dunha soa familia. Con este grupo durante os 18 años da súa existencia realizou máis de 200 actuacións por toda Rusia e España.
Mijail Moriatov é ganador e finalista dos prestixiosos concursos internacionais de violín celebrados en España nos anos 1996 e 1997. En 1997 aproba as oposicións para a Orquestra Real Filarmonía de Galicia e vixentemente é un dos poucos músicos residentes en Galicia que lograron acceder por oposición ás dúas grandes orquestras galegas. Mijail Moriatov é creador e director único da Orquestra Solistas de Galicia, así como doutros destacados conxuntos de música clásica como Lira, Cantábile, Noite na auga e Fantasía, entre outros, cos que realiza unhas 40 actuacións anuais por toda España. Así mesmo executou concertos como violín-solista por todo o país, realizou numerosas xiras e interveu en diferentes programas de televisión e radio. En 2001 saíu o seu primeiro disco compacto como violín solista que se titula Aire Fresco e consta de 16 temas populares de diferentes lugares do mundo e en 2006 sacou o seu segundo CD chamado Galicia no meu corazón con 18 temas galegos na súas propias versións, neste caso acompañado por tres músicos máis. Este CD xa foi presentado en máis de trinta localidades de toda Galicia. Mijail Moriatov nestes momentos leva realizadas máis de 2.500 actuacións nos 17 anos que reside e traballa en Galicia.
Ribeira, 3 de xaneiro de 2011. O Concello ribeirense coorganiza, xunto ás peñas ciclistas Tahume e ÁcidoLáctico e á Asociación As Miñoteiras, a primeira Ruta de Bicicletas de Montaña de Nadal, que terá lugar este domingo día 9 de xaneiro. O edil municipal de Deportes Miguel Ángel Vidal, o presidente da peña Tahume, Manuel Tarrío, e o vicepresidente de ÁcidoLáctico, Lolo Paisal, foron encargados de presentar os detalles desta marcha con 65 quilómetros de esixente percorrido.
A marcha, que ten carácter cicloturístico (non é unha competición) partirá do polideportivo de Coroso ás 9 horas e constará do seguinte percorrido: subida a San Alberto e Moldes, baixada a Lobeiras, subida ao Castelo de Burleu polos picotos ata a base Grallal e Esperoi, saída por Raña e subida a Monte Barbanza, baixada a San Isidro, Entrerríos e volta pola beira da autovía ata o polideportivo. Está previsto que a marcha finalice en torno ás 15 horas.
Hai 50 prazas convocadas e o prezo de inscrición é de 10 euros, que se efectuará mediante un ingreso no número de conta 2091 0339 78 3000030804 (Caixa Galicia). O prazo para anotarse remata ás 12 horas do 7 de xaneiro, debendo realizarse nas oficinas da Concellería de Deportes.
Todos os participantes deberán situarse por detrás dos vehículos ou compoñentes da organización, non podendo sobrepasalos en ningún caso, salvo nun tramo libre de 10 quilómetros delimitado na ruta.
Haberá catro puntos de avituallamiento (con froita e barras enerxéticas por cortesía dun centro comercial da Centenaria) e un pincho-degustación ao rematar.
Nota de Certo: Vídeos subidos este domingo 15 de agosto que atopamos ao buscar outros dos incendios de Cures.
As imaxes falan por si mesmas. Descoñecemos os aspectos legais do asunto, mais supoñemos que do mesmo xeito que a Garda Civil investiga os vídeos subidos a YouTube con carreiras de coches ilegais ou xente saltándose por moito os límites de velocidade e logo pon multas ao identificar aos autores, debería facer algo con isto. A arma esgrimida non é unha calquera: a katana fíxose tristemente célebre neste país hai uns anos por un mozo que a empregou para asasinar a seus pais.
Se non se actúa, os que vexan estas historias van pensar que Boiro é o salvaxe oeste.
Lamentablemente, ao poñer "pelea Boiro" en YouTube, aínda segue a saír este vídeo de 2007, que tivo case 15.000 visionados:
Co lema "Rianxo: que o paraíso non te engula", remata o usuario de Youtube "emigrantegalego" esta montaxe, na que critica a rexeneración da praia á que ía bañarse Castelao a primeiros do século pasado.
"Se va de ti mi cuerpo gota a gota.
Se va mi cara en un óleo sordo;
se van mis manos en azogue suelto;
se van mis pies en dos tiempos de polvo.
¡Se te va todo, se nos va todo!
Se va mi voz, que te hacía campana
cerrada a cuanto no somos nosotros.
Se van mis gestos que se devanaban,
en lanzaderas, debajo tus ojos.
Y se te va la mirada que entrega,
cuando te mira, el enebro y el olmo.
Me voy de ti con tus mismos alientos:
como humedad de tu cuerpo evaporo.
Me voy de ti con vigilia y con sueño,
y en tu recuerdo más fiel ya me borro.
Y en tu memoria me vuelvo como esos
que no nacieron ni en llanos ni en sotos.
Sangre sería y me fuese en las palmas
de tu labor, y en tu boca de mosto.
Tu entraña fuese, y sería quemada
en marchas tuyas que nunca más oigo,
¡y en tu pasión que retumba en la noche
como demencia de mares solos!
¡Se nos va todo, se nos va todo!" Gabriela Mistral
Pero a canción di que si...
E xusto estes días, cinema africano na Centenaria. Casualidades? Non cremos. O Mundial ten moito que ver! (e máis terá se non volta a selección para a casa xa)
Comentarios [0]